A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
¡PAREMO-LOS CENTROS DE TRABALLO E ESTUDIO!
¡Coa clase obreira! ¡Coas estudiantes e cos estudiantes!


Hai máis de cen anos que se celebrou por primeira vez o Día Internacional da Muller Traballadora. Unha data que naceu ligada á loita das obreiras, das traballadoras explotadas e oprimidas polo capitalismo dende finais do século XIX e comezos do XX. E aínda que o imperialismo, a través da ONU, tentou convertilo nun día festivo para celebra-los dereitos xa conquistados, a realidade é moi distinta. A desigualdade laboral, a precarización, feminización da miseria e a violencia machista agrávase en todo o mundo ó compás da crise capitalista.
A medra da loita das mulleres en resposta a isto abre a posibilidade de facer deste 8 de marzo una verdadeira e xigantesca xornada mundial de loita superior á do ano pasado. No estado español ese ascenso da loita das mulleres combínase co aumento das loitas e o descontento social coa “recuperación económica” que non notamos.

Sobran razóns
A DESIGUALDADE E A VIOLENCIA MACHISTA EN CIFRAS

No estado español, a fenda salarial non diminúe e chega ó 23%. Os plans de igualdade seguen a se-la asignatura pendente na negociación colectiva. O paro entre as mulleres é tres puntos maior e soportamo-lo 70% dos contratos a tempo parcial o que fai imposible a nosa independencia económica.
A campaña #Metoo fixo visible o que a mayoría das mulleres xa sabemos: que sexa no traballo, no fogar ou na rúa, o machismo e a súa violencia atormentan a vida cotiá das mulleres. Máis alá dos seus minutos de silencio e dos seus pactos de postureo que non van á raíz do problema q para os que non hai cartos. Cada oito horas hai alguna denuncia por violación e o machismo na adolescencia e xuventude se dispara, facendo saltar tódalas alarmas.
As nosas pensións so un 38% máis baixas, as axudas ás persoas dependentes están casi paralizadas e o 90% das cuidadoras somos nós. Somentes o 21% dos menores de tres anos, sin educación gratuita nin obligatoria, está escolarizado. O aborto legal na sanidade pública nas primeiras 14 semanas segue sen estar garantido para todas.

A loita das mulleres
PARTE DUNHA LOITA MÁIS AMPLA

Acabar con esta situación esixe una pelexa que as mulleres traballadoras non podemos dar soas. Precisamos deroga-las reformas laboráis que son as responsables do paro, a precariedade e a fenda salarial que sufrimos. Deroga-las reformas das pensións e defender un sistema público que garantice pensións dignas para todas e iguais entre mulleres e homes.
Hai que para-los recortes e a privatización dos servizos públicos. Aumentar de forma drástica o gasto público en educaión para garantizar garderías públicas de 0 a 3 anos e educación en valores de igualdade. En sanidade para asegura-los nosos dereitos sexuais e reproductivos. En Dependencia, para facer responsable ó Estado do traballo de coidades. E en políticas de igualdade e orzamentos destinados á rede de prevención, atención e protección contra a violencia machista. E non é posible facelo sen esixi-lo non pago da débeda e sen desobedece-lo axuste ó déficit que nos impón a UE. Non é posible sen derrotar este gobernó corrupto, machista e ó servizo da burguesía e este réxime herdeiro do franquismo.

Fagamos este 8M
UN GRAN PARO POLAS MULLERES

Este ano sindicatos galegos (CUT, CNT) e estatais (CoBas, CGT,...) legalizaron a posibilidade de folga de 24 horas o 8M. Mentras outros como CIG, CCOO e UGT van dar cobertura a un paro de dúas horas, o cal xa é un avance respecto ó ano pasado. Cremos que é un erro que somentes se chame a parar ás mulleres, pois as demandas e reivindicacións das mulleres deben ser parte do programa e a loita de toda a clase obreira e do movemento estudiantil. Hai posibilidades de convertir este 8M nunha gran xornada de loita, superior ó ano pasado.
É una ocasión para reforza-la unidade de tódalas loitas onde as mulleres estén á cabeza e para continua-la movilización contra os ataques que gobernó e patronal continúan facendo recaer sobre a clase obreira e os sectores máis oprimidos dentro dela. Queremos un 8M grandioso con folgas, paros e mobilizacións no Estado Español e en todo o mundo.
Dende Corrente Vermella chamamos a tódalas organizacións populares, sindicais, políticas e estudiantiles de clase a construír este 8 de Marzo. Porque as folgas hai que construílas dende abaixo e non somentes decretalas ou legalizalas.
Chamamos ó conxunto do movemento estudiantil e a toda a clase traballadora a realizar asembleas nos seus lugares de traballo e estudio para debatir e decidir cómo apoiar esta xornada de loita estatal.
Chamamos ás mulleres en loita, a tódalas traballadoras,desempregadas, pensionistas ou estudantes, a sumarse a nós nas manifestacións convocadas nun bloco unitario, combativo e de clase dende o cal esixiremos:


Lei urxente pola obrigatoriedade da igualdade salarial!
Por un sistema público de pensións dignas e iguais para todas e para todos!
Aborto público, libre e gratuíto!
Derogación das reformas laboráis e das pensións!
Nin recortes nin privatización! Non ó pago da débeda!
Aumento do gasto público: garderías, centros de día, residencias e atención á Dependencia.
Nin una menos! Atención, protección e prevención contra toda a violencia machista!
Basta de maltrato institucional!
Stop homofobia, transfobia e discriminación por orientación sexual!

Este 8 de marzo Encheremo-las rúas!
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 22-02-2018 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
PRE ESTREA DOCUMENTAL PAN, PAZ E TERRA
Corrente Vermella organización integrante da LIT-ci, convida á traballadores/as , estudantes e simpatizantes á Pre Estrea do documental PAN, PAZ E TERRA, presentado por Carlos Velasco e Xulia Miron.

A Revolución de febreiro de 1917 en Rusia marcou a primeira etapa da Revolución de Outubro. Causou a abdicación do zar Nicolás II, puso fin á monarquía e a formación dun Goberno provisional.

Esta claro que a realidade actual demonstranos que a loita de clases segue viva e moi aguda, desde as loitas obreiras e populares en Honduras ou Palestina, ate as folgas mais recentes no Estado Español que remataron con victorias, como a de Bershka en Pontevedra ou Titanlux en Barcelona, pasando polos Metalurxicos alemans ou a manifesatación de onte contra a Privatización da Sanidade, o feito é que a clase traballadora, os pobos e os oprimidas seguen a loitar, como a folga do vindeiro 8 de Marzo, contra o sistema capitalista, causa dos seus problemas.

Por elo, é un documental non so do pasado, se non para mirar ao presente, cheo de loitas da clase obreira e dos pobos. Un documental cheo de esforzo que involucra traballadores/as e loitadores de moitas partes do mundo.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 12-02-2018 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal