A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

chamamos á manifestación do 25 Xullo en Compostela
Un 25 de Xullo

POLA RUPTURA CO REXIME DO 78


Non ha nengumha dubida de que estamos diante dun 25X moi especial. As condicións políticas na UE e a propria crise política no Estado Español, din que este 25 X prodúcese nas portas dun tempo novo.

O ano pasado, nestas datas, escribíamos: “Tras-la dimisión de Juan Carlos e o fracaso que obtiveron no intento de plebiscitar cun “baño de masas” a Felipe VI, Corrente Vermella, (...) considera que hoxe máis que nunca é preciso avanzar no camiño da unidade para enfronta-lo réxime do 78”.

O longo deste longo ano, semellaría que estes obxectivos teñen pasado a un segundo plano. Nada máis lonxe da realidade, a profunda crise do réxime non só mantense, senon que profundase. A tomadura de pelo que foi o referendo grego, no que ao NON da poboación respostaron co SI do acordo, pon un punto e aparte numha das institucións fundamentais de soporte do réxime español, a Unión Europea. Demonstra branco sobre preto que a democracia e a soberanía non existen nos dicionarios dos dirixentes europeos, desde Merkel ate Rajoy.

Frente a esta recorrente crise, desde as mais diversas forzas estase a propor a apertura dun Proceso Constituínte. Calquera proceso constituínte que realmente queira arranxar os problemas sociais xerados pola crise do capitalismo, ten que partir do recoñecemento aberto e claro de que a clase traballadora e os pobos non collemos nesta Unión Europa, inhabitábel para a “xente decente”, nin neste réxime, que ademais de todas as contrarreformas laborais, privatizacións e desmantelamentos, ven de dar umha puntilla aos direitos democráticos mais esencias coa lei Mordaza.

Mas tamén estamos diante dun 25 de Xullo moi especial, porque en setembro Catalunya vota numhas eleccións plebiscitarias o seu futuro na “España”, e en novembro, tamen produces un plebiscito entre o “bunker” en defensa da Constitución, PP/Ciudadanos, as forzas que prantexan umha reforma da Constitución para non mudar nada (PSOE) e os que de maneira clara ou ambigua, falan dun cambio de réxime.

Para CV o que ten que unir as forzas sociais e políticas e “enfronta-lo réxime”, cara a súa ruptura, que é ten que ordenar todos os aspectos da loita política, desde a mais concreta das loitas sociais ate as candidaturas de unidade popular, cara a apertura dun proceso Constituínte que garanta o seguinte plan contra a crise:

1.- que derrogue todas as medidas do PPSOE contra a clase traballadora e os pobos.

2.- que garanta o exercicio efectivo do direito a autodeterminación da Galiza, e o resto das nacións, no cadro dumha Federación de Repúblicas.

3.- que renacionalice / nacionalice os servizos públicos privatizados, baixo control dos traballadores / as e as asociacións de usuarios/as.

4.- que nacionalice a banca e as empresas estratexicas (electricidade, transporte, auga, farmacéuticas...) baixo control obreiro.

5.- que non pague a debede publica española, creada por imposición do artigo 104 do Tratado de Maastricht.

6.- que garanta a igualdade real de xénero e raza, garantindo os direitos individuais das mulleres a un aborto libre e gratuíto, na Seguridade Social, e direitos políticos e sociais para todos e todas.

7.- que derrogue toda a lexislación represiva (lei de partidos, mordaza,...) e decrete a amnistía para todas as persoas acusadas ou condenadas por loitar na defensa da clase traballadora e o pobo.

8.- que apoie o pobo grego na súa loita contra o acordo humillante, e chame á ruptura coa UE de todos aqueles pobos afectados polo austericidio da Comisión Europea/BCE/FMI.

9.- que aposte abertamente por umha outra Europa, a dos Traballadores / as e os pobos.


Para CV conquistar a Ruptura co Réxime non supón necesariamente a apertura dun só proceso constituínte, esixindo ás nacións a “espera” os demais,... Se algumha nazon comeza o seu proceso constituínte é sumamente progresivo, pois debilita ao réxime. Mas só coa unidade da clase traballadora galega, catalana, vasca, española e mesmo europea, se pode garantir chegar o final da nosa loita, a supresión da explotación e a opresión de todo tipo.

O réxime non dará nada gratuíto, a aprobación da Lei Mordaza é a blindaxe da súas institucións en crise, por elo, non abondan as candidaturas para as institucións; só coa loita unitaria e independente da clase traballadora e os pobo conquistaremos a ansiada Ruptura co Réxime do 78.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 22-07-2015 21:17
# Ligazón permanente a este artigo
Por un 25 de xullo de UNIDADE
POR UN PROCESO CONSTITUINTE


O 25 de Xullo é umha data importante na política galega, e sería un bo momento para xuntar as forzas politicas e sociais mais alo das siglas, numha manifestación unitaria e aberta, que culmine numha gran asemblea popular en Compostela onde se comece o debate de qué alternativa erguése desde o pobo traballador galego ás medidas de austericidio impostas desde Bruxelas e Madrid, e desenvolvidas pola Xunta do PP.


A tentativa de impor o pobo traballador grego o ter que pagar os desastres dos anteriores gobernantes e a sua burguesia, saltando os resultados dumhas eleccions, ratificado nun NON rotundo á austeridade e os recortes (“as urnas son perigrosas”, dixo umha dirixente do PP), demonstra que os termos “democracia” e “soberanía” dos pobos non estan nos diccionarios da UE, nin dos seus servís gobernos.

Este 25X producese neste cadro de ataque en toda regra no só contra os direitos sociais e laborais do pobo traballador galego e europeo, mas tamen contra as liberdades democráticas mais elementais, destruidas pola “lei Mordaza” nunha siniestra lembranza do que foi o franquismo.

Nestas condicions o pobo traballador galego non podería saír ben parado. Un pobo condenado historicamente polo estado español á ser suministrador de materias primas e man de obra barata, non pode esperar outra cousa dese Estado. A Xunta do PP, como bo axente dos interese do capital español e europeo, son os que desde dentro da sociedade galega, aplican conscientemente estes planes de desindustrialización, perdas de postos de traballo e privatizacións. Así, os salarios da clase traballadora galega son dos mais baixos do Estado Español; ser “muller, galega e traballadora de hostelaría” supon ter os salarios mais baixos de todo o estado.

Por outra banda, como se fose umha volta o pasado, os gandeiros galegos teñen que se movilizar de novo porque o leite galega é a mais “barata” do estado. A Xunta do PP fixo, nestos anos, todo o posible por que Galiza voltara a encabezar as listaxes de emigración, conseguindo o record de que en 40 anos poboación galega non aumentara, mentras a española case doblouse, Galiza segue a ser a suministradora de man de obra barata que sempre foi.

Os pobos como o galego, como o grego e outros tantos, mentras esteamos en esta UE e nós no Estado centralista Español, non temos a nosa disposición de ningumha ferramenta real para enfrentar por nós mesmos a resolución dos nosos problemas. Se esperamos que desde Bruxelas ou Madrid veñan solucións, estamos enganando o pobo, pois a experiencia demonstra todo o contrario: todo o que veu deles foi peches de empresas, reconversións e desmantelamento industrial, privatizacións, e dicer, empobrecemento social. Por todo elo, hai que muda-las instituciones, tanto da UE como do Estado Español.

Temos que avanzar na ruptura con estas institucions. De igual xeito que temos que apoiar con todo o pobo grego contra as imposicions da UE, por umha outra Europa (a sua loita é a nosa loita!), na Galiza e no Estado Español temos que caminar cara a apertura dun Proceso Constituinte que rompa co rexime do 78, que garanta o exercicio do direito á autodeterminación da Galiza e abra as portas a umha saída obreira e popular á crise.

Para enfrentar estos retos é preciso que todos os que rexeitamos este rexime e o capitalismo, levantemos as bandeiras que levantemos, constrúamos umha unidade loita.

A crise economica, a dureza coa que a UE (e os gobernos no Estado Español) están a actuar para destruir definitivamente as conquistas grega e convertilos numha colonia, por branco sobre negro que estas tarefas non se poden acadar desde o illamento, interno e externo; senon que baixo umha unidade respectuosa cos direitos dos pobos, avance nesos camiños de loita. Galiza, como na Grecia, non saíran da sua postración senon é procurando a unidade da clase traballadora e os pobos contra a UE e o rexime.

Por elo, desde Corrente Vermella consideramos que mais alo das saídas que hoxe vexamos, é preciso comezar a construir desde a base, desde os centros de traballo e estudo, barrios e vilas, esa unidade, ese frente amplo contra o rexime do 78 e por un proceso constituinte que rompa con él e a estructura do rexiem. Este ten que ser o cemento que umha esa confluencia.

Galiza, 7 de xullo de 2015
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 09-07-2015 20:26
# Ligazón permanente a este artigo
Todos ás rúas en defensa do NON no referendo grego!
Grecia vai realizar un referendo o vindeiro domingo para aceptar ou rexeitar o “acordo” proposto pola Troika (Comisión Europea, Banco Central Europeo e FMI). No caso de que gañe o SI será aplicado un plan de austeridade máis, e unha redución máis de salarios e de dereitos.

O presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, deixou de lado a diplomacia e pediu abertamente que o pobo grego vote polo SI. Angela Merkel rexeitou unha última proposta de acordo feito por Tsipras, esperando que gañe o SI no referendo.

A propaganda imperialista culpa ao pobo grego pola crise actual. Trátase dunha mentira ao servizo dos bancos europeos, os grandes beneficiados polos plans de austeridade. O resultado da aplicación deses plans no últimos cinco anos demostra esa falsidade: a situación do país só agravouse. A débeda externa aumentou, a produción de país retrocedeu a niveis semellantes a unha depresión. Os traballadores e o pobo grego tiveron os seus salarios reducidos, os seus dereitos atacados.

O pobo debe derrotar esta nova presión do imperialismo. Foi contra eses plans que os gregos realizaron 35 folgas xerais. Foi contra iso que o goberno Syriza foi electo en xaneiro. Por iso chamamos ao voto NON no referendo.

Por un NON consecuente, de loita contra o imperialismo

Tsipras está a facer campaña polo NON. Pero o NON de Tsipras e o NON dos traballadores gregos deben ser moi diferentes.

Tsipras defende o NON para volver á mesa de negociacións co Eurogrupo e conseguir un plan de austeridade un pouco diferente. El tirou ao lixo o programa de Salónica e os compromisos asumidos cos traballadores gregos nas eleccións (aumentar o salario mínimo, revogar toda a reforma laboral do goberno anterior). Retrocedeu en todas as súas promesas co obxectivo de conseguir unha ?reestruturación? da débeda, que mantería intacta a política de austeridade.

O goberno grego presentou un plan aos acredores que incluía a elevación gradual da idade para xubilación de 62 a 67 anos, ademais de eliminar paulatinamente os subsidios e aumentar os impostos para xubilados. Aumentaba tamén, gradualmente, o superávit fiscal de 1% en 2015 até 3,5% do PIB en 2018. Estivo de acordo con case todas as imposicións da Troika.

Foi ese plan de austeridade que o imperialismo non aceptou porque quería máis rigor sobre os xubilados, máis desemprego, máis privatizacións. Tsipras foi obrigado a convocar o referendo porque sería obrigado a facer tantas concesións que significarían un suicidio político. Pero quere o referendo para fortalecerse e? volver á mesa de negociacións.

O NON dos traballadores debe ser o punto de partida para rescatar aquilo que Tsipras prometeu antes das negociacións: aumento dos salarios e as pensións, o fin das privatizacións e da austeridade. Iso non pode ser cambiado por unha reestruturación da débeda, ilegal e odiosa.

Hoxe non se pode dicir o que vai suceder co referendo. O imperialismo fai unha campaña de terrorismo pola prensa, coma se o rexeitamento do acordo e a posibilidade da saída de Grecia do euro fose unha catástrofe. Coma se a catástrofe non fose a actual crise do país causada polos plans de austeridade do últimos cinco anos.

O peche dos bancos e a retención dos depósitos bancarios nesta semana, determinada polo goberno para evitar unha corrida xeneralizada, axudou a crear ese clima de incerteza. Pero, alguén pode preguntar, o goberno non foi obrigado a iso pola presión do imperialismo? Si e non. Tivo que facer iso porque non estatalizou os bancos, medida fundamental para deixar sen efecto o bloqueo do Banco Central Europeo.

Os ricos non foron afectados. Mentres se realizaban as negociacións, os grandes burgueses e os bancos retiraron o diñeiro que aínda tiñan dentro de Grecia e transferírono para os paraísos fiscais.

O goberno Tsipras será responsable se seica a campaña do imperialismo é vitoriosa e gaña o SI. Foi o goberno grego o que sementou a ilusión reaccionaria de que era posible un acordo coa Troika que beneficiase á maioría da poboación. Non hai negociación posible que poida conciliar os intereses da maioría do pobo grego cos do imperialismo.

A permanencia na zona euro e a continuidade do pago da débeda significan a submisión ao imperialismo alemán e francés, e a aceptación de máis austeridade. O NON no referendo debe ser o punto de partida dun plan de mobilizacións dos traballadores gregos, pasando por encima dos obxectivos do goberno Syriza.

Os traballadores gregos precisan tomar o destino do país nas súas mans, dicindo un NON a leste e todos os plans de austeridade. Os traballadores deben pasar á ofensiva coas súas propias mobilizacións. A vitoria do NON debe ser seguida de inmediato coa expropiación dos bancos para evitar a continuidade da fuga de capitais. É preciso romper co euro e co pago da débeda.

Apoiamos as mobilizacións en todo o mundo para apoiar a loita do pobo grego contra as imposicións do imperialismo. Imos ás rúas a apoiar o NON no referendo do domingo. En particular en Europa, esas mobilizacións deben esixir dos gobernos o fin das vergoñosas presións sobre o pobo grego e o goberno Tsipras, e defender a anulación da débeda grega.
Comentarios (0) - Categoría: Internacional - Publicado o 04-07-2015 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal