A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

1º de maio
Baixo a Unión Europea e o Rexime do 78

Goberne quen goberne, non ha direitos laborais nin sociais


Este 1º de Maio, Dia Internacional da Clase Obreira, ven marcado pola pantasma da explosión da UE, onde voltan a crescer as fronteiras e os muros, os alambres de espiño, o racismo e a xenofobia.

Tras anos de políticas de axuste e austeridade, que teñen empobrecido á clase traballadora de todo o continente, e especialmente nos estado do Sul de Europa, a UE ten dado un paso máis na sua crise e desvergoña ao asinar o Tratado con Turquia, para a deportación masiva de centos de miles de persoas refuxiadas, que fuxen das guerras e a miseria por eles provocadas.

Na Galiza, como no Estado Español, levamos ano e medio de paralise da mobilización social, co foco posto nos procesos electorais e na “aritmetica” para a formación, ou non, dun goberno. Levamos catro meses cun goberno en “funcións” que continúa adoptando medidas como o tratado con Turquia, negandose a dar explicacións ao suposto orgao da “soberanía”, o Parlamento, e non pasa nada... Catro meses cun réxime corrupto desde as mais altas institucións ate o último concello, e non pasa nada. Mentras isto sucede, as cúpulas sindicais e políticas maioritarias seguen empeñadas en desmobilizar á poboación traballadora.

Neste cadro, a clase traballadora ve como os salarios seguen baixando na devaluada negociación colectiva (o convenio do metal estatal denunciado pola CIG), como a precariedade e a emigración seguen a ser a norma, como continúan os recortes no conxunto dos direitos laborais e sociais, con resultado de morte. Todo elo sostido por umha campaña de criminalización contra centos de traballadores e traballadoras que decidiron saír a loitar, con penas de prisión, con nomes que todos e todas coñecemos, como Serafín ou Carlos en Vigo, a reciente entrada na cárcere do compañeiro andaluz Andrés Bodalo ou o compañeiro madrileño, Alfon.

A UE xa amenazou hai que seguir recortando; goberne quen goberne, se non están dispostos a plantarlle cara á UE e o Réxime -todo indica que non- e dicirlles que aquí remataron as políticas de axuste e austeridade... non serán mais que un goberno de moncreques da Troika, como demonstra o exemplo da Syriza en Grecia.

O 1º de Maio hai que saír á rúa, non é unha festa, é un día de loita pola Derrogación das reformas laborais, polo Traballo para todas e todos, Sanidade e Educación 100% públicas; pola Vivenda e acabar cos desafiuzamentos.

O 1º de Maio é un día de solidariedade con todos os traballadores/as que loitan na defensa dos seus postos de traballos e os seus direitos, como as eventuais do Sergas, os bombeiros na defensa do carácter público do servizo ou, nomeadamente, a poboación traballadora viguesa na defensa do carácter público da Sanidade.

Un 1º de Maio solidario cos centos de miles de persoas refuxiadas aos que esta Unión Europea dos ricos e os banqueiros negan a máis elemental solidariedade e trátaos como gando, loitando por abrir as fronteiras para converter Europa numha terra de asilo.

Un 1º de Maio solidario cos traballadores/as e os mozos/as franceses que están a dar un gran exemplo saíndo á rúa contra a Reforma Laboral do goberno de Hollande. E solidario cos que hoxe sofren cárcere e represión por loitar: pola amnistía total.

A Unión Europea é un barco que ten moitas vias de auga froito do seu carácter de alianza capitalista contra a clase traballadora e os pobos, baixo ela é imposible garantir os direitos sociais e laborais da clase obreira e os pobos. Neste 1º de Maio temos que nos reafirmar na perspectiva da unidade internacional na loita contra o proxeto que une a todos os “IBEX 35” de Europa, a Unión Europea dos capitais, por unha verdadeira Europa, a dos Traballadores e as Traballadoras, e dos Pobos.

O IBEX 35 e os seus representantes, o Rexime e a Xunta do PP na Galiza estan tranquilos porque as rúas estan tranquilas; saben que a ninguen se lle vai ocurrir propoñer a unica medida democrática que enfrente o problema de raíz, a convocatoria dumha Asemblea Constituinte que rompa con este Rexime corrupto.

Neste cadro temos que retomar a unidade nas loitas o camiño da mobilización, do 15M, das Folgas Xerais, do 22M e Mareas de loita que provocaron á dimisión do vello rei e unha profunda crise do Réxime, agora freado polas ilusións electorais. O camiño da organización das asembleas populares desde a base, dende os centros de traballo, institutos, universidades, barrios, para enfrentar a Unión Europea o Réxime coa ferramenta da mobilización social.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 29-04-2016 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
EN DEFENSA DAS LIBERDADES DEMOCRÁTICAS

Corrente Vermella apoia a concentración convocada polas Marchas da Dignidade, este domingo 10 de abril, en solidariedade co compañeiro Bodalo de Andalucia, na Coruña ás 12 h no Obelisco.

EN DEFENSA DAS LIBERDADES DEMOCRÁTICAS


AMINISTIA TOTAL

A entrada en prisión do compañeiro Bodalo, en Andalucia, condenado a 3 anos de cárcere é parte do incremento da vía policial e represiva do rexime do 78 para respostar ás mobilizacións sociais.

No Estado Español, onde “oficialmente” non existen presos políticos, ha mais de 300 traballadores / as, aos que ha que sumar ducias de activistas sociais, defensores dos direitos nacionais, antidesafiuzamentos, etc., ameazados con penas de prisión ou condenados arbitrariamente polas delegacións do goberno con multas administrativas, que tentan atemorizar e afogar económicamente ás organizacións en loita.

Neste cadro, temos que suliñar que na Galiza catro traballadores / as da provincia de Pontevedra, dous de Vigo e duas de Pontevedra cidade, estan condenados/as a penas de cárcere pola sua participación en folgas e loitas obreiras, e na Coruña temos o caso de Nico e outros compañeiros e compañeiras.

A democracia “vixiada” que vivemos no Estado Español ten as suas raices numha Transición que baseouse nunha Lei de Amnistia que foi na realidade unha lei de Punto Final, como o vertice do esquecemento do que acontecera o longo da “longa noite de pedra” que foi a dictadura franquista. As institucións fundamentais herdeiras do franquismo, a monarquía e o poder xudicial nunca romperon coa lóxica e os metodos represivos, e agora que o movimento social pon en cuestión ese réxime, este resposta cun profundo recorte nas liberdades democráticas conquistadas, a través da Lei de Partidos, a Lei Mordaza ou a modificación do Codigo Penal.

Seguindo con esta lóxica de Punto Final, mentras os corruptos e torturadores (a ONU ven de denunciar 5000 casos de malos tratos cos detidos e detidas e ningún condenado/a) viven libremente, os defensores dos direitos sociais e laborais enfrentan penas de prisión e multas. Esta é a “democracia vixiada” do réxime do 78. Qué lexitimidade poden ter uns tribunais que deixan ir de vacacións de luxo a acusados como Urdangarín e a Infanta, mentras meten na prisión a traballadores/as como Bodalo. A “xustiza” ten claro que as clases sociais existen, e mentras o ricos corruptos disfrutan da sua liberdade, os traballadores e traballadoras viven baixo as ameazas da cárcere e a represión por loitar polos seus direitos.

Frente a elo estanse a producir mobilizacións esixindo indultos e sobreseimentos das causas contra estas compañeiras e compañeiros. Sen lugar a dubidas iso é unha esixencia que ten que contar con todo o apoio social, a liberdade dun só deles é parte da loita contra os recortes das liberdades. Mas, o ser parte dun cadro que atinxe o conxunto dos movimentos sociais, a petición de indulto é limitada a casos individuais, e supon o recoñecemento dun delito, cando o que se impon, pola gravidade e a extensión social do ataque, é a loita pola AMNISTIA TOTAL de todas as persoas presas políticas e de conciencia, que unifique a resposta a nivel estatal.

Neste sentido ha un paso previo, que é o recoñecemento expreso de que no Estado Español existen presos/as políticas e de conciencia, disfrazados baixo epígrafes como “apoloxia do terrorismo”, violencia, desordes públicos ou agresións á autoridade.

A defesa das liberdades democráticas é para a clase traballadora tan importante como a defensa do salario ou o posto de traballo. As liberdades, os direitos de asociación, folga, manifestación ou reunion son ferramentas conquistadas tras ducias de anos de loita, que permiten enfrontar en mellores condicións a loita contra os planes de austeridade e polos direitos nacionais dos pobos. Calquera limite ou recorte destos direitos pón ás traballadoras / es en piores condicións para defenderse dos ataques ás condicións de vida e traballo.

Por iso, todas as forzas politicas, sociais e sindicais democráticas galegas e estatais, teñen que xuntar para movilizar á poboación traballadora na defensa das liberdades democráticas, esixindo a derrogación da Lei de Partidos, da Lei Mordaza e a reforma do Codigo Penal.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 08-04-2016 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal