A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

FORA A LEI DE EXTRANXERIA
Corrente Vermella apoia a manifestación convocada para hoxe 29D, ás 20 horas, na Pza Maria Pita pola Asociación Sen Papeis da Coruña, rexeitando o acoso policial ao que os traballadores e traballadoras imigrantes estan a ser sometidos.
A crise vem a diparar toas as alarmas contra o crecemento exponencial do racismo e xenofobia na procura de desviar a atención da poboación das verdadeiras causas do empobrecemento do conxunto da soiedade e da clase traballadora en concreto.
Ocultan que a crise esta xerada pola especulación inmobiliaria e financeira, e o apoio descarado ás grandes áreas comerciais frente o pequeño comercio, e non polos traballadores e traballadoras imigrantes.
O desmantelamento do estado de “Ben Estar” para privatizar a sanidade e a educación, xunto cós recortes nos servizos sociais, estan a xerar unha situación de inestabilidade e crispación social para a que os poderosos estan a buscar “chivos expiatorios”, e atopannos nos sectores da sociedade marxinalizados pola lexislación e as institucións.
Estas medidas estan deixando despedimentos masivos ata alcanzar a cifra de 5 millóns de parados e 240 mil na Galiza, despedimentos feitos pola patronal para presionar cara unha nova reforma labolar que abarate, máis o despido.
Os traballadores e traballadoras imigrantes son postos na marxinalidade por unha lexislación represiva, baseada na Lei de Extranxeria e todas as limitacións posteriores á legalización da súa situación (traballa o “arraigo”, ás regularizacións, etc). Esta lexislación introduce outra división na clase traballadora entre nativos/legais e extranxeiros/ilegais, que se ven a sumar ás mais visibéis como a existente entre fixos e precarios, xóvenes e vellos, mulleres e homes.
Sobre esta base, a presión sobre os traballadores e traballadoras imigrantes da Coruña atopa un verdadeiro caldo de cultivo; unha presión como a que se concretou nos pasados dias coa agresión impune a unha persoa na Rua Real.
Para CV os traballadores e traballadoras imigrantes son parte inseparabel da clase traballadora galega e española. Aquí, nas piores condición laborais coñecidas, traballan e pagan os seus impostos, e por elo “papeis para todos” é o primeiro paso no camiño de exixencia da derogación da Lei de Extranxeria, que os iguale en dereitos a sus compañeiros e compañeiras de clase.
Para Corrente Vermella a defensa de todos os dereitos políticos, sociais e laborais dos traballadores e traballadoras imigrantes é unha tarefa que teñen que asumir todas as organización políticas, sociais e, especialmente sindicais. Non se pode admitir que por motivos corporativos ou calquer outro non se poñan á cabeza na defensa das suas reivindicacións.
Por último, faise imprescindible exixir a depuración de todos os corpos de “seguridade” do Estado de todos os membros nomeadamente racistas e xenófobos.

Galiza, 28 de decembro do 2011
Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 29-12-2011 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
COMUNICADO DA CORRENTE VERMELLA
Diante da detencion de militantes independentistas galegos


1.- CV non comparte os obxectivos politicos perseguidos polos detidos, mas nun cadro de profunda crise economica e politica a sociedade non pode ficar calada diante das detencions,.
Con máis do 17 % da poboacion galega no desemprego, con “indixentes” mortos de frio na Coruña por carecer de vivenda digna, con ataques constantes contra os servizos publicos da sociedade, os mesmos que son responsabéis do empobrecemento do conxunto da sociedade construen esta campaña “antiterrorista”,
Ate onde sabemos, non so ningun responsable da crise foi detido, senon que recentemente veñen de indultar un alto executivo do Banco Santander.

2.- Os mesmos que apoiaron os golpes de estado “blandos” que desde a Union Europea deron en Grecia e Italia para impor os planes de “resgate”, facendo dimitir a Papandreu e Berlusconi para poer no seu lugar primeiros ministros non escollidos por ninguen. Os mesmos que cando se anunciou o referendo grego para decidir sobre os planes fameadores da Union Europea, chamaron “incendiario” ao Papandreu,
Estos son os que enchen as bocas falando de democracia, mentras supostos corruptos como o xenro do monarca, pasean polas rúas libremente.

3.- Agora, cando o “novo goberno” do Estado Español, aprestase a lanzar unha andanada brutal contra os direitos sociais, é que “xurde” esta compaña contra o “terrorismo” galego, desviando a atencion das medidas que estan a aplicar e as que veñen.
A sanidade publica esta en risco de seren destruida, a educacion publica; os servizos sociais entregados ás fundacions e organismos filantropicos privados, os direitos da xuventude traballadora definitivamente liquidadas con contratos con salarios por baixo o minimo interprofesional e sen direito o desemprego. Esto é o que agochan tras a campaña.

4.- A campaña contra a “terrorismo” na Galiza esconde umha verdadeira ameaza ás liberdades democráticas do movimento popular que non vai parar nos supostos “terroristas”.
Alen mais, saltandose a presuncion de inocencia que din defender, os detidos xa estan condenados polos medios de comunicación, coa utilizacion Inquisitorial de termos como “terrorismo” ou “violentos”, ou leis como a de Partidos que actúan como unha verdadeira espada de Damocles sobre as organizacions populares e sociais.

5.- A defensa das liberdades democráticas, do direito á reunion e asociacion, dos pobos a súa libre audeterminacion, e a derogacion de leis como a de Partidos que impiden o seu desenvolvimento, son fundamentais para a clase traballadora e as clases populares, para a sua organización, por iso non poden asistir pasivas ás ameazas contra elas, mas ten que facelo contando so coas suas forzas, coa sua mobilizacion.
É responsabilidade de todas as organizacions politicas, sociais e sindicais democráticas asumir a incondicional defensa das liberdades, admitir calquer concesion e recortes nelas é umha ferramenta contra a loita popular. Por todo elo, a partir da aplicación do principio democrático da presuncion de inocencia dos detidos, é imprescidible a sua liberacion inmediata.

6.- CV considera que a loita contra os gobernos dos banqueiros e os empresarios ten que levala adiante o conxunto da clase traballadora, das clases populares, a través da mobilizacion social e xeral, e a partir da súa propria organización, da toma democrática das decisions en asembleas populares.

8 de decembro de 2011

Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 08-12-2011 16:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal