A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CONTRA O TRATADO UE - TURQUIA


DIREITO DE ASILO XA, PAPÉIS PARA TODOS E TODAS


A sinatura do Tratado da UE con Turquia para a devolución das persoas refuxiadas nos Balcanes e Grecia, polo “módico prezo” da posibilidade da sua incorporación á UE, uns miles de millóns de euros de axudas,... so ten un nome: vergoña. Vergoña duns estados que alardean de seren civilizados e democráticos. É a demonstración do seu verdadeiro carácter, unha unidade de mercaderes e capitalistas que convirten o sufrimento de miles de persoas en moeda de cambio cun réxime, o turco, que é, entre outros, o responsable da destrucción dun país Siria e do asesenato sen rubor dos unicos que, ate o de agora, enfrentaron con éxito aos fascistas do ISIS, o pobo e as guerrilleiras kurdas.
A chegada de centos de miles de persoas expulsadas pola forza dos seus países, fuxindo das Guerras que arrasan Oriente Próximo e o mundo árabe, desde Afganistá/Iraq ate Siria, pasando por Libia ou Iemen, veñen a xuntarse ao todos aqueles que teñen que emigrar por mor da pobreza inducida do seus países. Porque non o esquezamos, os mesmos que impuxeron as políticas de austeridade en Europa, o desmantelamento dos servizos sociais públicos, coas consecuencias directas de mortes por enfirmedades das que existen vacinas como a meninxite ou a hepatite C, os que desafiuzaron familias enteiras, os que empobreceron á clase traballadora, provocando que hoxe ter un traballo fixo non é sinónimo de saír da pobreza, son os que queren se beneficiar da destrucción de paises enteiros en Africa e o mundo árabe para saquear as suas riquezas, a maior gloria dos bancos e multinacionais europeas.
Son os que manteñen un vergoñento acordo co réxime marroquino para seguir saqueando o Sahara, como o Estado Español, son os que envían forzas militares a Centroafrica, como os franceses e os belgas, para protexer o seus negocios, son os que financian “guerrillas” para extraer riquezas en forma de coltan ou diamantes, son os que envian exercitos a Somalia para protexer o saqueo das pesquerías da zona, contra a “piratería”, son os que, como Italia, está preparando o envio de tropas a Libia para protexer os seus intereses petroleiros, contra o que o sindicalismo combativo italiano convoca umha folga xeral para o 18 de Marzo. A clase obreira italiana da o primeir paso de pór-se ao frente da loita contra as guerras imperialistas que levan a paises enteiros á barbarie.
Estes demócratas son os que fixeron un bazar coas vidas de milleiros de refuxiados sirios, iraquianos ou afganos, a cambio de convertir Grecia e Turquia nun inmenso campo de refuxiados, onde os mais elementais direitos que din defender, os direitos dos menores a umha vida digna, das mulleres a non ter que dar a luz entre o barro e a pobreza, das persoas a umha vivenda, a un traballo, á dignidade, caen baixo a presion dos intereses dun capitalismo en crise e umhas clases medias acomodadas, onde o racismo e a xenofobia comeza a medrar.
Corrente Vermella chama á clase traballadora a solidarizarse activamente coas persoas refuxiadas, son parte da clase obreira, non por caridade cristiá, filantrópica, senon porque son explotados coma nós; como recoñece cinicamente o proprio Deustche Bank, “son persoas que poden traballar por salarios inferiores ao salario minimo”. O capital e os seus gobernos queren man de obra barata, semiescrava, para presionar á baixa os dos nativos. A clase obreira ten que ver nas persoas refuxiadas o que son, compañeiros e compañeiras de clase: NATIVA OU EXTRANXEIRA, A MESMA CLASE OBREIRA!
As organizacións da clase obreira, sindicatos, partidos e asociacións, teñen que esixir dos seus gobernos o direito democrático básico de asilo e papéis para todos e todas; mas tamen medidas concretas de integración que rompan coa división entre nativos e estranxeiros, como a repartición do traballo, sen reducción de salarios. Europa alardea de seren a zona mais rica do mundo, e mentras os capitalistas europeos, cos españois á cabeza, teñen superbeneficios, condenan a miseria a centos de miles de persoas; se loitamos, ha traballo para todos e todas.
Hai millons de vivendas baleiras en mans dos bancos; os concellos do “cambio” teñen a oportunidade de demonstrar ese “cambio” nos feitos, declarando as suas “cidades abertas ás persoas refuxiadas” e abrindo esas vivendas, gustelles ou non aos gobernos e banqueiros, non só para os desafiuzados galegos e galegas, senon para os “desafiuzados/expulsados” do seu proprio pais, as persoas refuxiadas.
O Tratado UE Turquia so pode ser derrotado, e derrogado, se imos á raiz do problema, umha Unión Europea que non é umha Libre Unión de pobos, senon umha unidade de capitalistas para mellor oprimir e saquear; e só poñendo no centro a loita na sua contra, é posible resolver o problema das persoas refuxiadas. O espazo Schengen é umha apariencia de abolición de fronteiras, que revogan cando queren; a clase traballadora non ten fronteiras, e menos para aqueles que fuxen da guerra e a barbarie do imperialismo e de reximes criminosos como o sirio: NON Á UE “FORTALEZA”, ABAIXO AS FRONTEIRAS.


AS POLITICAS EUROPEAS PODEN RESUMIRSE NUMHA PALABRA: XENOCIDIO
Comentarios (0) - Categoría: Internacional - Publicado o 16-03-2016 15:51
# Ligazón permanente a este artigo
I Marcha das e dos eventuais do SERGAS
Corrente Vermella apoia a I Marcha das e dos eventuais do SERGAS convocada polo sindicato SAGAP para o vindeiro 16 de marzo en Santiago de Compostela, ás 10 da mañá, con saida dende a Praza do Obradoiro ata os Edificios da Xunta de Galiza en San Caetano.

As compañeiras do SAGAP con esta mobilización denuncian as políticas de recortes no Sergas que están xenerando a precariedade laboral, abuso e supresión dos dereitos dos e das traballadoras. Tamén denuncian a non contratación de persoal, que impide o densenvolvmemento de proxectos persoais e profesionais dos e das traballadoras, afectando á calidade na atención as perosas usuarias; aumento nas listas de espera, abandono da Atención Primaria, aumento dos ratios persoal/pacente, colapsos dos servizos de Urxencias, peches de camas......en definitiva o progresivo desmantelamento da nosa sanidade pública.

As compañeiras do SAGAP convidaron a todas as organizacións do Sergas para apoiar esta Marcha. A contestación de todos eles e nomeadamente dos sindicatos maioritarios, CCOO, UXT e CIG foi que non! Mas o día seguiente, estes mesmos sindicatos convocan umha marcha o pasado 10 de marzo, numha mais que evidente manobra de facer um confronto aberto co chamado do SAGAP.

Todos e todas sabemos que a actitude destos sindicatos, polos mais diversos motivos é de defensa corporativa da sanidade publica; e o non se prantexan os eixos politicos, os únicos que poden garantir salvar a sanidade pública, a derrogación da lei 15 / 97, a derrogación do decreto do 2012, nin moito menos a derrogación do artigo 135 da Constitución, ou como moito, fanno formalmente como a CIG, porque nos feitos pleganse a CCOO e UXT.

Tampouco prantexanse a necesidade de unidade de todos os sectores afectados, desde os traballadores e traballadoras da sanidade (sexan da pública o da privada, pois esta vive das derivacións da pública á privada) ate os doentes e os usuarios e usuarias en xeral. Limitan a loita a un feito corporativo, como se fose un asunto sindical, só dos traballadores e as traballadoras e non do conxunto da sociedade.

A sanidade ou a defendemos todos e todas, a sacamos dos hospitais e levamola á sociedade, aos barrios obreiros e populares, ou é umha batalla perdida.

Corrente Vermella apoia as súas reivindicacións e chama as e os traballadores así como as e os usuarios / as a acudir á 1ª Marcha do dia 16.
Comentarios (3) - Categoría: Galiza - Publicado o 14-03-2016 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
POLOS nosos DEREITOS, A nosa VIDA E A nosa DIGNIDADE
BASTA DE RECORTES E DE INDEFENSIÓN!


Este 8M, Día internacional da muller traballadora, vén enmarcado no medio dunha enorme inestabilidade política e unha crise económica que se mantén a nivel europeo. Tanto se logran un pacto para a investidura do novo goberno, coma se convocan novas eleccións, a UE e a Troika levan meses insistindo en que o Estado Español ten que recortar 9.000 millóns de euros. As medidas contra a violencia machista e a desigualdade quedarán por tanto supeditadas aos axustes, para cumprir co déficit esixido por Bruxelas, e ao pago dunha débeda aos banqueiros da Troika, que chega xa ao 100% PIB e que ningún dos partidos no parlamento cuestiona.

As mulleres traballadoras, o principal branco dos plans de axuste
As contrareformas e axustes estruturais que se aveciñan van dar unha volta de porca aos recortes aplicados polo PP que tantos dereitos nos arrebataron, especialmente ás mulleres. A nosa taxa de paro é un 2% máis alta e o 70% dos nosos contratos son temporais ou a tempo parcial. Os escasos plans de igualdade que se aproban convértense en papel mollado e as condicións laborais dificultan a conciliación da vida familiar e laboral. A brecha salarial aumentou a un 24%, chegando mesmo a un 40% no sector agrario. As nosas pensións son un 38% máis baixas, o acoso laboral non se denuncia por medo e os despedimentos a mulleres embarazadas ou ás que se acollen a permisos por maternidade ou coidado de familiares, disfrázanse de “despedimentos obxectivos”.

E dunha violencia machista que non cesa
A masiva convocatoria do 7N denunciou nas rúas o drama social da violencia machista e expuxo a esixencia de políticas para combatela. A mobilización tamén contribuíu a visibilizar todas esas formas de violencia machista que “pasan desapercibidas”: a carga de traballo doméstico e de coidados, o acoso sexual no traballo/ensino, as violacións, o tratamento da muller como obxecto sexual na publicidade, a falta de control sobre o noso corpo, a nosa sexualidade e a nosa maternidade. O 7N saímos á rúa para denunciar a lesbofobia, a transfobia e a discriminación por orientación sexual, e para que se acaben as vexacións e agresións contra a comunidade LGTBI.
Máis de 50 mulleres son asasinadas cada ano e 200 crianzas ficaram orfas nos últimos tres anos. A denuncia social e a loita na rúa, obrigou ao goberno do PP a aumentar o orzamento contra a violencia machista nun 6% para 2016, o que é insuficiente para paliar os recortes dun 26% desde 2010. O programa específico para igualdade de oportunidades entre mulleres e homes diminuíu un 61% nunha década, polo que para financiar os servizos de atención e apoio ás vítimas, as organizacións feministas demandan multiplicar por dez os fondos ás Comunidades Autónomas. O último caso de violencia machista en Zaragoza evidencia que as mulleres traballadoras non podemos deixar as nosas vidas en mans de políticos machistas e dun aparello xudicial herdeiro do franquismo.
Esta violencia é expresión da barbarie e miseria que provoca este sistema capitalista en crise e dunha ideoloxía machista de séculos que historicamente considerou á muller inferior. A nivel europeo, 13 millóns de mulleres experimentaron violencia física, 3,7 millóns violencia sexual e 9 millóns acoso sexual en 2014, segundo datos da Axencia Europea de Dereitos Humans. Outra forma extrema é a que sofren as mulleres e nenas refuxiadas, que ven expostas a agresións e acoso sexual nos campamentos de tránsito europeo. Segundo Europol, polo menos 10.000 menores refuxiadas atopar en mans de organizacións de tráfico de persoas, con fins de explotación sexual e esclavismo. Deste xeito queda ao espido a hipocrisía social de todos os gobernos imperialistas, que por unha banda aproban leis, plans e programas contra a violencia a mulleres e nenas/os, e por outro aplican políticas (recortes sociais, reformas laborais, privatizacións, peche de fronteiras) que nos fan máis vulnerables fronte ao machismo e a súa violencia e mesmo permiten que algúns se lucren con iso.


Veña quen veña, a loita segue!

O 8 M non é un día festivo senón un día de loita en que saímos á rúa contra o paro, a precariedade e os salarios de miseria que nos impón cada vez máis este modelo económico e social inxusto onde as mulleres somos oprimidas a cada paso. O machismo, do mesmo xeito que outras formas de opresión, é utilizado pola burguesía para dividir e debilitar á clase traballadora e para sobreexplotar á metade da mesma.
É por iso que as organizacións obreiras, estudantís e populares, téñense que pór á cabeza na defensa non só dos nosos dereitos laborais, senón de todas as reivindicacións das mulleres traballadoras, combatendo en primeiro lugar o machismo dentro das súas filas. Non imos lograr os nosos dereitos nin a pór as bases materiais que logren acabar de forma definitiva coa opresión que sufrimos as mulleres en todo o mundo, ata que a clase traballadora- e non as mulleres unidas por encima das clases sociais-, botemos abaixo este sistema capitalista. E o camiño para iso non é a confianza nunhas institucións, un Parlamento e un goberno -sexa cal for- que están para protexer os intereses dunha minoría social privilexiada, senón a loita e a mobilización.

Desde Corrente Vermella, chamamos a toda a clase traballadora a saír á rúa o próximo 8M para esixir:
A igual traballo, igual salario! Pleno emprego. Redución de xornada sen redución salarial!
Derrogación das reformas laborais. Non á precariedade, ERES e ERTES!
Non aos recortes sociais que nos responsabilizan dos coidados!
Orzamento para Lei Dependencia. Educación, sanidade e servizos públicos de calidade!
Basta de violencia machista!Recursos suficientes para prevención e protección das mulleres maltratadas!.
Polo noso dereito a decidir! Aborto libre, seguro e gratuíto na Seguridade Social!
STOP homofobia, lesbofobia, transfobia e discriminación por orientación sexual!
Non ao pago da Débeda!

Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 04-03-2016 08:20
# Ligazón permanente a este artigo
manifestación POLOS DIREITOS DOS REFUXIADOS
Contra a Unión Europea “fortaleza”

DEREITO DE ASILO XA, PAPÉIS PARA TODOS E TODAS


A chegada de centos de miles de persoas expulsados pola forza do seu pais, fuxindo das guerras que arrasan Oriente Proximo e o mundo árabe, desde Afganistán/Iraq até Siria, pasando por Libia ou Iemen, veñen a xuntarse a todas aqueles que teñen que emigrar por mor da pobreza inducida dos seus paises. Se ate o de agora a Europa "fortaleza" conseguira con muros como os de Melilla e Ceuta ou medidas policiais como o Frontex, frear parcialmente a onda migratoria, as guerras impostas no Oriente Proximo teñen desbordado os estados da UE, poñendo de manifesto a gran farsa que é o chamado “espazo Schengen” segundo o cal existe liberdade de movementos de persoas dentro da Unión Europea.

A Unión Europa é o acordo entre as diversas potencias europeas, con Alemaña e Francia como eixo vertebrador, contra os traballadores e as traballadoras europeas, coa imposición dos “mini jobs”, reformas laborais, perda de dereitos e desmantelamento dos servizos sociais, como o demonstran as politicas da Troika destes últimos anos. A Unión Europea, ademáis, ten outro carácter, é a unidade desas potencias, do capital aleman, francés, inglés, italiano ou español, para competir cos EEUU ou Xapón en mellores condicións polo saqueo das riquezas dos paises dominados. Pero, e ese é o seu talon de Aquiles, tambien compiten entre eles por dominar dentro da UE, por decidir quen manda na Unión.

A intervención militar das potencias imperialistas e de Rusia na zona, xunto coa actuación do fascismo do ISIS xeran, como un boomerang que miles de persoas ven forzados a fuxir, e que atopan na UE?; unha xungla de fronteiras supostamente “abertas” polo espazo Schengen, que se pechan abruptamente. Politicas xenofobas desde os estados, que no mellor dos casos só insinúan que entre eles pode haber “terroristas”, e no peor actúan cos métodos que criamos no vertedoiro da historia: quitanlles as súas pertenzas, marcalos con sinais como “apatridas”, impede-lles achegarse ás cidades,... e sectores da poboación responsabilizando-os de todos os males que a sociedade capitalista xera sen necesidade de ningunha axuda: desemprego, desarraigamento, xenofobia. Todo aquilo que nos anos 40 provocou unha onda de indignación en todo o mundo, as atrocidades do nazismo contra xudeus, contra xitanos, contra comunistas; todo reaparece dunha maneira sutil ou evidente nas sociedades europeas, como na Alemaña coa queima de casas de acollida.

Ante isto, a propia UE cambaléase, porque sae a relucir o que realmente é: unha suma destartalada de potencias imperialistas en crises, incapaces de resolvela, e que atopan nos refuxiados o chibo expiatorio da súa propia incapacidade. As persoas que foxen da destrución das súas paises son victimas das mesmas institucións que impoñen a miseria en Grecia -á que lle obrigan ademais a ser o garda fronteiras: os pobres europeos contra os pobres árabes-, que impoñen recortes e empobrecimiento á clase traballadora e os pobos de Europa, da Unión Europea, do FMI.

Corrente Vermella chama á clase traballadora a solidarizarse activamente coas persoas refuxiadas, son parte da clase obreira, non por caridade cristiá, filantropica, senón porque son explotados como nós; como recoñece cinicamente o propio Deustche Bank, “son persoas que poden traballar por salarios inferiores ao salario minimo”. O capital e os seus gobernos queren man de obra barata, semiescrava, para presionar á baixa os salarios dos nativos. A clase obreira europea ten que ver nas persoas refuxiadas o que son, compañeiros e compañeiras de clase: NATIVA OU ESTRANXEIRA, A MESMA CLASE OBREIRA!

As organizacións da clase traballadora, organizacións sindicais, asociacións e partidos, teñen que porse á fronte da solidariedade, esixindo dos seus gobernos o direito democrático basico de asilo e papéis para todos; mas tamen medidas concretas de integración como a repartición do traballo, sen redución de salarios: en Europa hai traballo para todos e todas, o desemprego coa loxica de dividir entre activos/nativos e parados/extranxeiros. Mentres, os capitalistas europeos, cos españois á cabeza, teñen superbeneficios produto desta explotación.

Hai millóns de pisos baleiros en mans dos bancos; os concellos do “cambio” teñen a oportunidade de demostrar o “cambio” nos feitos, poden e deben abrir esas vivendas, gústelles ou non aos banqueiros, non só para os desafiuzados galegos e galegas, senón tamén para os “desafiuzados/expulsados” do seu propio pais, as persoas refuxiadas.

Para superar a división que introducen non chega coa mera “axuda humanitaria”, cristaliza a división entre "refuxiados" e "nativos"; hai que dar unha perspectiva de loita contra a raíz do problema que se chama Unión capitalista Europea.

Corrente Vermella chama á poboación traballadora á manifestación Europea Polos Direitos dos Refuxiados, o 27 de febreiro, ás 19.30 h en Riazor
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 25-02-2016 16:07
# Ligazón permanente a este artigo
rexeitamos a autoinmolación da CUP CC
Comunicado de Corrent Roig ante o acordo de investidura con Junts Pel Si

1. En tempo de desconto e despois dun agónico proceso de negociación, o Secretariado Nacional da CUP e o grupo parlamentario da CUP-CC asinaron onte, 9 de xaneiro, o acordo de investidura con Junts pel Si.

2. Entendemos que o texto do acordo, mírese como se mire, implica entrégao a Junts pel Si, que agora pasará a dispor de dous deputados/desde a CUP-CC que "incorporaranse á dinámica do grupo parlamentario de Junts pel Si, de maneira estable", co compromiso de garantir a estabilidade parlamentaria do goberno (punto 1), cousa que implica, quéirase ou non o apoio aos próximos orzamentos. Tamén a CUP-CC comprométese a "a defensa activa" do goberno de Junts pel Si (punto 3).

3. Así mesmo, o acordo representa investir un presidente nomeado por Artur Mas e obediente ás súas instrucións, que nos últimos tempos saíu en defensa de Pujol e da privatización da Sanidade e é simpatizante do estado sionista de Israel.

4. O acordo significa tamén a aceptación da parodia de "plan de choque" de Junts pel Si, rexeitada por todos na asemblea de Sabadell e tamén, de facto, da folla de ruta de Junts Pel Si.

5. Pero se hai algo que nos doe é a inadmisible humillación pública e a autoflagelación que impón o acordo, obrigando a pedir perdón e forzando a dimisión de dous deputados/as polo "pecado" de defender o acordo das bases de rexeitar a investidura de Artur Mas.

6. Por todo isto, se antes opuñámonos/opuñámosnos firmemente á investidura de Artur Mas, agora, aínda con máis motivo opómonos ao acordo logrado.

7. Pensamos que o Secretariado Nacional e o grupo parlamentario non tiñan mandato para acordar esta entrega da CUP-CC a Junts Pel Si, que foi presentada como un feito consumado, sen debate previo na base e pondo ao Consello Político e ao GAP entre o eixo e a roda.

8. Corrent Roig, como parte do espazo Per a Ruptura, non podemos asumir ningunha responsabilidade por este acordo que pon en cuestión o carácter de forza rupturista e anticapitalista da CUP-CC.

9. É deber de de todos os que nos opomos ao acordo loitar unidos para revertelo e evitar a autodestrución da CUP-CC como forza rupturista, anticapitalista e inimiga xurada da corrupción e da continuidade da política de recortes.

Barcelona, 10 de xaneiro de 2015
Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 10-01-2016 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
A CUP RESISTIU A PRESIÓN E NEGA O APOIO Á INVESTIDURA DE ARTUR MAS
Comunicado de Corrent Roig( Corrente Vermella)

Hoxe, 3 de xaneiro, a reunión do Consello Político e o Grupo de Acción Parlamentaria da CUP-CC decidiu (por 36 votos a favor, 30 en contra e unha abstención) negar o apoio á investidura de Artur Mas.

Corrent Roig/Corrente Vermella, que estamos contra a investidura de Artur Mas (e tamén de calquera outro candidato de Xuntos o Si), congratulámonos profundamente desta decisión, na que contribuímos co noso voto como organización membro do espazo pola Ruptura.

Como diciamos no comunicado previo á reunión, apoiar a investidura de Mais significaría o fin da CUP como forza rupturista e anticapitalista, a súa renuncia a enraizarse na clase traballadora e o abandono da batalla por liderar a loita pola liberación nacional e social.

Estamos convencidos de que non haberá República catalá mentres a dirección do movemento soberanista continúe en mans da burguesía catalá; mentres a loita pola República catalá non estea directamente asociada á perspectiva dun cambio substancial nas condicións de vida do pobo traballador; mentres non conseguimos unha alianza cos sectores máis conscientes da clase traballadora e os pobos do resto do Estado.

Non hai que ter medo ás eleccións anticipadas. Traballar pola vitoria futura significa coherencia estratéxica e claridade política hoxe, tanto ante Converxentes e Esquerda como dos defensores dun "referendo pactado" imposible. Hai unha candidatura comprometida con: 1 / un referendo unilateral e un proceso constituínte unilateral e popular, 2 / un plan de choque digno de tal nome, onde as necesidades sociais básicas pasen por encima do pago da débeda e dos diktats da Unión Europea e a Eurozona, 3 / o impulso e a solidariedade coas loitas obreiras populares. Cremos que non hai lugar para ningunha alianza electoral que non descanse sobre estas bases mínimas.

Barcelona, 3 de xaneiro de 2016
Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 04-01-2016 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
Diante do 20D
o voto ten que nos servir para preparar a loita

Estamos diante dunhas eleccións que os medios amosan como decisivas. Tras catro anos dende o 15M vivimos día a día golpeados por eses mesmos medios por escándalos de corrupción, yihadismo, recortes, rescates á banca, reformas laborais, aparicións de novos partidos, abdicación dun rei, procesos independentistas, leis mordaza, fascistas en gobernos de Europa, crisis de inmigración polas guerras da OTAN en África e Oriente Medio, case ruptura da UE,... e non parece que vaia cesa-lo bombardeo de sucesos que se tapan uns ós outros e non nos deixan pensar con calma en cales son os problemas e como serían as solucións.

No caso de Galiza non foi posible umha candidatura de Unidade Popular abertamente rupturista co tinglado corrupto que é réxime do 78, polo direito a decidir da xente e os pobos, pola derrogación da reforma laboral, e que resposte ás necesidades da clase traballadora galega, que son postas en función dos das outras clases sociais mediante o truco de chamarlle á todo o mundo "cidadán", cando nesa "cidadanía" están a xente que rouba e a xente que pagamos.

Mas estas eleccións danse baixo a ameaza dumha guerra imperialista en Oriente Proximo, onde as ondas de refuxiados enchen as costas de Europa; mentras a resposta da UE é hipocrita co peche de fronterias e o reparto de cotas de persoas que fuxen da miseria e da guerra.

O primeiro repto do novo goberno que saía das eleccions do 20D vai ser non implicar ao Estado Español nesta guerra imperialista.

O segundo repto é o de resolve-la crise do rexime do 78, corrompido ate nas suas mais altas institucións (a Casa Real) e o encaixe das nacións sen estado, frente un proceso recentralizador do réxime (que tamén é nacionalista, pero español) que ameaza ate a estrutura das Comunidades Autonomas.

O terceiro repto é o de enfrentar as ameazas que desde o FMI e a Unión Europea veñen facendo. Tanto um como outro xa avisaron: o novo goberno vai ter que seguir coas políticas de reforma laboral, de mais precariedade, recortes e privatizacións.

Corrente Vermella chama a votar contra os que o longo destos anos aprobaron medidas que empobreceron á clase traballadora e a maioría do pobo con reformas laborais, privatizacións e recortes, mentras resgataban á banca e ás grandes empresas.

Corrente Vermella chama a votar a organizacións que se comprometan a garantir a non entrada na Guerra Imperialista, que rompa co rexime do 78 e coa “nai de todas as politicas austericidas”, a UE e a Troika.

O réxime non dará nada de balde, os “cambios” formais nas institucións por medio de eleccións non abondan. Precisamos avanzar na organización da clase traballadora e o pobo, baixo os seus propios criterios, cos seus propios obxectivos e métodos, porque somentes coa loita unitaria e sostida no tempo podremos avanzar.

Porque sabemos que, gañe quen gañe, temos que nos preparar para loitar contra a Guerra Imperialista, pola ruptura co rexime e polos procesos constituintes que garantan as conquistas sociais, unamos as nosas forzas nun POLO UNITARIO DA CLASE TRABALLADORA para:

1.- Esixir dun xeito inmediato a non entrada do Estado Español na Guerra Imperialista e a saida da OTAN.

2.- Que derrogue todas a medidas do PPSOE contra a clase traballadora e os pobos.

3.- Que para desmontar ó réxime do 78, garanta o exercicio direito á autodeterminación da Galiza,Euskadi e Catalunya no cadro duna Federación de Republicas.

4.- Que renacionalice / nacionalice os servizos publicos privatizados, baixo control dos traballadores / as e as asociacions de usuarios / as.

5.- Que nacionalice a banca e a empresas extratéxicas (electricidade, transporte, auga, farmaceúticas e hospitais privados, etc.), baixo control obreiro.

6.- Que non pague a débeda publica, creada por imposición do artigo 104 do Tratado de Maastricht.

7.- Que garanta a igualdade real de xenero e raza, garantindo os direitos individuais das mulleres a un aborto libre e gratuito na Seguridade Social, e direitos politicos para todos e todas.

8.- Que derrogue toda a lexislacion represiva e neo franquista (lei de amnistia, lei de partidos, mordaza, etc.), e decrete a amnistía para todas as persoas acusadas ou condenadas por loitar na defensa da clase traballadora e o pobo.

9.- que chame á ruptura coa UE de todos os pobos afectados polo austericidio da Comisión Europea/BCE/FMI; a Troika.

10.- Que aposte abertamente por umha outra Europa, a dos Traballadores / as e os pobos.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 12-12-2015 22:32
# Ligazón permanente a este artigo
Por un 25 de novembro de continuidade
Xa abonda, nin unha máis, non queremos nin unha menos!

Este berro foi o máis coreado o pasado sábado 7 de novembro nas rúas de Madrid. Decenas de miles, homes e mulleres, participamos na manifestación estatal convocada contra a violencia machista. Unha marcha tan masiva como o "Tren da Liberdade" contra a lei de aborto de Gallardón, que culminou cunha vitoria: A dimisión do Ministro.
Estas mobilizacións marcan o camiño para avanzar na loita contra a violencia machista. Porque despois da multitudinaria manifestación do 7N, nove mulleres máis foron asasinadas, o que demostra que a violencia machista é un problema estrutural ao sistema capitalista.

Que é violencia machista?

Ademais dos feminicidios, que son a parte máis visible e descarnada da violencia machista, hai moitas outras formas de violencia mais silenciosas que nos esquecemos que están aí porque son o producto de determinadas leis ou dunha cultura machista que se impuxo ao longo dos séculos.

Violencia machista é a desigualdade salarial, a maior taxa de desemprego que sufrimos, a precariedade e temporalidade laboral ou o acoso sexual nos lugares de traballo.

Violencia machista é a responsabilidade e carga de traballo doméstico e de coidados que nos obrigan a asumir.

Violencia machista é a ausencia de educación sexual e en valores de igualdade. É a cosificación dos nosos corpos a través da publicidade.

Violencia machista é a dificultade de acceder a anticonceptivos gratuítos e seguros, a un servizo de planificación familiar ou as trabas para interromper un embarazo non desexado dentro da sanidade pública. Violencia machista é obrigar ás menores de 16-17 anos a ser nais contra a súa vontade.

Violencia machista é a que sofren as inmigrantes nos centros de internamento, violacións no camiño até chegar ao seu destino.

As organizacións obreiras e estudantes á fronte da loita contra o machismo

En todas estas formas de violencia e discriminación, as mulleres traballadoras levámonos a peor parte. E se somos novas, inmigrantes ou parte do colectivo LGTBI, a opresión que sufrimos é aínda peor.

O machismo e a violencia cara á muller perpetúase e mantense a través de institucións como a igrexa, a escola, a familia e sobre todo, coas medidas aprobadas polos sucesivos gobernos ao servizo de banqueiros, especuladores e corruptos.

E aínda que algúns homes saquen vantaxes persoais, quen se beneficia é a burguesía: esa minoría formada por homes e mulleres que vive apropiándose da riqueza social que producimos a clase traballadora dentro deste sistema capitalista. Os gobernos de mulleres como Merkel, Kirchner en Arxentina ou Dilma en Brasil, tamén aplican políticas de axuste. O machismo é unha ideoloxía que a burguesía mantén e utiliza para a sobreexplotación das mulleres traballadoras e para debilitar e dividir ao conxunto da clase. Por iso para nós, a loita contra o machismo é unha tarefa do conxunto da clase traballadora.

Botar a este goberno mediante o voto non é suficiente

Aos e as candidatas do PSOE, Cidadáns ou Podemos que estaban en primeira fila na manifestación do 7N, dicímoslles que non vale só con "facerse a foto" ou autodenominarse "defensores das mulleres". Queremos saber que medidas contemplan no seu programa para acabar con esta secuela social e de onde van saír os recursos para iso.

Desde Corrente Vermella, saudamos o programa dos compañeiros e compañeiras de Sindicalistas pola Unidade Popular que defenden que o primeiro é ter recursos para protexer ás mulleres e non pagar a débeda aos bancos. Que defenden suspender a débeda até garantir Educación, Sanidade e Servizos Sociais 100% públicos e gratuítos para que deixen de ser un negocio privado e un coto privado da igrexa, e para que se repartan socialmente a tarefa de coidados que agora recaen sobre as mulleres.

Nas próximas eleccións xerais o primeiro paso será botar ao PP (e os seus recambios) do goberno e romper co bipartidismo. Pero non podemos conformarnos só con isto.

Ao novo goberno que salga, sexa o que sexa, haberá que esixirlle un Plan integral contra todo tipo de violencia machista, dotado de orzamento e que a lei recoñeza como tal, as agresións a mulleres e sectores do colectivo LGTBI, que se dan tamén fóra das relacións de parella.

E iso só poderá vir da man da organización e mobilización en barrios, institutos, centros de traballo, etc. Animámosche a vir a Corrente Vermella para dar esa pelexa e construír connosco unha alternativa de clase e internacionalista que loita contra toda forma de opresión e explotación.

E o próximo 25 N todas e todos á rúa para esixir:

1- Recursos e medios suficientes para as mulleres agredidas. Ningunha muller sen asistencia (centros de información e acollida, asistencia médica, psicolóxica e xurídica gratuíta, etc.). Fora xuíces machistas do aparello xudicial!
2- Garantía por parte do Estado dun emprego para as mulleres maltratadas e subsidio de desemprego mentres se lles proporciona. Dereito efectivo e protexido por lei a cambio de postos de traballo e horarios para as mulleres traballadoras agredidas. Non á reforma laboral!
3- Por un parque público de vivendas en aluguer social coas miles de vivendas baleiras en mans de bancos e inmobiliarias, ao alcance das familias máis necesitadas, priorizando aquelas que teñen menores a cargo. Vivendas gratuítas para as mulleres maltratadas sen condicións.
4- Espazos gratuítos nos medios de comunicación para a difusión dunha cultura contra a violencia cara ás mulleres e os sectores máis oprimidos.
5- Educación sexual e de igualdade de xénero no ensino público. Fora relixión das aulas!.
6. Acceso público e universal a anticonceptivos fiables e a servizos de planificación familiar. Aborto libre, público e gratuíto na sanidade pública para TODAS as mulleres
7- Gardarías públicas, gratuítas e de calidade! Non aos recortes na lei de dependencia que nos responsabiliza do coidado de anciáns e persoas con discapacidade.
8- Educación, sanidade, transporte e servizos públicos de calidade. Non ás privatizacións!
9- Por unha política contra o tráfico de mulleres e nenas para a súa explotación.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 25-11-2015 08:15
# Ligazón permanente a este artigo
Comunicado da CV diante do fracaso dumha candidatura de Unidade Popular
Apos de moitas reunions, asembleas, acordos e desacordos, na Galiza as forzas politicas e sociais da esquerda van concurrir ás eleccións do 20D divididas en duas candidaturas, umha, En Marea-Podemos, dous, Nós-Candidatura Galega.
No cadro da desmobilización social tras as grandes manifestacións dos pasados anos, que culminaran o 22M 2014 en Madrid e a dimisión do “vello” rei, era inevitable que no debate cara á Confluencia numha candidatura rupturista pesaran mais os interese dos aparellos e as cupulas cara a manter a suas estructuras partidarias, que as presión á unidade da poboacion traballadora. De feito, a todos eles encheuse a boca baixo o lema de "respostar á cidadanía", de facer a candidatura de "abaixo arriba", mas ningunha comezou o traballo por facer asembleas ou reunions dos activistas nos centros de traballo e de estudo, ou nos barrios e vilas, onde se decidira o programa e as candidaturas; pola contra, todo foise resolvendo en negociacións en petit comité.
Nón é comprensible que as duas forzas que constituiron AGE hai 3 anos, ANOVA e EU, baixo o eixo la loita contra a “emerxencia social e nacional” e pola ruptura co rexime do 78, agora pacten un acordo electoral cumha forza, PODEMOS, que ubicase sen lugar a dubidas como a garantía da “unidade de España”, da sua pertenza á OTAN e o mantemento das bases ianquis, e que non cuestione a privatización da educación o servizo dos interese da Igrexa, gran beneficiaria da educación concertada.
Coa candidatura En Marea, feita co aval de plataformas que como o Encontro Cidadan, en principio apostaban por un proceseo aberto e baseado nunhas primarias, a cupula de Podemos pretende a integración no rexime das forzas que nas municipais presentáronse como “o cambio” a nivel local.
Pola sua banda, a candidatura promocionada por Iniciativa pola Unidade, Nós-Candidatura Galega, e ainda que o BNG defenda oficialmente a ruptura co rexime, ten como eixo a constitución dun “grupo parlamentar” galego que supoña un lobbi de presion en Madrid, agrupando a sectores da direita burguesa galega (Coalicion Galega, Terra Galega, e ate certo punto, Compromiso por Galiza), nun acordo nacional sen un sentido anticapitalista. Non ten no seu ADN a loita da clase traballadora, senon que subordina a resolución das suas necesidades, e mesmo ás suas loitas, aos acordos con eses sectores do capital galego, con interese contradictorios cos dos traballadores e traballadoras. Este acordo supon poñér á CIG ao caron deles para construir umha nazon... Mas, desde CV preguntamosnos: umha nazón burguesa ou umha nazon obreira?
Por estes motivos, o pobo traballador galego fica, de novo, orfo dumha forza anticapitalista, que basee o seu programa nas loitas independentes da clase traballadora e o pobo contra as consecuencias da crise capitalista.
CV considera que existe umha terceira via, que recupere o fio vermello das experiencias da loita obreira e social galega (e internacional), do 72 e das folgas da Transición, das 11 folgas xerais baixo o rexime do 78, das loitas estudiantis contra a LOU e Nunca Mais, e mais recentemente, da aposta de sacar á rúa a politica qeu foi o 15M; o fio que une a todos estos procesos é a desconfianza cara as institucións e a confianza exclusivamente na loita social. Umha via que parta das loitas da clase traballodora e o pobo; do feito de que na Galiza o 70% da poboacion activa é asalariada, son obreiros e obreiras do metal, do textil, da madeira,... do mar, do comercio ou da Administración Publica, etc., que como clase teñen os seus interes proprios, que son o anticapitalismo e o socialismo.
O xiro cara Podemos de ANOVA e EU (AGE) e a politica interclasista do BNG clarifican a escena política e deixan a porta aberta ao xurdimento dumha organización verdadeiramente anticapitalista, socialista, na Galiza, que teña como eixo a ruptura co rexime do 78 e a defensa dos direitos nacionais da Galiza.
Para CV a necesaria tarefa de botar aos gobernos da Unión Europea nestas eleccions, polo seu caracter plebiscitario, abre as portas cara a preparar o post 20D e as inevitabéis loitas que sen dubida van se producir contra as politicas da UE, como demonstra o exemplo Grego. A disiuntiva é agrupar forzas tras aqueles que procuran a “reforma” da Constitucion, como pretenden a maioria das organizacións da esquerda, deixando sen tocar as institucions basicas do rexime, a Xefatura do Estado, o exercito e o poder xudicial; ou ben agrupar forzas pola “ruptura” coa constitución, como necesita a maioria do pobo traballador para garantir os seus direitos sociais e nacionais.
Nestas condicions, desde CV consideramos imprescindible abrir o debate do programa e a politica cara a organización dun POLO UNITARIO DA CLASE TRABALLADORA, desde os centros de traballo, estudo, dos barrios e vilas, que poña en valor as súas reivindicacions, como a derrogación da reforma laboral, a nacionalización das empresas en crise, a renacionlización dos servizos privatizados, etc. que se sumen ás exixencias dos direitos nacionais da Galiza, o non pago da debeda ou a defensa das liberdades politicas e sociais (direito ao aborto, derrogación das leis mordaza, de partidos, etc.).
Un Polo que rexeite os acordos cupulares e electoralistas dos ultimos meses, e poñan no centro a mobilización social, a sua autoorganización e a sua coordinación, como unico metodo de loita ao que se subordinan todos os demáis, como a conformación de candidaturas de unidade popular.

O post 20D comeza a prepararse agora mesmo
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 12-11-2015 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
Comunicado da CV
diante das detencions na Galiza e a suspensión de CGz

A detencion de 9 independentistas resultou na sua posta en liberdade con cargos (por enaltecimento de duas persoas acusadas de terrorismo) e na suspensión, ilegalización nos feitos, por dous anos das actividades de Causa Galiza baixo a teoria legal inventada por Baltasar Garzon, de "entorno" do terrorismo, "coincidiu" con outro operativo represivo en Catalunya e Nafarroa.
O goberno do PP, armado como está coas modificacións lexislativas, as aprobadas recentemente (lei Mordaza) e pasadas (a lei de Partidos, acordada co PSOE), busca a criminalización baixo a etiqueta de terrorismo de activistas que loitan contra as consecuencias da crise capitalista e das politicas de axuste e austeridade, alen da defensa dos direitos nacionais da Galiza.
Esta deriva antidemocrática non só afecta aos activistas ligados ás loitas nacionais, baixo a acusación de enaltecimento do terrorismo, senon que fai parte dunha politica que atinxe o conxunto dos movimentos sociais. Son ducias os casos de traballadores e traballadoras, estudantes e veciños / as, que estan acusados, ou mesmo condenados a duras penas de prision como as traballadoras das piscinas de Pontevedra ou os compañeiros de CIG e UXT de Vigo, por defender e loitar polos seus direitos.
A vaga represiva atinxe o conxunto da sociedade, demonstrando a profunda crise do rexime, que so pode respostar diante das loitas sociais con medidas autoritarias, como as leis anteditas. negando os direitos dos pobos a decidir o seu futuro ou, mesmo, coa negativa a un referéndum en Canarias acerca da conveniencia de instalar unha planta de Repsol diante das suas praias.
Desde o goberno e os partidos do rexime, continuamente falase de que en democracia o dialogo é o metodo; mas cando as suas politicas baten de fronte coas necesidades sociais, con recortes e axustes, os chamados ao dialogo desaparecen, e sae a represión pura e dura, de tal xeito que para eles, opinar sobre alternativas ao rexime actual e ao capitalismo, conviertense en delitos de opinión, que poden levar a penas de prisión e a ilegalizacións de partidos, decisións tomadas por un tribunal politico, a Audiencia Nacional.
A Lei Mordaza, a Lei de Partidos e a Audiencia Nacional son herdanzas do pasado franquista, que situannos nun rexime de estado de excepción permanente, sen declarar. Numha democracia parlamentar no pode, ni debe existir, nin lexislación especial politica nin tribunais especiais politicos, por fora da xurisdicción ordinaria como si acontece no Estado Español: é umha vulneración dos minimos principios democráticos de liberdade de opinión e organización.
Por todo elo, CV chama a todas as organizacións que din defender estos principios democráticos basicos, a esixir o sobreseimento de todas as causas abertas por supostos "delitos" de opinión e politicos, o que significaría umha amnistía total para todas as persoas condenadas por defender os direitos sociais e politicos da poboación traballadora.
Para CV, as forzas que prometen o "cambio", a ruptura co rexime, teñen como primeira obriga a derrogación das leis Mordaza e de Partidos, alen da disolución do tribunal de excepción, chamado Audiencia Nacional.


Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 08-11-2015 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal