A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Por un 25 de novembro de continuidade
Xa abonda, nin unha máis, non queremos nin unha menos!

Este berro foi o máis coreado o pasado sábado 7 de novembro nas rúas de Madrid. Decenas de miles, homes e mulleres, participamos na manifestación estatal convocada contra a violencia machista. Unha marcha tan masiva como o "Tren da Liberdade" contra a lei de aborto de Gallardón, que culminou cunha vitoria: A dimisión do Ministro.
Estas mobilizacións marcan o camiño para avanzar na loita contra a violencia machista. Porque despois da multitudinaria manifestación do 7N, nove mulleres máis foron asasinadas, o que demostra que a violencia machista é un problema estrutural ao sistema capitalista.

Que é violencia machista?

Ademais dos feminicidios, que son a parte máis visible e descarnada da violencia machista, hai moitas outras formas de violencia mais silenciosas que nos esquecemos que están aí porque son o producto de determinadas leis ou dunha cultura machista que se impuxo ao longo dos séculos.

Violencia machista é a desigualdade salarial, a maior taxa de desemprego que sufrimos, a precariedade e temporalidade laboral ou o acoso sexual nos lugares de traballo.

Violencia machista é a responsabilidade e carga de traballo doméstico e de coidados que nos obrigan a asumir.

Violencia machista é a ausencia de educación sexual e en valores de igualdade. É a cosificación dos nosos corpos a través da publicidade.

Violencia machista é a dificultade de acceder a anticonceptivos gratuítos e seguros, a un servizo de planificación familiar ou as trabas para interromper un embarazo non desexado dentro da sanidade pública. Violencia machista é obrigar ás menores de 16-17 anos a ser nais contra a súa vontade.

Violencia machista é a que sofren as inmigrantes nos centros de internamento, violacións no camiño até chegar ao seu destino.

As organizacións obreiras e estudantes á fronte da loita contra o machismo

En todas estas formas de violencia e discriminación, as mulleres traballadoras levámonos a peor parte. E se somos novas, inmigrantes ou parte do colectivo LGTBI, a opresión que sufrimos é aínda peor.

O machismo e a violencia cara á muller perpetúase e mantense a través de institucións como a igrexa, a escola, a familia e sobre todo, coas medidas aprobadas polos sucesivos gobernos ao servizo de banqueiros, especuladores e corruptos.

E aínda que algúns homes saquen vantaxes persoais, quen se beneficia é a burguesía: esa minoría formada por homes e mulleres que vive apropiándose da riqueza social que producimos a clase traballadora dentro deste sistema capitalista. Os gobernos de mulleres como Merkel, Kirchner en Arxentina ou Dilma en Brasil, tamén aplican políticas de axuste. O machismo é unha ideoloxía que a burguesía mantén e utiliza para a sobreexplotación das mulleres traballadoras e para debilitar e dividir ao conxunto da clase. Por iso para nós, a loita contra o machismo é unha tarefa do conxunto da clase traballadora.

Botar a este goberno mediante o voto non é suficiente

Aos e as candidatas do PSOE, Cidadáns ou Podemos que estaban en primeira fila na manifestación do 7N, dicímoslles que non vale só con "facerse a foto" ou autodenominarse "defensores das mulleres". Queremos saber que medidas contemplan no seu programa para acabar con esta secuela social e de onde van saír os recursos para iso.

Desde Corrente Vermella, saudamos o programa dos compañeiros e compañeiras de Sindicalistas pola Unidade Popular que defenden que o primeiro é ter recursos para protexer ás mulleres e non pagar a débeda aos bancos. Que defenden suspender a débeda até garantir Educación, Sanidade e Servizos Sociais 100% públicos e gratuítos para que deixen de ser un negocio privado e un coto privado da igrexa, e para que se repartan socialmente a tarefa de coidados que agora recaen sobre as mulleres.

Nas próximas eleccións xerais o primeiro paso será botar ao PP (e os seus recambios) do goberno e romper co bipartidismo. Pero non podemos conformarnos só con isto.

Ao novo goberno que salga, sexa o que sexa, haberá que esixirlle un Plan integral contra todo tipo de violencia machista, dotado de orzamento e que a lei recoñeza como tal, as agresións a mulleres e sectores do colectivo LGTBI, que se dan tamén fóra das relacións de parella.

E iso só poderá vir da man da organización e mobilización en barrios, institutos, centros de traballo, etc. Animámosche a vir a Corrente Vermella para dar esa pelexa e construír connosco unha alternativa de clase e internacionalista que loita contra toda forma de opresión e explotación.

E o próximo 25 N todas e todos á rúa para esixir:

1- Recursos e medios suficientes para as mulleres agredidas. Ningunha muller sen asistencia (centros de información e acollida, asistencia médica, psicolóxica e xurídica gratuíta, etc.). Fora xuíces machistas do aparello xudicial!
2- Garantía por parte do Estado dun emprego para as mulleres maltratadas e subsidio de desemprego mentres se lles proporciona. Dereito efectivo e protexido por lei a cambio de postos de traballo e horarios para as mulleres traballadoras agredidas. Non á reforma laboral!
3- Por un parque público de vivendas en aluguer social coas miles de vivendas baleiras en mans de bancos e inmobiliarias, ao alcance das familias máis necesitadas, priorizando aquelas que teñen menores a cargo. Vivendas gratuítas para as mulleres maltratadas sen condicións.
4- Espazos gratuítos nos medios de comunicación para a difusión dunha cultura contra a violencia cara ás mulleres e os sectores máis oprimidos.
5- Educación sexual e de igualdade de xénero no ensino público. Fora relixión das aulas!.
6. Acceso público e universal a anticonceptivos fiables e a servizos de planificación familiar. Aborto libre, público e gratuíto na sanidade pública para TODAS as mulleres
7- Gardarías públicas, gratuítas e de calidade! Non aos recortes na lei de dependencia que nos responsabiliza do coidado de anciáns e persoas con discapacidade.
8- Educación, sanidade, transporte e servizos públicos de calidade. Non ás privatizacións!
9- Por unha política contra o tráfico de mulleres e nenas para a súa explotación.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 25-11-2015 08:15
# Ligazón permanente a este artigo
Comunicado da CV diante do fracaso dumha candidatura de Unidade Popular
Apos de moitas reunions, asembleas, acordos e desacordos, na Galiza as forzas politicas e sociais da esquerda van concurrir ás eleccións do 20D divididas en duas candidaturas, umha, En Marea-Podemos, dous, Nós-Candidatura Galega.
No cadro da desmobilización social tras as grandes manifestacións dos pasados anos, que culminaran o 22M 2014 en Madrid e a dimisión do “vello” rei, era inevitable que no debate cara á Confluencia numha candidatura rupturista pesaran mais os interese dos aparellos e as cupulas cara a manter a suas estructuras partidarias, que as presión á unidade da poboacion traballadora. De feito, a todos eles encheuse a boca baixo o lema de "respostar á cidadanía", de facer a candidatura de "abaixo arriba", mas ningunha comezou o traballo por facer asembleas ou reunions dos activistas nos centros de traballo e de estudo, ou nos barrios e vilas, onde se decidira o programa e as candidaturas; pola contra, todo foise resolvendo en negociacións en petit comité.
Nón é comprensible que as duas forzas que constituiron AGE hai 3 anos, ANOVA e EU, baixo o eixo la loita contra a “emerxencia social e nacional” e pola ruptura co rexime do 78, agora pacten un acordo electoral cumha forza, PODEMOS, que ubicase sen lugar a dubidas como a garantía da “unidade de España”, da sua pertenza á OTAN e o mantemento das bases ianquis, e que non cuestione a privatización da educación o servizo dos interese da Igrexa, gran beneficiaria da educación concertada.
Coa candidatura En Marea, feita co aval de plataformas que como o Encontro Cidadan, en principio apostaban por un proceseo aberto e baseado nunhas primarias, a cupula de Podemos pretende a integración no rexime das forzas que nas municipais presentáronse como “o cambio” a nivel local.
Pola sua banda, a candidatura promocionada por Iniciativa pola Unidade, Nós-Candidatura Galega, e ainda que o BNG defenda oficialmente a ruptura co rexime, ten como eixo a constitución dun “grupo parlamentar” galego que supoña un lobbi de presion en Madrid, agrupando a sectores da direita burguesa galega (Coalicion Galega, Terra Galega, e ate certo punto, Compromiso por Galiza), nun acordo nacional sen un sentido anticapitalista. Non ten no seu ADN a loita da clase traballadora, senon que subordina a resolución das suas necesidades, e mesmo ás suas loitas, aos acordos con eses sectores do capital galego, con interese contradictorios cos dos traballadores e traballadoras. Este acordo supon poñér á CIG ao caron deles para construir umha nazon... Mas, desde CV preguntamosnos: umha nazón burguesa ou umha nazon obreira?
Por estes motivos, o pobo traballador galego fica, de novo, orfo dumha forza anticapitalista, que basee o seu programa nas loitas independentes da clase traballadora e o pobo contra as consecuencias da crise capitalista.
CV considera que existe umha terceira via, que recupere o fio vermello das experiencias da loita obreira e social galega (e internacional), do 72 e das folgas da Transición, das 11 folgas xerais baixo o rexime do 78, das loitas estudiantis contra a LOU e Nunca Mais, e mais recentemente, da aposta de sacar á rúa a politica qeu foi o 15M; o fio que une a todos estos procesos é a desconfianza cara as institucións e a confianza exclusivamente na loita social. Umha via que parta das loitas da clase traballodora e o pobo; do feito de que na Galiza o 70% da poboacion activa é asalariada, son obreiros e obreiras do metal, do textil, da madeira,... do mar, do comercio ou da Administración Publica, etc., que como clase teñen os seus interes proprios, que son o anticapitalismo e o socialismo.
O xiro cara Podemos de ANOVA e EU (AGE) e a politica interclasista do BNG clarifican a escena política e deixan a porta aberta ao xurdimento dumha organización verdadeiramente anticapitalista, socialista, na Galiza, que teña como eixo a ruptura co rexime do 78 e a defensa dos direitos nacionais da Galiza.
Para CV a necesaria tarefa de botar aos gobernos da Unión Europea nestas eleccions, polo seu caracter plebiscitario, abre as portas cara a preparar o post 20D e as inevitabéis loitas que sen dubida van se producir contra as politicas da UE, como demonstra o exemplo Grego. A disiuntiva é agrupar forzas tras aqueles que procuran a “reforma” da Constitucion, como pretenden a maioria das organizacións da esquerda, deixando sen tocar as institucions basicas do rexime, a Xefatura do Estado, o exercito e o poder xudicial; ou ben agrupar forzas pola “ruptura” coa constitución, como necesita a maioria do pobo traballador para garantir os seus direitos sociais e nacionais.
Nestas condicions, desde CV consideramos imprescindible abrir o debate do programa e a politica cara a organización dun POLO UNITARIO DA CLASE TRABALLADORA, desde os centros de traballo, estudo, dos barrios e vilas, que poña en valor as súas reivindicacions, como a derrogación da reforma laboral, a nacionalización das empresas en crise, a renacionlización dos servizos privatizados, etc. que se sumen ás exixencias dos direitos nacionais da Galiza, o non pago da debeda ou a defensa das liberdades politicas e sociais (direito ao aborto, derrogación das leis mordaza, de partidos, etc.).
Un Polo que rexeite os acordos cupulares e electoralistas dos ultimos meses, e poñan no centro a mobilización social, a sua autoorganización e a sua coordinación, como unico metodo de loita ao que se subordinan todos os demáis, como a conformación de candidaturas de unidade popular.

O post 20D comeza a prepararse agora mesmo
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 12-11-2015 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
Comunicado da CV
diante das detencions na Galiza e a suspensión de CGz

A detencion de 9 independentistas resultou na sua posta en liberdade con cargos (por enaltecimento de duas persoas acusadas de terrorismo) e na suspensión, ilegalización nos feitos, por dous anos das actividades de Causa Galiza baixo a teoria legal inventada por Baltasar Garzon, de "entorno" do terrorismo, "coincidiu" con outro operativo represivo en Catalunya e Nafarroa.
O goberno do PP, armado como está coas modificacións lexislativas, as aprobadas recentemente (lei Mordaza) e pasadas (a lei de Partidos, acordada co PSOE), busca a criminalización baixo a etiqueta de terrorismo de activistas que loitan contra as consecuencias da crise capitalista e das politicas de axuste e austeridade, alen da defensa dos direitos nacionais da Galiza.
Esta deriva antidemocrática non só afecta aos activistas ligados ás loitas nacionais, baixo a acusación de enaltecimento do terrorismo, senon que fai parte dunha politica que atinxe o conxunto dos movimentos sociais. Son ducias os casos de traballadores e traballadoras, estudantes e veciños / as, que estan acusados, ou mesmo condenados a duras penas de prision como as traballadoras das piscinas de Pontevedra ou os compañeiros de CIG e UXT de Vigo, por defender e loitar polos seus direitos.
A vaga represiva atinxe o conxunto da sociedade, demonstrando a profunda crise do rexime, que so pode respostar diante das loitas sociais con medidas autoritarias, como as leis anteditas. negando os direitos dos pobos a decidir o seu futuro ou, mesmo, coa negativa a un referéndum en Canarias acerca da conveniencia de instalar unha planta de Repsol diante das suas praias.
Desde o goberno e os partidos do rexime, continuamente falase de que en democracia o dialogo é o metodo; mas cando as suas politicas baten de fronte coas necesidades sociais, con recortes e axustes, os chamados ao dialogo desaparecen, e sae a represión pura e dura, de tal xeito que para eles, opinar sobre alternativas ao rexime actual e ao capitalismo, conviertense en delitos de opinión, que poden levar a penas de prisión e a ilegalizacións de partidos, decisións tomadas por un tribunal politico, a Audiencia Nacional.
A Lei Mordaza, a Lei de Partidos e a Audiencia Nacional son herdanzas do pasado franquista, que situannos nun rexime de estado de excepción permanente, sen declarar. Numha democracia parlamentar no pode, ni debe existir, nin lexislación especial politica nin tribunais especiais politicos, por fora da xurisdicción ordinaria como si acontece no Estado Español: é umha vulneración dos minimos principios democráticos de liberdade de opinión e organización.
Por todo elo, CV chama a todas as organizacións que din defender estos principios democráticos basicos, a esixir o sobreseimento de todas as causas abertas por supostos "delitos" de opinión e politicos, o que significaría umha amnistía total para todas as persoas condenadas por defender os direitos sociais e politicos da poboación traballadora.
Para CV, as forzas que prometen o "cambio", a ruptura co rexime, teñen como primeira obriga a derrogación das leis Mordaza e de Partidos, alen da disolución do tribunal de excepción, chamado Audiencia Nacional.


Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 08-11-2015 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal