A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Frente á privatización da saúde e os servizos públicos
Corrente Vermella apoia a folga do persoal do Sergas, e chama á poboación a participar nas manifestacións do 10 de decembro, que na Coruña sairá da Casa do Mar, ás 20 horas.

Frente á privatización da saúde e os servizos públicos
PÚBLICO É SERVIZO, PRIVADO É BENEFICIO

O tempo que o goberno de Rajoy anuncia un novo agasallo á banca de 30 mil millóns de euros, que veñen a sumarse áos miles de millóns que xa lles deran os gobernos de ZP e de Rajoy, a Xunta do PP anuncia a implantación das ?unidades de xestión clínica?, que xa viñan aplicandonse en certos sectores da saúde pública.
Ao repago das meiciñas, os recortes en persoal sistemáticos, ao mantemento do carácter privado de POVISA en Vigo, e os concertos coas clínicas privadas onde derivanse moitas accións sanitarias,? agora veñen xa coa ameaza directa da privatización xeralizada do SERGAS a través da vellisima táctica de ?divide e venceras?. Porque isto é o que significa trocear a xestion clínica ?por unidades? autonomas. Asi é mais facil vendelas.
Por moita neolinguaxe que utilicen ?facer o contrario do que se esta a dicer públicamente-, o plan de Feijoo é exactamente igual ao de Madrid, privatizalo todo, salvo que sen saír á palestra anunciandoo. Esta a facelo de a pouco, e cando queiramos decatarnos, xa non haberá servizo publico que defender.
Para a gran banca, as aseguradoras e as grandes constructoras, agora metidas ao negocio sanitario, o desmantelamento total de seguridade social universal e pública é saír da crise pois entran nun ?nicho de negocio?. Que os traballadores/as imigrantes, que grandes sectores da sociedade non teñan acceso a umha sanidade pública,? tanto lles ten; porque do que se trata é facer negocio co principio fundamental da vida, a sanidade: PUBLICO É SERVIZO, PRIVADO É BENEFICIO.
Mas non nos trabuquemos, as políticas privatizadoras do PP son, só, unha das patas da agresión aos direitos sociais e laborais da clase traballadora e o pobo, nas que o PP e o PSOE están dacordo; para elo modificaron a constitución para impor o pago da débeda por cima de calquera gasto estatal, ou votaron a lei 15/97 que permite a privatización de sectores da sanidade.
O capitalismo ten un fonda crise de beneficios que é incapaz de superar sen destrui-las conquistas sociais, por iso fixeron umha reforma laboral que supoen reforzar a dictadura dos patrons nas empresas, socializaron as perdas da banca no tixolo e a especulación xerando umha débeda pública que estan pagando por ?imperativo? constitucional a costa dos recortes na educación, sanidade e servizos sociais, e están a desmantelar estos servizos para entregarllos limpos ás grandes empresas do sector.
Unhas políticas feitas dacordo con todos os gobernos da UE, para conseguir recuperar o papel de Europa no mundo a base do empobrecimento xeralizado da poboacion traballadora. Merkel non impón nada, so lembra aos estados máis debiles o que entre eles teñen acordado, que para competir hai que rebaixar os niveis de vida da poboación. Como o peixe grande come o chico, esta rebaixa significa a venda aos grandes capitalistas europeos, e non so europeos: por iso, aos gobernos españois estaleiros como NAVANTIA non lles interesan para nada.
Para defender os postos de traballo e as condicións laborais na sanidade, como no resto dos servizos públicos, para manter e garantir uns servizos de calidade, pois é mais facil defender o que existe que recuperar o perdido, para loitar contra as políticas de saqueo e privatización do público, non collen medias tintas. Esto non se soluciona cun pacto sindical entre a empresa e as cúpulas sindicáis, senon cun PLAN DE MOBILIZACIÓNS SOSTIDAS NO TEMPO, que inclúa Folgas Xerais, ATE A RETIRADA TOTAL DOS PLANES DA XUNTA.
Un Plan discutido e decidido en asembleas populares de centro de traballo, barrio, vila ou aldea que parta da unidade de todos os sectores en loita, desde a Sanidade ate a Educación, desde NAVANTIA ate os Servizos Sociais, e que inclúa aos veciños/as e usuarios/as.
Este plan de mobilizacións ten que implicar aos traballadores e traballadoras da sanidade privada, da educación concertada e das empresas privadas de servizos sociais, pois son estas empresas as principais beneficiarias da división entre publico e privado. Os traballadores/as das privadas teñen que entender que a privatización vai provocar un retroceso mais grande nas suas condicións de traballo. A patronal e os gobernos quere igualar por abaixo as condicións, equiparando os da pública coa privada, admitir isto só pode abrir unha espiral cara abaixo das condicións de todos os traballadores a as traballadoras.
Para acadar esta unidade, faise imprescindible que as cúpulas sindicais expliquen na privada que a loita da pública é a sua loita.
Frente á mensaxe de que non ha outra solución, porque non ha diñeiro, NOS AFIRMAMOS QUE É MENTIRA, que DEIXEN DE DARLLE DIÑEIRO Á BANCA, e REXEITEN O PAGO DA DEBEDA, derrogación da reforma constitucional e da lei 15/97
A clase traballadora e o pobo non pode fiar numha sanidade pública sen control, xestionada como nun cadro capitalista de rendabilidade economica, en competencia cos ?concertados?. A sanidade, como calquer servizo publico, ten que estar controlada. Por iso dicemos,
RE-NACIONALIZACIÓN DE TODOS OS SERVIZOS PUBLICOS PRIVATIZADOS,
NACIONALIZACIÓN DE TODOS OS CONCERTADOS (POVISA, e demáis), A IGUAL TRABALLO IGUAL SALARIO
BAIXO CONTROL DOS TRABALLADORES/AS E OS USUARIOS/AS,

Estas medidas baten de fronte coas políticas dos gobernos do PP, sendo inaplicables baixo o seu mandato; por iso chamamos a manter a loita ate derríbalos: ABAIXO A XUNTA DO PP.

Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 09-12-2013 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0