A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Corrente Vermella diante das eleccións do 5A

Feijóo adiantou as eleccións galegas para facelas coincidir coas de Euskadi e pola enorme mobilización do 9 de Febreiro contra o deterioro da Sanidade Pública, tentando evitar un desgaste maior polas suas políticas de recortes e privatizacións.

Comeza de novo toda a “festa” electoral de presentación de candidaturas, programas, pactos e coalicións; polo que fai ó chamado “espazo do cambio”, Unidas Podemos e Anova xunto coas Mareas municipalistas, pactaron presentarse en coalición.

Están no seu perfecto dereito pero non nos parece en absoluto un pacto progresivo, pois abandona-se o proxecto orixinal de AGE que sempre apostou por unha opción rupturista entre forzas nacionalistas e estatais fronte a este réxime, e acadara certa presencia tanto nas institucións como nos movementos sociais con ese discurso.

Pero o qué significa rupturismo a día de hoxe? Dende o goberno central de PSOE e Unidas Podemos vemos como pretenden vendernos coma "cambio" políticas que non son cambio ningún. Rupturismo non significa botar ó PP. Non significa facer teatro a costa de Felipe VI. Non significan cambios cosméticos nas políticas de recortes do capitalismo, mantendo o fundamental e dentro dos límites da UE e o Réxime.

Rupturismo significa única e exclusivamente revertir as políticas que o réxime do 78 e Bruxelas levan a cabo, e derrubar as institucións construídas para tal fin mediante a adaptación da vella estructura montada durante a Transición en base ó tinglado franquista. Derrubamento que somentes podese dar coa mobilización social e desde fora das institucións, sen renunciar á presencia dentro delas: estar presente nas institucións do réxime non significa participar do réxime. O primeiro é un altofalante da ruptura e o segundo un puntal para o que se quere derrubar.

Nestas semanas de goberno de PSOE, Podemos e IU pretenden vendernos que hai que estar dentro dele para facer políticas para a xente, cando realmente ningúen ve ningún cambio máis alá doutros pines nas solapas e de mudar o “Sí se puede” pola vella xustificación de todas as forzas que pactaron co PSOE ó longo destos anos: “Es que no se puede”. O PSOE é a garantía de que os límites do réxime e a UE non se traspasen nunca.

Por iso, pactar con Podemos signifca a día de hoxe pactar co goberno do réxime, e supón liquidar case definitivamente un proxecto que tentaba dar resposta a todas estas contradiccións, mandando a paseo as esperanzas de moita militancia honesta que fica vendo como tras todo o traballo feito terminan por impoñerse os que entenden que rupturismo é somentes unha maneira de falar.

Non dubidamos que habemos atopar loitando nas rúas a moita desa militancia que se sinte defraudada por este pacto. E que berraremos cada vez con máis certeza que “Goberne quen goberne, os dereitos deféndense”, pois a realidade é moi teimuda. Neste sentido, chamamos a todos aqueles activistas a que constrúan con nós espazos unitarios desde onde desenvolver estas loitas.

Desde CV sempre defenderemos a construcción dunha alternativa obreira e rupturista, que teña claro que para derrogar e revertir todas as politicas dos gobernos de PP e PSOE (reformas laborais, de pensións, privatizacións, artigos 135 ou leis mordazas) é preciso enfrenta-lo réxime do 78 e a Unión. Para CV estas serían as bases dese programa de ruptura:

-en defensa do carácter publico dos servizos e as pensións
-pola derrogación de todas as reformas laborais e de pensións dos gobernos do PSOE e o PP
-pola defensa dos direitos democráticos, como a derrogación da Lei Mordaza e a amnistia para todos os presos políticos
-polos direitos dos pobos a decidir o seu futuro e a relación que queren manter co resto
-por uns procesos constituintes que garantan estos direitos sociais e políticos
-pola ruptura co rexime da monarquía a pola saída da Unión Europea.
-por unha Europa dos Traballadores / as e os pobos.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 28-02-2020 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
A OSG podese salvar
Crise na Orquesta Sinfonica de Galicia

Unha das grandes institucións culturais galegas está ameazada de extinción. Esta é a situación na cal a Xunta presidida por Feijóo deixa a Orquestra Sinfónica de Galicia, tras deixar de cumprir o acordo de aporte anual de 3 millóns de euros dende o 2010, sumando unha débeda de 5 millóns de euros a día de hoxe. Esta é unha das mostras da esencia do PP: o desmantelamento do patrimonio público para beneficiar o privado.

A OSG é unha referencia no eido da música clásica internacional. A súa actividade proporciona un desenvolvemento cultural incalculábel para o pobo galego, xa que a orquestra está formada por músicos da máis alta gama que non se limitan a presentarse na Coruña, como tamén en toda a Galiza.

A OSG é un patrimonio cultural e, polo tanto, a cuestión non é só a de a preservar; A Xunta tiña o deber de medrar o investimento na orquestra para que a música que ela produce acadase os sectores menos favorecidos da sociedade con subvencións para baixar a estes os prezos das entradas, aumentar o investimento en propagandas educativas que amosen a importancia da música e da fruición das grandes obras aínda descoñecidas pola maioría.

É unha música que sempre foi apropiada, primeiro pola Igrexa, logo pola aristocracia e agora pola burguesía que non ten o mínimo interese en que a clase traballadora teña alcance a ela. O Estado, como é burgués, está para asegurar que os traballadores non teñan acceso ao cine, ao teatro, á música, á arte en xeral como teñen os empresarios. A clase traballadora ten que ter dereito á arte!

E a desidia da Xunta do PP vai máis alén, ela acada a todos e todas as traballadoras implicadas na OSG que ven medrar o perigo da precariedade e da perda dos seus postos de traballo.

O capitalismo é así. Os xestores do Capital, comezando polos empresarios ata os políticos, actúan en beneficio propio ás custas da desgraza dos traballadores e traballadoras que, para eles, non son nada máis que seres serventes, útiles mentres lles proporcionan a eles o aumento das súas contas bancarias e do valor das súas empresas.

Todo está pensado; é un ”modus operandi“ moi habitual en calquera parte do mundo. A orde do día é deixar o servizo público sempre máis precario, insuficiente, vergoñoso, para que apareza unha empresa privada “salvadora” que, coa súa “intervención milagrosa”, proxecte unha imaxe positiva cara a sociedade engadindo valor á súa marca. Con iso, a sociedade perde o control e os traballadores pasan a estar nas mans do inversor, que non demorará en aplicar os típicos recortes nas condicións laborais do cadro de persoal, empezando polos despidos. Un negocio redondo! A vida dun traballador e/ou dunha traballadora non é, para o capitalista, nada máis do que “custo de produción”, un custo para ser diminuído para medrar o seu lucro.

Un goberno capitalista ten a función de ser un xestor do Capital e servir de contención de masas nas administracións públicas, sexa el do PP, PSOE ou de calquera outro partido que pretenda facelo dentro do capitalismo. E o PP, con toda a súa base franquista, máis aínda. O desmantelamento do público, como se pode ver, é xeral; é esta a intención. Non se pode esperar por eleccións. Feijóo non pode seguir destruíndo as vidas galegas.

Fóra Feijóo! Fóra o PP!
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 04-02-2020 11:45
# Ligazón permanente a este artigo
Todos o 9F a Compostela: Non á destrucción da Sanidade Publica
Cando a finais do pasado ano a Xunta do PP pechou o paritorio de Verin, de seguro que non esperaban a resposta social que se deu; milleiros de persoas na rúa, peche no Hospital, concentracións en toda Galiza.

As carencias en todas as areas sanitarias, desde A Costa da Morte ate Valdeorras, pasando polas urxencias e os hospitais das cidades, fai do peche unha parte dun proxeto moito máis amplo, a privatización total da sanidade pública, deixandoa como Beneficencia.

Non é un problema de “mala xestión” de Feijóo, como dín os partidos parlamentarios. É boa xestión para as clínicas privadas e aseguradoras, os Quiron, HM, e demais, que xa controlan o 25% da sanidade, e en aumento, alimentadas pola destrucción do Sergas. Todo elo coas indicacións da Unión Europea, de control do déficit ao 2%, e das leis 15/97 e o artigo 135 da Constitución aprobadas polos gobernos do PP e do PSOE, para o pagamento da débeda dos bancos.

Desde hai tempo a poboación galega e os traballadores / as da sanidade veñen loitando con mobilizacións e folgas, contra esta demolición, mas fanno, na meirande parte dos casos dun xeito illado; como se o peche do paritorio do Verin non tivera nada que ver coa falta de pediatras en Zas, de médicos en A Cañiza ou A Estrada, Valdeorras; coa privatización nos feitos do Alvaro Cunqueiro de Vigo (construido e xestinado por empresas privadas), de servizos como limpeza, cociñas, etc.

A mellor maneira de facilitarlle o traballo a Feijóo e á Xunta é loitando divididos, pois aplican a máxima de “divide e vencerás”.. Verin, Zas, ... e calquera servizo desmantelado só salvase se salvamos a Sanidade Pública no seu conxunto. Nesta división están instalados, desde sempre, as organizacións politicas e sindicais agrupadas na Plataforma SOS Sanidade pública, que limitase a convocar á mobilización umha vez o ano; como por exemplo esta do 9 de febreiro, mais preocupadas en desgastar ao PP e a Feijoo, na espera do cambio numhas eleccións.

Para frear a destruccion da Sanidade Pública é preciso segui-lo camiño de Verin, non ceder na mobilización por moitas promesas que dean, unificar as loitas de todos os servizos, facer plans de mobilizaciónes debatidos e aprobados en asambleas de traballadores/as incorporar ás mobilizacións aos e ás usuarias, e ter claro o obxetivo: a derrogación da lei 15/79, e o artigo 135 da Constitución en defensa dunha sanidade 100% pública. Mentras estean vixentes, calquera victoria estará en perigro de ser revocada polo goberno de quenda.

Embora, isto non abonda; o problema non é exclusivamente nin tan siquer de Galiza, é de proxecto que afecta a todo o estado. O PP, o PSOE e outros gobernos das Comunidades Autónomas cumplen coas políticas dictaminadas dende da Unión Europea, contra as que están loitando tamen en Franza; unir as loitas desde Andalucia ate Catalunya, pasando por Galiza contra o proxeto de destrucción da sanidade pública.

Desde que comezou a crise no 2007/8 levan coa teima da privatización de todos os servizos públicos, non só a sanidade, mas tamen as pensións, a educación, a dependencia, etc. Para iso estableceu o control de déficit público, para que haxa menos investimentos nestos servizos, e deriven cara a privada.

Na Galiza, mentras a Xunta este en manos do PP ou de calquera forza que defenda estas políticas de privatización da Unión Europea como o PSOE, non teremos garantido uns servizos 100% públicos; só botando fora da Xunta ao PP e a Feijóo a través da mobilización social, poderemos abri-lo camino na sua defensa: non é un problema de boa ou mala xestión, é un problema de proxecto político que partillan todos aqueles que defenden esta Unión Europea.


FORA A XUNTA DO PP E FEIJOO
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 04-02-2020 09:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal