A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O 17O TODOS E TODAS Á VIVEIRO: SALVEMOS A MARIÑA
SALVEMOS A MARIÑA
DEFENDAMOS A INDUSTRIA
non á destrucción de postos de traballo


A pantasma da desindustrialización de comarcas enteiras percorre Galiza; na Costa da Morte, Ferroatlantica, Vulcano en Vigo, ENCE en Pontevedra, o Banco Sabadell, AluIberica/Alcoa na Coruña, ERE encuberto no Consorcio de Igualdade... son algúns dos moitos exemplos. E dentro deste panorama A Mariña é un dos mais graves.

Esta situación é froito dumhas políticas submisas ao capital europeo e español desde a reconversión dos anos 80 que resultou na desertización industrial de Ferrolterra, á que despois de 40 anos ninguén non so non ve umha solución a curto prazo, senón que agudizouse co peche de Siemens Gamesa e Poligal.

Para que o desmantelamento non continúe, e teña ao pobo traballador ao frente da loita para rematar con estas políticas, hai que avanzar na construcción dun Plan de Loita en toda Galiza, que inclúa a convocatoria de Xornadas Xerais de Loita, que nos sexan “flores dun día” como a folga xeral de Ferrol de marzo deste ano, senón sostidas no tempo ate frear os planes de desertificación social: o pobo traballador galego non pode permitirse perder nin un só posto de traballo mais!

Para o goberno Central Galiza é umha terra onde comese ben, non fai moito calor e pouco mais; para todo demais non existe, nin para investimentos industriais nin para desenvolver infraestructuras que faciliten a vida da poboación traballadora que no caso da Mariña é insultante: a liña de FEVE que une Ferrol con Ribadeo está en desguace e ben poderia ser un eixo vertebrador das comarcas de Ferrolterra e A Mariña, nin a tan cacareada transición ecolóxica que venden de cara Europa.

As ameazas sobre Alcoa San Cibrao e Vestas veñen a profundar num camiño no que a industria galega, maioritariamente de capital alleo, está de “paso” cara a outros lugares onde se lles ofrezan mellores condicións para os seus beneficios; e xa sabemos o que significa “mellores condicións” piores salarios e mais explotación.

A Xunta pola sua banda olla para outro lado, á espera que os seus amigos de Abanca, Inditex, Tojeiro e demais, reciban a sua parte dos miles de millóns que vai “repartir” a UE para “reconstruir a economía” (traducir por resgatar ás grandes empresas) tras a pandemia. A Xunta non ten plan industrial, pois toda a sua política económica limitase á burbulla eólica con maquinaria que ven de fora, o Camiño de Santiago e a privatización de todos servizos públicos (sanidade, servizos sociais, educación, etc.)

Nestas condicións non podemos esperar ningún plan de industrialización e manter os postos de traballos dos gobernos, o Central e a Xunta, que non lle arranquemos coa nosa loita. Mas loitar para gañar, para evitar a desertificación das comarcas, a turistificación, á precariedade e á emigración.

As direccións sindicais implicadas na loita, CCOO, UXT e CIG, o único que teñen que negociar cos gobernos e a patronal é a retirada inmediata dos planes de peche, feitos de maneira directa como Vestas con ERE de extinción, ou a través de ventas fraudulentas como anunciase en Alcoa San Cibrao, e que fixeron xa en A Coruña e Avilés.

Como demonstra a experiencia dos compañeiros de Alcoa San Cibrao, que hai meses deron un tregua aos gobernos para buscar solucións limitadas a unha venta que anunciaba un camiño como o de Coruña e Avilés de caer nas mans dun liquidador de empresas, tiveron que retomar o camiño da loita contra os gobernos nos que confiaron coa “paz social”. Este é o camiño para gañar; porque nesta loita so ha unha alternativa, ou gañamos e gañamos todos e todas, ou perdemos todos e todas...

A solución non é que as empresas pasen a mans doutro capitalista que dentro de uns anos repita a operación de “ate logo lucas”, senón a NACIONALIZACIÓN E A ELABORACIÓN DUN VERDADEIRO PLAN INDUSTRIAL DE FUTURO E SUSTENTABLE que garanta todos os postos de traballo. En ningún lado está escrito que non se poda nacionalizar a industria.

Para que sexa un verdadeiro plan de futuro non pode estar baixo o control dos empresarios e os seus beneficios, so teñen perspectiva corto pracista de acumular capital, senón pechan e punto, O plan ten que estar o servizo das necesidades sociais, e baixo control dos traballadores e traballadoras.

A convocatoria do 17 de outubro en Viveiro ten que ser o comezo dun Plan de Loita estendido a toda Galiza, que culmine en Xornadas Xerais de Loita, e construído e votado desde as asembleas de centro de traballo e estudo, a xuventude ten moito que decir pois xogase o seu futuro de ou ben poder traballar aquí, ou ter que facer como miles desde fai moitos anos, emigrar, desertificando mais ainda Galiza.

A crise económica do capitalismo en todo o mundo non da outras alternativas intermedias.

Viva a loita da clase obreira

Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 14-10-2021 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0