A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS
POLA CONFLUENCIA DAS LOITAS

Nestes meses veñen a se producir na Galiza umha sucesión de mobilizacións na defensa dos servizos públicos. Foi a manifestación na defensa da Universidade Pública ou a folga no Consorcio de Igualdade e na Administración contra a precariedade e en defensa dos servizos públicos, son as mobilizacións contra o desmantelamento da Atención Primaria e da Sanidade Pública; están as loitas contra a privatización das pensións publicas e o Pacto de Toledo, etc.

Co pano de fondo das loitas dos traballadores e traballadoras de Alcoa/AluIberica, que na defensa dos seus postos de traballo están a esixir a intervención/nacionalización da empresa. Son moitos os sectores que están en loita contra un novo retroceso en direitos sociais e laborais como o metal de Vigo a sanidade privada da Coruña, a limpeza.

A UE prometeu a entrega ao Estado Español de 140 mil millóns de euros, dentro do plan Europeo de mais de 750 millóns de euros para “reconstruír” a economía; mas con moitas condicións. Un, presentar planes que inclúen a privatización das pensións, cuxos eixos son o retraso da idade de xubilación, a desindustrialización co peche de industrias sen planes de “transición” mas baixo a xustificación da “transición ecolóxica”, etc.

E dous, a metade deses millóns, 70 mil, non son  a fondo perdido, mas tamén pola vía de créditos. Da crise do 2007/8 xa se sabe o que significan estes créditos, mais débeda pública e novos recortes nos servizos públicos co desmantelamento dos que eles consideren non rendibles, como os servizos de dependencia, ou a sua privatización. Feijoo dixo con orgullo que nos 12 anos que leva na Xunta non criou nin umha soa praza publica nas residencias de maiores; todo foi nas empresas privadas.

Frente a uns plans comúns, acordados e aceptados por todos os gobernos das UE, desde a Comisión Europea ate a Xunta, non se pode facer o “sálvese quen poda”; ou comeza a construírse desde a base umha frente común para umha mobilización sostida no tempo ate rematar cos planes de retroceso, ou co “divide e vencerás” irán impoñendo, sector a sector, empresa a empresa, eses planes.

A Xunta é o xestor dos intereses do gran capital, español e galego, e faino moi ben para manter a situación de opresión da Galiza, é urxente unir as loitas para botala canto antes, a través da mobilización na rúa. Galiza non pode esperar nin seis meses mais, a este paso non vai haber “galiza” que defender.

É tarefa nosa, das organizacións políticas, sindicais e sociais poñerse máns a obra de construír a unidade desde a base, para que as loitas do pobo traballador galego non fiquen como meras accións simbólicas, á espera dumhas hipotecas eleccións salvadoras. A experiencia dinnos que dentro dos marcos deste réxime non é posible mudar nada, todo pasa por un pacto cun partido do réxime, o PSOE e os seus aliados políticos e sindicais.

Mas é obvio que as vías para a defensa dos servizos públicos e os direitos laborais non son alleos ao que acontece no resto do Estado e de Europa. A unidade non só é interna, dentro da Galiza, senón con todos aqueles que no Estado e na Europa están a loitar polos mesmos obxectivos.

Este 25 de Xullo, dia da Patria Galega, sería un bó día para que todos os traballadores e traballadoras galegas em loita contra os recortes sociais e os retrocesos laborais, poñan  de manifesto o rexeitamento ás políticas que desde a Xunta, o Goberno Central e a UE están a desenvolver.

A patria galega son as suas persoas, os traballadores e traballadoras en loita polos seus direitos, a veciñanza que ve como a tolemia especulativa dos eólicos atenta contra proxectos si ligados a umha transición ecolóxica, como foi o rexeitamento á candidatura da Riberia Sacra á Patrimonio da Humanidade, umha verdadeira emenda á totalidade da política da Xunta no rural.

Por iso, para CV este 25 de Xullo ten que se poñer en valor a combatividade do pobo galego na defensa dos seus direitos sociais e nacionais. A defensa dos direitos sociais do pobo traballador galego están indisolublemente unidos á loita contra o réxime do 78 e pola soberanía nacional.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 26-06-2021 17:27
# Ligazón permanente a este artigo
Fronte a suba da electricidade
A SOLUCIÓN: NACIONALIZACIÓN

Cando o goberno do PP, na era Aznar, privatizou ENDESA dixo que a competencia era boa, pois baixarían os prezos. Esta claro que mentiu. Hoxe o prezo da electricidade está absolutamente desbocado, cumhas subas que supoen un verdadeiro saqueo ás nóminas de traballadores e traballadoras, de pensionistas, de desempregados.

A suba do prezo de electricidade ven dado pola estrutura do mercado en mans de tres multinacionais, umha italiana, Enel/Endesa, outra basca, Iberdrola, e umha terceira, catalano española, Naturgy (da galega Fenosa, absorbida por esta, non queda nin o recordo). Elas controlan todo o proceso que vai desde a xeneración/produción cos eólicos, encoros ou centrais térmicas, ate a distribución. So está nas mans do estado o que non da beneficios, o transporte na REDE ELÉCTRICA.

Son eles os que deciden os prezos a través dun mecanismo absolutamente especulativo nos chamados mercados de futuros, segundo o cal o que vai custar ven determinado polo prezo mais alto entre os diferentes sestemas de produción (eólico, nuclear, térmica, etc.). Establecen umha competencia entre as diferentes formas de xeneración, que permite-lles xustificar os altos prezos.

A iso hai que engadirlle que no Estado Español a electricidade está gravada co tipo máximo do IVE, o 21%, como se fose un produto de luxo cando é un ben de absoluta primeira necesidade. Hoxe por hoxe, é imposible vive sen electricidade; e iso, sábeno.


A solución: nas mans do goberno


Este saqueo das nóminas de maneira directa, a través do consumo diario nos fogares, xuntase a repercusión que vai ter no conxunto da economía polo incremento dos costes de produción, pois xa están anunciados subas de prezos en todos os sectores cunha escalada da inflación que vai empobrecer mais á poboación traballadora.
Fronte a iste ataque ás condicións de vida da clase traballadora e o pobo están-se a levantar propostas desde sectores do goberno (Unidas Podemos) como a redución do IVE, a creación dumha empresa pública ou desde fora, como o BNG, co establecemento dumha tarifa propria dado que, certamente, Galiza é excedentaria na produción eléctrica.

Todo para evitar á raíz do problema, a privatización dun ben esencial, a electricidade que nos tres casos seguiría nas mans do oligopolio, so que cun certo control. Mas non é a solución, só un paliativo a un problema social moi grave.

A electricidade non pode estar en función dos beneficios empresariais, senón nas mans do estado que faga con el como con calquera outro, poñelo en función das necesidades sociais. Por iso a solución, como no caso dos despedimentos en Alcoa, as reformas laborais ou as das pensións, está nas mans do goberno; ou ben, evitar que a suba sexa do 45% e rebaixala ao 25%, como se isto xa non fora un saqueo das nóminas, ou ben resólveo, NACIONALIZANDO A INDUSTRIA ELÉCTRICA.

Ou a electricidade segue sendo propriedade privada das multinacionais ou é propriedade estatal; mas non o estilo francés o italiano, que son empresas estatais parte do mercado mundial da electricidade. Endesa é propriedade de empresa estatal de electricidade italiana, ENEL, que fai parte do oligopolio que saquea os nosos salarios e pensións.

A única nacionalización que rompe o mercado capitalista é a que fai-se ao servizo das necesidades sociais é a que está baixo control dos traballadores e traballadoras, das organizacións veciñais, que fagan como puntualmente teñen feito os traballadores da electricidades gregos ou franceses, cortando a luz aos ricos, e conectando á rede a xente traballadora que non podía pagala.

A solución está nas mans do goberno, un goberno de “coalición” que ten demonstrado que non vai tocar a propriedade privada deste ben necesario. Dará todas as voltas que precise para evitalo, por iso, fai-se imprescindible que as organizacións sindicais, veciñais e sociais levanten unha potente mobilización social UNITARIA para enfrontar o saqueo das nóminas e pensións.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 21-06-2021 16:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0