A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

1º de Maio: DIA INTERNACIONAL DA CLASE OBREIRA
un mundo en cambio

Este 1º de maio ven marcado por umha sucesión de acontecementos descoñecidos desde ha tempo. As revoltas no mundo árabe, co derrubamento de dictaduras, guerras civis e manifestacions masivas contra as tiranias proimperialistas, o tsumani que destrue as ilusions de seguridade do pobo xapones, as folgas xerais e mobilizacions en toda Europa, desde Portugal ate Grecia, contra as politicas de austeridade e axuste da Union Europea, o referendo na Islandia rexeitando o pagamento da debeda da sua banca.
Mentras, a clase traballadora ten que “aceitar” que se pechen hospitais, e a educacion e servizos publicos sexan vendidos ao capital privado, baixo a suposta ameaza dos “mercados”. A clase traballadora ten que “aceitar” que se quere ter pension, ten que ser privada porque a publica é a os 67 anos. A clase traballadora ten que “aceitar” reformas laborais que so conducen a mais desemprego e á rebaixa dos salarios.
Desde que deu comezo a crise economica, que xa é coñecida como a Gran Recesion, nunca foi tan visible o caracter dos gobernos como servidores da banca e os grandes empresarios, dos “gobernos na sombra” e contra os direitos da clase traballadora e os pobos

castelos maiores teñen caido

A poboacion traballadora do mundo árabe demostra que coa mobilizacion social, sostida e masiva, é posible o que semellaba imposible. Quen ía dicer en Tunez ou Exipto, con dous dictadores membros da mesma organizacion internacional que o PSOE, que un mes de mobilizacions provocarian a sua caida, con consecuencias reais: todas as empresas privadas subcontratas do estado tunesiano foron nacionalizadas, garantindo todos os postos de traballo.
Quen ía dicer que o dictador exipcio vai xer xulgado por crimes contra o seu pobo - para envexa no estado español, onde os herdeiros da dictadura franquista son os que dan “carnets” de democrata-. Quen ía dicer que en Tunez os dirixentes politicos da dictadura non se poden presentar ás eleccions - novamente para envexa do pobo galego, que tivemos que aguantar ao ministro de Franco, Fraga-.
Por outra banda, o pobo Islandés ven de rexeitar en dous referendos o pagamento da debeda xerada polo seus banqueiros, que lle querían impor desde Gran Bretaña e Holanda, e que suporía a aplicacion de plans de axuste e austeridade contra os servizos publicos islandeses. Porqué no estado español non se fai un referendo onde se lle pregunte á poboacion se quere pagar a debeda dos bancos, grandes empresas e Caixas de Aforros, ou pechar hospitais, escolas e servizos publicos. Iso si é unha democracia.
Os árabes e os islandeses demostran que si é posible derrubar gobernos e dictaduras, coas suas politicas antiobreiras e antipopulares, mas para iso é precisa a mobilizacion social, a loita e a organizacion da clase traballadora, da xuventude e os pobos.

por umha saída obreira e popular á crise

Frente á politica dos gobernos, o de ZP e a Xunta, e da Union Europea de impor o pagamento da debeda do Estado xerada polo resgate da Banca a comezos da crise, de rebaixar os salarios e as condicions laborais, existe outra saída á crise. Umha saída que teña como obxectivo a resolucion das necesidades sociais, das reivindicacions obreiras e populares.

- frente o desemprego, reparto do traballo sen reduccion do salario. Rebaixa da idade de xubilacionb a 60 anos, con contrato de relevo.
- frente á privatizacion dos servizos sociais, educacion, saúde, transporte...; polo mantemento do seu caracter publico, baixo control dos traballadores/as e usuarios/as, e que resposten ás necesidades sociais.
- para criar emprego, por un plan de obras publicas e infraestructuras ao servizo das necesidades sociais, con contratacion directa desde Concellos e Institucions: non á xestion privada dos servizos publicos.
- o diñeiro ten que saír de onde esta nacionalizacion da Banca e os sectores estratexicos baixo control das organizacions da clase traballadora, e cambio da politica fiscal: que pague quen mais ten.
- frente ao desmantelamento do Estado do Ben Estar, non ó pagamento da debeda das institucions coa banca, e castigo aos responsabéis do endebedamento.


Neste día Internacional da clase traballadora CV chama aos traballadores e as traballadoras galegas a solidarizarse cos pobos árabes en loita contra as tiranias proimperialistas, e avanzar na unidade coa clase traballadora española e europea fortalecendo os chamamentos de loita e organizacion de aqueles que enfrentan as politicas antiobreiras e antipopulares.

Acude ás manifestacions da CIG
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 28-04-2011 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal