A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O 25 DE XULLO
A UNIDADE NA LOITA É O ÚNICO CAMIÑO

O 25 de xullo é unha data importante na política galega, e un bo momento para xuntar ao pobo traballador galego e facer visible as loitas que illadamente están defendendo cada sector, leite, gando, pesca, empresas afectadas de peches, EREs, ou servizos públicos e os recortes coas políticas de austericidio impostas desde Bruxelas e Madrid, e desenvolvidas pola Xunta do PP.

Este 25X producese neste cadro de ataque en toda regra no so contra os direitos sociais e laborais do pobo traballador galego e europeo, mas tamen contra as liberdades democráticas mais elementais, destruidas pola "lei Mordaza" permitindo que traballadores/as e activistas sociais sexan encarcelados, ou a declación do estado de excepción na Franza, baixo o que teñen proibido manifestación contra a Cumbre do Clima o ano pasado ou contra a reforma laboral neste.

Nestas condicións o pobo traballador galego non pode sair ben parado. Un pobo condenado históricamente polo estado español a ser suministrador de materias primas, man de obra barata e emigración. A Xunta do PP, como bo axente dos intereses do capital español e europeo aplican conscientemente os plans de desindutralización, perdas de postos traballo e privatizacións. Feijóo alegrase e dinlle ao pobo traballador ferrolano que ten que agradecerlle que Alemanía de carga de traballo a Navantia, hai ter cara dura, o din quen boto por terra o Plan Eólíco galego ou permitiu a venda de Barreras, a privatización das Caixas de Aforro, etc., etc.

Galiza, o seu pobo traballador e as suas condicións de vida e traballo, incluida a emigración masiva, non só non son alleas, mas tamen fan parte do que está a acontecer na UE, onde a Europa do Capital vive un momento tremendamente convulso, tras o Brexit que ameaza a unidade do Reino “Unido”, os resultados das eleccións no Estado Español ou as folgas francesas, etc. O que aconteza nas rúas de Francia, Gran Bretaña, Grecia ou o resto do Estado Español afecta, e de que maneira a un pobo como o galego que non pode nin tan siquera decidir sobre seu futuro.

O 25 X, como histórica data de loita polos direitos nacionais da Galiza, é preciso que se escoite clara e rotundamente o berro de “queremos decidir”, é dicer, exerce-lo direito á autodeterminación que non é outra cousa que tomar nós as decisions sobre como queremos relacionarnos co resto dos pobos e sobre as nosas necesidades, na defensa dos nosos direitos sociais e politicos, como clase e como pobo.

Para CV a loita pola soberanía nacional da Galiza é inseparable, nas datas actuais, á loita contra a Europa do Capital que é a Unión Europea e contra o Rexime do 78; esto supon facer todo o posible por unir ambas loitas; a defensa dos postos de traballo, o reparto do traballo, a renacionalización dos servizos privatizados, etc. etc., só é posible baixo a unidade da clase traballadora de toda Europa.

Por elo, desde Corrente Vermella consideramos que mais alo das saídas que hoxe vexamos, é preciso comezar a construir desde a base, desde os centros de traballo e estudo, barrios e vilas, a tavés das asembleas e votacións vinculantes, esa unidade; un frente amplo de loita contra as políticas de recortes e austeridade dos gobernos,.... contra o rexime do 78 e por un proceso constituinte que rompa con él, e impoña umha saída obreira e popular á crise.

Este ten que ser o cemento que umha esa confluencia, e non a confianza en que a través do voto van mudar as cousas.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 22-07-2016 18:24
# Ligazón permanente a este artigo
ante a situación do Tte Colectivo na Area de A Coruña
Comunicado da Corrente Vermella

Nos últimos días a Xunta ben de anunciar que os buses da área metropolitana de A Coruña entrarán na cidade. Xunto a esta nova, o Ministerio de Fomento (tamen do PP) acordou a renovación da Avda de Lavedra co Concello de A Coruña (Marea Atlántica), cumha ampliacion a 11 carrís, un carril bici, e, sorpresa, ningún carril bus. Paralelamente, concellos da área metropolitana, como Oleiros, aprobaron resolucións a prol dunha racionalización dos servizos de transporte colectivo.
1.- É un feito que os traballadores e traballadoras e a poboación da área coruñesa -e galega, que sofren o mesmo desprecio polo transporte colectivo- pagan un imposto por ir a traballar, estudar ou mesmo o lecer. Manter un coche privado ten un coste, de media, de 200 euros o mes, que sae dos salarios, pois o combustible ha que engadirlle seguros, mantemento, e cotas do prestamo para a sua compra. A elo hai que sumarlle a ORA -privatización do chan publico- que relixiosamente impoñen en moitas zonas de traballo ou esparcimento.
2.- Os anuncios como os que a Xunta, o Concello, ainda que éste se reserve atuacións nos márxenes e en Elviña, e o Ministerio de Fomento teñen un cheiro a campaña electoral a kms de distancia, pois no respostan a un Plan Integral do Transporte Colectivo e Mobilidade. Presentanse medidas illadas umha doutra, como se cada unha de elas non tiveran nada que ver. Por umha banda ampliase a Avda Lavedra para que entren mais automóbiles, por outra, anuncian a entrada dos buses ate o centro da cidade -sen carril bus-, que, se supón, é para reducir a afluencia de automobiles privados. O resultado, ou faise unha obra para nada, ou a segunda só é un saúdo á bandeira electoralista.
3.- Nos anuncios de todos eles falase das entradas na cidade, mas non ha ningumha referencia a traxectos nos poligonos industriais que a rodean, desde Piadela ate Sabon, pasando por Agrela ou Alvedro, nin nos horarios, tendo en conta que os buses da área metropolitana terminan, como moito ás 10.30 da noite, de tal xeito que quen traballe en quenda de noite, ou ten coche ou gasta o salario en taxis. Está claro que non teñen como obxectivo resolver necesidades sociais reais, senon de cómo garantirlle ás compañias privadas, Cal Pita, Asicasa, Cia de Tranvias, Arriva,... os beneficios.
4.- Como non é un Plan Integral non parte do medio de transporte colectivo menos contaminante, mais rendible, e que coas ultimas medidas de Fomento -o que acordou co Concello a ampliación de Lavedra-, vai camiño de desaparecer, o tren de proximidades. Non podemos esquecer que a columna vertebral da área metropolitana esta atravesada por unha vía que vai de A Coruña a Ferrol e Lugo, atravesando e unindo zonas de alta densidade de poboación (perto de 800 mil habitantes).
5.- Que as medidas adoptadas non partan deste eixo ferroviario, da reivindicación dun Tren de Proximidades que leva ate o centro da cidade sen necesidade de facer ningumha obra (San Diego, cuase desmantelado, e San Cristobal), e ven de Santiago -outro imposto mais, agora de Renfe. A viaxe a Santiago, que moitos usan como proximidades, pagase a prezo de Media Distancia-, Ferrol ou Lugo atravesa ás zonas que aportan centos de coches privados á cidade: non seria mais lóxico que se estableceran estacións (que xa existen, e estan en desmantelamento ou convertidas en restaurantes) disuasorios, con horarios axeitados ás xornadas laborais e de estudo.
6.- Obviamente, este desprezo polo transporte publico e colectivo por parte de todas as Institucions non é froito nin da ignorancia nin da “mala uva” de ninguen; é froito dumha concepción politica na que o pobo traballador galego suministra man de obra para a emigración e materias primas... E para que quere un traballador ou traballadora galega e coruñesa un bo transporte publico se o que ten que facer é emigrar?. E os que teñan traballo aquí, que paguen. Mentras, as clases medias galegas chegalles con que lles fagan boas estradas ou autestradas, ampliandoas ate o infinito e máis, para chegar en 5 minutos onde lles pete; total teñen diñeiro suficinte para soster os 200 euros mensuais que costa un automobil privado.
7.- Para CV os acordos dos concellos pola racionalización do transporte colectivo son saúdos á bandeira, se non son parte dun Plan Integral de Transporte Colectivo e Mobilidade, que teña como eixo a esixencia dun Tren de Proximidades, en combinación cos diferentes medios de tranporte, no concreto os buses urbanos e metropolitanos, cun billete único para todos eles; non é preciso que entren na cidade, para chegar a todos os barrios e poligonos, con boas combinacións e horarios chega. O que se necesita é un Consorcio Metropolitano, onde esten os sindicatos, as AA Veciñais e colectivos sociais, que planifique á medida das necesidades da poboación traballadora e non dos interese da compañias privadas de transporte, beneficiarias directas das concesións, e das constructoras, beneficiarias das obras de ampliación.
8.- A clase traballadora, os estudantes, a veciñanza, o que precisa é un transporte axeitado ás suas necesidades, bo, eficaz e barato, con horarios axeitados, e ista racionalización pasa pola municipalización dos servizos; mentras manteñase o sistema de concesións privadas, esta racionalización vai ser imposible de levar adiante, pois cada empresa vai tirar para o seu interes e non para o da sociedade.
9.- Nas últimas eleccións municipais berrouse, “si se pode”; e isto significa vontade política de se enfrentar os poderes económicos e politicos que defenden a realidade actual de costes sociais e ecoloxicos, ao fomentar o automobil privado con mais estradas ou ampliacións das xa existentes. O “si se pode” non se pode transformar no “non se pode facer”, e temos que pactar cos poderes; porque só podremos, se a xente traballadora mobilizase e organizase desde os barrios e as vilas, en asembleas populares, para conquistar un Transporte Colectivo Publico, Bo, Eficaz e Barato.

Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 07-07-2016 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal