A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ante o traxico accidente ferroviario
Corrente Vermella quere manifestar as súas condolencias e a solidariedade coas victimas e as súas familias e achegados do tráxico accidente, sucedido o 24 de Xullo en Compostela.

Desde Corrente Vermella queremos saudar a reacción solidaria da poboación galega ante tan tremendo accidente, e en concreto aos bombeiros que suspenderon a folga indefinida que mantiñan pola equiparación laboral.

Aínda é pronto para esclarecer as causas que provocaron até agora 78 mortos e mais de 130 feridos, xa que seguro non ten un só motivo. Por esa razón non é de recibo que o "circo mediático" xa comece a focalizar no exceso de velocidade e o maquinista, como fixeron no accidente do Metro de Valencia, esquecendo que existen medios técnicos de seguridade homologados a nivel internacional para evitar as consecuencias de posibles fallos humanos.

Por todo iso, comezan a xurdir preguntas de se non se podería evitar o accidente, tendo en conta que as obras da AVE custaron á poboación 6 mil millóns de euros nos últimos anos, a zona onde se produciu era onde comezaba a via tradicional, construída hai 70 anos, saíndo da da AVE, e porque nun tramo da AVE consérvanse reliquias ferroviarias do pasado. Con tanto como gastaron, non había diñeiro para instalar todas as medidas de seguridade?

Por estes motivos, e moitas outras cuestións técnicas que se coñecerán, é imprescindible a investigación até o final das causas que motivaron tan tráxico accidente.

Agora o urxente é o rápido restablecemento dos feridos aos que as institucións públicas e ADIF-Renfe teñen que prestar toda a axuda necesaria.

Corrente Vermella
25 de xullo de 2013
Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 25-07-2013 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
O 25 DE XULLO CONTRA A UE E A TROIKA
Corrente Vermella chama a participar nas mobilizacións do vindeiro 25 de Xullo con nós, trás a faixa da Plataforma por Unha Auditoria Cidada da Debeda, que baixo o lema “Que se lixe a Troika, non debemos non pagamos”, concentrarase ás 12 h na Alameda de Compostela.

Para CV a poboación traballadora galega, como a europea e española, están sufrindo dunha maneira brutal as consecuencias da crise do capitalismo a través das políticas dos gobernos, de Unión Europea e a Troika.

Co obxectivo de recuperar os beneficios dos empresarios e banqueiros, coa finalidade de enriquecelos mais aínda, apróbanse reformas laborais, reformas constitucionais para garantir o pago da débeda, desmantelan e privatizan servizos públicos; todo isto feito por uns gobernos que non deixan de roubar a man cheas.

Para garantir a victoria da clase traballadora e os pobos fronte aos gobernos, a Xunta e o Central, e a UE é preciso avanzar na coordinación dos organismos que hoxe loitan contra os recortes, a austeridade e a reforma laboral; en fin, por umha fronte única social que desenvolva a mobilización social sostida no tempo, no camiño da Folga Xeral Política, ate derrubar os gobernos de Rajoy e Feijoo.

O 25 de Xullo ten que ser umha xornada de loita de todo o pobo traballador, no camiño da derrubada dos gobernos do PP e a apertura dun proceso constituínte que garanta umha saída obreira e popular á crise.



Esperámosvos desde as 11h no noso posto de venta de libros na Alameda
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 21-07-2013 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
NO 25 DE XULLO: Contra a UE e a Troika
Por unha alternativa socialista

Anos de rexeitamento masivo e mobilización social contra as políticas de recortes e axustes dos sucesivos gobernos do PSOE e o PP, poñen a resolución da crise social e económica nun nivel que desborda as institucións actuais, tamen europeas, afectadas por unha corrupción que atinxe a todo o aparello do rexime herdado do franquismo.
Os problemas que atinxen á Galiza, ó seu pobo traballador, de desindustrialización e saqueo das súas riquezas, de venda das súas materias primas e privatizacións son parte dunha política de pagamento da débeda por obriga constitucional e dun Tratado de Maastricht que impón o financiamento a través da banca privada; cun desemprego masivo consecuencia dunha reforma laboral que fai retroceder 40 anos nos direitos dos traballadores e as traballadoras, coa pantasma da emigración masiva.

Os limites do parlamentarismo
A presencia de AGE no parlamento rompeu a esclerotización “tripartidista” dos últimos vinte anos e elevaron o nível na loita parlamentaria; mas a crise do capital segue, e a Xunta, o goberno central e a UE continúan cos seus planes de saqueo e desmantelamento.
A loita institucional e parlamentaria demonstra os seus limites porque a pesar de que os deputados indígnense dentro del, as medidas apróbanse. Ou se espera que en catro anos se acade nas eleccións unha maioría parlamentar, cunha dubidosa efectividade para resolver a crise desde dentro deste marco constitucional; ou se rompe con esta lóxica electoralista, avanzando unhas propostas que confronten os gobernos e a crise desde a perspectiva da mobilización obreira e social.
A experiencia da Xunta Bipartita “progresista” que tras as mobilizacións de Nunca Máis e Contra A Guerra contou co apoio do pobo traballador, en catro anos decepcionou á poboación porque non resolveron case ningunha das aspiracións e ilusións, non en tanto polo PSOE, que todo o mundo sabía quen era, mas tamén polo BNG.
Ao renunciar ao enfrontamento coas institucións do réxime do 78, ao facer política para os sectores burgueses e capitalistas da Galiza e ao renunciar á loita pola soberanía nacional galega, dilapidouse a confianza posto nel.
Por iso, agora que é necesaria e desexable a derrota da Xunta do PP, é imprescindible non esquecer a historia recente; a repetición dunha Xunta, agora tripartita/cuatripartita, non vai resolver os problemas que atinxen á sociedade galega. As forzas que farían parte dela son as que xa estiveron na Xunta Bipartita, o BNG, o PSOE, agora ANOVA; o novo que podería se incorporar, IU, en Andalucía esta gobernando co PSOE e aplicando as medidas de austeridade e axuste, aínda que “por imperativo legal”.
O parlamentarismo e a vía electoral só é unha parte, e non a mais importante, da política para enfrontar os gobernos e os réximes do capital, tendo que estar sempre subordinada aos obxectivos da mobilización obreira e social.

As propostas democrático-nacionais
A partir das revolucións árabes e do 15M, das mobilizacións gregas, portuguesas ou italianas, das revoltas turcas e brasileiras,... e de fondo, unha crise social e económica de carácter internacional pon a alternativa nese terreo, fronte ás propostas cinguidas ás fronteiras nacionais ou estatais.
O 14N, a Xornada de Loita Europea, que foi de Folga Xeral na Península Ibérica, expresou a necesidade desa resposta internacional, europea, e na Bélxica, na Franza, en Portugal, na Italia… os traballadores/as desbordaron con mobilizacións de masas ás cúpulas sindicais que non querían convocar, ou facelo minoritario. O punto mais alto deste movemento foi a manifestación de 70 mil persoas en Madrid, convocados polo sindicalismo combativo e alternativo.
Neste cadro de internacionalización das mobilizacións e da resposta social á crise capitalista e as políticas dos gobernos, é obvio que as propostas democráticas e nacionais, de defensa dos direitos e das reivindicacións do pobo traballador galego fan parte indubidable dunha saída obreira e internacionalista da crise.
Por outra banda, a necesaria construción da unidade da clase traballadora por riba das fronteiras fronte os gobernos e a Unión Europea só pode facerse a partir do respecto absoluto dos direitos das nacións oprimidas, dos seus direitos políticos e sociais.

Construíndo a alternativa socialista internacionalista
Galiza, o seu pobo traballador, polo seu carácter de nación oprimida, periférica na UE e no Estado Español, esta a sufrir dun xeito especialmente duro as consecuencias da crise. Nestas condicións é preciso construír un programa adecuado ás condicións concretas nas que se desenvolve a loita, a Unión Europea, o Estado Español e a Galiza, que ten como obxectivo a transformación socialista da sociedade.
A partir da loita por unha saída obreira e popular á crise, que rexeite a Constitución do 78 e abra un proceso cara unha Asemblea Constituínte no que a clase traballadora e o pobo podan decidir o seu futuro, garantindo o exercicio do direito á autodeterminación. Esto supón loitar polo cambio de réxime político a través da mobilización social sostida no tempo, cara unha folga xeral política, que free as políticas de austeridade e axuste, e derrube os gobernos da Xunta e o Central, abrindo as portas a ese proceso constituínte apoiado nas organizacións obreiras e populares que hoxe loita contra esas medidas.
As tráxicas consecuencias que as medidas teñen na vida da clase traballadora e o pobo impón levantar un Plan de Emerxencia Social que sente as bases dunha nova política obreira e popular. É claro que ningún goberno dentro deste réxime adoptará medidas semellantes, esto só pode facelo un goberno obreiro e popular, unha Xunta dos Traballadores/as e o pobo apoiada nos organismos de poder construídos desde a base, como as asembleas populares, comités, plataformas, etc.
Unha Xunta dos Traballadores/as e o pobo que no exercicio do direito á autodeterminación, convoque a unha asemblea constituínte galega e instaure unha república galega, no cadro da Federación de Repúblicas Ibéricas, fora da UE e o Euro, para levar adiante, queira que non o estado español, o plan de emerxencia da poboación traballadora.
O carácter internacional da crise e da loita marca a perspectiva que demonstrou a Xornada Europea do 14N; a resposta ás políticas da Unión Europea, vehiculizadas a través da Troika e os gobernos fai preciso o fortalecemento da unidade da clase traballadora por cima das fronteiras, avanzando reivindicacións e propostas de mobilización común, para romper con esta Unión Europea, co Tratado de Maastricht e o Euro, e construír os Estados Unidos Socialistas de Europa.
Por todo elo, é preciso abrir un debate para determinar os eixes do programa e de loita, nun Encontro Aberto, desde a base e democrático que agrupe aos/as activistas dos movementos sociais que hoxe enfrontan as políticas da UE, da Troika e os gobernos.

Pola unidade e a coordinación das loitas
Para garantir a victoria frente aos gobernos, a Xunta e o Central, e a UE non abondan os acordos cupulares, se estos non serven como canle orgánica para, a partir dun acordo de mínimos na defensa dos direitos sociais e políticos da poboación, contra esta Unión Europea e o Euro, avancen na coordinación dos organismos que hoxe loitan contra os recortes, a austeridade e a reforma laboral; en fin, por umha fronte única social que desenvolva a mobilización social sostida no tempo, no camiño da Folga Xeral Politica, ate derrubar os gobernos de Rajoy e Feijoo


Plan de Emerxencia dunha Xunta dos Traballadores/as
1.- esixencia da derrogación de todas as medidas aprobadas polo PPSOE, reformas laborais, privatizacións e desmantelamento de conquistas sociais, e non aplicación no ámbito galego.
2.- non pago da débeda pública, auditoría para determinar as responsabilidades dos que levaron a esta situación. Control social das contas publicas e fin das contabilidades segredas da administración.
3.- reparto de traballo sen reducción de salarios; traballar menos para traballar todos. Contratación de persoal nos servizos públicos ate rematar coas listaxes de espera. Nin un euro para as empresas privadas.
4.- nacionalización da banca e as grandes empresas baixo control obreiro; nacionalización das empresas en crise (naval, Pescanova, Fabrica de Armas, etc.), que garanta todos os postos de traballo, e renacionalización dos servizos públicos, sociais e caixas de aforro privatizados ou desmantelados.
5.- plan de obras e infraestructuras galego executado pola Xunta directamente, sen xestión privada, democraticamente decidido pola poboación traballadora, que garanta un desenvolvemento sostible e o servizo das necesidades sociais e non das grandes empresas ou multinacionais.
6.- política fiscal progresiva, que pague máis quen mais ten, e anulación dos impostor indirectos (o IVE)
7.- reducción dos salarios dos políticos ao salario medio dun traballador/a e direito á revogación pola poboación.
8.- políticas activas na defensa da cultura e o idioma, normalización do seu uso: na Galiza en Galego.
9.- política industrial sostible ao servizo das necesidades sociais, decidida democraticamente nas organizacións da clase traballadora e o pobo, como asembleas populares, comités, plataformas,…
10.- desenvolvemento dos organismos de poder democrático da clase traballadora e o pobo, única garantía de enfrontar a crise desde a súa perspectiva.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 17-07-2013 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal