A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Na defensa da sanidade publica
CONTRA AS POLITICAS DA UE E A XUNTA

Tras o éxito das mobilizacións do pasado ano contra a privatización da sanidade publica, convócanse de novo manifestacións para o dia 26 de Marzo en toda Galiza, como parte dun proceso de mobilizacións e asembleas feitas nesta semana. A pesares do rexeitamento social manifestado o longo destos anos ás politicas privatizadoras do PP éste non deixa de seguir co seu plan, sen grandes anuncios como fixeran en Madrid e que levou á victoria da “mare branca”, conseguindo a paralizacion das vendas dos hospitais.

A Xunta, con igual obxectivo que os seus “compañeiros” do resto do estado ten escollido o camiño mais longo que evita o choque frontal cos traballadores e as traballadoras, e a sociedade; así, a sua política é privatizar pouco a pouco, servizo a servizo, departamento a departamento.... de tal xeito que cando estea todo prácticamente privatizado, só restara darlle o remate final.

A Xunta, neste sentido e para conseguilo, apoiase nunha estructura paralela de sanidade privada concertada, que ten no Hospital POVISA, “suposto” hospital publico de referencia en Vigo, a sua maior expresión; mas non a unica... Na Coruña, paralelamente o Chuac e os hospitais do Sergas, existe umha forte estructura de hospitais privados como o Quiron, o San Rafael ou o recementemente vendido á unha empresa madrileña, HM, o Modelo. Esta estrutura paralela privada actúa como un elemento de división dos traballadores e traballadoras da sanidade, e de competencia -como recoñeceu o xerente do Modelo- frente a sanidade publica, que debilita as mobilizacións dos traballadores e as traballadoras da publica.

A defensa da sanidade publica pasa pola denuncia de que umha parte importante da atencion sanitaria XA ESTA PRIVATIZADA con estes hospitais. Os traballadores / as da sanidade publica teñen que contar cos seus compañeiros/as da privada, porque utilizan a estes como man de obra barata para garantir a asistencia sanitaria, e lucrar a grandes grupos empresariais. Son loitas inseparabéis, a unidade dos traballadores / as de Povisa – suposto hospital “publico” de referencia en Vigo-, en loita contra os despidos; a mais que posible perda de direitos (dos poucos que teñen no Modelo) pola venda a HM, na procura do “turismo sanitario”, coas loitas dos da pública é imprescindible, se quere enfrentar as politicas de recortes e privatizacións da Xunta.

Alem do mais, as condicions de traballo e salarial da privada son o espello onde se teñen que mirar os da publica se imponse a privatización; por un interés de non retrocer, é imprescindible o apoio mutuo nas loitas por melloras e contra as privatizacions, mas temos que ser claros: a igualdade entre publica e privada só podera acadarse coa NACIONALIZACIÓN DE TODOS OS SERVIZOS SANITARIOS. Por iso, as organizacións sindicais, os comités e as seccions sindicais da sanidade publica e privada teñen que avanzar xeitos de coordinar e unificar as loitas contra o inimigo comun, a Xunta e as grandes empresas da saúde, beneficiarias directas das politicas privatizadoras.

Porque esta non é umha mera loita sindical, é umha loita politica, contra as politicas da Unión Europea e dos gobernos, do central e a Xunta, e así ten que ser enfrentada: o capital para saír da crise precisa mercantilizar, para sacar beneficio privado, todos os servizos publicos, e os gobernos de todas as cores adoptan as medidas que precisen. Por iso, para poder derrotar estas políticas ha que unir a poboación tras os traballadores e traballadoras da sanidade, publica ou privada; hai que chegar os barrios, aos centros de estudo -onde tamen enfrentan umha política privatizadora cos mesmos obxectivos-, etc., para construir un potente movimento que derrote á Xunta do PP.

Neste sentido, as AVV teñen moito que dicer nun terreo que afecta, principalmente á clase traballadora, aos sectores máis pobres da sociedade, que se ven marxinados do acceso a unha sanidade publica e de calidade. As A VV, os grupos veciñais teñen que se implicar a fondo na defensa da sanidade publica e de calidade, levando aos barrios a autoorganización na defensa dos Centros de Saúde, que non sexan valeirados de servizos para centralizar nos hospitais, coa conseguinte perda de calidade do servizo, ....

Corrente Vermella apoia a manifestación do 26 en toda Galiza, mas considera que só se se avanza na unidade nas loitas con obxetivo claros e precisos, podermos gañar: xa esta ben de mobilizacións para protestar, hai que loitar para gañar, a través de planes de mobilización votados en asembleas abertas de centros de traballo, de barrios, etc.. ate conquerir os obxectivos. A situación non deixa umha outra alternativa, pois a crise empurra o capital e os seus gobernos a roubar o que pagamos todos e todas.

Publico é servizo, Privado é beneficio

UNIDADE DE TODOS E TODAS
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 25-03-2014 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
Este 8 de Marzo: Polos nosos direitos, abaixo o goberno do pau e a tesoira!
Desde o inicio da crise, nós, as mulleres da clase traballadora, seguimos soportando cada vez con máis intensidade os golpes secos da política de recortes económicos e sociais do goberno de Rajoy, cuxo principal baluarte é a UE e a Troika.

As mulleres da clase traballadora estamos a resistir o ataque ao sector público; tanto como traballadoras (onde somos maioría), como principais afectadas pola sobrecarga de responsabilidades que está supondo o peche de gardarías públicas, centros de atención a maiores ou dependentes, etc... Ademais, cobramos as pensións máis baixas (case un 33% menos que os homes) e a nosa prestación por desemprego é menor en cantidade e en duración respecto dos homes, consecuencia da desigualdade nas condicións salariais. Segundo datos da propia Comisión Europea, a diferenza media de ingresos por hora das traballadoras e traballadores no estado español é do 17,8%. Isto supón que unha muller ten que traballar 84 días máis ao ano para gañar o mesmo salario que un home.

Para manter os beneficios deste inxusto sistema e os seus corruptos gobernos, comezaron recortandonos dereitos laborais para pagar unha débeda que crearan eles mesmos e manter ao capital financeiro, único beneficiario deste roubo a man armada á poboación traballadora. Á reforma laboral, os EREs, e ERTEs, acompañáronlle os axustes na educación, na sanidade, a lei de dependencia,.. Cunha man na tesoira e coa outra asinando a privatización dos servizos públicos. Este foi, e segue sendo, o plan de “rescate” á banca e as multinacionais, imposto desde a Unión Europea e executado polo goberno de Rajoy, cuxo resultado foi desemprego e miseria.

O goberno dos recortes e a represión tamén nos quere sumisas

Pero isto só foi o principio no que respecta ás medidas de axuste contra as mulleres da clase traballadora. Porque para garantir a continuidade do saqueo ás nosas condicións sociais e económicas, os gobernos deste sistema decadente necesitan aplicar á vez recortes nas liberdades. E iso é o que fixo o goberno de Rajoy.

Comezou coa Lei Mordaza para silenciar a protesta social e continuar aplicando os plans de guerra contra a poboación traballadora. E agora, con Gallardón á cabeza e apoiado pola igrexa católica, está a seguir coa reforma da Lei de Aborto. Un proxecto de lei que arremete contra a liberdade das mulleres a decidir sobre as súas vidas e os seus corpos, eliminando un dereito democrático conseguido tras moitos anos de loita. O goberno dos recortes e da represión, o que só goberna para os banqueiros e as multinacionais, o lacaio da UE e a Troika, tamén nos quere sumisas.

Por iso, este 8 de Marzo, Día Internacional das mulleres traballadoras, sóbrannos razóns para mobilizarnos. Sóbrannos razóns para dicir basta! Debemos continuar a nosa pelexa iniciada coas mobilizacións que en febreiro protagonizamos miles de persoas en todo o estado, para reivindicar o noso dereito ao aborto libre e gratuíto. É preciso que continuemos a nosa loita até botar abaixo esta lei. E sobre todo porque á tesoira e ao pau só hai un modo de combatelo, e ese é na rúa! Coa unidade de toda a clase obreira e de todos os sectores que están en loita!

Este 8 de Marzo saímos á rúa para esixir:

Aborto libre, gratuito e sen obxección de conciencia na Seguridade Social! Fora a lei Gallardón!

Educación sexual para previr, anticonceptivos para non abortar e aborto legal para non morrer!

Fora a lei Wert e a relixión das aulas! Non máis subvencións á igrexa católica!

Non máis violencia contra as mulleres! Recursos e medios suficientes para as mulleres agredidas!

A igual traballo, igual salario!

Paralización inmediata e derrogación dos decretos de recortes e privatización. Restitución dos dereitos arrebatados e retorno ao Estado dos servizos públicos privatizados.

Nin EREs nin ERTEs! Derrogación da reforma laboral.

Suspensión inmediata do pago da Débeda aos banqueiros e auditoría pública.

Non máis desafiuzamentos, dación en pago e aluguer social. Vivenda para as e os sen teito! Por un parque público de aluguer social.

Estatalización sen indemnización do sistema financeiro, para pór o crédito e a riqueza social baixo control e ao servizo da maioría.

Non ao pago da Débeda. Non á UE nin ao euro.

E O 22M TODAS E TODOS A MADRID!

A nosa única saída é a unidade para loitar. As Marchas da Dignidade convocadas para o próximo 22 de marzo son outra gran oportunidade para dar impulso ao combate contra a Lei Gallardón, o paro, unificar as loitas actuais (Pan Rico, Coca-Cola, UPS, Parados, desafiuzamentos...) e organizar a pelexa para tirar ao goberno Rajoy coa Folga Xeral. Non podemos nin debemos esperar até o 2015. Corrente Vermella participaremos co sindicalismo alternativo reivindicando a necesidade de botar abaixo ao Goberno e a Troika, repartir o traballo, suspender o pago da Débeda pública aos banqueiros, romper coa UE e traballar para organizar a Folga Xeral con eses obxectivos.

www..corrienteroja.net

correntevermhella@gmail.com


Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 05-03-2014 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal