A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Abaixo o goberno dos recortes e a corrupción
O escandalo Barcenas, coas suas contas millonarias en Suiza, a caixa B e os sobresoldos en negro á alta dirección do PP, deixou malferido a Rajoy e o seu goberno, e rachou os cimentos do partido da directa española, ao que sectores da sua base social dan as costas. Mostrouse aos ollos de todos que os recortes, privatizacions e a corrupción son duas caras inseparabéis dumha mesma moeda.
O goberno Rajoy non ten absolutamente ningunha lexitimidade para seguir impondo novos axustes. E o mesmo podemos dicer dos diferentes gobernos autonomicos, que, como a Xunta de Feijoo, quere aparecer como alleo á corrupción xeralizada, mas, ademáis de seren parte do PP –o PPdG aparece nos papéis de Barcenas-, ten os seus casos particulares na Diputación de Ourense ou no Concello de Compostela.

Un reximen corroido pola corrupción
A crise do goberno de Rajoy e do pp, lonxe de seren umha cousa illada, son unha peza maior da crise dun rexime en quebra total, corroido por umha corrupción que fixo metastase e afecta o conxunto das suas institucions, comezando pola Monarquía.
A crise do goberno ten agora moi difícil solución porque o “bipartidismo” ao que recorreron durante máis de tres decadas esta esgotado. Agora, a quebra do PP vai acompañada da bancarrota do PSOE, que dilapidou todo o sue creto popular e avanza, con todos os merecimentos, polo memso camiño de ruína que percorreu o PASOK grego.
Rajoy atrincherouse e pechase en banda a dimitir e convocar eleccions anticipadas. Nin o PP, nin o PSOE, nin a Merkel, nin a Troika queresas e só recorreran a elas cando xa non teñan mais remedio, porque saben que en lugar darlle saída á crise vana complicar. Mentres, alguns xa comezaron a falar dun posible “goberno técnico” como o de Monti en Italia, sen pasar polas urnas, baixo a bendición e supervisión da Troika, para seguir cos plans de axuste e saqueo do pobo, en beneficio dos banqueiros e grandes empresarios.

Botar ao goberno corrupto para derrotar os seus plans
Frente ás manobras das cupulas politica e financieras, o primeiro que hai que facer é botar abaixo ao goberno dos recortes e a corrupción, acabar con Rajoy, forzar a sua dimisión. Se non acabamos con el non hai posibilidade de botar atrás os seus plans de guerra social. Por iso, cada movilización debe facer seu este obxectivo. Por iso, é mais necesario que nunca unificar os diferentes movimentos de resistencia aos recortes e privatización. Por iso, fai falta construir desde abaixo a folga xeral, en cada territorio e a escala estatal.

Un programa de emergencia frente á catastrofe social
Do mesmo xeito, é vital fixar un programa de emerxencia común, con obxectivos precisos que enfrenten a actual catastrofe social. Desde Corrente Vermella vemos os seguintes:
1/ Paralización inmediata dos plans de recortes e privatización
2/ Suspensión inmediata do pago da Debeda aos banqueiros e un auditoria publica
3/ Paralización inmediata dos desfiuzamentos e garantia de vivenda ás familias sin teito, confiscando os pisos baleiros de bancos e inmobiliarias para crear un parque publico de aluguer social.
4/ Subsidio de paro indefinido ate atopar traballo e un gran plan de obras publicas e sociais que cre emprego e atenda as necesidades urxentes da poboacion.
5/ Derogación da reforma laboral, restitución dos direitos arrebatados e retorno ao Estado dos servizos publicos privatizados.
6/ Prisión para os corruptos e corruptores, e confiscación dos seus bens para pagar a sua debeda coa sociedade.
7/ Estatalización sen indemnización do sistema financeiro, para pór o credito e a riqueza social baixo control e ao servizo da inmensa maioría.


Non hai solución baixo este rexime corrupto
Conforme se profunda a crise social e aceleráse a crise politica, é cada vez mais claro que a catastrofe que sufrimos non ten arranxo cunhas eleccions baixo este rexime podrecido e a sua Constitución. Non hai maneira de aplicar umha das medidas de medidas necesarias se non cuestionamos o rexime e pomos en pé un goberno surdido e controlado desde abaixo. Un goberno do pobo traballador, saído dun congreso formado polas asembleas, coordinadoras, organizacions e movementos populares que estan a enfrontar os recortes e privatizacións. Un goberno que aplique un programa de emerxencia e abra un proceso constituinte a nivel estatal que, coa participación e o referendo popular, substitúa este rexime corrupto por outro sostido sobre bases realmente democráticas e ao servizo do pobo traballador.
Hai alguns, como a cupula de CCOO-UXT, que a pesar do que esta a cair, seguen, contra toda loxica, procurando arranxos co goberno, e outros como a dirección de EU, que concentran todas as súas esperanzas numhas futuras eleccions.
É necesario e urxente reunir a todas as organizacións e movementos sociais que rexeita a estratexia conciliadora dos Toxos e Mendez, para acordar xuntos un Plan de Loita Unitario apoiado na base do movimento para exixir a CCOO e UXT e a EU umha unidade de acción encamiñada a desacatar abertamente os decretos e ordes que destrúen os nosos direitos e a bota abaixo sen demora ao goberno de Rajoy
Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 23-02-2013 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal