A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

manifestacións contra a criminalización da loita dos traballadores e traballadoras
Corrente Vermella chama a participar nas manifestacións convocadas por CIG, CCOO e UXT contra a criminalización da loita dos traballadores e traballadoras. Na Coruña a manifestación saíra da Casa do Mar, o luns 30, ás 20 H.

As políticas dos gobernos para sacar ao sistema da crise supoñen un ataque constante aos direitos da clase traballadora: reformas laborais que lle dan todo o poder aos empresarios, pactos de conxelación salarial que reducen o poder adsquistivo, modificacións na legislación sobre os EREs, os recortes no seguro de desemprego, etc., só teñen un obxetivo, aumentar os beneficios empresariais

Tras as eleccións europeas desde o FMI e a UE, exixen máis sacrificios e novas reformas laborais. Isto supon umha escalada nas medidas represivas contra os traballadores e as traballadoras, desde os despedimentos de comités e activistas sindicais ate as detencións e penas de carcel, "exemplarizantes", como os casos de Vigo e Pontevedra, ou as ducias de compañeiras en compañeiros de todo o Estado que estan na mesma situación.

Para impoñer esas políticas contra os interese da clase traballadora e dos oprimidos, queren mudar desde o codigo penal, onde queren introducir medidas penais contra os piquetes –baixo o eufemismo de “interrupcion grave da actividade” dumha empresa- ate o establecemento nos feitos de estados de excepción, con fixeron o día 19 na coroacion do novo rei, cando en Madrid foros prohibidos todos os direitos de asociación, manifestación e liberdade de expresión.

A clase traballadora ten que respostar á ofensiva antidemocrática dos gobernos e o réxime do 78, se non quere verse atada de pés e mans nas súas loitas, voltando a métodos represivos do franquismo: multas, despidos e prisión, como xa acontece.

Para CV a loita contra a represión da loita obreira e popular pasa por saber que o inimigo é un réxime herdeiro do franquismo, que só tendo como eixo a loita pola ruptura democrática poderáse abrir un Proceso constituínte que derrogue todas as medidas de Reformas Laborais, Pactos de Conxelacion Salarial, etc., que reparta o traballo sen reducción de salarios, que estableza a xubilación aos 60 anos ou aumente SMI a 1200 euros.

CV apoia a exisencia do indulto aos compañeiros e compañeiras ameazados de prisión; mas pola cantidade de casos e os que desgraciadamente están por vir, porque indulto non anula a sentencia, senon que é un recoñecemento de ter cometido un delito, CV considera que os traballadores e as traballadoras, os sectores sociais agredidos e reprimidos (activistas das PAH, independentistas, etc.), teñen que loitar po umha AMNISTÍA TOTAL, que anule todos os casos, e pola derrogación das medidas e leis represivas aprobadas estos anos, desde a Lei de Partidos ate as restriccións o direito de folga como os servizos mínimos.

A loita polos direitos democráticos da poboacion axudan á clase traballadora a tér mais garantías na sua organización para se defender das politicas dos capitalistas e os seus gobernos.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 29-06-2014 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
POLO DEREITO A DECIDIR

Nin prazos, nin supostos: Dereito ao aborto, sen restricións!

CONCENTRACIÓN O 27, ÁS 20 H, NO OBELISCO, NA CORUÑA


Parece que a historia repitese. Nestes días, trás a dimisión de JC, a consigna Polo Dereito a Decidir estivo nas rúas reivindicando que sexa a poboación quen decida sobre a forma de estado que queremos. Mais, de igual xeito que as forzas do réxime consideran á sociedade “incapaz” de decidir cal é o seu futuro, que réximen quere, se monarquía o república, o PP e Gallardon consideran ás mulleres “incapaces” de decidir sobre o seu corpo. De novo, nesta “suposta” democracía, a ultima palabra está nas máns dumhas Cortes Xerais deslixitimadas que deciden por nós.
O réximen herdeiro do franquismo esta en crise, non so a monarquía mas tamén os dous partidos que son o seu apoio, PP-PSOE, alem das cúpulas dos sindicatos maioritarios e as institucións nas que se sustentan (poder xudicial,...). De feito, a votación do pasado mércores, onde as forzas políticas da burguesía española uníronse para garantir o relevo de Juan Carlos polo seu fillo, demostrou que o novo “reinado” nace moi feble.
Pero o Goberno do PP non quere irse sen aprobar unha das súas promesas electorais, a mal chamada “Lei para a protección da vida do concebido e dos dereitos da muller embarazada”. De novo estamos na rúa para rexeitar a eliminación da lei do goberno Zapatero, que a pesar de non se aplicar por igual nas distintas CCAA, mantendo nalgunhas delas os concertos coas clínicas privadas, é unha lei que permite as mulleres ter un dereito antes negado a decidir sobre a liberdade de ser nai.
Trás a reforma estan moitas razóns ideolóxicas, apoiadas no nacionalcatolismo da direita española, mas tamén poderosas razóns económicas. Todas elas para cumprir cos mandatos da UE, a reducción do déficit público que non é outra cousa que os recortes nos servizos públicos. Ao limitar ó máximo a carteira básica de servizos, en reproducción asistida, falta de financiación en métodos anticonceptivos, tamén recortan na interrupción voluntaria do embarazo.
A conclusión desta reaccionaria lei é que poráse en perigro a vida e a saúde das mulleres da clase traballadora con menos recursos como a dos seus fillos/as; mais non a daquelas que teñan diñeiro e podan abortar en clínicas privadas ou no extranxeiro.
Para Corrente Vermella a loita das mulleres polo dereito a decidir é un dereito democrático basico, como é o dereito a decidir que tipo de réximen queremos. Por elo consideramos que non son loitas separadas, se non que ten un fío conductor: botar abaixo a monarquía e este réximen corrupto e caciquil. Neste sentido é necesario avanzar na unidade na movilización de tódalas forzas políticas e sociais, na loita por un “Proceso Constituínte” que garanta o deretio ao aborto libre e gratutito para todas as mulleres na Sanidade Pública e a derrogación todas as medidas dos gobernos PSOE-PP contra a clase traballadora e os pobos.

educacion sexual para previr, anticonceptivos para non abortar e aborto legal para non morrer!
aborto libre, seguro, gratuíto e sen obxección de conciencia na seguridade social!
fora a relixión das aulas, non máis subvencións á igrexa católica

Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 26-06-2014 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
Fronte á Monarquía: ASEMBLEA CONSTITUÍNTE!
Chamamos a participar na Manifestación Unitaria do dia 19 X, ás 20h, na Casa do Mar da Coruña, baixo o lema: "Galiza pola Republica, polo Direito a Decidir".


A votación do pasado mércores, onde as forzas políticas da burguesía española uníronse para garantir o relevo de Juan Carlos polo seu fillo, demostrou que o novo “reinado” nace moi feble. Non conta co apoio dos caciques bascos nin cataláns que votaron abstención, nin das forzas da esquerda, nacionalistas ou non, que votaron masivamente NON. A primeira Transición que puxo a Juan Carlos no trono, pola contra, fora apoiada prácticamente por tódalas forzas políticas e sindicais, co PCE e CCOO de garantes pola esquerda, agás as forzas independentistas galegas e bascas, e o trotskismo; únicas forzas estatais que chamaron a votar NON no referendo do 78.

Por qué abdica Juan Carlos no seu fillo? Obviamente para aparentar un cambio sen mudar nada. A crise e a corrupción xeralizada fan que a natureza daquela primeira Transición quede ó descuberto, e a burguesía detecta que o pobo xa ve ó estado español como o que é: o administrador dos intereses dos de sempre. Eses intereses están agora enlazados cos do capital europeo e mundial, que reclaman novos recortes (ó día seguinte ás eleccións europeas o FMI esixía novos sacrificios: non temen absolutamente nada do ascenso desa esquerda prosistema parlamentaria). Ante a nova agresión contra o pobo que están a maquinar, é precisa unha cara nova para aglutinar forzas que estabilicen o país e garanticen que o capital poda seguir esquilmando a pracer.

O problema é que non o teñen nada fácil. Como vemos as principais institucións están desacreditadas, e os que representan aquela primeira Transición perderon todo o seu prestixio. A Coroa como símbolo de falsa unidade pode mudar o seu representante de forma relativamente fácil con Leis Orgánicas e o “Hola!”. Pero poden o PP, o PSOE, CCOO e UXT, a patronal da CEOE,… protagonizar unha segunda Transición? Sen dúbida aparecerán moitos novos “falsos profetas da esquerda” que estarán no seu momento encantados de pactar coa burguesía para garanti-la continuidade do tinglado. Pero o certo é que o réxime está entrando claramente nun proceso de agonía.

Ademáis, tras 35 anos de “autonomía” as necesidades das nacións como Galiza frente a opresión estatal xa non poden ser desviadas de novo cun “café para todos” que evite o a cuestión do direito a decidir. Qué lle debe o pobo traballador galego ao Estado Español, se non é marxinación, emigración, chapapote e baixos salarios? Trala proclamación haberá moitas manobras e ameazas veladas, mais é difícil que estabilicen a situación e pechen a crise: teñen pouca marxe de manobra para facer concesións coma no 78.

Estamos nun momento histórico para dar “xaque mate ao rei”. O día do anuncio da abdicación, saíron á rúa espontáneamente miles de persoas na Galiza e en todo o Estado baixo os lemas “República!” e “Referendo XA!”. Nos días seguintes houbo centos de mobilizacións ó longo de todo o estado e mesmo fora, mais baixo unha profunda división, sobre todo nas nacións. Para Corrente Vermella é preciso avanzar na unidade na movilización de tódalas forzas políticas, sindicais e sociais co obxectivo de que se recoñeza o dereito a levar a cabo un referendo sobre a forma de estado, e que por suposto se exercite ese dereito para acadar unha ruptura democrática co réxime do 78. Mais non esquezamos que para acadalo temos que expulsar tamen ó goberno de Rajoy e rachar co bipartidismo monárquico: os gobernos da Monarquía, sexan PP, sexan PSOE, sexan partidos que os apoian cando convén, son os principais sustentadores deste réxime.

En Corrente Vermella opinamos que hoxe a loita por un Referendo vinculante no que o pobo decida sobre o seu futuro ten que ir ligado directamente a organización dun “Proceso Constituínte”, onde se garantan a derrogación de tódalas medidas dos gobernos PSOE e PP contra a clase traballadora e os pobos:

non pago nin cobro da débeda pública e apertura das contas das administracións para o seu control pola poboación.

adopción de medidas de reparto de traballo sen reducción de salarios, a suba do salario mínimo a 1000 euros, a renacionalización dos servizos privatizados e a nacionalización dos “concertados” na saúde, no ensino, na dependencia...

nacionalización da banca e as grandes empresas baixo control das súas traballadoras e traballadores.

aprobación de planos de infraestruturas democráticamente decididas, ao servizo das necesidades sociais e non dos intereses de bancos e grandes constructoras.

polo direito á autodeterminación que inclúe o direito á independencia. Amnistía total para os presos e presas políticas nas cadeas españolas

aprobación dunha lei ao aborto na Seguridade Social, libre e gratuito para todas.

ruptura do Tratado de Maastricht e coa Unión Europea.

loita pola Federación de Republicas Socialistas Ibéricas, no cadro dos Estados Unidos Socialistas de Europa.

Ruptura democrática co réxime do 78, coa derrogación da Lei da Memoria Histórica, da Lei de Amnistía / Punto Final e de tódalas garantías dadas ás personas culpables dos crimes do franquismo: consideración da súa apoloxia como delito de lesa humanidade


Este é o camiño aberto. Mas non fiamos nas ridículas medidas da democracia burguesa, que se reducen a absurdas votacións periódicas baixo leis electorais tramposas. Por iso para Corrente Vermella a única garantía da conquista do anterior é a través da loita independente da clase traballadora, a través da convocatoria dunha Folga Xeral Política prohibida expresamente na actual constitución, que nos axude á xente traballadora a nos organizar nos centros de traballo, de estudo, nos barrios e pobos, no camiño da loita polo socialismo.

Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 16-06-2014 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
A agonía dun réxime
A decisión do Xefe do Estado de dimitir, abdicación é un termo que reduce a importancia política do que foi: o luns foi como se dimitira Obama, Hollande ou Putin que é o que aconteceu, abre um novo período na loita da clase traballadora e os pobos do estado contra as políticas da Unión Europea e os gobernos, de impor os custes da crise sobre as costas da poboación traballadora; de procurar sair da crise destruindo as conquistas laborais e sociais destes anos.
O troco na xefatura do estado ten que ver, primeiro co desgaste de JC e do conxunto das institucións que constitúen un réxime político, o Xefe do Estado, o poder xudicial, os parlamentos, os partidos e sindicatos, os concellos. Qué institución do réxime do 78 non está en crise?. Tras o 15 M este desgaste foi a mais, sen descanso... Ademais, a loita social comezaba a ter bós resultados, Gamonal, Can Víes, os bombeiros de Galiza esta semana, etc. etc., os desafiuzamentos, os preferentistas, etc. Non todo eran derrotas, as loitas comezaban a dar vitorias. Iso tivo dúas datas definitivas, o éxito do 22 M e as eleccións do 25, non porque aparecera Podemos, iso é un síntoma nada máis; senon por que o PP e PSOE están en desguace, en Compostela (capital dunha Comunidade Histórica) non teñen concelleiros para o goberno municipal. Do PSOE para que falar, estase rompendo polas costuras.
Mas, eles saben que a crise non rematou -o FMI o día seguinte das eleccións xa o anunciou-, e para eso precisan dunha cara nova, non tan vista como JC. JC separase para manter o esquema do réxime do 78, e que entre un novo para aplicar eses planos anunciados polo  FMI, para garantir "a unidade da patria" (xa o dixo onte no seu "primeiro" discurso, cheo de caspa e lugares comúns do franquismo: "a historia milenaria da nación española", como se viñeramos xa de Atapuerca como "españois").
O problema é que Felipe non é o herdeiro de Franco, como xa dixo algún, non é nin militar, é un civil. O réxime de Franco tiña o exercito como columna vertebral, JC é o Xefe dos Exércitos -ai radica o seu poder, na cadea de mando é quen manda sobre as armas, que son as que deciden en caso de dubida-. Non se sabe como vai reaccionar a extrema direita franquista, ancorada no aparello do estado (xudicatura, exercito, garda civil, igrexa), pois o que é evidente é que Felipe é un gobernante mais feble que o seu pai. Mas a loita dirá se fortalecese ou non, se é capaz de se impor ao rexeitamento ou non. Non esta escrito en ningures que vai facer, como tampouco o contrario, como o gato ese da caixa, non sabemos se esta vivo ou morto ate que non abramos a caixa: ábramo-la, e vexamos!
Para Corrente Vermella hoxe a loita por un Referendo no que o pobo decida sobre o seu futuro ten que ir ligado directamente a esixencia dun “Proceso Constituínte”, onde se garantan a derrogación de todas as medidas dos gobernos PPSOE contra a clase traballadora e os pobos: reformas laborais, reformas fiscais, etc., etc.
 
-         o non pago da débeda publica e a apertura das contas de todas as administracións publicas para o seu control pola poboación.
 
-         A adopción de medidas de reparto do traballo sen redución de salario, a suba do salario mínimo a 1000 euros e renacionalización de todos os servizos privatizados e nacionalización dos “concertados” na sanidade, educación, etc.
 
-         A nacionalización da banca e das grandes empresas baixo control dos traballadores
 
-         A aprobación de planos de infraestruturas democraticamente decididas, ao servizo das necesidades sociais e non das grandes construtoras.
 
-         o respecto absoluto ao direito a decidir das nacións, polo dereito á autodeterminación. Amnistía total para todos os presos e presas políticas nas cadeas españolas.
 
-         a aprobación dunha lei ao aborto na Seguridade Social, libre e gratuíto para todas as mulleres
 
-         a ruptura do Tratado de Maastricht, e coa Unión Europea.
 
-         A loita pola Federación de Repúblicas Socialistas Ibéricas, no cadro dos Estados Unidos Socialistas de Europa.
 
-         Derrogación da actual Lei de Memoria Histórica, e anulación da lei de Amnistía / Punto Final e de todas as garantías dadas aos responsábeis dos crimes do franquismo: consideración como delito de lesa humanidade a apoloxía do franquismo.

Este é o camiño aberto, ten que continuar con mobilizacións unitarias na rua. Mas non fiamos nas medidas da democracia burguesa, por iso para CV a única garantía de avanzar neses obxectivos é a través da loita independente da Clase Traballadora, cos seus métodos, coa convocatoria dumha Folga Xeral Política que lle axude a se organizar contra os inimigos que vai encontrar no camiño do socialismo.

Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 06-06-2014 19:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal