A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Manifestacion o 13, ás 12 na Alameda
POR UMHA SAÍDA OBREIRA E POPULAR Á CRISE
Todas as medidas dos gobernos, o Central e a Xunta só teñen un obxectivo, recuperar os benefícios empresariais para “sair da crise”. Isto non o dubida ninguen.
A reforma laboral decretada polo goberno saldouse cun novo crecimento do desemprego, com mais despedimentos e, poren, côa rebaixa das conquistas laborais. O pensionazo decretado há pouco so significa unha rebaixa das pensions e a ameaza da súa desaparicion para aqueles non teñan o tempo suficiente cotizado, co que favorecen os seguros privados.
Despois de atacar as condicions de traballo, agora veñen as privatizacions: o goberno do PSOE vai por AENA, onde estan convocadas folgas, e as Loterias, e a Xunta do PP fai o próprio com o Sergas, o Consorcio de Igualdade e todos os servizos sociais; e os dous a pólas Caixas de Aforro. Neste sentido, o que esta a acontecer co Hospital Povisa de Vigo é criminal, non se pode admitir que a Xunta e a empresa collan de reféns a 1700 traballadores/as e 150 mil usuários para regatear os diñeiros de todos e todas.
Os responsabéis do que esta a acontecer son os gobernos, mas tamen son os empresários, os banqueiros, os dirixentes das caixas de aforros, é dicer, os beneficiários das súas medidas; non se pode avanzar nunha saída social á crise se non se toman medidas para evitaren novas falcautradas, exixindo responsabilidades a todos aqueles que abriron ás portas a atual crise.
É evidente que a vitima destas políticas é a clase traballadora em xeral e o pobo traballador galego em concreto, os seus direitos, as suas condicions laborais, o seu aforro, e fronte a elo non abondan propostas electorais, nin saídas xerais “em defensa do país”.
A única resposta posible á crise é impor unha saída obreira e popular á crise que ataque em profundidade a sua causa, o capitalismo, a propiedade privada dos médios de produccion e distribucion.
- Fronte o desemprego, reduccion da xornada sem reduccion do salário. Traballar menos para traballar todos, non ao alongamento da idade de xubilacion, reduccion aos 60 anos com contrato de relevo.
- Fronte ás privatizacions, nacionalizacion de todos os servizos publicos baixo control da clase traballadora: Povisa Nacionalizacion XA!
- Fronte ás obras faraônicas, como o AVE ou a Cidade da Cultura, Plan de obras publicas a partir das necesidades sociais: hospitais, escolas, transporte colectivo e de proximidades, etc.
- Fronte á carestia da vida, suba de prezos nos productos de mais consumo como o carburante, a electricidade, o gás, etc., encuberta pola mentira que é o IPC, conxelacion dos prezos XA!.
O diñeiro existe, esta nas mans dos bancos, que despois de facerse côas pensions queren facerse côas Caixas de Aforro. A única medida posible e non utópica que permita facer todo que há que facer para resolver as necesidades sociais é a expropiacion da banca, poñela baixo control da clase traballadora e o pobo.
Medidas deste tipo exixen das organizacions da clase traballadora umha vontade de loita, unha vontade de levar á clase traballadora, ás suas asembleas, propostas de mobilizacion sostida e democraticamente decididas.
Para avanzar é preciso o reagrupamento de todos os que defendemos a necesidade da transformacion socialista da sociedade, que rache côa confianza em que as alianzas com capitalistas “progresistas” podem axudar.
A saída esta nas mans da mobilizacion independente da clase traballadora, da súa coordinacion com os seus irmans de clase no Estado Español e na Union Europea, cara a artellar umha resposta comun ás políticas que partillan todos os gobernos, sexan da cor que sexa.
ACUDE Á MANIFESTACION CONVOCADA POLA CIG E O BNG
O 13 M, ÁS 12 H NA ALAMEDA DE COMPOSTELA

Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 12-03-2011 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
10 de marzo: DIA DA CLASE OBREIRA GALEGA

Neste 10 de marzo declaramos o noso total apoio ao pobo libio e árabe en xeral na súa loita contra as ditaduras proimperialistas, e especialmente os avances producidos en Exipto e Tunes.
Este 10 de marzo prodúcese nunhas circunstancias moi especiais, a resposta da clase traballadora e os pobos do mundo aos plans do FMI, da Unión Europea, da EE UU non cesa de crecer. Ás mobilizacións no mundo árabe, viñéronse a unir as manifestacións e folgas en estados dos EEUU, como Wisconsin ou Ohio, con tomas dos parlamentos estatais.
En Galiza e no Estado Español a clase traballadora enfronta, máis aló dos matices, as mesmas políticas de axuste e austeridade, de retroceso nas condicións laborais e privatizacións, que o conxunto de de os traballadores e as traballadoras europeas e mundiais. O PSOE desde o goberno central, e o PP desde a Xunta son os executores destas políticas, cada un baixo as súas competencias.
Da mesma forma que o goberno central decretou a Reforma Laboral e o Pensionazo, a Xunta asina favorablemente todos os Es que se lle presentan, e como o seu colega “de esquerdas”, privatiza todo o privatizable, desde o consorcio de Igualdade até o SERGAS. O exemplo mais claro deste profundo acordo a favor dos banqueiros, é a unidade que hai entre eles para vender as Caixas de Aforro á banca, apoiándose nunha lei consensuada entre os dous, a Lei de Caixas.
Con estas políticas, os dous gobernos teñen o mesmo obxectivo: sentar as bases para que a recuperación da economía permita aumentar os beneficios empresariais.
Neste marco produciuse a firma do Pacto Social entre as cúpulas de CCOO e UXT, a patronal e o Goberno central, que vai máis aló das pensións ou a reforma laboral. En plena crise se maniata aos traballadores e as traballadoras fronte ás propostas de todos, de Angela Merkel, do Presidente do Bco de España, ... de que hai que acabar cos convenios, entregarlles a negociación en bandexa ás cúpulas de CCOO e UXT, en premio á súa submisión, e romper o lazo entre salarios e prezos, tal e como se fai até agora.
O pasado 27 de xaneiro produciuse unha verdadeira Xornada de Loita en todo o estado, á calor das Folgas xerais convocadas en Galiza, Euskadi e Cataluña, e máis aló da desigualdade nos resultados, evidencio que no Estado Español son decenas de miles os traballadores e traballadoras que rexeitan as políticas de Pacto e Paz Social, que reivindican exactamente o mesmo que os traballadores e traballadores estadounidenses, franceses, gregos, exipcios, tunisianos,... QUE A CRISE A PAGUE O CAPITAL!.
A amplitude da resposta espontanea da clase traballadora a nivel internacional pon de manifesto que, ante a gravidade dos ataques e da unidade burguesa máis aló das siglas e a nacionalidade, é preciso avanzar na coordinación que supere as fronteiras nacionais, non só nas loitas, senón nos obxectivos.
A crise capitalista demonstra que só hai dúas opcións, ou os gobernos impoñen os seus plans para a mellora dos beneficios empresariais, ou a clase traballadora galega, española e europea, impón unha saída obreira e popular que atente contra as raíces do problema, a propiedade privada de fábricas e centros de traballo, de bancos e escolas, de hospitais, no camiño da transformación socialista da sociedade.
Coordinar significa enfrontar unidos as políticas dos gobernos até a súa derrota, coa mesma firmeza que demostraron os tunisianos ou os exipcios para derrubar aos seus ditadores, ou a do pobo libio contra o axente do imperialismo Gadafi.
A estas alturas da crise as loitas teñen que ser convocadas para gañar, non chegan con convocatorias das cúpulas que, habitualmente, quedan como meras protestas. Para iso é imprescindible que os traballadores e as traballadoras sexan os que decidan porqué, cando e como se vai á loita: que as asembleas decidan os plans de movilizacion..
É unha obriga de todos aqueles que dicimos defender á clase obreira, que denunciamos a política de pacto social, que estamos pola loita internacional da clase traballadora, de apoio aos pobos árabes en loita contra os seus ditadores prol imperialistas, establecer os mecanismos concretos de coordinación e organización, como a Plataforma Estatal “Hai que Pararlles os Pés” da que participa a CIG, que permita enfrontar as políticas dos gobernos do capital cun mínimo de garantías de vitoria.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 10-03-2011 19:12
# Ligazón permanente a este artigo
8 de marzo: DIA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
En todo o mundo as mulleres traballadoras vimos soportando sobre as nosas costas os piores efectos desta nova crise capitalista, e sobre todo das “receitas” aplicadas por todos os gobernos para saír desta, salvando á banca e a patronal. Isto tradúcese nun incremento da explotación e un agravamento tanto da violência de xénero como do asedio moral, para manternos no rol tradicional feminino que o patriarcado asígnanos. Con todo, a realidade indica que as mulleres participamos de forma crescente nas distintas loitas da clase traballadora, tanto urbana como rural, así como no movemento estudantil.
QUÉRENNOS SUMISAS, POBRES E SEN DEREITOS
MULLER, ORGANÍZATE E LOITA!

Tamén no Estado Español o plan de axuste avalado polas cúpulas sindicais de CC.OO e UXT que asinaron unha nova e vergoñenta traizón, é unha auténtica guerra social contra a clase traballadora, que cai sobre todo nos sectores máis oprimidos como somos as mulleres. Por iso o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, debe ser para nós unha xornada de loita e mobilización para defender os nosos dereitos e enfrontar as medidas que vénnos impondo. Tanto o goberno central como a Xunta do PP fan parte destas medidas de axuste e austeridade contra as mulleres.
Neste cadro, rexeitamos rotundamente a nova lei da familia da Xunta, porque fai retroceder a situación anos, recuperando o reaccionario rol tradicional da muller para “aforrar en servicios sociais” e ademais recupera o discurso “da familia heterosexual e a maternidade como rol social vital”.
Poren, hai que saír á rúa para denunciar:
Unha reforma laboral que precariza aínda máis o emprego e elimina dereitos
• Porque permite ao empresario saltarse o convenio colectivo, e dentro deste os acordos sobre distribución de horarios de traballo, dificultando aínda máis a dobre e mesmo tripla xornada laboral á que nos vemos sometidas: a chamada “conciliación laboral e familiar”, que segue recaendo fundamentalmente en nós.
• Porque supón máis trabas para o acceso á prestación por desemprego, posto que o cómputo xa non será por días, senón por horas traballadas e as mulleres somos as que máis contratos a tempo parcial acumulamos (o 80% dos mesmos).
• Porque rebaixa do 5 ao 2,5% a porcentaxe de absentismo total do persoal para xustificar despedimentos obxectivos individuais por faltas de asistencia (justificadas ou non). É obvio que somos maioritariamente as mulleres quen nos vemos obrigadas a faltar ao noso traballo cando as persoas dependentes da nosa familia están enfermas ou precisan atención complementaria.
• Porque continúa ignorando o problema do emprego doméstico mergullado que realizan miles de mulleres, algunhas en réxime case de escravitude.
Unha reforma das pensións que nos leva a un maior empobrecimiento
• O actual sistema de pensións, baseado no modelo de familia patriarcal, non nos outorga os mesmos dereitos nin a mesma protección social que aos homes. A menor taxa de ocupación, a desigualdade salarial e as saídas e entradas do mercado laboral a consecuencia da feminización do coidado de familiares (a máis diso os restos do franquismo que excluíu ás casadas do emprego), fan que a pensión media das mulleres sexa agora un 39% máis baixa que a dos homes. Pero esta nova reforma non só non toma ningunha medida estrutural para cambiar esta situación, senón que ademais alarga o período de cómputo e a idade de xubilación, deixando a miles de mulleres fóra desta protección social ou, se logran optar a ela, facendo que perciban ingresos inferiores.
• Aínda por riba, atopámonos con que botan a culpa da reforma á baixa natalidade. Como queren que teñamos máis fill@s? De feito, ter poucos fill@s é un mecanismo de supervivencia para as mulleres traballadoras. De case nada nos serve que nos recoñezan nove meses de cotización por coidado de fill@s até un máximo de dous anos e só para aquelas mulleres que interrompan a súa vida laboral, son migallas que non nos alcanzan para acceder unha pensión digna!
Un recorte en gastos sociais que fomenta a privatización e aumenta a desigualdade.• Estes recortes supoñen a supresión do cheque-bebé, a diminución das axudas á dependencia nun 5%, a rebaixa dun 11% nas axudas á natalidade, maternidade, riscos durante o embarazo e lactación. Na mesma liña, as partidas orzamentarias destinadas a sanidade, educación e servizos sociais redúcense un 8% neste ano. Esta redución xustifica ademais o camiño para a súa privatización, no que Xunta é un “alumno aplicado”, facendo os servizos públicos máis caros e de peor calidade.
• Neste contexto, e ao non existir corresponsabilidade entre homes e mulleres na repartición de tarefas domésticas e de coidados, naquelas familias onde non poden custearse os servizos (privatizados ou semiprivatizados), estas tarefas seguen sendo unha pesada lousa que se carga fundamentalmente sobre as costas das mulleres.
Non podemos nin queremos esquecer....
Neste 8 de Marzo temos a obriga de lembrar ás decenas de mulleres mortas a mans das súas parellas ou exparellas, o inferno de malos tratos que viven miles de mulleres. E temos tamén a obriga de esixir dos gobernos e as institucións que tomen medidas que vaian á raíz do problema.

Por todo iso, esiximos:
• A igual traballo, igual salario!
• Redución da xornada laboral. Traballar menos para traballar tod@s!
• Non á dobre xornada de traballo: corresponsabilidade nas tarefas domésticas e de coidados! Comedores e lavandarías públicas.
• Pola ampliación da baixa por maternidade e paternidade ao seis meses sen diminución salarial!
• Inclusión no réxime xeral da seguridade social ás empregadas de fogar!
• Equiparación das Pensións máis baixas ao SMI!
• Investimento público para crear prazas suficientes e gratuítas en gardarías, escolas de educación infantil, Centros de día, residencias para persoas maiores e servizos profesionais de atención á dependencia.
• Non á privatización dos servizos públicos!

Acude as mobilizacións convocadas na túa comarca, cidade
Comentarios (0) - Categoría: Muller - Publicado o 05-03-2011 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal