A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

pola unidade contra a debeda e as privatizac​ions
Comunicado da Corrente Vermella madrileña respecto á loita dos traballadores e as traballadoras da saúde de Madrid contra a privatizacion; como din o comunicado, non se enfrentan a unha loita rexional ou local, senon que fai parte dun ataque do conxunto do Estado Español e da Unión Europea para pagar a debeda e favorecer os intereses privatizadores, tanto do goberno central como da Xunta. Nestos Planes, Ignacio Gonzalez é intercambiable con Alberto Feijoo.
A Corrente Vermella na Galiza apoia a loita dos traballadores e as traballadoras da saúde madrileña e chama aos traballadores/as galegos a loitar xuntos contra uns plans de pago da debeda e as privatizacions, que superan os marcos nacionais e estatais. A sua loita é a nosa loita.



Por unha sanidade 100% pública, gratuíta e de calidade!
Com a conxelación das pensións, o goberno de Rajoy-Troika, termina de incumprir por completo o seu programa electoral, estafando unha vez máis ao pobo para seguir pagando a fraudulenta débeda a banqueiros e especuladores á vez que seguen rescatando aos bancos e despedindo traballadores.

A sanidade non é a excepción senón que é parte desta mesma lóxica. Coa lei 15/97 que foi votada polo PP, PSOE, CIU, PNV e C.C, e o apoio público e explícito de CCOO iníciase o proceso de privatización da sanidade. Coa reforma exprés da constitución aprobada en setembro de 2011, “casualmente” polo PP e o PSOE, decrétase ter como prioridade o pago da débeda. Así toda a riqueza do país quedou ao servizo das ganancias de banqueiros, empresarios e especuladores.
Ante este panorama de saqueo á sanidade e a todos os servizos públicos os traballadores e usuarios temos que ter moi claro que non nos enfrontamos a unha medida parcial dun goberno local ou rexional. Ao que nos enfrontamos é ao Plan da Troika-Rajoy-Gonzalez, que non teñen ningún miramiento á hora de saquear ao pobo. A eles non lles importa que a xente se tire dos balcóns, que morran pacientes por falta de medios, ou mozos ou mozas esmagados nunha discoteca. Para eles o único que importa é que os empresarios se forren e nós paguemos a débeda que eles provocaron.

Avanzar na organización:
Non debemos xeralizar o progresivo odio e o rexeitamento ás direccións burocráticas dos sindicatos e partidos políticos que traizoaron unha tras outras nosas conquistas. Temos que rexeitar aos partidos e sindicatos que nos venden, mas temos que contar co apoio de todos os partidos e organizacións sindicais e sociais que queren participar co único obxectivo de que a loita gañe. É necesaria a organización democrática pola base e a construción dunha coordinadora que levante unha táboa de reivindicacións e encamiñe as loitas do sector público cara a unha folga xeral da Administración Pública en Madrid, contra os recortes e para esixir a dimisión de I.González e todos os responsables das privatizacións e recortes.

Ou saúde, ou a débeda!
Non haberá Sanidade Pública se se paga a débeda á banca. É mentira que non hai diñeiro, hai moito diñeiro, o problema é que ese diñeiro o usan para rescatar aos especuladores e banqueiros en lugar de rescatar ao pobo. A sanidade do mesmo xeito que a educación e o resto de sectores produtivos non poden quedar en mans destes ladróns. Debemos ser os propios traballadores do sector xunto aos usuarios os que controlemos a sanidade, os que decidamos en que se gasta e en que se investiga. Esta loita ademais, non pode quedar illada. Debemos unificala con todos os sectores en loita, levantar un calendario de mobilización e de reivindicacións claras en defensa da saúde, a educación, a vivenda, a derrogación da reforma laboral, de todos os decretos de reformas, e o non pago da fraudulenta débeda. Debemos encamiñar este movemento en dirección a unha nova Folga Xeral, que non sexa soamente unha simple protesta, para lavar a cara dos dirixentes vendidos ou para pedir un referendo que non serve para nada. Necesitamos unha Folga Xeral que esixa do goberno central e dos gobernos autonómicos que: ou eles bótanse atrás coa súa política de rescate de banqueiros, ou nós botámoslles a eles.

Desde Corrente Vermella pomos toda a nosa actividade militante a disposición destes obxectivos xunto aos traballadores da sanidade e de todos os sectores en loita.
Por unha sanidade 100% pública, gratuíta e de calidade baixo control dos traballadores e usuarios!

Plan de loita até botar atrás a privatización!
Nin un euro máis á banca, diñeiro para sanidade, educación e vivenda!

Fora Rajoy e a Troika!
Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 10-12-2012 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
Convocatoria: 30 aniversario da LIT- Cuarta Internacional
Ola Compañeiros/as
Corrente Vermella convida-vos á un acto para a celebración do 30 aniversario da LIT- Cuarta Internacional, en Madrid o 15 de decembro ás 17h no I.E.S Cardenal Cisneros

O acto polo 30 aniversario da LIT-ci, será unha actividade europea coa participación de delegacións dos demais partidos da LITci en Europa.
Este acto, para nós, é un importante momento de construción de nosa organización e de afirmación do internacionalismo obreiro e revolucionario e por iso, queremos contar coa presencia de loitadoras e loitadores que fan frente único con nós nos diversos movementos que loitan no estado español e europeo.
Por todo elo convidamosvos a participar neste acto de loita internacionalista.

Recibe un saúdo
Corrente Vermella



15D TES UNHA CITA INTERNACIONALISTA

"A reunión estaba chea dunha gran cantidade de radicais. Había.......os cartistas ingleses, franceses proudhonianos e blanquistas, nacionalistas irlandeses, patriotas polacos, italianos.......e os socialistas alemáns". Esta é a descrición da histórica reunión de St. Martin´s Hall onde en 1864 constituíuse a Asociación Internacional dos Traballadores (AIT) máis coñecida como a Iª Internacional. Entre os obreiros de varios países europeos, achábase un exiliado alemán, Karl Marx, ao cabo autor da frase que en si mesma é todo un programa e que resulta máis actual que nunca: Traballadores do mundo unídevos!

Así pois, o carácter internacional da organización dos traballadores/as estivo presente na estrea da súa accionar como clase. Non é casualidade que a súa fundación se producise en Londres, berce da revolución industrial e da inmigración obreira europea, onde obreiros belgas, franceses ou alemáns xuntabánse con exiliados políticos como Marx.
Co tempo o capital excedeu as fronteiras nacionais converténdose en imperialismo, construíu ferramentas como a Unión Europea para bater en todos nós á vez e facer retroceder aos traballadores europeos, en particular aos da súa periferia, nunhas conquistas logradas por xeracións anteriores ao prezo de enormes sacrificios e millóns de vidas.
Mas, se a burguesía europea golpéa unida por que resistimos por separado nunhas fronteiras que o capital excedeu? Por que seguimos facendo a guerra cada un pola nosa conta cando o inimigo golpéanos centralizado" Se as xentes do século XIX xa tomaran conciencia de que facía falta coordinarse internacionalmente, manter esta división artificial é a arma máis poderosa do imperialismo para derrotarnos.
Os que hoxe se seguen negando a internacionalizar a resistencia son os mesmos que a longo do século XX tentaron por todos os medios borrar da memoria histórica da nosa clase que o internacionalismo é un signo de identidade do noso código xenético... "unídevos!"
Foron a socialdemocracia e o estalinismo, coas súas burocracias parlamentarias e sindicais actuando como axentes dos intereses de cada unha das súas burguesías nacionais, quen o impediron. O seu traballo sucio vén de lonxe. Vexamos dous exemplos históricos. En 1914, ao esplodir a I Guerra Mundial, o Partido Social Demócrata Alemán, principal partido da II Internacional, apoiou á súa burguesía no masacre que tivo lugar en Europa. Desde entón a socialdemocracia está subordinada aos intereses de cada unha de "as suas" burguesías.
Ante esa situación foron os bolxeviques rusos, secundados por revolucionarios de todo o mundo, quen mantiveron vivo o internacionalismo coa fundación da III Internacional, ata que o verdugo da contrarrevolución na URSS, Stalin, disolveuna formalmente para que Churchill e Roosevelt puidesen certificar que a revolución mundial non era o obxectivo da burocracia estalinista.
Hoxe en día a oposición das burocracias sindicais, vinculadas á socialdemocracia e aos restos do estalinismo, á hora de construír a unidade dos traballadores en Europa explícase pola dimensión da crise: a guerra social desatada pola burguesía europea definirá o lugar de cada un dos Estados europeos na xerarquía disposta polos imperialismos.
Cando Merkel responde aos "defensores do crecemento" fronte aos partidarios da "austeridade" propondo as Zonas Especiais de Produción en Grecia, onde non hai convenios e tampouco lexislación ambiental, dá o ton do que reserva aos países da periferia europea, baseándose na experiencia chinesa. A única forma de resolver a crise do capital é que as condicións de vida dos traballadores non volvan á situación anterior á crise. Pola contra, rebaixalas é a condición para o capital imperialista de Europa.

Nesa situación as burocracias, unidas aos intereses de cada unha das súas burguesías "nacionais", son incapaces de defender até o final os intereses dos traballadores e resisten até onde resistirá a burguesía de cada un dos países periféricos á folla de ruta alemá: deslizándose cara á condición de semicolonia para acabar aceptándoo como inevitable.

E é que non poden cuestionar no máis mínimo a esencia do problema: a loita contra a UE, a suspensión do pago da débeda, a expropiación da banca, é dicir, a unidade da clase obreira europea, empezando pola loita contra o seu propio imperialismo. En definitiva, os aparellos non poden desposuírse da función social que lles reservou a burguesía: xestionar o Estado de Benestar. Por iso están dispostos a xestionar as novas relacións entre as clases.

Pola contra, a saída para a clase traballadora pasa por pór en primeiro plano a loita contra a UE e pola unidade internacionalista. Por tanto trátase de definir as tarefas urxentes que se nos expoñen e que ferramentas debemos construír para ese combate.
Corrente Vermella, sección da LIT-ci no Estado Español

Hoxe todas as tarefas de loita por cambiar o actual sistema social e preservar á sociedade da barbarie resúmense na loita pola revolución socialista mundial, que presupón a revolución nos distintos países e que ten como un dos seus puntais a loita polos Estados Unidos Socialistas de Europa.

Para levar a cabo esa tarefa fai falta unha ferramenta. En Corrente Vermella somos internacionalistas e cremos que é imposible a construción de organizacións revolucionarias illadas dentro das fronteiras dos Estados. A construción dunha organización revolucionaria, que forme parte orgánica da loita por construír unha Internacional revolucionaria é a tarefa, difícil e comprometida, na que está empeñada Corrente Vermella, sección da Liga Internacional dos Traballadores-Cuarta Internacional (LITci) no Estado español.

Non nos autoproclamamos ser "a" IV Internacional nin moito menos. Esa é, con todo, unha tarefa que está exposta de forma dramaticamente urxente e que debe ser tomada por todas e todos os revolucionarios que concorden con esta necesidade e cun programa principista e coherentemente revolucionario para iso.

Somos consentes de que esa non é unha tarefa só da LIT-CI, aínda que a asumimos como a nosa prioridade. Nós construímos a LIT-CI pero ao servizo desta tarefa maior, estratéxica, de reconstruír a IV Internacional.

As nosas forzas militantes e a nosa acumulación teórica, programática e moral, así como a nosa experiencia concreta como parte das loitas do movemento obreiro e do trotsquismo, están ao servizo de reconstruír a IV Internacional e que esta, á súa vez, poida converterse no que chegou a ser a III Internacional de Lenin e Trotsky: un verdadeiro Partido Mundial da Revolución Socialista.

Por todo iso, compañeiro e compañeira, o 15D tes unha cita internacionalista en conmemoración do 30 ano da LIT-CI e por unha Europa dos traballadores e dos pobos. Non á UE, a Troika e o Euro!


Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 03-12-2012 18:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal