A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CONTRA A PRIVATIZACION DA SAÚDE: Os recortes matan
Corrente Vermella chama á participación na manifestación o vindeiro xoves 19, ás 20 h na Casa do Mar, xunto a faixa da Coordinadora Antiprivatización, contra os recortes e por umha Sanidade Publica Universal.

A Xunta, en correspondencia coas intencións do goberno central, teñen acadado os procesos de privatización e desmantelamento do Sergas, numha política de “terra queimada” nos servizos públicos. Tras as vitorias parciais das mobilizacións sociais que incluíron ocupacións de hospitais e folgas, en Madrid ou Castela A Mancha, onde paralizaran as vendas de hospitais publicas ou o peche de centros de saúde, os gobernos voltan á carga para deixar pechado antes das eleccións o total desmantelamento.
Na Galiza, á privatización do servizo de mantemento do Materno da Coruña engádense a intención de crear xa as áreas de xestión, para, apoiados en sectores médicos, introducir a división e a competencia entre as áreas, e así recortar nas menos “rendibles” e privatizar as demais, coas plantillas competindo entre si para ver que se salva da queima.
Galiza parte nesta pelexa cun amplo sector da sua sanidade xa privatizado desde fai anos,l que ningún goberno foi quen de pórlle freo: o hospital de referencia para 150 mil vigueses é privado, POVISA; que todos os anos ameaza con peches para presionar á Xunta na negociación do concerto, pondo en perigo miles de postos de traballo e a saúde da poboación.
Alén diso, temos o tremendo custe que supoen as derivacións dos hospitais públicos cara privados, para cumprir umha normativa nas listaxes de espera que fixeron con esa intención.
Este panorama é desolador se non o freamos coa mobilización conxunta dos traballadores / as do sector e a poboación, unidade que inclúe aos traballadores / as da sanidade privada, divididos da publica por interese corporativos; mas traballan para a publica con menores salarios e piores condicións laborais. Os únicos beneficiarios desta división son as empresas que están tras a privatización da sanidade.
Deste os medios de comunicación e as institucións tentan xustificar todo isto pola austeridade que faria sustentable o sistema público. O que non din é que privatización dos servizos son, sempre, mais caros. A industria farmacéutica, os servizos de mantemento privados, as derivacións á privada e os concertos como POVISA, encarecen os custes, porque desde a Xunta se lles garanten os beneficios. Ninguén monta un negocio para non ter beneficios. E a experiencia o demostra-o coa privatización de hospitales en Alicante e Valencia, o mesmo en Inglaterra.
A porta aberta á privatización da sanidade ven da aprobación da Lei 15/97 polo PPSOE, que permitía a entrada das empresas na saúde. A sua derrogación é umha precondición para calquera medida posterior.
A vitoria de Madrid frente a venda dos hospitais ou de centros de saúde demonstra que é posible parar as políticas de “terra queimada”. Para iso é imprescindible a unidade na mobilización de todos os sectores sociais afectados, dos traballadores / as da publica e a privada pola homoxeneización das condicións laborais que suporía a nacionalización de todo o sector, POVISA á cabeza.
Non pode ser que a saúde sexa un negocio para umhas empresas, mesmo construtoras, e para umhas multinacionais farmacéuticas, que co seu afán de lucro provocan a morte de persoas como no caso da Hepatite C, ou incremento do sufrimento e perda de saúde nas enfermidades crónicas como os tratamentos de dialisis, sida ou cancro. A nacionalización do sector inclúe, sen lugar a dubidas, á industria farmacéutica, as súas patentes e demais, parte do que ten que ser un verdadeiro Servizo Nacional de Saúde.
Mas a simple nacionalización non é solución se seguen os gobernos da Unión Europea, atados a umha organización supraestatal que impón os recortes para pagar á débeda que eles xeraron, á banca e multinacionais. Umha débeda que a pesares dos recortes, segue a crecer polos pagos nas privatizacións.
A nacionalización só pode ser umha solución se non os botamos XA!. Umha nacionalización baixo estes gobernos da UE sería pór “o raposo a garda-lo galiñeiro”. Só nacionalizando baixo control dos traballadores / as e doentes, podes garantir un verdadeiro servizo publico de saúde.
Non podemos esperar os “golpes de silbato” das cúpulas sindicais e políticas, pois ate o de agora demonstrase que non conseguiran parar os planes da Xunta e Feijoo. As Mares brancas demostran que a mobilización autoorganizada dos traballadores / as e da poboación a través de asembleas populares, pode frear os planes de privatización e desmantelamento.

POR UMHA SANIDADE PUBLICA UNIVERSAL
NON O PAGO DUMHA DEBEDA QUE NON É NOSA
GOBERNOS DIMISIÓN

Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 18-03-2015 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
8 DE MARZO 2015 – DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
Polo emprego e os servizos públicos de calidade
Contra do machismo e a desigualdade
AS MULLERES SEGUIMOS EN LOITA!


O goberno insiste en que estamos na senda da recuperación económica. Pero esta non é a realidade que vivimos as mulleres traballadoras a diario. O Estado español ten hoxe a taxa máis alta de desemprego feminino da UE, unha das máis altas en desigualdade salarial a pesar de que estamos mellor formadas; e descendeu 19 postos no ranking de países igualitarios do Foro económico mundial, en referencia ao 2007, ano no que ocupaba o posto número 10.
A sua “recuperación económica” apóiase nunha baixada xeneralizada dos salarios, e no recorte en investimento social e en pensións. Baséase nunha precariedade que abarca ao 50% da clase traballadora e á case totalidade de mulleres dentro desta. É a recuperación económica de bancos e multinacionais á conta de empobrecer a unha maioría e do aumento das desigualdades.
A brecha salarial que se concentra nas ocupacións máis "feminizadas" como o sector servizos e a maior porcentaxe de emprego precario, temporal ou a tempo parcial significan menores prestacións por desemprego e nas futuras pensións, e unha menor protección social polo que as mulleres temos moito máis risco de caer na pobreza.

Maternidade ou emprego... e dobre ou tripla xornada laboral
Este goberno hipócrita que pretende obrigarnos a ser nais restrinxindo aínda máis o noso dereito ao aborto, non fai nada para protexer ás mulleres que teñen ou queren ter fillos/as. Quedar embarazada, acollerse a un permiso de lactación ou de redución de xornada supón arriscarse a ser despedidas no privado ou no público. A reforma laboral aprobada polo goberno permite disfrazar moitos despedimentos nulos, doutras causas" obxectivas", e os poucos plans de igualdade que se aproban quedan en papel mollado ante a posibilidade das empresas de saltarse os convenios colectivos.
A destrución dos servizos públicos bota á rúa a miles de mulleres e obriga a moitas a renunciar á procura de emprego para poder coidar dalgún familiar, xa que vivimos nunha sociedade machista onde se nos carga con esta responsabilidade. Aínda que con máis dun millón de familias sen ingresos de ningún tipo a situación é tan desesperada, que a maioría buscamos calquera ingreso por pequeno que sexa. Así, no canto do "regreso das mulleres ao fogar" estrañado pola dereita, o que nos atopamos é a dobre ou tripla xornada laboral.
Por un 8 de Marzo de loita e combativo
Os orzamentos xerais do Estado deste ano aumentan nun 8,43% o diñeiro destinado a igualdade, o que é totalmente insuficiente para reverter os recortes dun 50% neste últimos catro anos. Ademais a partida dedicada a inserción laboral das mulleres, non alcanza nin o 12% destes.
Aumentar os permisos de paternidade ou maior flexibilidade horaria para a conciliación laboral e familiar que reclaman algúns sectores sociais son medidas necesarias, pero insuficientes. Para acabar co actual escenario de paro, pobreza, precariedade, violencia machista e ataque aos nosos dereitos, é necesario enfrontar as políticas de reformas e axuste estrutural deste goberno, monicreque da UE e a Troika.
Por iso, este 8 de Marzo ten que ser parte dun plan de loita máis amplo no que para conseguir a unidade necesaria para vencer, é imprescindible que os dereitos e as reivindicacións das mulleres sexan defendidos por toda a clase traballadora.
Botar a este goberno mediante o voto non é abondo
Este 8 de Marzo está dentro dun ano electoral que está a reconducir o descontento e a indignación social da rúa ás urnas. Ante a perspectiva das próximas eleccións municipais, autonómicas e xerais, moita xente inclínase por opcións electorais novas como ferramenta para botar a este goberno e acabar co bipartidismo. Hai que esixirlle a estas novas opcións que a loita das mulleres contra a súa opresión e polas súas demandas sexa parte dos seus programas.
E aínda que temos acordo en que o primeiro paso é botar a este goberno, as mulleres traballadoras non podemos conformarnos só con dar o noso voto, senón que temos que tomar a política nas nosas mans. Ao día seguinte do novo goberno, sexa cal for, haberá que seguir organizándose desde abaixo e saír á rúa para loitar por acabar con este réxime corrupto e antidemocrático e este modelo económico inxusto.

DESDE CORRENTE VERMELLA APOIAMOS AS MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS E CHAMAMOS A SAÍR Á RÚA PARA ESIXIR:
-Salario igual por traballo igual e sancións para as empresas que o incumpran!
-Pleno emprego, escala móbil de salarios e redución de xornada sen redución salarial.
-Non aos recortes nin á privatización dos servizos públicos!
-Investimento público en atención sanitaria, centros de día, residencias e servizos de atención á dependencia!
-Educación pública gratuíta de 0 a 3 anos!

-Abaixo a reforma laboral. Por leis que protexan a maternidade e a inserción laboral das mulleres con fillos/as. Garantía e ampliación dasAbaixo a reforma laboral. Por leis que protexan a maternidade e a inserción laboral das mulleres con fillos/as. Garantía e ampliación das licenzas de maternidade/paternidade e dereitos de lactación!
-Investimento público para crear emprego para mulleres, sobre todo novas, con menores a cargo ou vítimas de violencia machista, con subsidios mentres se lles proporciona.
-Medidas para combater a violencia de todo tipo contra as mulleres. Recursos e medios para atender e protexer de forma inmediata a mulleres vítimas de violencia e os seus fillos/as!


Corrente Vermella é unha organización que pelexa por construír un mundo novo onde a economía estea ao servizo da maioría e non do privilexio duns poucos/as, e polos dereitos das mulleres como parte do seu programa. Facemos un chamamento a todas as mulleres traballadoras a vir connosco e nós a Corrente Vermella. Unha organización que desde unha alternativa clasista, socialista e internacionalista, pretende acabar coas bases materiais da explotación e a opresión que sufrimos a diario.
Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 03-03-2015 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal