A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

UNIDADE NO 25 XULLO POLO DIREITO A DECIDIR
Tras a dimisión de Juan Carlos e o fracaso que obtiveron no intento de
plebiscitar cun "baño de masas" a Felipe VI, Corrente
Vermella, diante deste Día da Patria Galega, considera que
hoxe máis que nunca é preciso avanzar no camiño da unidade para
enfrentar ó réxime do 78.

A loita contra os recortes e contra as medidas da Unión Europea e a
Troika, impostas desde os gobernos, teñen hoxe um punto central: a
conquista da ruptura con este réxime en descomposición. Non é que
umha república, teña o carácter que teña, vaia sacar á sociedade da crise;
mas a derrota do bipartidismo anunciada nas eleccións europeas e do réxime
que está tras eles é un paso decisivo na loita por umha outra saída da crise,
que non estea o servizo dos banqueiros e empresarios.

Por iso, propomos que neste 25 Xullo, todas as forzas politicas e sociais (sindicatos, A
VV, movimentos sociais,...) xunten as suas forzas nun 25X unitario,
baixo o lema que nun acordo unitario histórico, sacou a 3000 persoas na
Coruña o pasado 19 de Xuño, dia da proclamación do herdeiro do
franquismo: "POLO DIREITO A DECIDIR, POLA REPUBLICA"
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 12-07-2014 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
Solidariedade coa loita de URBASER
Corrente Vermella apoia a loita dos traballadores e as traballadoras de URBASER en Lugo, contra os recortes na negocación colectiva que quere impoñerlles a empresa. É umha folga dura onde o acoso e a represion da empresa contra os traballadores / as, co apoio do concello do PSOE, xa se traduciu en 11 despedimentos e 60 sancionados.
>
O que acontece coa recollida de lixo en Lugo non é un feito illado; fai pouco os bombeiros da privada de Galiza detiveron coa sua loita as intencions das empresas concesionarias de recortes nos direitos laborais. En Madrid foron os da recollida do Lixo, as concesionarias de Pinto e Alcorcon os que enfrentaron iguais intencións. As empresas, ao calor das reformas laborais aprobadas polo PPSOE, e baixo a xustificación da crise, queren destruir as conquistas de anos, e sobre os baixos salarios, aumentar os seus beneficios.
>
Ponse de manifesto o que xa é un clamor: PUBLICO É SERVIZO, PRIVADO É BENEFICIO. Ou o que é igual, que a privatización dos servizos publicos só teñen duas consecuencias, o seu empioramento para mellorar as contas das empresas beneficiarias, e fomentar a corrupción para acadar as concesions (Pokemon, etc., etc.), con nefastas consecuencias para a sociedade no seu conxunto.
>
Apoiamos a exixencia de readmisión de todos os despedimentos, asi como o levantametno das sancions e de remunicipalización dos servizo.
>
> Corrente Vermella chama a participar na manifestación nacional, mañan ás 12 h, no edificio dos sindicatos de Lugo.
>
Se gañan eles, gañamos todos
>
>
>
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 04-07-2014 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal