A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ALCOA: A LOITA POLA NACIONALIZACIÓN CONTINUA
O preacordo asinado en Madrid entre os Comités de Coruña e Avilés, CCOO e UXT, e a empresa, so ten que significar umha prorroga para conquistar a única garantía do mantemento do 100% dos postos de traballo, a nacionalización da empresa.

Ante a cerrazón desta, cuxos planes reais aínda están por descubrir, e o silencio cómplice do goberno, que consideraba a nacionalización como "comunismo", este preacordo pode dar un pouco de oxixeno tras mais de dous meses de loita, a condición de manter a tensión da loita, e estendela a outras empresas ameazadas como Ferroatlántica ou Bricodepot.

Pola contra, se o que realmente pretendese co preacordo é soltar presión, e abrir unha rolda de negociacións para procurar recolociacións ou prexubilacións, a sua sinatura é abrirlle as portas á empresa para que acade os seus obxectivos.

Por último, pode ser unha trampa que destape os verdadeiros obxectivos da empresa, que esta comprométase á manter 286 postos de traballo e investir 20 millóns de euros en mellorar as instalacións. Non será que o obxectivo real de Alcoa era "desfacerse" dumha parte dos cadros de persoal, os que teñen mais antigüidade (prexubilizacións), para despois reflotala con novos traballadores / as sen conquistas e absolutamente precarizados, como acontece xa en moitas outras industrias e empresas?.

Sexa o que sexa, a única garantía de manter os postos de traballo, con condicións dignas, é loitar pola nacionalización de Alcoa.

Este é o único sentido que pode ter o preacordo, recuperar forzas, e traballar xunto co resto da clase obreira, comezando polos ameazados polos mesmos ataques de despidos e precarización, para respostas dun xeito unido aos ataques o emprego que están se a dar na Coruña (Ferroatlántica, Bricodepot, Comcor...), Galiza (Ere Citroen, Sanidade publica, etc.) e o Estado Español (Vestas, CEMEX, Vodafone, etc.).

As cúpulas sindicais teñen que deixar moi claro que o centro do preacordo non é para negociar postos de traballo por indemnizacións, como xa nos teñen acostumado; senón para preparar novas loitas en defensa de TODOS OS POSTOS DE TRABALLO, haxa ou non inversor.

Non será hora de facer umha reunión de comités afectados polos despidos, Alcoa, Térmica, Bricodepot, Comcor, Vodafone, La Voz, Ferrotlántica... E convocar umhas mobilizacións conxuntas, na defensa de TODOS OS POSTOS DE TRABALLO? Que van deixar A Coruña nun sitio onde non se vai recolocar nin deus, porque non haberá postos de traballo: La Toja Culleredo pechárona tamén coa promesa de recolocacións, e abriron no solar (especulación) un Outlet onde traballan algúns dos de La Toja; os demais carne de emigración e subemprego.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 18-01-2019 08:38
# Ligazón permanente a este artigo
MANIFESTACIÓN A CORUÑA, APOIO A ALCOA
contra a perda de postos de traballo

UNIDADE DAS LOITAS


Os e as traballadoras de Alcoa levan mais de dous meses de loita en defensa dos seus postos de traballo, e o unico que encontran como resposta dos gobernos que resgatan bancos e autestradas, deixar facer ás empresas ou como moito marear a perdiz prometendo “compradores”; porque o de intervir empresas, nacionalizando-as, para garantir os postos de traballo é "comunismo", como din a ministra.

Este peche non cae en "ceo sereo". Nos últimos tempos asistimos a unha cadea de peches e EREs; La Voz de Galicia, Ferroatlantica Cee, ameaza sobre as Centrais Térmicas, Bricodepot e Comcor na Coruña, que se veñen a sumar aos destruidos o longo da crise, como os 6000 que desapareceron na sanidade ao servizo da sua privatización. Xunto os EREs na empresa privada, o ano pasado as cupulas de CCOO, UXT e CSIF asinaron un ERE encuberto na Administración que supon a perda de miles de postos de traballo.

Esta é a realidade que enfrenta a clase traballadora galega e española; froito dumha crise que xeraron os empresarios e banqueiros e que estamos pagando toda a clase traballadora, uns cos postos de traballo (Alcoa, Ferroatlántica, e as que veñan), outros coa precarización absoluta das condicions de traballo (na Galiza aumentaron un 30% os contratos de semana e dia), e todos e todas cos servizos publicos, onde a perda de postos de traballo supon a sua destrucción para a privatización. E despois de traballar 40 anos, quedarannos umhas pensións públicas de miseria, a maior beneficio dos mesmos que xeraron a crise, os bancos e grandes empresarios.

O pasado mes de decembro o pobo traballador de Vigo saiu á rúa masivamente contra a destrucción da sanidade; fai dous dias milleiros de persoas en Santiago polo mesmo motivo. Hoxe na Coruña contra o peche de Alcoa, ... Ate cando imos respostar co "salvese quen poda" ante o que é un plan de conxunto de todos os gobernos, a Xunta e o Central: empobrecer á clase traballadora e o pobo para beneficiar os mais ricos.

O "salvese quen poda" é a mellor garantía de que aqui "non se salva nin deus". Aprendamos do pobo traballador francés, non esperaron catro anos a "votar"; eles non loitan para protestar e irse para casa, esperando do "politico" de quenda boas palabras; ELES LOITAN PARA GAÑAR.

Frente a un plan de conxunto do que é parte o peche de Alcoa, só podemos dar umha resposta unitaria. Todos os sectores en loita, desde Alcoa ate a Sanidade, pasando polos pensionistas, as mulleres -agredidas dia si e dia tamen-, a xuventude ten que construir desde a base, desde os centros de traballo e estudo, desde os barrios e as vilas, umha XORNADA DE LOITA RECONDUCIBLE (TODOS OS DÍAS VOTASE EN ASEMBLEAS A CONTINUIDADE OU NON DA LOITA), ATE DERROTAR Á XUNTA DO PP E O GOBERNO DO PSOE.

Ambos os dous son os responsabéis das sucesivas reformas laborais, de pensións, dos recortes (artigo 135 da Constitución),... que truxeronnos ate aquí, e que este goberno negase a derrogar. So a derrogación das reformas, dos recortes e as medidas legais que os avalan, garante que as conquistas non sexan efêmeras.

Ademais, a unica maneira de defender os postos de traballo ameazados significa sacar das mans privadas e a lóxica do beneficio ás empresas. Por iso nacionalizar Alcoa, e as empresas extratéxicas como as eléctricas, parar as privatizacións dos servizos públicos e renacionalizar todo o privatizados, defender as pensións publicas, etc., é a principal garantía da sua continuidade.

É tarefa das organizacións sindicais, sociais e politicas que rexeitamos os plans de empobrecimento social dos gobernos, poñernos a traballar neste sentido.

Corrente Vermella chama a participar na manifestación de apoio aos traballadores / as de Alcoa, o domingo 13 X, ás 12 na Palloza (A Coruña).
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 12-01-2019 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
Unidade contra a destrucción da Sanidade Pública
A semana pasada manifestáronse 40.000 personas en Vigo pola dignidade da sanidade pública, trala dimisión de 25 cargos da área sanitaria de Vigo a primeiros de decembro polo deterioro da atención primaria sanitaria.

As urxencias de Santiago, o personal das ambulancias, as plantillas dos Puntos de Atención Continuada, a atención primaria, o personal precario da sanidade, e colectivos como a Marea Branca e a Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública levan moito tempo denunciando e mobilizándose para defender un dereito tan básico como o da saúde.

Pódese dicir que os conflitos levan bastante tempo sendo constantes tanto en Galicia coma no resto do Estado, onde recentemente houbo mobilizacións desde Catalunya ate Andalucía.

Tamén fai unhas semanas que vimos ós chalecos amarelos de Francia arrancarlle ó seu goberno (tan austericida coma os nosos) concesións bastante significativas: em catro semanas de mobilizacións acadaron mais que con catro anos de “preguntas parlamentarias”. Demonstrase asi que mobilizarse funciona, cando as consignas políticas son claras.

Personal que reclama estabilidade, máis medios e plantilla e xente usuaria que non poden facer fronte ós repagos de medicamentos ou derivacións a centros privados,... Todas estas protestas teñen en común a denuncia e loita contra os recortes e privatizacións que está a sufrir o sistema sanitario público, as políticas de austeridade que fomenta a UE e que os gobernos centrais e da Xunta non teñen ningún reparo en aplicar baixo o paraugas do artigo 135 da Constitución e da Lei 15/97.

Pero se queremos unirnos para acadar unha sanidade 100% pública, gratuíta e universal, con condicións laborais axeitadas para que as plantillas desenvolvan o seu traballo, non ten sentido confluír con organizacións como PSOE (lembremos, o partido do governo central), CCOO e UXT que todos estes anos demostraron que non están contra as privatizacións nin contra os recortes, nin polas condicións do personal sanitário; son parte da aplicación da lei 15/97 e do artigo 135 da Constitución.

A estes so interessa-lles o que poda desgastar eletoralmente o gran destrutor da sanidade, o PP e Feijoo mas non recuperar o privatizado e parar a destrucción da sanidade: o PP hai que botalo, mas non para substituir um privatizador por outro. Por isso, bem lles ven as mobilizacións illadas umha doutra, para pressionar e desgastar, mas non para gañar. A única maneira de parar a destrucción da sanidade pública é loitar ate gañar.

Por isto, dende Corrente Vermella, que fai parte da LIT-CI, chamamos a todas aquelas organizacións que si defenden a sanidade pública a romper cos privatizadores (PSOE, CCOO e UXT) e a traballar para organizar unha xornada de loita unitaria contra o desmantelamento da sanidade pública e recuperación do privatizado.

Os colectivos, activistas e organizacións que participamos nestes movementos debemos fomenta-la unidade de todas esas loitas en base á esixencia da derrogación do artigo 135 da Constitución e da Lei 15/97. A destrucción da sanidade e a sua privatización é umha politica de estado, que estase a levar adiante desde alo menos 1997, polos sucessivos governos. Por isso, goberne quen goberne, a sanidade defendesse.

Corrente Vermella chama á poboación traballadora a participar na manifestación convocada pola Comisión de Centro do CHUS (Centro Hospitalario Universtario de Santiago), o vindeiro 9 de xaneiro, ás 19 h, na Pza Roxa de Compostela.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 02-01-2019 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal