A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

1 de XUÑO: POBOS UNIDOS CONTRA A TROIKA
Corrente Vermella súmase aos movementos e colectivos que convocaron a manifestación internacional do 1 de xuño baixo a lema ?Pobos Unidos contra a Troika?, para protestar contra os seus plans de axuste e miseria, impostos a través de gobernos cómplices.

?Chamamos a todas as persoas, con ou sen partido, con ou sen traballo, con ou sen esperanza (...) Apremamos a todas as organizacións políticas, movementos sociais, sindicatos, partidos, colectivos, grupos informais, a unirse a esta xornada?, di a convocatoria, que denuncia como?millóns de persoas estamos a ser condenadas ao paro, a pobreza e mesmo á morte por unha débeda ilexítima e impagable, que no seu maior parte é privada, de bancos, grandes empresas e entidades financeiras?.

Por iso, colectivos procedentes de España, Francia, Italia, Grecia, Chipre, Irlanda, Inglaterra, Escocia, Alemaña e Eslovenia, reunidos en Lisboa o 26 de abril, convidados o movemento portugués ?Que se Lixe a Troika? (Que se foda a Troika), piden tomar as rúas contra a Troika, pola democracia, a liberdade e os dereitos sociais, para dicir ?non ao golpe de estado financeiro?, ?Non debemos, non pagamos?.

Cada día é mais necesaria a unificación internacional das loitas dos traballadores e dos pobos contra a Troika e a propia Unión Europea, que non é máis que unha arma de guerra para saquear aos traballadores e aos países mais débiles en prol de banqueiros e capitalistas.

Hai que gañar a rúa contra a Troika e fortalecer a loita para derrocar aos gobernos que aplican os seus plans en cada país. Da mesma maneira, un movemento internacionalista contra os banqueiros e capitalistas esixe expor a ruptura coa Unión Europea e o euro e defender unha Europa dos traballadores e dos pobos.

En coherencia co sentido da xornada, hai que rexeitar a política das burocracias sindicais que pactan os plans da Troika en cada país, como fan neste momento CCOO e UXT, mentres desmobilizan e fragmentan as loitas. Co beneplácito do PSOE e de EU.

Derrogación da reforma laboral e o pensionazo!

Redución da xornada laboral sen diminución de salarios!

Educación e Sanidade públicas. Non aos recortes e privatizacións!

Non pago da débeda e auditoría!

Referendun xa para saír da UE e do euro!

Fora Feijoo, Rajoy e todos os gobernos da Troika!
Comentarios (0) - Categoría: Internacional - Publicado o 31-05-2013 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0