A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

0 29 M, FOLGA XERAL
Umha Folga Xeral contra a Reforma e os Recortes
Un Plan para enfrentar o goberno do PP


O PP chegou o goberno para rematar o traballo comezado polo PSOE, integrar o Estado Español nos novos plans da Union Europea, baixo as directrices de Merkel e Sarkozi, com umhas políticas semellantas ás aplicadas em Grecia, Irlanda, Italia ou Portugal.
Austeridade” no gasto publico para avanzar nas privatizacions dos servizos públicos, “recortes” nos servizos sociais e pensions para pagar a debeda aos bancos e “reforma” de todas as relacions laborais para mellorar os benefícios empresariais. Todas estas medidas procuran trasvasar as rendas do traballo ás rendas do capital, enriquecendo aos de sempre, banqueiros e empresários.
Coa Reforma Laboral o PP abre un camiño moito mais profundo, pois a sua aplicacion leva a un retroceso de cen anos para os 17 millons de asalariados/as do Estado Español, o liquidar a conquista básica da clase traballadora, o direito á defensa colectiva dos seus direitos. Com ela, os traballadores/as fican indefensos ante o poder do empresário.
Como xa declarou Rajoy, que frente a aplicacion destas medidas non lle importa manter “a paz social”, xa preparan un novo ataque co aval da Union Europea, os Orzamentos Estatais. É a declaracion de “guerra social total” contra a clase traballadora e o pobo.
Por todo elo, estas politica son innegociables, a única alternativa posible é coa mobilización frear en seco o PP, impondo a derrogacion da Reforma Laboral e o reparto do traballo sen reducción salarial, a prohibición por lei de calquer privatización de servizos públicos, o non pago da debeda, a expropiación e nacionalización da banca, etc.
A mobilización sirve,… se ten continuidade e obxectivos claros. A sucesión de ataques coordinados desde Bruxelas, e aplicados en todos os estados europeos, impoen a elaboración dun Plan Unificado de Loitas votado en Asembleas de Centro de Traballo, Estudo e Barrios que de continuidade á folga do 29, e avance cara a unidade da clase traballadora, coa convocatoria de dunha Folga Xeral Europea
O obxectivo desta mobilización sostida no tempo non pode ser outra que botar abaixo os planes da Union Europea de empobrecimento social, de destrucción de conquistas laborais e desmantelamento do Estado do Bem estar, no beneficio dos bancos e as grandes empresas, que de conxunto aplicanse em todos os estados europeos.
Mas a profundidade da crisis do sistema capitalista, incapaz mesmo com estas medidas de “guerra social” de sair dela - ameazan xa com outra recesion-, pon á clase traballadora e os pobos na obriga de levantar unha alternativa social ao empobrecimento que significa a pervivencia do capitalismo.
O seu fracaso é un feito trás 5 anos de crise, porque o capitalismo é sinônimo de crise. O Mercado é o seu deus, que tem o seu servizo as vidas da poboacion, pola contra a alternativa social, o socialismo, é romper côas leis do mercado e significa racionalizar, planificar o desenvolvimento o servizo das necesidades democraticamente decididas pola sociedade, non pola cobiza dumha minoria.
Esto é o que significa socialismo, mas non van regalar nada nin van renunciar os seus privilexios sem que a mobilizacion social o impoña. A Folga Xeral do 29 M, como a do 22 en Portugal, as gregas e as mais que previsibles no resto de Europea non podem ficar em fogos de artificios, sino teñen que ser o comezo desa mobilizacion social, sostida no tempo, que derrote o capital e os seus gobernos.
Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 26-03-2012 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
8 de Marzo- Día Internacional da Muller Traballadora
POLOS NOSOS DEREITOS,
NIN UN DIA DE TREGUA A ESTE GOBERNO LACAIO!


Millóns de mulleres en todo o mundo sairemos á rúa neste día, que non é só un día de loita polas nosas reivindicacións laborais, senón polos dereitos de todas as mulleres da clase traballadora. Por iso, esta convocatoria incúmbenos a todas: empregadas fixas, en precario ou sen contrato, estudantes, pensionistas e en xeral todas as mulleres que diariamente traballamos, de forma remunerada ou non, para poder subsistir dentro deste sistema.
O capitalismo é sinonimo de opresion
En Europa, os recortes sociais e reformas que os gobernos están a impor para salvar o sistema e pagar a débeda aos banqueiros, están a acabar cos poucos dereitos de igualdade que as mulleres fomos capaces de lograr nestes anos. No Estado Español as medidas aprobadas polo novo goberno lacaio de Rajoy, son unha boa mostra diso:
1. A conxelación de salarios e pensións vólvenos cada vez máis pobres e dependentes economicamente, tendo en conta que os nosos salarios son entre un 20 e un 30% máis baixos que os homes, e as nosas pensións- en especial a de viuvez- son de miseria. E que dicir da conxelación do salario mínimo, especialmente prexudicial para as máis de 600.000 mulleres dedicadas ao servizo doméstico, que coa nova lei aínda non teñen nin dereito ao paro, e cuxa retribución fixa-se tomando o SMI como referencia.
2. Os recortes sociais en Sanidade, Educación, Servizos Sociais e Dependencia, e en xeral o desmantelamento do sector público, cuxo obxectivo é que sexa a clase traballadora quen pague a factura da crise, son un ataque en primeira liña ás mulleres. Porque somos maioría nos empregos do sector servizos e nas administracións públicas, onde non deixa de destruírse emprego, e vense aplicando a falta de pagamento ou a continua redución de soldos, xornadas laborais e partidas para material. E somos as mulleres quen ademais das tarefas domésticas, temos que facernos cargo dos coidados de persoas maiores, enfermas ou menores. Un traballo social non remunerado nin recoñecido socialmente, do que se aproveitan os capitalistas e do que o Estado se desentiende. Non en balde, un recente informe do CISC desvela que se o traballo non remunerado que se fai en casa contabilizásese, sería o 53% do PIB, uns 500.000 millóns de euros.
3. A recente reforma laboral aprobada polo goberno de Rajoy non só mantén para nós a desigualdade salarial, senón que introduce elementos novos que aumentan a desigualdade. Limítase o dereito á lactación, ao que só poderán acollerse o pai ou a nai pero non os dous, permite á empresa saltarse de forma legal os poucos plans de igualdade que puidesen aprobarse en convenios colectivos, e limita aínda máis o dereito de conciliación da vida laboral e familiar, que se supedita a “asnecesidades produtivas e organizativas das empresas”.
4. Os recortes tamén afectan as políticas de igualdade. Se as leis a favor da muller aprobadas nestes anos nunca contaron con orzamento suficiente, co goberno de Mariano PPinocho, atópanse paralizadas. Péchanse centros e dispositivos de atención á muller, e mentres se recrudece a violencia machista que leva 12 mulleres asasinadas no que vai de ano, nalgunhas comunidades como Castela a Mancha, as Casas de Acollida a mulleres vítimas de violencia machista ven obrigadas a pechar ou funcionan con persoal insuficiente.
5. Por último, a anunciada próxima reforma da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva, que se fai eco dos sectores máis conservadores e das prédicas misóxinas da Igrexa católica (que no medio da crise económica volve ser subvencionada con máis de 13.000 euros este ano), pretende limitar aínda máis os nosos dereitos sexuais e reprodutivos xa condicionados pola actual lei, reducir gastos da sanidade pública e de paso permitir que as clínicas privadas síganse lucrando, facendo do aborto un negocio.
Para acabar co machismo e a explotacion, só hai un camiño: Organizarse e loitar!
A opresión das mulleres non só afecta a esta, senón ao conxunto da clase traballadora, porque o capitalismo utiliza o machismo e outras formas de opresión, sobre todo en tempos de crises, para dividir á clase traballadora, tirar á baixa os salarios e aumentar a explotación. Desde Corrente Vermella loitamos non só para defendernos dos ataques, senón para acabar con este sistema capitalista e patriarcal que nos oprime e explótanos cada vez máis.
Por iso, o vindeiro xoves 8 de marzo sairemos á rúa a reivindicar os nosos dereitos como mulleres traballadoras, para esixir:
- Folga xeral até botar abaixo a nova reforma laboral e os plans de axuste!
- A igual traballo, igual salario! Redución da xornada laboral sen redución de salario.
- Basta de recortar e privatizar os servizos públicos!
- Non máis violencia contra as mulleres! Recursos e medios suficientes para as mulleres agredidas!
- Aborto libre, gratuíto e sen obxección de conciencia na Seguridade Social!
- Fora relixión das aulas, non máis subvencións á igrexa católica!

ACUDE Á CONCENTRACIÓN AS 20H NA PRAZA DE OURENSE A CORUÑA (DELEGACIÓN DO GOBERNO)
CONVOCADA POLA REDE DE ASAMBLEAS DE BARRIOS E VILAS DA CORUÑA
Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 07-03-2012 20:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal