A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS DIREITOS QUE NON SE DEFENDEN DIA A DIA PERDÉNSE
O que parecía o ministro de “centro” no goberno do PP ponse á “vangarda” nos recortes dos dereitos das mulleres; á privatización das vodas e os divorcios -ante notario, previo pago-, súmalle o control ao dereito das mulleres novas a dispor do seu propio corpo. Pero Gallardón non é máis que a punta de lanza dun ataque máis profundo das políticas do Goberno de Rajoy.

Se partindo do nivel que partimos, onde as mulleres traballadoras teñen inferiores salarios e peores condicións xerais, con dobre carga de traballo, como afectará a nova contra reforma laboral, as privatizacións dos servizos públicos,... aos seus dereitos.

A política do PP, cunha carga ideolóxica claramente reaccionaria en defensa da familia patriarcal, ataca ás mulleres traballadoras en todos seus frentes, e en concreto ás mulleres inmigrantes, que son as máis vulnerables aos efectos dos plans de austeridade, pois son victimas dunha política xenófoba e racista.

Retroceso nos dereitos da muller

A contra reforma da Lei Orgánica, de Saúde Sexual e Reprodutiva e de Interrupción Voluntaria do Embarazo que pretende levar a cabo o ministro Gallardon, suporá eliminar as 14 semanas, período no que as mulleres podían interromper o seu embarazo sen alegar causa algunha, e volver ao texto de 1985, pero reformulando o terceiro suposto para proteger ao non nacido-grave perigo para a saúde física ou psíquica da nai-; doutra banda, non se permitirá ás mozas de 16 e 17 anos que poidan interromper o embarazo sen autorización paterna.

A obxección de conciencia do persoal sanitario ha provocado unha implantación desigual da lei, hai CC AA onde non existen clínicas que realizan IVE(Interrupción Voluntaria do Embarazo); hai outros casos, como Madrid, Castela-A Mancha, Araron, Galicia, Murcia e País Valencia, que acumulan falta de pagamentos ás clínicas privadas por parte dos seus gobernos por un importe de case 5 millóns de euros.

O dereito á IVE retrocederá vinte anos, deixará de ser universal e gratuíta, o que unido aos prezos dos anticonceptivos e o control sobre a “pílula do día despois”, suporá un aumento dos embarazos non desexados e na practíca a volta aos abortos clandestinos, co que isto leva.

Este retroceso no dereito ao aborto únese á eliminación da educación afectivo sexual nos curriculums do ensino primario e secundario, o acceso a métodos anticonceptivos, á formación con perspectiva de xero e accións formativas de sensibilización dirixidas principalmente á mocidade e colectivos con necesidades especiais. Con estas “receitas” fan caso á Igrexa, a muller non ten sexualidade e só esta para a procreación. Non retrocedemos anos, senón séculos.

Perdida de dereitos sociais e privatizacións

Rajoy xunto ao seu equipo de goberno expón que hai que ser “valente” á hora de tomar medidas económicas para reducir a débeda e o déficit público. Todo iso á conta da eliminación ou empeoramento da Sanidade, a Educación, os Servizos Sociais, etc. Para aplicar estas medidas, ten a escusa perfecta, estamos en crise e hai que recortar gastos, naqueles servizos que son “gratuítos”.

Pero o verdadeiro obxectivo destes recortes é claramente económico, privatizar o privatizable e rendible, introducir empresas que substitúan ao Estado e as CC AA na súa obrigación da prestación destes servizos que xa pagamos a maioría da poboación traballadora cos nosos impostos. Desta forma os ricos poderán permitirse estes servizos e a clase traballadora perderá estes dereitos que tanto custo conquistar, ademais de seguir pagando impostos á conta de nada.

A crise esta cumprindo un papel desde os seus inicios importante, reforzando as ideoloxías que conducen ao sometemento das maiorías da poboación, e que justifican os recortes porque son necesarios, porque non sabemos “utilizalos” e non poden dar perdidas. Para conseguir todo isto, teñen que reforzar o papel da familia patriarcal onde a muller ocupa a situación de coidadora e reprodutora. Desta maneira o Estado e as CCAA afórranse millóns de euros cos traballos que gratuitamente realizan as mulleres e as familias no seu conxunto.

De volta ao fogar

A destrución de postos de traballo sistemática no Estado Español ten dous aspectos, un especifico, como muller traballadora, para garantir unha “reserva” de traballos gratuítos que permita o desenvolvemento de toda a política de privatizacións, dúas, máis xeral, para impor a aceptación da perda de salario e destruír os dereitos do conxunto da clase traballadora.

O aumento do paro ten, por iso, un efecto devastador sobre os dereitos das mulleres, pois supón impolas un claro retroceso na súa autonomía, devolvéndoas á dependencia económica e a volta ao fogar.

Por isto, as contra reformas laborais, que só aumentan a precarización, os pactos de contención salarial, a aceptación sen rechistar de EREs e os despedimentos colectivos, e toda a política de conciliación que levan adiante as direccións sindicais de CCOO e UXT, afectan dunha maneira moi especial ás mulleres traballadoras.

Defendamos os nosos dereitos

As políticas do PP teñen que ser rexeitadas rotundamente, na rúa e en todos os foros, porque o seu obxectivo é a destrución dos dereitos laborais, as privatizacións dos servizos públicos e impor ás mulleres a volta a épocas pasadas onde a seu entorno era o fogar.

Este 8 de marzo prodúcese a un ano da irrupción das revolucións árabes, e en concreto, hai que sinalar ás mulleres exipcias, que por millóns saíron á rúa en loita pola democracia, pondo en cuestión unha sociedade profundamente machista.

Non só foi no mundo árabe, senón noutros lugares do mundo, desde a EE UU até Europa, as mulleres saíron á loita en defensa dos seus dereitos e contra as consecuencias de que a crise do capitalismo a pague a clase traballadora.

Nun momento de profundo cambio político e social, temos que reconstruír un movemento clasista de mulleres, onde se defenda o dereito a decidir sobre o noso corpo, unha coeducacion laica, publica e gratuíta; onde a sanidade non sexa un privilexio para os ricos, senón universal e con perspectiva de xénero, que incorpore os dereitos das traballadoras inmigrantes ao seu programa.

Un movemento que teña como punto de partida a muller traballadora para loitar porque a igualdade non só sexa formal, senón real
Comentarios (0) - Categoría: Muller - Publicado o 16-02-2012 16:17
# Ligazón permanente a este artigo
Iolanda na lembranza
Por Corrente Vermella
Cando a memoria e a loita contra a impunidade do franquismo e os seus continuadores segue estando no centro do escenario político, queremos desde estas páxinas lembrar e render tributo á nosa compañeira Yolanda Gonzalez, cando se cumpren 32 anos do seu asasinato.
Iolanda na lembranza
Iolanda nasceu en Bilbao, o 18 de Xaneiro de 1961. Cando foi asasinada acababa de cumprir 19 anos. Era filla de Lida e Eugenio, unha familia obreira, Eugenio era un traballador metalúrxico. Corrían os anos da transicion e Iolanda comezou de moi nova a súa actividade politica como militante das Mocidades Socialistas en Euskadi. Formou parte do sector que rompeu co PSOE e durante un breve período militou na LCR. En outubro de 1979 Iolanda formou parte do grupo que constituíu o Partido Socialista dos Traballadores (PST). Veu desde Euskadi a vivir a Madrid e loxicamente tiña que traballar para manterse. Iolanda traballaba como empregada do fogar mentres estudaba no Centro de Formacion Profesional de Vallecas. Era delegada da Coordinadora Estudantil de Madrid, sendo unha das máis destacadas dirixentes das mobilizacións de decembro de 1979 e xaneiro de 1980.
Cronoloxía do asasinato de Iolanda polos fascistas:
17 de novembro de 1979
Asembleas en 20 institutos de Madrid para apoiar a folga de profesores, discutir o Estatuto de Centros e elixir Coordinadora. Cinco días despues, hai xornada de loita estatal contra o Estatuto de Centros Docentes convocada polas Federacións de ensenanza de CCOO, USO, UCSTE.
1 ao 13 de decembro de 1979
O dia 1, a Coordinadora, que agrupaba a representantes electos de máis de 45 centros e da que era membro Iolanda, convoca á folga para os dias 5, 6 e 7 de decembro. Na primeira xornada mais de 80.000 estudantes e de 43 centros súmanse ao "paro activo". O 13 realízase unha manifestacion de mais de 100.000 estudantes contra a Lei de Autonomia Universitaria, o Estatuto de Centros Docentes e as medidas educativas do Goberno da Union de Centro Democratico que presidia Adolfo Suarez. Á tarde faise outra manifestacion na que confluian os estudantes cos obreiros que convocados por CCOO manifestábanse contra o Estatuto dos Traballadores, intervén a policia e son asasinados dous estudantes, Jose Luís Montanes Gil e Emilio Martinez. As manifestacións repítense o dia 31 de xaneiro.
1 de febreiro de 1980
As dez e media da noite, Iolanda Gonzalez é vista por ultima vez en Madrid tras unha reunion do PST.
2 de febreiro de 1980
Os compañeiros de piso de Iolanda chegan a casa pasada a media noite e atopan as luces acesas e as habitacións revoltas coma se fosen obxecto dun rexistro rápido. Tras unha infrutuosa busqueda de Iolanda por Hospitais, Direccion Xeral de Seguridade e comisarias deciden pór unha denuncia policial. Ás 8 da manana un veciño de San Martin de Valdeiglesias informa á Garda Civil que no kilometro 3 atópase un cadaver tirado na cuneta.
3 ao 5 de febreiro de 1980
Mentres chegan as condolencias de estudantes, organizacións de esquerda, sindicatos e prodúcense manifestacións multitudinarias de estudantes repudiando o asasinato de Iolanda, no Instituto onde estudaba vélanse os seus restos. O 5 de febreiro son os funerais e miles de jovenes acompañaron a Iolanda mentres á porta do Instituto cantábase a Internacional. Seguidamente falo Alfonso Araque, da Coordinadora de Estudantes: "Ao fascismo non se lle discute, combáteselle".
11 ao 21 de febreiro de 1980
É detido Emilio Hellín, propietario dunha Escola de electrónica na que se atoparon armas e explosivos asi como receptores de emisoras da policia e a garda civil. Xunto a Hellin é detido Ignacio Abad. Ambos teñen carnés acreditados de militantes da organización fascista Forza Nova. Hellín declara que o comunicado do Batallón Vasco Espanol foille ditado por Martinez Louza, ex garda civil, Xefe de Seguridade de Forza Nova e brazo dereito de Blas Piñar. Ponse ao descuberto o vinculo directo dos asasinos con Forza Nova. O dia 21 revélase a identidade doutros cómplices do asasinato como o irmán de Hellín, Juan Jose, membro da Garda Civil e o policia nacional Juan Rodas Crespo.
2 de marzo de 1980
Esclarécense os feitos do asasinato de Iolanda. O dia 1 de febreiro, Martinez Louza dá a orde de "Execucion". O comando fascista diríxese á casa de Iolanda e espera durante dúas horas a que esta chegue. Hellin e Abad soben e chaman á porta. Iolanda ábrelles e reacciona deseguido pero xa é tarde, pistola en man e ao berro de "vermella de merda, estais ensuciando Españaa!" Entran na casa e sácana encañonada. No medio de golpes e preguntas lévana nos arredores de Madrid. No kilometro 3 do desvio de San Martin de Valdeiglesias o coche detense. Hellin vólvese cara a Iolanda e dille: "Aqui acabar o paseo vermella de merda". Baixa do coche e cando non deu aínda dous pasos Hellin pégalle dous tiros. O asasino ordena baixar a Abad "rematala". O pistoleiro non se fai rogar, baixa e remátaa, o "tiro de graza" que culmina o "paseillo" fascista. Cúmprense 30 anos deste asasinato fascista con claras vinculacións cos aparellos do Estado. A Iolanda asasinárona por ser vasca, internacionalista, dirixente estudantil, muller e revolucionaria.
Cúmprense 32 anos do asasinato de Iolanda González. Naceu en Bilbo, era militante do PST e dirixente estudantil. Foi asasinada por fascistas con conexións policiais cando tiña 19 anos.
Comentarios (2) - Categoría: Estado Español - Publicado o 06-02-2012 20:52
# Ligazón permanente a este artigo
Contra os EREs e os Despidos, contra os Recortes e Axustes
UNIFICAR AS LOITAS
A sucesion de EREs e despidos que estanse a producir desde que comezou a crise chegou a umha cifra insoportable para a clase traballadora, 5 millons de parados; e non se pode permitir a destruccion de mais postos de traballo, mentras os bancos e os empresários seguen gañando diñeiro.
A patronal esta a utilizar estas cifras, é dicer, o medo o desemprego, para recortar os salários, as condicions de traballo, etc., e as direccions de CC OO e UXT estan a asumir a mesma loxica para negociar o innegociable, umha nova Reforma Laboral. ¿Cantas Reformas Laborais levan asinadas no nome do emprego? Cando o resultado é o de sempre: retroceso nos nosos direitos, mais precariedade, salários mais baixos, e igual desemprego.
Neste cadro o ERE de Alcoa, como a perda de postos de traballo no naval de Vigo e Navantia em Ferrol, no Banco Pastor e no NCG Banco, xuntase a destruccion de emprego na administracion, na educacion e na saúde, froito dos recortes e das privatizacions da Xunta nos servizos públicos. Por elo, é preciso rexeitar absolutamente á perda de postos de traballo em calquer sector ou empresa.
A aceptacion da via “non traumática” das chamadas “baixas incentivadas” son torpedos á liña de flotacion dos direitos de toda a clase traballadora, pois a debilita, e divide-a, introducindo o “salvese quen poda” frente a os ataques unificados da patronal.
Os gobernos central e a Xunta, a Union Europea, estan decididos em facer que a crises sexa pagada polos traballadores e as traballadoras; resgataron bancos a esgallo (billons de euros costou), subvencionaron e subvencionan ás empresas para a contratacion precária, privatizan todos os servizos públicos, e ate o momento a nosa resposta foi a defensiva.
Mas isto tem que cambiar. Non se pode seguir no camiño do retroceso, a resposta da clase traballadora temola que dar á ofensiva, UNIFICANDO AS LOITAS DOS QUE HOXE LOITAN contra os EREs, os despedimento, buscando a unidade entres o activos e os parados, os precários e os indefinidos, que arrastren a todos aqueles sectores da poboacion traballadora golpeados pola crise (mariscadores, autônomos, xovenes licenciados, etc.), a partir de propostas que unifiquen a todos e todas baixo a exixencia dun traballo digno na nosa terra.
É preciso acordar un PLAN DE LOITA UNIFICADO, aprobado em Asembleas de traballadores e traballadoras –non so de delegados/as-, e nos Barrios obreiros e populares, que enfrente as políticas dos gobernos feitas o dictado da Union Europea.
Esto supon outra saída á crise, unha saída o servizo das necesidades da clase traballadora e o pobo, que implica umha politica distinta á aplicada ate o de agora pólas direccions políticas e sindicais institucionais.
“A grandes males grandes remédios”. A estas alturas da crise non abondan as vellas saídas institucionais. A crise, o desemprego, etc. non son males bíblicos nin catástrofes naturais, senon que o responsable tem un nome moi preciso, o sistema capitalista, e uns beneficiários, os empresários e os banqueiros. A única saída é a de loitar claramente contra el
Contra o desemprego existen medidas alternativas:
1- Reduccion da xornada sem reduccion do salário: TRABALLAR MENOS PARA TRABALLAR TODOS
2- Frente as empresas com EREs ou que pechan, APERTURA DAS CONTAS DAS EMPRESAS e NACIONALIZACION baixo control da clase traballadora, das suas organizacions.
3- Frente ás privatizacions dos servizos públicos, CONTRATACION DO PERSOAL PRECISO PARA ACABAR COAS LISTAXES DE ESPERA NA SAÚDE E NA EDUCACION.
4- A economia esta o servizo do pago da debeda a bancos e especuladores, NON O PAGO DA DEBEDA
Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 04-02-2012 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal