A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CONTRA O TRATADO UE - TURQUIA


DIREITO DE ASILO XA, PAPÉIS PARA TODOS E TODAS


A sinatura do Tratado da UE con Turquia para a devolución das persoas refuxiadas nos Balcanes e Grecia, polo “módico prezo” da posibilidade da sua incorporación á UE, uns miles de millóns de euros de axudas,... so ten un nome: vergoña. Vergoña duns estados que alardean de seren civilizados e democráticos. É a demonstración do seu verdadeiro carácter, unha unidade de mercaderes e capitalistas que convirten o sufrimento de miles de persoas en moeda de cambio cun réxime, o turco, que é, entre outros, o responsable da destrucción dun país Siria e do asesenato sen rubor dos unicos que, ate o de agora, enfrentaron con éxito aos fascistas do ISIS, o pobo e as guerrilleiras kurdas.
A chegada de centos de miles de persoas expulsadas pola forza dos seus países, fuxindo das Guerras que arrasan Oriente Próximo e o mundo árabe, desde Afganistá/Iraq ate Siria, pasando por Libia ou Iemen, veñen a xuntarse ao todos aqueles que teñen que emigrar por mor da pobreza inducida do seus países. Porque non o esquezamos, os mesmos que impuxeron as políticas de austeridade en Europa, o desmantelamento dos servizos sociais públicos, coas consecuencias directas de mortes por enfirmedades das que existen vacinas como a meninxite ou a hepatite C, os que desafiuzaron familias enteiras, os que empobreceron á clase traballadora, provocando que hoxe ter un traballo fixo non é sinónimo de saír da pobreza, son os que queren se beneficiar da destrucción de paises enteiros en Africa e o mundo árabe para saquear as suas riquezas, a maior gloria dos bancos e multinacionais europeas.
Son os que manteñen un vergoñento acordo co réxime marroquino para seguir saqueando o Sahara, como o Estado Español, son os que envían forzas militares a Centroafrica, como os franceses e os belgas, para protexer o seus negocios, son os que financian “guerrillas” para extraer riquezas en forma de coltan ou diamantes, son os que envian exercitos a Somalia para protexer o saqueo das pesquerías da zona, contra a “piratería”, son os que, como Italia, está preparando o envio de tropas a Libia para protexer os seus intereses petroleiros, contra o que o sindicalismo combativo italiano convoca umha folga xeral para o 18 de Marzo. A clase obreira italiana da o primeir paso de pór-se ao frente da loita contra as guerras imperialistas que levan a paises enteiros á barbarie.
Estes demócratas son os que fixeron un bazar coas vidas de milleiros de refuxiados sirios, iraquianos ou afganos, a cambio de convertir Grecia e Turquia nun inmenso campo de refuxiados, onde os mais elementais direitos que din defender, os direitos dos menores a umha vida digna, das mulleres a non ter que dar a luz entre o barro e a pobreza, das persoas a umha vivenda, a un traballo, á dignidade, caen baixo a presion dos intereses dun capitalismo en crise e umhas clases medias acomodadas, onde o racismo e a xenofobia comeza a medrar.
Corrente Vermella chama á clase traballadora a solidarizarse activamente coas persoas refuxiadas, son parte da clase obreira, non por caridade cristiá, filantrópica, senon porque son explotados coma nós; como recoñece cinicamente o proprio Deustche Bank, “son persoas que poden traballar por salarios inferiores ao salario minimo”. O capital e os seus gobernos queren man de obra barata, semiescrava, para presionar á baixa os dos nativos. A clase obreira ten que ver nas persoas refuxiadas o que son, compañeiros e compañeiras de clase: NATIVA OU EXTRANXEIRA, A MESMA CLASE OBREIRA!
As organizacións da clase obreira, sindicatos, partidos e asociacións, teñen que esixir dos seus gobernos o direito democrático básico de asilo e papéis para todos e todas; mas tamen medidas concretas de integración que rompan coa división entre nativos e estranxeiros, como a repartición do traballo, sen reducción de salarios. Europa alardea de seren a zona mais rica do mundo, e mentras os capitalistas europeos, cos españois á cabeza, teñen superbeneficios, condenan a miseria a centos de miles de persoas; se loitamos, ha traballo para todos e todas.
Hai millons de vivendas baleiras en mans dos bancos; os concellos do “cambio” teñen a oportunidade de demonstrar ese “cambio” nos feitos, declarando as suas “cidades abertas ás persoas refuxiadas” e abrindo esas vivendas, gustelles ou non aos gobernos e banqueiros, non só para os desafiuzados galegos e galegas, senon para os “desafiuzados/expulsados” do seu proprio pais, as persoas refuxiadas.
O Tratado UE Turquia so pode ser derrotado, e derrogado, se imos á raiz do problema, umha Unión Europea que non é umha Libre Unión de pobos, senon umha unidade de capitalistas para mellor oprimir e saquear; e só poñendo no centro a loita na sua contra, é posible resolver o problema das persoas refuxiadas. O espazo Schengen é umha apariencia de abolición de fronteiras, que revogan cando queren; a clase traballadora non ten fronteiras, e menos para aqueles que fuxen da guerra e a barbarie do imperialismo e de reximes criminosos como o sirio: NON Á UE “FORTALEZA”, ABAIXO AS FRONTEIRAS.


AS POLITICAS EUROPEAS PODEN RESUMIRSE NUMHA PALABRA: XENOCIDIO
Comentarios (0) - Categoría: Internacional - Publicado o 16-03-2016 15:51
# Ligazón permanente a este artigo
I Marcha das e dos eventuais do SERGAS
Corrente Vermella apoia a I Marcha das e dos eventuais do SERGAS convocada polo sindicato SAGAP para o vindeiro 16 de marzo en Santiago de Compostela, ás 10 da mañá, con saida dende a Praza do Obradoiro ata os Edificios da Xunta de Galiza en San Caetano.

As compañeiras do SAGAP con esta mobilización denuncian as políticas de recortes no Sergas que están xenerando a precariedade laboral, abuso e supresión dos dereitos dos e das traballadoras. Tamén denuncian a non contratación de persoal, que impide o densenvolvmemento de proxectos persoais e profesionais dos e das traballadoras, afectando á calidade na atención as perosas usuarias; aumento nas listas de espera, abandono da Atención Primaria, aumento dos ratios persoal/pacente, colapsos dos servizos de Urxencias, peches de camas......en definitiva o progresivo desmantelamento da nosa sanidade pública.

As compañeiras do SAGAP convidaron a todas as organizacións do Sergas para apoiar esta Marcha. A contestación de todos eles e nomeadamente dos sindicatos maioritarios, CCOO, UXT e CIG foi que non! Mas o día seguiente, estes mesmos sindicatos convocan umha marcha o pasado 10 de marzo, numha mais que evidente manobra de facer um confronto aberto co chamado do SAGAP.

Todos e todas sabemos que a actitude destos sindicatos, polos mais diversos motivos é de defensa corporativa da sanidade publica; e o non se prantexan os eixos politicos, os únicos que poden garantir salvar a sanidade pública, a derrogación da lei 15 / 97, a derrogación do decreto do 2012, nin moito menos a derrogación do artigo 135 da Constitución, ou como moito, fanno formalmente como a CIG, porque nos feitos pleganse a CCOO e UXT.

Tampouco prantexanse a necesidade de unidade de todos os sectores afectados, desde os traballadores e traballadoras da sanidade (sexan da pública o da privada, pois esta vive das derivacións da pública á privada) ate os doentes e os usuarios e usuarias en xeral. Limitan a loita a un feito corporativo, como se fose un asunto sindical, só dos traballadores e as traballadoras e non do conxunto da sociedade.

A sanidade ou a defendemos todos e todas, a sacamos dos hospitais e levamola á sociedade, aos barrios obreiros e populares, ou é umha batalla perdida.

Corrente Vermella apoia as súas reivindicacións e chama as e os traballadores así como as e os usuarios / as a acudir á 1ª Marcha do dia 16.
Comentarios (3) - Categoría: Galiza - Publicado o 14-03-2016 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
POLOS nosos DEREITOS, A nosa VIDA E A nosa DIGNIDADE
BASTA DE RECORTES E DE INDEFENSIÓN!


Este 8M, Día internacional da muller traballadora, vén enmarcado no medio dunha enorme inestabilidade política e unha crise económica que se mantén a nivel europeo. Tanto se logran un pacto para a investidura do novo goberno, coma se convocan novas eleccións, a UE e a Troika levan meses insistindo en que o Estado Español ten que recortar 9.000 millóns de euros. As medidas contra a violencia machista e a desigualdade quedarán por tanto supeditadas aos axustes, para cumprir co déficit esixido por Bruxelas, e ao pago dunha débeda aos banqueiros da Troika, que chega xa ao 100% PIB e que ningún dos partidos no parlamento cuestiona.

As mulleres traballadoras, o principal branco dos plans de axuste
As contrareformas e axustes estruturais que se aveciñan van dar unha volta de porca aos recortes aplicados polo PP que tantos dereitos nos arrebataron, especialmente ás mulleres. A nosa taxa de paro é un 2% máis alta e o 70% dos nosos contratos son temporais ou a tempo parcial. Os escasos plans de igualdade que se aproban convértense en papel mollado e as condicións laborais dificultan a conciliación da vida familiar e laboral. A brecha salarial aumentou a un 24%, chegando mesmo a un 40% no sector agrario. As nosas pensións son un 38% máis baixas, o acoso laboral non se denuncia por medo e os despedimentos a mulleres embarazadas ou ás que se acollen a permisos por maternidade ou coidado de familiares, disfrázanse de “despedimentos obxectivos”.

E dunha violencia machista que non cesa
A masiva convocatoria do 7N denunciou nas rúas o drama social da violencia machista e expuxo a esixencia de políticas para combatela. A mobilización tamén contribuíu a visibilizar todas esas formas de violencia machista que “pasan desapercibidas”: a carga de traballo doméstico e de coidados, o acoso sexual no traballo/ensino, as violacións, o tratamento da muller como obxecto sexual na publicidade, a falta de control sobre o noso corpo, a nosa sexualidade e a nosa maternidade. O 7N saímos á rúa para denunciar a lesbofobia, a transfobia e a discriminación por orientación sexual, e para que se acaben as vexacións e agresións contra a comunidade LGTBI.
Máis de 50 mulleres son asasinadas cada ano e 200 crianzas ficaram orfas nos últimos tres anos. A denuncia social e a loita na rúa, obrigou ao goberno do PP a aumentar o orzamento contra a violencia machista nun 6% para 2016, o que é insuficiente para paliar os recortes dun 26% desde 2010. O programa específico para igualdade de oportunidades entre mulleres e homes diminuíu un 61% nunha década, polo que para financiar os servizos de atención e apoio ás vítimas, as organizacións feministas demandan multiplicar por dez os fondos ás Comunidades Autónomas. O último caso de violencia machista en Zaragoza evidencia que as mulleres traballadoras non podemos deixar as nosas vidas en mans de políticos machistas e dun aparello xudicial herdeiro do franquismo.
Esta violencia é expresión da barbarie e miseria que provoca este sistema capitalista en crise e dunha ideoloxía machista de séculos que historicamente considerou á muller inferior. A nivel europeo, 13 millóns de mulleres experimentaron violencia física, 3,7 millóns violencia sexual e 9 millóns acoso sexual en 2014, segundo datos da Axencia Europea de Dereitos Humans. Outra forma extrema é a que sofren as mulleres e nenas refuxiadas, que ven expostas a agresións e acoso sexual nos campamentos de tránsito europeo. Segundo Europol, polo menos 10.000 menores refuxiadas atopar en mans de organizacións de tráfico de persoas, con fins de explotación sexual e esclavismo. Deste xeito queda ao espido a hipocrisía social de todos os gobernos imperialistas, que por unha banda aproban leis, plans e programas contra a violencia a mulleres e nenas/os, e por outro aplican políticas (recortes sociais, reformas laborais, privatizacións, peche de fronteiras) que nos fan máis vulnerables fronte ao machismo e a súa violencia e mesmo permiten que algúns se lucren con iso.


Veña quen veña, a loita segue!

O 8 M non é un día festivo senón un día de loita en que saímos á rúa contra o paro, a precariedade e os salarios de miseria que nos impón cada vez máis este modelo económico e social inxusto onde as mulleres somos oprimidas a cada paso. O machismo, do mesmo xeito que outras formas de opresión, é utilizado pola burguesía para dividir e debilitar á clase traballadora e para sobreexplotar á metade da mesma.
É por iso que as organizacións obreiras, estudantís e populares, téñense que pór á cabeza na defensa non só dos nosos dereitos laborais, senón de todas as reivindicacións das mulleres traballadoras, combatendo en primeiro lugar o machismo dentro das súas filas. Non imos lograr os nosos dereitos nin a pór as bases materiais que logren acabar de forma definitiva coa opresión que sufrimos as mulleres en todo o mundo, ata que a clase traballadora- e non as mulleres unidas por encima das clases sociais-, botemos abaixo este sistema capitalista. E o camiño para iso non é a confianza nunhas institucións, un Parlamento e un goberno -sexa cal for- que están para protexer os intereses dunha minoría social privilexiada, senón a loita e a mobilización.

Desde Corrente Vermella, chamamos a toda a clase traballadora a saír á rúa o próximo 8M para esixir:
A igual traballo, igual salario! Pleno emprego. Redución de xornada sen redución salarial!
Derrogación das reformas laborais. Non á precariedade, ERES e ERTES!
Non aos recortes sociais que nos responsabilizan dos coidados!
Orzamento para Lei Dependencia. Educación, sanidade e servizos públicos de calidade!
Basta de violencia machista!Recursos suficientes para prevención e protección das mulleres maltratadas!.
Polo noso dereito a decidir! Aborto libre, seguro e gratuíto na Seguridade Social!
STOP homofobia, lesbofobia, transfobia e discriminación por orientación sexual!
Non ao pago da Débeda!

Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 04-03-2016 08:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal