A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

defendamos a Sanidade Pública: é de todas e todos
unidade nas mobilizacións

O pasado 22 de outubro de 2011 realizouse umha reunión entre as organizacións contra a privatización da sanidade pública de Aragón, Catalunya, País Valenciá e Madrid, no que fan um chamamento “a todos movementos sociais, asembleas de barrios e pobos a defender os seguintes puntos:

* Derrogación da Lei 15/97. Rescate dos centros privatizados. * Non ao copago / repago. * Por unha lei estatal de incompatibilidades no SNS. * Adecuación de medios e recursos para garantir a cobertura das necesidades socio-sanitarias da población, reducindo paulatinamente os concertos privados. * Participación e control cidadáns na xestión da sanidade.

É necesario organizarse e mobilizarse nos diferentes territorios do estado. O próximo 10 de novembro tod@s ante as sedes do PP e do PSOE para lembrarlles a súa responsabilidade no proceso de privatización da sanidade.

E asinan: Coordinadora Asemblearia Anti Privatización da Sanidade do Pais Valenciá. Coordinadora Anti Privatización da Sanidade de Madrid. Plataforma Matusalén (Madrid) Plataforma Contra a Privatización da Sanidade de Aragón Intersindical Alternativa de Catalunya.

Os traballadores e traballadoras da saúde, a cidadania galega, estan enfrentando planes similares aos denunciados, por isso consideramos que para gañar é preciso avanzar na unidade nas mobilizacións contra o desmantelamento dos servizos públicos para pagar os resgates á banca ou engordar as contas das clinicas privadas.

O 15 M recolle nos seus 8 puntos a exixencia de contratacion de persoal na sanidade ate que rematen as listaxe de espera. Para CV esta reivindicacion permite unir as aspiraciones da cidadania e as lexitimas exixencias dos traballadores e as traballadoras da saúde.

Corrente Vermella apóia as concentracións do 27 de outubro, na Coruña no Obelisco ás 20 h, convocadas póla Platafarma en Defesa da Sanidade Publica, e anima a todos os movementos sociais, asembleas de barrios e pobos, ás organizacións políticas e sindicais á coordinación na loita contra estos planes
Comentarios (1) - Categoría: Estado Español - Publicado o 27-10-2011 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
Ante o anuncio de ETA do “cesamento definitivo da actividade armada”
O anuncio de ETA de “cesamento definitivo da actividade armada” foi recibido como unha gran e esperanzadora noticia, aínda que fose desde ángulos totalmente opostos. Desde Corrente Vermella recibímolo como unha gran noticia que saudamos calurosamente.
Non faltan voces desde o Goberno, o PP e o seu coro mediático, que falan, como Zapatero, de que “acabouse o terrorismo pero non a memória”, esixen “que non haxa contrapartidas” e considran unha infamia falar de amnistía para os presos vascos.
Curiosa vara de medir a destes “democratas” que se encheron a boca de “reconciliación nacional”, de “esquecemento do pasado” e de “perdón e xenerosidade” cando na Transición acordaron deixar impunes aos ladróns, torturadores, militares, xuíces e responsables políticos da ditadura franquista, moitos dos cales seguiron en activo como “demócratas de toda a vida”. Moitos destes “democratas”, que 35 anos despois seguen considerando unha aberración falar de Memoria Historia, agora eríxense en defensores da “memória”.
En realidade todo este coro histérico non ten outra pretensión que confundir o abandono das armas por parte de ETA co abandono polo pobo vasco das súas reivindicacións democráticas.
Por iso nosa alegría ten o signo oposto ao de todos estes fariseos. Porque a decisión de ETA vén cando decenas de miles de vascos seguen saíndo á rúa fortalecendo a loita obreira e popular polos dereitos sociais e democráticos e cando centenares de miles saímos á rúa en todo o Estado a enfrontarnos á guerra social que nos declararon banqueiros e gobernos e a gritar que “non nos representan”.
O abandono da actividade armada abre o camiño para que no centro da loita política estea o que sempre debeu estar, a acción de masas e a loita unida dos traballadores e os pobos de todo o Estado español, porque este é o único camiño certo para lograr os dereitos nacionais de Euskal Herria e a liberdade dos presos.
Nestes momentos de “transición” en Euskal Herria, convén non esquecer nin por un momento a historia da mal chamada Transición democrática foi rexeita pólos vascos (votaron a favor da actual constitucion só o 28%, sendo rexeitada da polo 70% restante), que burlou os dereitos nacionais e sociais, frustrou as ilusións da clase obreira e o pobo e instaurou o actual réxime monárquico bipartidista.
O coro de fariseos non vai escatimar esforzos para meter á esquerda abertzale no mesmo curro do réxime en que meteron ao PCE e aos dirixentes de CCOO e UXT. A loita lexítima e necesaria para obter a legalización e a presenza da esquerda abertzale no Parlamento será un paso progresivo para todos, se ese empeño vai vinculado á loita contra os plans de miseria dos banqueiros, os gobernos e a UE, á defensa do dereito de autodeterminación de Euskal Herría e á liberdade dos presos. Para esta batalla, a unidade de toda a clase traballadora e os pobos do Estado español fronte a este réxime ao que chaman democracia e non o é, constitúe a garantía para non repetir a triste experiencia da Transición.

Coordinadora Estatal de Corrente Vermella
21/Outubro/2011
Comentarios (1) - Categoría: Estado Español - Publicado o 24-10-2011 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
ALTO Á REPRESIÓN CONTRA O MOVEMENTO 15M!
Comunicado de Corrente Vermella ante as detencións polo bloqueo ao Parlament de Catalunya:
Os Mossos d'Esquadra comezaron este luns 3 de outubro a deter ás 22 persoas identificadas nas accións de bloqueo do Parlament do pasado 15 de xuño. A basta escusa do Conseller Puig para as detencións é que se lles tiña que comunicar a citación do xuíz Eloy de Velasco para que fosen declarar á Audiencia Nacional este xoves.

As 22 persoas están acusadas de “delito contra altos organismos do Estado”, castigado nada menos que con penas de 3 a 5 anos.

Estamos ante unha operación represiva de envergadura na que están confabulados o Govern de Artur Mas, a Audiencia Nacional (esa institución herdeira do Tribunal de Orde Pública franquista) e o Goberno Zapatero, a través da Fiscalía Xeral de Catalunya.

É un claro intento de criminalización do movemento 15M e, en particular, da acción masiva e lexítima que o movemento puxo en pé o 15 de xuño para impedir que o Parlament, burlándose descaradamente da vontade popular, aprobase uns recortes salvaxes contra a sanidade e a educación públicas. A proba do apoio popular, da lexitimidade da acción e do propio movemento 15M, foi a manifestación multitudinaria do 19J, catro días despois dos incidentes, que constituíu unha resposta contundente á histérica campaña de criminalización que entón puxeron en marcha.

Chamamos a participar en todas as mobilizacións de protesta contra as detencións e pola liberdade inmediata e sen cargos de todos os detidos e detidas. Esiximos a dimisión do Conseller Puig.

Non é momento de amedrentarse e botarse atrás senón, o invés, de facer que se arrepintan da súa actuación. Para conseguilo, temos que facer como o 19J e converter a manifestación do próximo 15-Ou nunha resposta multitudinaria á represión, nun rexeitamento masivo a esta que “chámanlle democracia e non o é” e nun repudio multitudinario aos recortes salvaxes que estamos a sufrir para exclusivo beneficio dos banqueiros.

Alto á represión contra o movemento 15M!
4 de outubro de 2011
Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 08-10-2011 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal