A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

BOTEMOS A FEIJOO E O PP DA XUNTA
Diante das eleccións do 12X
Votes o que votes

BOTEMOS A FEIJOO E O PP DA XUNTA


A convocatoria apresurada das eleccións, baixo as condicións dumha crise sanitaria e económica mundial e cun profundo cheiro a fraude, so pode respostar á necesidade do PP de lexitimar cos votos o que foron políticas de recortes con resultados criminais.

O desborde e colapso do sistema socio-sanitario, cas mortes nas residencias de maiores ou a situación de cuase guerra nos hospitais, demonstran que “os recortes, matan”; como viña denunciándose desde facía anos nos centos de mobilizacións, folgas e manifestacións feitas contra a destrución da sanidade publica ate mesmo nas vésperas do estado de alarma, coa defensa do paridoiro do hospital de Verin.

Sendo este o feito mais dramático, non é o único motivo para que BOTAR Á FEIJOO E O PP DA XUNTA sexa umha necesidade vital para o pobo galego: desde que o PP volveu á Xunta tras a experiencia do Bipartido, Galiza perdeu 70 mil habitantes; pasou de 2 770 000 a 2 700 00, o que sería a cidade de Ferrol enteira emigrando.

Conseguir que a xente nova non queira / poda viver na Galiza é a consecuencia directa das políticas levadas adiante polo PP desde a Xunta, coa colaboración do seu goberno “amigo” de Rajoy. Da destrución dos servizos públicos (sanidade, educación, dependencia, cultura, etc.), de desindustrialización (Alcoa é o derradeiro mas non o ultimo acto), de destrución do sistema financeiro publico (privatización das Caixas de Aforro), de asistir pasivamente á desaparición do sistema financeiro privado (Banco Pastor).

Umhas eleccións para o futuro
O PP e Feijoo procuran nestas eleccións buscar o aval dos votos, “democratizarse”, para liderar a “nova normalidade” baixo as suas condicións. A queda do PIB galego en mais do 10% froito da crise detonada pola pandemia fai parte dunha profunda depresión económica a nivel mundial, que vai provocar unha reorganización das xerarquías e as relacións entre os estados e nacións.

A UE xa anunciou que vai a facer un desembarco de diñeiro no sistema de 750 mil millóns de euros, dos que 140 mil millóns van “caer” no Estado Español e todos os capitalistas xa están facendo contas, a ver quen leva a parte do león desde diñeiro. Mas non é gratis, entregaranno a cambio de manter as reformas laborais, a “sostenibilidade” das pensións sen tocar as reformas do PSOE e o PP, e facer “reformas estruturais”, ou sexa, mais privatizacións.

Construamos umha alternativa de loita
Que botar o PP e Feijoo sexa umha necesidade vital para o pobo galego, non quer dicer que haxa ningum tipo de confianza nun goberno alternativo que poda sair das urnas, posto na disxuntiva de ter que escoller entre acatar as condicións da Unión Europea e o réxime do 78, ou romper con eles. O que está a facer o “goberno de progreso” estatal en Alcoa e Alu iberica pon sobre aviso do que pode acontecer na Galiza.

Alen mais, a actitude compracente dese “goberno de progreso” coa política criminosa da Xunta do PP, regalando-lle ate o levantar o “estado de alarma” antes que no resto do Estado, como se aquí non sucedera nada, demonstra que desde o Estado, de novo, apostan por garantir a estabilidade de Galiza entregándolle a Xunta ao PP de Feijoo.

Pola sua banda, o BNG, o único que lle está a facer oposición, ten dous discursos, un, cara fora, que é ser umha “leal oposición o goberno da monarquía”, e outro, cara dentro, aparentemente mais radical, soberanista, mas subordinado áo primeiro, baixo o lema “se o BNG está, Galiza está”. A sua política non pasa de tensar a corda para ser un “conseguidor diante de Madrid”, non romper abertamente coa raiz do problema, o réxime do 78 e a Unión Europea.

Por todo iso, votes o que votes a alternativa non son as medidas de “escudo social” temporais (ERTEs, Ingreso Mínimo Vital, etc.), con data de caducidade, nin as “esmolas” orzamentarias coas que conformase o BNG; senon ir á raíz do problema, o niño da serpe: o capitalismo e os seus gobernos.

O capitalismo demonstrou a sua inutilidade absoluta para resolver nin tan siquer a falta de mascaras e EPIs para as sanitarias; ou acabamos co capitalismo loitando polo transformación socialsita da sociedade, ou este acaba coa sociedade. Eles, o PP, o PSOE e os seus aliados, etc., non van a aprender nada do acontecido, e xa están preparando novos plans para que sexa a clase obreira e os pobos quen pague os costes da crise.

Por iso, tras o 12X teremos que seguir loitando e organizándonos unitariamente para berrar que ESTA CRISE NON A PAGAMOS OS TRABALLADORES E AS TRABALLADORAS.

Pola defensa de todos os postos de traballo, co reparto de traballo, reducindo a xornada sen redución do salario; “traballar menos para traballar todos e todas”, e proibición por lei dos despidos.
Pola nacionalización imediata das empresas en crise (Alcoa,...), as esenciais (eléctricas, alimentación, transporte, etc.) e os servizos públicos, da sanidade, educación, servizos sociais...
Pola derrogación de toda a lexislación antiobreira e antipopular do PPSOE, como as reformas laborais, de pensións, o artigo 135 da Constitución, etc.
Pola derrogación da lexislación antidemocrática como a Lei Mordaza, Lei de Estranxeria, e todas as reformas feitas no código penal que criminalizan direitos fundamentais de expresión, folga, etc.
Pola disolución de Garda Civil como organismo militar, e a limpeza de neofranquistas e machistas das institucións do estado, policiais, xudiciais e demais.
Pola direitos laborais e sociais das mulleres traballadoras, por umha Educación, Sanidade e Servicios Sociais 100% públicos.
Cortar coa Monarquía, fora o Borbón, e apertura de procesos constituíntes a nivel estatal e nacional, que inclúan o dereito a decidir de Galiza e dos pobos do estado.
Cortar coa UE, e un chamado á da clase traballadora do estado español e o continente a unir as suas loitas contra os planes de “resgate” que van redundar en novos ataques con os direitos laborais, sociais e políticos da poboación traballadora.
Pola Federación de Repúblicas Ibericas, no cadro dos Estados Unidos Socialistas de Europa.

Máis alo do voto, agora que as sanitarias e os sanitarios convocan mobilizacións contra o que ficou evidente para todos e todas, que os “recortes matan”; agora que saen a loita os da industria (Nissan, Alcoa/Alu iberica), o comercio (Lidl), etc., contra a destrución de postos de traballo ou de direitos, é o momento no que as forzas, sindicais, sociais e políticas da clase obreira poñan no centro a necesidade da UNIDADE PARA LOITAR.

PARA AVANZAR NESTE CAMIÑO, UNE-TE A CORRENTE VERMELLA (LIT-CI)
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 19-06-2020 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal