A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

25 NOVEMBRO 2013: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CARA ÁS MULLERES
BASTA DE VIOLENCIA MACHISTA, DESPROTECCIÓN E RECORTES

Cúmprense dez anos desde que no Estado Español empezásense a contabilizar as mortes por violencia machista. Oficialmente 700 mulleres foron asasinadas desde entón. Segundo o Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), máis de 600.000 mulleres sofren malos tratos anualmente, aínda que menos da cuarta parte decídase a contalo. Polo menos 840.000 menores padéceno, e neste ano cinco morreron e 37 quedaron orfos/as.

No 2004 púxose en marcha a Lei de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero. O número de mulleres mortas até agora non baixou das 50 vítimas anuais, mentres que os orzamentos para aplicar a llei, que sempre foron escasos, empezaron a recortarse de forma imparable a partir do 2011.

Diminúen os recursos e crece a indefensión das mulleres
O goberno xa anunciou que nos Orzamentos Xerais do Estado do 2014 a partida destinada ás medidas contidas na Estratexia: “Actuacións para a prevención integral da violencia de xénero” baixa respecto de 2013 un 1,5% máis. Un 22,5 % respecto de 2008.

Isto supón o peche de casas de acollida e puntos de encontro familiares, diminución e deterioración da atención psicolóxica, a case desaparición das campañas de sensibilización social e a redución do 70% da Renda Activa de Inserción, o recurso económico máis utilizado polas mulleres vítimas de violencia machista.

Por outra banda, a Lei de Bases de Réxime Local suprime o Articulo 28, quitándolle aos municipios a competencia ou actividade en políticas de igualdade e de atención e asistencia a mulleres vítimas de violencia de xénero. Isto suporá o peche de moitos centros municipais de información á muller, sobre todo, no ámbito rural.

En relación ás políticas de igualdade, non específicas de violencia de xénero, o programa 232B ?Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes? dótase nos orzamentos do ano 2014 con 19 millóns de euros, o 0,005% do total, e tras baixar en 2013 un 24%, acumula respecto de 2008 un recorte do 56%.

En canto ás Comunidades Autónomas, a maioría delas están a aplicar igualmente recortes nesta materia. Lonxe de romper coa política de recortes do goberno central, todas, e non só as gobernadas polo PP, claudican con eles para axustarse ao déficit público, priorizando o pago da débeda creada cos bancos.

Cando os recortes sociais custan vidas
Se todos estes recortes limitan as opcións das mulleres para saír da violencia, a isto hai que sumar o impacto que supón para as mulleres traballadoras o aumento do desemprego e a precariedade laboral, e o recorte que os gobernos veñen realizando noutras políticas sociais como: axudas ao desemprego, educación, sanidade, e no coidado e atención de persoas maiores, menores e dependentes.

Como exemplo, cando dous terzos das persoas dependentes e o 97% das súas coidadoras somos mulleres, a partida para Dependencia en 2014, recórtase o 46,7%.

Os recortes supoñen ademais unha constante destrución e precarización de emprego público, maioritariamente ocupado por mulleres.

A falta de recursos económicos e a sobrecarga de traballo doméstico e de coidados impiden que moitas mulleres poidan escaparse da espiral da violencia machista. Por iso, aínda que os expertos afirmen que non hai un perfil único de muller maltratada, e nesta sociedade patriarcal e machista calquera muller pode ser vítima da violencia machista, son as mulleres da clase traballadora, especialmente novas e/ou inmigrantes e/ou desempregadas as que engrosan a lista de mulleres asasinadas. A maioría delas sen denuncia previa.

Non é esaxerado dicir que algunhas mulleres están a pagar a crise capitalista coas súas vidas.

Contra a violencia machista, a loita é o único camiño
Este goberno hipócrita é o primeiro inimigo das mulleres traballadoras, mentres que as anima a denunciar, desmantela o sistema de protección social e aplica medidas económicas que nos condenan ao paro, a precariedade, a pobreza e a exclusión social. Isto tamén é violencia cara ás mulleres!

Este 25N, Día internacional contra a Violencia de Xénero, Corrente Vermella súmase ás voces que reclaman máis diñeiro para prevención e sensibilización social e para atención e asistencia inmediata ás vítimas da violencia machista. Pero tamén, como sabemos que isto non é suficiente, esiximos igualmente que o diñeiro que se usa para o pago da débeda pública (90% do PIB), utilícese para crear emprego e aumentar a atención de menores, persoas maiores, enfermas ou dependentes. Esiximos que se cren vivendas sociais en réxime de aluguer social cos miles de vivendas baleiras en mans de bancos e inmobiliarias, a disposición das familias máis necesitadas, entre elas mulleres vítimas de violencia machista con menores ao seu cargo.

Non é posible acabar coa violencia machista e a desigualdade dentro do sistema capitalista. Porque o capitalismo é un sistema que para explotar aínda máis se apoia tamén na desigualdade e a opresión. Todas as conquistas e avances en igualdade que conseguimos as mulleres baixo o capitalismo, están continuamente ameazados, especialmente en tempos de crises. Porque cada vez que a burguesía necesita saír da súa propia quebra, utiliza a opresión contra as mulleres e outros grupos sociais para dividir á clase traballadora e explotar máis a l@s máis oprimidos dentro desta. Utiliza a ideoloxía machista para justificar a volta das mulleres ao fogar, para que sexan estas quen carguen con todo o peso das tarefas domésticas e de coidados, desviando así o diñeiro público que o Estado se aforra cara aos petos dos empresarios. Mentres exista o capitalismo, non importa se algunhas mulleres conseguen cotas de poder dentro deste, seguirá existindo a opresión.

Para nós, a loita contra o machismo e a explotación van xuntas. Este 25 N, todas e todos saímos á rúa para esixir:

- Recursos e medios suficientes para as mulleres agredidas (centros de acollida, puntos de información, asistencia psicolóxica, etc.)

- Garantía por parte do Estado dun emprego para as mulleres maltratadas e subsidio de desemprego mentres se lles proporciona.

- Espazos gratuítos nos medios de comunicación para a difusión dunha cultura contra a violencia cara ás mulleres e os sectores máis oprimidos. Fóra xuíces machistas do aparello xudicial.

- Educación sexual e de igualdade de xénero no ensino obrigatorio. Fora a relixión das aulas! Non máis subvencións para a igrexa católica.

- Non á reforma laboral, que trae maior precariedade laboral e permite un goteo continuo de ERES fraudulentos, facéndonos máis vulnerables ante os malos tratos machistas.

- Non ao recorte do gasto público. Gardarías públicas!

- Non aos recortes na lei de dependencia que nos responsabiliza do coidado de anciáns e persoas con discapacidade.

- Educación, sanidade, transporte e servizos públicos de calidade. Non ás privatizacións!

- Por un parque público de vivendas en aluguer social cos miles de vivendas baleiras en mans de bancos e inmobiliarias, ao alcance das familias máis necesitadas, priorizando aquelas que teñen menores a cargo.

- Fora Rajoy e a Troika! Romper coa UE do capital e co euro.

- Non ao pago da débeda e auditoría pública. Prisión e confiscación dos bens de especuladores e corruptos.

Por un goberno dos traballadores/as apoiado na súa loita e organizacións de base. Por unha Europa dos/as traballadoras e os pobos.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 24-11-2013 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
NA DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

O RE PAGO MATA
Os gobernos do PP, o central e a Xunta, están a aprobar unhas medidas de re pago en productos farmacéuticos para enfermos crónicos, de traslado a centros de saúde non urxentes, etc., que supoen un ataque á liña de flotación de direitos sociais acadados pola clase traballadora e o pobo, tras moitos anos de loita.  Destrúen o principio de universalidade e a equidade na atención sanitaria, desmantelan a educación publica, os servizos sociais e de dependencia, recortan mais se colle o transporte ferroviario, reducen os salarios dos funcionarios/as e coa reforma laboral machacan os direitos dos asalariados/as…. Mentras, a banca sube os seus beneficios un 80%, e os ricos fanse mais ricos, estos son os unicos beneficiarios das politicas dos gobernos.
Para conseguilo modifican as leis que queiran, como fixeron coa Constitución, nun proceso que veu desde a UE e a Trokia. Entre o PSOE e o PP reformaron para garantir o pago dos xuros da debeda á banca, “prioritarios” frente calquer outro gasto do estado, garantindo que os bancos reciben este ano ademáis do resgate que lles deron xa, 36 mil millóns de euros, umha cantidade superior ás prestacións por desemprego; e mentras aumentan os gastos para pagar os xuros un 17%, conxelan as pensions.
Aos gobernos do PP non lles importa o ben estar e a vida da poboación traballadora, fan politicas para que os bancos, grandes empresarios e capitalistas melloren os seus beneficios. Son insultantemente prepotentes cos de abaixo, mentras rinde pleitesia cos mais poderosos; ver a Rajoy e o goberno humillado diante de Obama, e nin tan siquer atreverse a criticar as escoitas ilegais dos USA mentras insultan aos parados, aos traballadores/as da publica e da privada,… é indignante.
Neste sentido vai a reforma sanitaria, convertida nun luxo para os ricos. Para elo contan coa lei 15/1997, aprobada co apoio do PSOE, na que abren as portas da xestión privada da atención sanitaria, admitindo a subcontratación de servizos, derivacións de enfermos á privada, etc. Queren desmantelar o publico e obrigar á poboación a suscribir seguros privados na sanidade, nas pensións e na dependencia o para a educación; por onde sae o estado entra a privada.
Mas unha empresa privada, como as aseguradoras e as constructoras implicadas na xestión de hospitais (POVISA), non son servizos publicos, son negocios cuxo obxectivo é o beneficio e para conseguilo non dubidan en aplicar as reformas laborais, precarizando o emprego, facendo que traballadores/as de menor cualifiación fagan traballos cualificados, aproveitando as derivacións a centros privados empurrados polos recortes na publica, etc.
Non contentos con estas medidas, tamen queren destruir as conquistas dos traballadores da sanidade publica, implantando criterios de “productividade” ligado aos salarios. Qué criminal pode pensar que a curación dumha enfirmedade ten prazos prefixados? Canto tempo leva curar umha persoa? Acaso umha persoa é umha maquina?
Se os recortes, e as privatizacions que delos derivanse, veñen da debeda e do seu pagamento aos que a xeraron, imponse como primeira medida o seu non pagamento, como non é a nosa debeda, NON DEBEMOS NON PAGAMOS, e que o diñeiro vaia ás necesidades sociais.
Mas isto non abonda, as leis e reformas constitucionais aprobadas polo PPSOE xustifican as medidas adoptadas, e hipotecan a calquer goberno que poda sustituilos, por elo imponse a esixencia de DERROGACIÓN DA REFORMA CONSTITUCIONAL, DA LEI 15/1997 E DE TODA A LEXISLACIÓN CONTRA A CLASE TRABALLADORA E O POBO, da aprobada por ZP ou polo PP, e a RE NACIONALIZACIÓN DO SISTEMA SANITARIO BAIXO CONTROL DOS TRABALLADORES/AS DA SAÚDE E USUARIOS, autoorganizados en asembleas.
O pobo traballador galego, polas suas condicions de dispersión e pensions baixas, é doblemente golpeado polas medidas de Rajoy; apoiamos as propostas das organizacións agrupadas baixo o lema “O Copago Mata”, de esixir á Feijoo a non aplicación na Galiza das medidas do goberno central. Mas nos engadimoslle, QUE SE VAIAN, o PP, Rajoy e Feijoo fan parte do problema, non da solución.
Non fiamos nas saídas institucionais, atadas á Unión  Europea e un rexime politico berce de corrupción, chamamos á poboacion traballadora a se organizar en asembleas populares abertas por barrio, vila e aldea, e coordinar cos traballadores/as da sanidade e o resto dos sectores publicos a loita contra as privatizacións.
 
Chamamos ao conxunto da poboación traballadora a participar nas mobilizacions convocadas polo concello de Riotorto e 150 organizacións políticas, sociais e sindicáis, para os vindeiros 8 e 17 de novembro, baixo o lema “O Copago Mata”.NA DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 08-11-2013 18:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal