A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Preparemos a FOLGA XERAL
Desde fai meses, tras a saída dos confinamentos, a sociedade galega non deixa de se mobilizar contra as políticas da Xunta de desmantelamento dos servizos públicos, da proliferación especulativa dos parques eólicos, e coa colaboración do goberno central, a desindustrialización ao servizo da reconversión industrial xustificada hipocritamente pola loita contra o cambio climático, coas ameazas de peche en Alcoa / AluIberica, Vestas, ... e anteriormente o peche de Gamesa, Poligal, etc.

Tras a exitosa folga xeral do pasado 17N na Mariña os partidos dos gobernos, o PP da Xunta, e o PSOE UP no Central, votaron nos Orzamentos do Estado no Parlamento en contra dunha partida para a "intervención temporal de Alcoa", a tímida proposta do BNG, faise evidente que estes partidos e os gobernos demonstran o que lles interesa o futuro da Mariña e, por extensión, da Galiza: NADA! Grazas por nada, España!

Nas manifestacións da Mariña berrase, "se non ha solución, gobernos dimisión"; coa votación no Parlamento é obvio o que din os gobernos, asi que só queda un camiño, o da loita pola dimisión dos gobernos e por outros que si atendan as necesidades da sociedade, de postos de traballo e industria, de infraestruturas (que non é o AVE centralista que nos venden) e os servizos públicos".

A CIG ven de aprovar no seu último congreso traballar no camiño da convocatoria dumha Folga Xeral na Galiza; visto o visto, hai que convocar a todas as forzas sindicais, sociais e políticas a artellar UNITARIAMENTE ese camiño da Folga Xeral, que sexa umha verdadeira Moción de Censura nas rúas contra os gobernos.

Umha folga xeral que non sexa “flor dun dia”, senon que parte dum plan de mobilizacións discutido e votado nas asembleas de centro de traballo, estudo ou barrios e vilas, que garanta a participación activa da poboación traballadora na sua preparación.

Frente a desindustrialización e os peches: NACIONALIZACIÓN XA das empresas afectadas!

Por un plan industrial sustentable que GARANTA TODOS OS POSTOS DE TRABALLO!

Por umhas infraestruturas ferroviarias axeitadas ás necesidades sociais, POLO TREN DE PROXIMIDADES

Na defensa dos servizos públicos, RENACIONALIZACIÓN DE TODOS OS SERVIZOS PRIVATIZADOS!

SE A MARIÑA SALVASE LOITANDO, GALIZA SALVASE LOITANDO
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 30-11-2021 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
tras a FOLGA XERAL DA MARIÑA
Tras a exitosa folga xeral do pasado 17N os partidos dos gobernos, o PP da Xunta, e o PSOE UP no Central, votaron nos Orzamentos do Estado no Parlamento en contra dunha partida para a "intervención temporal de Alcoa", proposta ben timorata do BNG.

Con esta votación estes partidos e os gobernos demonstran o que lles interesa o futuro da Mariña e, por extensión, da Galiza: NADA! Grazas por nada, España!.

A CIG ven de aprovar no seu último congreso traballar no camiño da convocatoria dumha Folga Xeral na Galiza; visto o visto, a qué espera a facelo publico, a convocar a todas as forzas sindicais, sociais e políticas a artellar ese camiño da Folga Xeral, que sexa umha verdadeira Moción de Censura nas rúas contra os gobernos?

Nas manifestacións da Mariña berrábase, "se non ha solución, gobernos dimisión"; coa votación no Parlamento é obvio o que din os gobernos, asi que só queda un camiño, o da loita pola dimisión dos gobernos e por outros que si atendan as necesidades da sociedade, de postos de traballo e industria, de infraestruturas (que non é o AVE centralista que nos venden) e os servizos públicos.

A solución para Vestas e Alcoa: NACIONALIZACIÓN XA!

A MARIÑA SALVASE LOITANDO, GALIZA SALVASE LOITANDO.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 25-11-2021 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
14N: EN DEFENSA DA ATENCIÓN PRIMARIA E A SANIDADE PÚBLICA
A plataforma SOS Sanidade convoca unha manifestación en defensa da Sanidade Pública e concretamente da Atención Primaria, o 14N en Compostela.

Feijóo aproveitou a pandemia para avanzar no desmantelamento deste servizo deixando a poboación sen citas presenciais (co consecuente agravamento das doenzas pola desatención) mentres continuaba coas manobras que xa tiña en marcha para destruíla: sobrecarga de traballo, permisos e xubilacións sen cubrir, orzamentos escasos, privatizacións parciais coma o servizo de citas, etc.

A convocatoria por tanto é máis que pertinente e debe ser apoiada, pois as políticas de Feijóo van encamiñadas a eliminar un servizo público de calidade para sustituilo por unha atención privada que pouc@s galeg@s poderían pagar co salario e que sería de moitísima peor calidade. Ser unha nazón de migrantes ten algunha cousa boa: sabemos que os sistemas privados de seguros implantados nos países ricos nos que imos traballar, simplemente non cubren case ningunha doenza grave. Polo que se caes enferm@, ou pagas ou morres.

Pero Feijóo non é o único culpable desta situación pois as súas políticas se apoiam nas leis do Goberno central e nas directivas de Bruxelas: os famosos recortes e a austeridade que dicta o artigo 135 da Constitución e a Lei 15/97 que consagra a "colaboración público-privada".

A colaboración público-privada responde a un esquema simplisimo: as empresas privadas collen cartos públicos e os reparten entre os seus directivos. A cuestión sanitaria queda supeditada ao seu negocio como demostrou o seu nulo papel durante a pandemia. No campo dos coidados, os responsables das residencias de maiores privadas deberían ser directamente xulgados por asasinato.

A nova lei de Sanidade que propón o goberno PSOE-UP non modifica ningún dos aspectos claves da lei 15/97 do PP no referente á privatización do servizo, xusto cando se esperan millóns de euros de fondos europeos, que irán parar directamente ás mans de clínicas privadas e aseguradoras.

Ante esta situación xeral de espolio do público en beneficio da gran empresa privada, que na Galiza se reflexa na sanidade, no desmantelamento da industria (AluIbérica-Alcoa, Vestas, Gamesa, os asteleiros de Vigo, etc...) ou nas indecencias de Audasa, Corrente Vermella apoiamos a manifestación do 14 N.

Mais acudimos, e chamamos a acudir, baixo outros eixos diferentes dos da plataforma SOS SANIDADE.

Por un lado, é imprescindible xa unir todas as loitas obreiras e populares que se están a dar na Galiza: INDUSTRIA, INFRAESTRUTURAS, SERVIZOS PUBLICOS: FORA FEIJÓO!

Por outro, en SOS SANIDADE participan colectivos e organizacións coma PSOE, UP ou BNG. O PSOE é xunto co PP o gran valedor da privatización como demostra a nova lei de Sanidade que pretenden aprobar. Unidas Podemos segue a xogar a ser goberno e oposición á vez, pero esa doble personalidade non nos fai esquecer que está indiscutiblemente no goberno por moita pantomima protestona que leve a cabo. O BNG somentes mobiliza para desgastar a Feijóo e fiar todo a un proxecto electoral que coma moito aspira a reeditar o bipartito PSOE-BNG.

Non podemos acreditar de ningunha maneira nunha plataforma conformada por colectivos que son parte do problema, ou que pretenden adaptar os tempos da loita aos seus tempos electorais. Porque o sillón vai seguir aí moito tempo, pero as solucións son urxentísimas.

No caso galego, é imprescindible botar XA! a Feijóo coa mobilización social sostida no tempo, coma as de Verín no seu momento ou a da Mariña Lucense, que conxuga correctamente as loitas de Vestas e Alcoa coa demanda do infraestruturas e Servizos e que o 17 inclúe unha folga xeral na comarca.

Acude con Corrente Vermella o 14N a Compostela, ás 12 na Alameda, baixo o lema "INDUSTRIA, INFRAESTRUTURAS, SERVIZOS PUBLICOS: FORA FEIJOO!”
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 09-11-2021 16:45
# Ligazón permanente a este artigo
17 N: FOLGA XERAL NA MARIÑA
Corrente Vermella apoia a convocatoria de Folga Xeral na Mariña de Lugo, para o vindeiro 17 N, baixo os lemas, “na defensa da Industria, das Infraestructuras e a sanidade pública”.

O seu detonante son as ameazas contra duas das empresas chaves na Mariña, Alcoa e Vestas, que supor un verdadeiro mazazo á comarca. Por iso, a defensa de todos os postos de traballo a través da SUA NACIONALIZACIÓN non pode quedar diluída no lema xeral para que as cúpulas sindicais, despois, negocien vendas, “baixas incentivadas” ou traslados.

O contrario, ten que ser o eixo central da loita inseparable dos demais lemas da convocatoria; Nin un só despido en Alcoa e Vestas, sen postos de traballo non ha industria nin futuro!.

A situación de marxinación da Mariña Lucense ven de lonxe. Todos os gobernos que pasaron tanto pola Xunta como polo Central, fosen da cor que fosen, agravadas polas politicas recentralizadoras do estado a través da Xunta de Feijoo e o PP, consideran que, se Galiza é periférica para eles A Mariña é a periferia da periferia; a “Galiza profunda” á que dun xeito xenófobo referíase a xuíza de Marbella. É a punta do iceberg da situación do conxunto da Galiza e así queren que siga.

Insultos á intelixencia como o desmantelamento da liña FEVE que podería estruturar o seu redor o desenvolvemento, a desaparición imposta pola Xunta de Feijoo das áreas sanitarias (o Hospital de Burela un dos afectados), para concentrar todo nas cidades (a Lugo, neste caso), a infrautilización de portos públicos para dar saída á produción de mercadorías como os peiraos de San Cibrao, etc. Estes son algúns dos exemplos desta situación de marxinación, nunha nazon, que non lle debe nada a “España”.

Feijoo e o PP non “fracasaron” nas súas políticas, senón que fan ben para o que os puxeron aí, para exportar materias primas (agora o vento coa burbulla dos parques eólicos, mas tamén o leite, a madeira, etc.) e man de obra. Desde que gobernan no 2009 100 mil mozos e mozas foron á emigración: e despois quéixanse do envellecemento, cando coas suas políticas botan aos que teñen todo o futuro por diante!

Por iso, aínda considerando esta convocatoria un paso adiante na loita contra esta situación de “emerxencia social”, consideramos que as organizacións sindicais, sociais e políticas teñen que estender as convocatorias de xornadas de loita a outras comarcas que tamén están loitando defensa dos postos de traballo (Barreras, AluIberica, Ferroatlántica, Ence, etc.), da industria, das infraestruturas e dos servizos públicos.

Mas non umha folga como de Ferrolterra do 10 M deste ano, que foi “flor dun día”; senón parte dun plan de mobilizacións ate botar fora o PP da Xunta. É urxente que saian da Xunta, porque a este paso non habería Galiza que defender.

Para o 13 N as persoas pensionistas teñen umha manifestación en defensa das pensións pública, o 14 N está convocada umha manifestación en Compostela en Defensa da Atención Primaria, o 17 N é a folga xeral da Mariña; as mobilizacións esixindo un transporte colectivo digno e publico (Barbanza), un tren de proximidades, en defensa da educación e dos servizos públicos ou contra a burbulla dos parques eólicos, sucédense por todo o territorio. Porque non se dan pasos para construír un calendario de mobilizacións xerais, incluída umha Folga Xeral, para enfrontar estas políticas, que partillan os dous gobernos, a Xunta do PP e o central do PSOE UP?

Como demonstra a experiencia dos traballadores e traballadoras de Alcoa, que asinaron a “paz social” coa esperanza de que os gobernos acharan umha solución, e tiveron que retomar o camiño da loita, a solución non está nas negociacións entre as cúpulas sindicais, cos gobernos e as empresas; senón na loita na rúa, con folgas e manifestacións que enfronten directamente a uns gobernos, Xunta e Central, que aplican as medidas que lles ditan as empresas.

Corrente Vermella chama aos traballadores e traballadoras, á poboación en xeral non so a secundar a folga do 17 n Mariña, senón a participar activamente na sua preparación, a través das asembleas de empresa e centro de estudo, de comités de apoio á Folga da Mariña en barrios e vilas, etc., onde se vote a folga: as Asembleas teñen que votar a folga!
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 02-11-2021 14:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0