A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NESTE 25 DE XULLO GRAZAS POR NADA, ESPAÑA

A situación de “emerxencia social e nacional” empeora. Os anos de gobernos do PP, tanto na Xunta como no goberno central, que profundizaron a estela aberta polos últimos de Zapatero, foron unha verdadeira catástrofe social. O novo goberno de Pedro Sánchez tampouco ten una axenda para Galiza mais alá de entenderse con Feijoo, o que significa continuar coas políticas en beneficio do capital españolista e do global (no que inclúese os capitais galegos), que ten a visión dunha Galiza semicolonial, proveedora de materias primas, desindustrializada, exportadora de man de obra e turística.
A crise do tinglado herdeiro do franquismo que demos en chamar réxime do 78 é un feito que ninguén pode ocultar, por moito que os medios manipulen e censuren a información (como a plantilla de RTVG ven denunciando). Coa crise non pechada de Cataluña e barrios na capital do Estado organizando consultas a favor dun referéndum sobre a monarquía, co pai do rei envolto nun caso de evasión de capitais e o seu cuñado na cadea por ladrón; con leis mordaza, a xudicatura cuestionada, e os dous partidos que garantían o tinglado debilitados, posiblemente sexa o momento de avanzar polo mesmo camiño que o pobo catalán iniciou o 1-O para rachar con este réxime, sen soñar inxenuamente que coa burguesía galega e española avanzaremos nesa loita, pois non teñen os mesmos obxectivos que a clase traballadora. Tampouco acreditamos nos seus métodos: a experiencia demostranos a esterilidade da representación parlamentaria e claudicación programática que supón participar en gobernos de coalición.
As eleccións non son a canle para conquistar direitos, deben utilizarse coma altofalante da mobilización social. Deben servir para organizar e desenvolve-la mobilización baixo un programa de ruptura co réxime; o contrario é mante-la ilusión utópica de que nestas institucións é posible mudar algo. O rexime do 78 ten a lóxica que lle deron na Transición para que non mudase o tinglado. Non é reformable.
A única saída para Galiza e o resto do estado é exerce-lo noso dereito a decidir se deixamos que nos manteñan encadenados a un réxime podre ó que non debemos nada, ou rachamos con él. Para Corrente Vermella esa ruptura somentes pode darse dende a unidade na loita en base ás reivindicacións da clase traballadora e os movementos sociais, a autoorganización independente da poboación traballadora en sindicatos, asociacións veciñais, culturais e sociais, e contra as organizacións que desde o réxime só procuran a paz social para mante-lo statu quo.
Umha ruptura que se concrete nunhas Cortes Constituíntes a nivel estatal, e numha Asemblea Constituínte Galega na que se constrúa a República Galega, no camiño da Federación de Repúblicas Ibéricas e os Estados Unidos Socialistas de Europa.
Neste sentido, propoñemos un plan de emerxencia social que como mínimo contemple:

-derrogación das medidas aprobadas por PP e PSOE no referente a reformas laborais, reformas dos códigos civil e penal, privatizacións e desmantelamento das conquistas sociais.
-non pago da débeda pública e auditoría para determina-las responsabilidades.
-reparto do traballo sen reducción de salarios e desaparición da fenda salarial entre homes e mulleres.
-contratación de personal nos servizos públicos para que cumplan o seu obxectivo.
-nacionalización da banca e das empresas en crise baixo control dos traballadores e traballadoras.
-plan de obras e infraestruturas executado sen xestión privada, que garanta un desenvolvimento sostible e ó servizo das necesidades sociais e non das grandes empresas.
-políticas activas na defensa da cultura e o idioma.
-desenvolvemento dos organismos de poder democrático da clase traballadora, única garantía de enfronta-la crise dende esa perspectiva e de planificación dos recursos ao servizo das necesidades sociais.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 20-07-2018 08:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal