A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Trás as eleccións do 26M, é hora de sacar conclusións

1.- As eleccións do 26 de Maio (26-M) foron, en certa maneira, unha segunda volta das eleccións xerais do 28 de Abril (28-A). O vento de cola seguiu empuxando a favor do PSOE, que aparecía como o “baluarte” para impedir a entrada da extrema direita ao goberno. O PSOE foi o gran triunfador da xornada. En Cataluña o foi Esquerra Republicana (ERC), que afianzou os seus resultados do 28-A.

2.- O 26-M fixou tamén a relación de forzas na dereita. O PP parece deter o seu esborralle e recuperado a hexemonía, máis aínda se recupera o Concello de Madrid e mantén o goberno da Comunidade. Cidadáns mostrouse incapaz de lograr o “sorpasso” e o seu papel quedou limitado ao de “partido bisagra”. En canto a Vox, reducido a un 6,2% de voto nas eleccións europeas, apareceu como unha forza irrelevante na gran maioría de municipios.

3.- Un dos aspectos máis relevantes do 26-M foi o desmoronamiento de Podemos. En 2015 obtivo case 5,2 millóns de votos, a só 340.000 do PSOE. Agora, catro anos máis tarde, nas eleccións xerais do 28-A perdeu 1,5 millóns de votos e o 26-M, un mes despois, outro millón e medio nas europeas. Tamén perdeu os gobernos municipais e a maioría de deputados autonómicos...

4.- A razón deste afundimento vertixinoso -unha verdadeira crise de descomposición- a só cinco anos da súa fundación, foi a súa conversión na á esquerda do réxime monárquico. Transformou-se nunha forza auxiliar do PSOE, en cuxo apoio acudiu cando este estaba a piques de ser desafiuzado. Podemos foi quen desactivou a potente contestación que xurdiu do 15-M, institucionalizouna e integrouna nas institucións do réxime.

5.- A campaña electoral de Iglesias consistiu en: 1/ mendigar un posto no goberno Sánchez, abandonando calquera tipo de crítica ao PSOE, e 2/ abandeirar a defensa da Constitución do 78, apelando cínicamente a uns artigos baleiros que saben que non obrigan xuridicamente a nada. Cunha campaña así para que votar a Podemos podendo facelo ao PSOE?

6.- Debemos engadir o desengano de sectores populares dos “concellos do cambio”, tras vivir o contraste entre as promesas e unha realidade que non cambiou nada substancial das súas condicións de vida, mentres os grandes negocios seguiron medrando sen freo. Os cambios quedaron reducidos ao “talante” e a actuacións menores, con moita publicidade e un respecto case relixioso a unha legalidade inxusta. Iso, sen contar actuacións escandalosas como a de Carmena cos titiriteros, a “operación Chamartín” ou os desafiuzamentos da rúa Argumosa no barrio de Lavapiés, o desaloxo da Insumisa na Coruña, etc. Ou a grotesca participación dun representante de Podemos como “vicepresidente” de Page na comunidade de Castela-A Mancha.

7.- O 26-M, en pleno xuízo aos líderes independentistas, mostrou o lugar central que segue ocupando o conflito catalán. A suspensión como deputados de Junqueras e outros presos políticos cataláns, o millón longo de votos logrado por Puigdemont ou a obtención do 50% de papeletas para as candidaturas independentistas nas eleccións europeas, mostran que Cataluña continúa sendo o talón de Aquiles do réxime monárquico.

8.- As eleccións tamén reflectiron a vitória de ERC na disputa pola hexemonía no independentismo catalán. Esta vitoria reforza a ERC de face ás eleccións catalás que terán lugar despois da sentenza do Supremo e afianza a súa política en busca dun reacomodo no marco constitucional.

9.- Tamén hai que constatar o pau recibido pola CUP na cidade de Barcelona e en toda a área metropolitana. O arrastre do voto a ERC non explica a derrota sofrida. Desde o referendo do 1 de outubro de 2017, a diferenciación da CUP fronte ao bloque hexemónico do independentismo foi ante todo testemuñal e xestual, sen construír unha alternativa estratéxica, aínda que fose minoritaria. O seu papel nos concellos, onde participou en coalicións de goberno, quedou basicamente reducido a un esforzo de xestión honesta e á promoción de “economía social e solidaria”. Ao que hai que engadir a crise interna que sofre, dividida entre os seus dous sectores máis representativos, un centrado no municipalismo e o outro na procura dumha ”fronte nacional” con ERC e JxCat.

10.- Dalgunha maneira, estas eleccións conclúen o ciclo que se abriu o 15-M. Primeiro veu a institucionalización do movemento a mans de Podemos e despois, cumprida a misión, a súa inmolación e a recuperación relativa dos vellos partidos do réxime, PSOE e PP.O réxime gaña estabilidade. Pero é unha estabilidade relativa. Estamos lonxe de volver ao antigo punto de partida: o PSOE e o PP nunca volverán ser o que foron. A futura recaída do PSOE no descrédito popular dificilmente vai atopar outro Pedro Sánchez para resucita-lo. A diferenza de fai cinco anos, agora coñecemos a fraude política que representou Podemos. O réxime monárquico está profundamente desacreditado ante importantes sectores populares. O problema catalán vai proseguir, por moito que busquen neutralizalo. E a UE, patronal e gobernos, empezando polo próximo de Sánchez, van continuar descargando fortes golpes sobre a clase traballadora e os sectores populares, aos que imos ter que responder.

11.- Máis aló do actual desconcerto que percorre a amplos sectores de ativistas, a lección estratéxica do 26-M é clara: Hai que porse a traballar para construír un novo 15-M, máis profundo, máis obreiro e popular, controlado pola base e unificado a través da súa organización democrática, mediante unha rede de delegad@s elexid@s e revogables. Hai que construír un novo 15-M que non se deixe institucionalizar e afirme o seu obxectivo de acabar con este réxime ao que “chámanlle democracia e non o é” e abrir un proceso constituínte que, descoñecendo a actual Constitución e as normas da UE, permita reconstruír a sociedade sobre novas bases políticas (incluído o dereito a decidir das nacionalidades) e económicas, acabando co dominio e os privilexios do Ibex 35 e loitando por unha Europa dos traballadores e os pobos.

Este é o programa que a candidatura de Corrente Vermella defendeu nas eleccións europeas. É a este compromiso ao que vos convidamos a traballar con nos.

04/06/19

Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 06-06-2019 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal