A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

4 F: CONTRA O DESMANTELAMENTO DA SANIDADE PUBLICA
Corrente Vermella chama ás traballadoras e traballadores, aos usuarios e usuarias, a participar na Manifestacion do 4 de febreiro, na Alameda de Compostela, ás 12, convocada por Sos Sanidade.

Alguén dúbida que o plan da Xunta, de “caos organizado” no Sergas é para destruir o servizo de saíde público. Centos de camas pechadas, urxencias saturadas, servizos en desmantelamento ou privatización (desde a limpeza ate servizos médicos), umha lei de Garantias Sanitarias que neste cadro é un alimento para a privada, a través das derivacións os hospitais “concertados”.

Para rematar a tarefa, umha lei de Sanidade que pecha catro áreas, que pon os servizos de I+D ao servizo da industria privada, os gastos en investimento corren por conta da sociedade a través dos orzamentos publicos, os beneficios levaa a privada, etc. … e 7.660 vacantes entre os traballadores e traballadoras da sanidade,... Nun plan que desde fai dez anos ven desmontandoa.

Neste tempo desde a maioria da sociedade e as suas organizacións so fixeron algumhas grandes manifestaciones, ou umha folga na Sanidade no 2013, … Pasaron 4 anos, e o pasado novembro convocouse outra limitada á “recuperación dos direitos”, sen falar da Lei de Sanidade que estaba cociñandose na Xunta.

Frente a ela, saltaron mobilizacións en todas as areas afectadas, desde A Mariña ate Valdeorras, asi como o reciente peche no CHOU de Ourense, o a manifestación do 18 de novembro contra a Lei, xunto coa Coordinadora Antiprivatización da Sanidade de A Coruña, sindicatos como Sagap, Prosagal, CGT, SOS Mexoeiro, e asociacións de usuarios / as.

Está claro que é imprescindible non só umha manifestación unitaria, mas tamen un plan de mobilizacións que coordine as mobilizacións e lles de continuidade, ate derrotar a Xunta e os seus plans de destrucción da Sanidade Publica; un plan debatido e aprobado en asembleas e reunións nos centros de traballo, e incorporando aos usuarios e usuarias a través das suas asociacions, das Asociacións Veciñais, etc.

Tamen é necesario coordinar os esforzos na defensa dunha sanidade 100% pública co resto do estado, e mesmo a Unión Europea, porque a sua destrucción non é umha tolemia nin de Feijoo nin de Rajoy; non é umha mala xestión que resolvese cun cambio de xestores: o caso Grego demonstra como un cambio na xestión non mudou a política de desmantelamento da sua sanidade, o goberno de Syriza segue as ordes da UE, dos recortes e o austericidio que impón.

Por isto, de Andalucia, onde goberna do PSOE, ate Catalunya, onde fixoo a direita catalá, pasando por Madrid, onde como na Galiza, faino o PP, os problemas da sanidade son moi parecidos, e a resposta só pode ser igual, a loita por umha sanidade 100% publica, de calidade, o que na Galiza supón

- Rexeitamento rotundo da Lei de Sanidade proposta pola Xunta; diante dela non collen negociacións nin pactos, a Xunta só quere destruir a sanidade publica ao servizo da privada, e iso non é negociable.
- Reapertura de todas as camas pechadas e recuperación do carácter público de todos os servizos privatizados, sanitarios ou non.
- Consolidación dos postos de traballo en interinidade e OPE para cubrir non só todas as vacantes, mas tamen ate resolver as listaxes de espera. Acabar coas derivacións.


Os planes da Xunta e o Goberno central teñen um marco legal; primeiro a lei 15/97, na que se abre a porta aos hospitais concertados, segundo, o decreto do 2012, que anula o carácter universal da sanidade, e terceiro, mas quizais a mais importante, o artigo 135 da Constitución, onde todos os recortes nos servizos publicos (non só a sanidade, desde a dependencia ate o transporte colectivo) ponse en funcion do pago da debeda publica aos bancos: os seus beneficios están por riba das necesidades sociais.

A derrogación destas leis son chaves para avanzar na DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA.


Vide con nós, tras o lema “NON A DESTRUCCIÓN DA SANIDADE PUBLICA”.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 31-01-2018 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
recuperemos as cidades e as vilas para a veciñanza
ante a situacion dos chamados “accesos á cidade”

Non é nova a preocupación que existe na poboación polos problemas que está a xerar o crecemento sen control, sen planificación, da Coruña e a sua Área metropolitana. O que fai varios anos eran zonas de paso ou “accesos, hoxe son barrios e zonas poboadas, onde misturánse as residenciais e as industriais; o exemplo mais claro desta situación é a chamada Nacional VI, Avda das Mariñas. Mas non é a unica, outro tanto acontece en toda Galiza, como o caso de Milladoiro ou Sigueiro na area de Compostela.

Mentras, as institucións corren tras os acontecementos. O Ministerio de Fomento, seguindo a lóxica neoliberal de “cada quen que aguante a sua vela”, e querendo construir infraestructuras e estradas ate o infinito, e mais alo. Os concellos, pola sua banda, ancorados no municipalismo, non ven mais alo das fronteiras dos seus territorios; sen entender que a Galiza actual esta fortemente integrada, que esos concellos son reliquias do pasado e freos o desenvolvimento: o 40% da poboación activa galega movese dun municipio a outro para traballar (e non só, para o lecer ou estudar).

Neste cadro, Corrente Vermella rexeita todas aquelas obras de infraestructuras propostas polo Ministerio de Fomento, como a posible ampliación de Lavedra ou as rotondas na Avda da Mariñas, que detraen medios financieros de outras solucións ao servizo do “deus” coche, e non están o servizo de humanizar a area, fomentando un sistema de mobilidade mais barato, sostible e a nivel humano, o transporte colectivo.

Ate o de agora todas as institucións, para xustificar as suas obras, agochabanse tras a manida “falta de educación” no uso do transporte colectivo, como se os galegos e galegas fosen estupidos e quixeran gastarse 200 euros o mes para manter o coche privado, alen do pago da ORA, que é a privatización do chan urban. A realidade ven a desmontar esta falacia; a pesar do desmantelamento de moitas estacións intermedias e do seu alto prezo, cunha simple mellora nos tempos no tren entre A Coruña, Santiago, Vilagarcia, Pontevedra e Vigo, co ramal de Ourense, o seu uso aumentou un 330% según datos de Renfe. Onde queda a suposta “incultura” da cidadanía? Non se usa o que non se ten!

O problema non é a “falta de educación”, senon a inexistencia en moitos casos de transporte colectivo, ou a sua concepción subsidiaria respecto do “deus” coche particular, con horarios e frecuencias que non respostan ás necesidades sociais, de ir o traballo ou centros de estudo, poligonos industriais, facultades, etc., o que fai imposible o seu uso. Tan subsidiaria é, que con so subir a un bus decatase que as persoas que o usan non son os homes maduros, son mulleres, estudantes e xubilados. O “macho” non vai en bus ao traballo, el vai no “seu” coche.

O desprezo polo transporte público e colectivo non é froito nin da ignorancia nin da “mala uva”; senon dumha concepción polítíca no Estado na que o pobo traballador galego sumunistra man de obra para a emigración (os datos de perda democráfica son demoledores) e materias primas, “somos un pais para vellos”... E para que quere un traballador ou traballadora galega e coruñesa un bo transporte publico, se o que ten que facer é emigrar?. Mentras, as clases medias galegas chegalles con que lles fagan boas estradas ou autoestradas, para chegar en “5 minutos” onde lles pete.

Alen mais, é falsa a afirmación de que non ha recursos financeiros para facelo. Primero, se todos os medios que adicanse a construir mais estradas adicaránse ao transporte colectivo, é claro que si existen, é umha cuestión de prioridades: ou diñeiro ás constructoras ou ás necesidades sociais. Segundo, os gobernos do PPSOE adicaron miles de millóns de euros ao resgate da banca, de autoestradas privadas e quebradas, empresas, etc., que non imos recuperar. Novamente é umha cuestión de prioridades e de vontade política, ou á banca e empresas ou ás necesidades sociais.

Para Corrente Vermella, calquera proposta sobre os “accesos” ten o obxectivo de recuperar as cidades para a o pobo, da sua humanización, e ten que partir dun Plan Integral de Transporte Publico Colectivo e Mobilidade, que teña como eixo o medio de transporte colectivo menos contaminante, mais rendible socialmente, o tren de proximidades.

Non podemos esquecer que a columna vertebral da área metropolitana está atravesada por umha vía que vai de A Coruña a Ferrol e Lugo, unindo unha poboación de perto de 800 000 habitantes. A partir de aquí, liñas de buses, barato e con horarios axeitados aos de traballo e estudo; e non como agora, que a xente que este en quendas tarde/noite teñen que gastar o seu soldo en taxis ou coches particulares, pois os ultimos buses son ás 10.30.

Esta racionalización pasa, obviamente, pola municipalización / nacionalización dos servizos; mentras manteña-se o sistema actual de concesións vai ser imposible, pois cada empresa vai tirar para o seu interese, e non o da sociedade: “publico é servizo, privado é beneficio”. A constitución da área metropolitana, sen mais dilacións, é o marco no que este plan pode ser desenvolvido.

É evidente que o goberno, a través do Ministerio de Fomento, e do seu delegado na Galiza, a Xunta, non vai dar o brazo a torcer. Un goberno que ten desmantelado todos os servizos publicos, corrupto ate a medula, non é garantia de ningumha mellora; o contrario, calquera cousa que faga vai ser contra as necesidades sociaies. Por elo, só a través da mobilización social, unitaria, desde os barrios e vilas, poderemos conquistar un Transporte Colectivo Publico, Bo, Eficaz e Barato, que de solución real aos “accesos”, e non promesas utopicas: mais estradas so traen mais coches, e cambian de lugar o atasco, non o resolven.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 15-01-2018 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal