A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

14N FOLGA XERAL: UNIR OS TRABALLADORES/AS EUROPEOS
Abaixo os plans de recortes sociais da UE!
Non ao saqueo dos traballadores e o pobo !
Fora a Troika e os seus gobernos !
Esta débeda non é nosa !


O 14 de Novembro os traballadores/as de Portugal, Grecia, Italia e do Estado Español estaremos, por primeira vez na historia, ante unha folga xeral que abarcará varios países europeos. A unidade na loita e nas demandas dos traballadores/as europeos é unha necesidade imperiosa.
Mentres a UE e cada un dos gobernos actúan coas mesmas medidas e cun plan internacional ditado polas necesidades dos bancos, a unidade internacional da loita dos traballadores faise máis que necesaria para derrotalos.
En todos os países os plans de axuste deixan un saldo claro: a débeda pública aumentou, o déficit non diminúe, o desemprego disparouse e a crise segue profundándose. Pero a política dos gobernos segue sendo a mesma: facer que os traballadores/as paguemos a crise con recortes nos orzamentos e recortes nos salarios.
Esta folga levará a cabo cando os Parlamentos de Portugal, España e Grecia aprobarán orzamentos para o ano de 2013 que profundan de forma vergoñosa as esixencias da Comisión Europea (CE), o Banco Central Europeo (BCE) e o FMI, a chamada Troika: máis recortes na sanidade, educación, prestacións sociais, investimentos.... En Grecia ademais dun novo e brutal recorte de 13 mil millóns de euros no Orzamento, a Troika esixe unha nova reforma laboral que diminúa os custos dos despedimentos. En Italia os recortes no Orzamento tamén van acompañados de reformas que retiran conquistas históricas dos traballadores/as.
Todos os gobernos anuncian... máis do mesmo! A profundización da catástrofe social e económica resultado dunha política ao servizo dos banqueiros. E a continuidade da rapina dos nosos países para encher os petos dos bancos e fondos de investimento de Alemaña, Francia e Estados Unidos.
O Movemento Alternativa Socialista en Portugal, Corrente Vermella no Estado Español e o Partido de Alternativa Comunista, en Italia, seccións da Liga Internacional dos Traballadores (LIT), estaremos na liña de fronte na preparación da folga, ombreiro con ombreiro cos e as activistas do movemento sindical e da mocidade.
Á vez que alertamos a todos os activistas que debemos preparar a folga desde a base e facer votar nas asembleas e organismos, os obxectivos precisos da nosa loita así como a continuidade da mobilización a escala internacional.
As masivas mobilizacións do 15S en Portugal contra as medidas do goberno Pasos Coelho, déronse a pesar da CGTP. No Estado Español, as manifestacións multitudinarias do 19J, a folga xeral no País Vasco o pasado 26 de setembro, o 25S que cercou o Congreso e as incontables mobilizacións e folgas veñen reclamando unha e outra vez esa convocatoria. Só a negativa da burocracia sindical da CES -Central Europea de Sindicatos- postergou esta necesidade imperioso e no caso de Italia convocan unha folga soamente de 4 horas.
A unidade da clase traballadora en loita é a arma para derrotar a política da UE e dos gobernos dos banqueiros, pero para iso a Xornada Internacional de folgas e mobilizacións do 14N non pode parar aí. A votación dos Orzamentos da troika en Grecia, Portugal e no Estado Español esixe a continuidade da loita para impedir os recortes nos Orzamentos.

Necesitamos ter obxectivos claros para a Folga Xeral e un programa
A folga precisa ser o primeiro paso dun plan de loitas que teña continuidade até derrotar os plans de austeridade da Troika.
As manifestacións masivas ocorridas durante este mes de Setembro dixeron ao unísono ?Basta!?. E por primeira vez no transcorrer desta crise obrigaron a un goberno, o de Portugal, a recuar na medida que transfería directamente diñeiro da Seguridade Social para bancos e grandes empresas: unha importante vitoria da mobilización contra un goberno ao servizo dos banqueiros.
Por iso, nas asembleas, nas manifestacións e coordinacións de loita, debemos defender que a folga non sexa unha mera protesta. Deber ser moito máis que iso, unha arma poderosa nas mans dos traballadores/as e dos pobos. Desde os centros de traballo, de estudo e vivenda, debemos organizar unha forte folga xeral o 14N. Á vez que esiximos manter a unidade dos traballadores portugueses, gregos, italianos e do Estado Español tras o 14N, é necesario un Encontro Internacional que defina os próximos pasos da loita para varrer os recortes e revogar todas as medidas de ataques aos dereitos dos traballadores.
Desde abaixo, nas asembleas e mobilizacións debemos esixir unha pauta mínima de reivindicacións:
a) Fin dos recortes e derrogación das reformas laborais e as pensións
b) Contra o pago da Débeda aos banqueiros e auditoria pública da Débeda.


Recortar si... a austeridade!
É necesario un plan de rescate dos traballadores
Vivindo do sangue e suor de millóns de traballadores/as, os banqueiros e grandes empresarios alimentan as súas fortunas á conta dos salarios, e do orzamento público. E se todos os traballadores/as saben que foron gobernados por verdadeiros criminais, tamén deben saber que é criminal a débeda que alimenta o lucro de bancos crebados mentres millóns de traballadores son lanzados ao desemprego.
A loita contra o pago desta débeda que non é nosa e a derrogación de todas as leis que retiraron conquistas históricas dos traballadores, son as medidas fundamentais de rescate dos traballadores e o pobo.
Por iso o xa Basta! que se ouve nas rúas contra os recortes, debe agora estenderse aos gobernos dos banqueiros e da Troika. Fora os gobernos que rescatan aos banqueiros!
Un ínfimo puñado de capitalistas e banqueiros, menos do 1% da poboación, están a gobernar contra a maioría, espoliando aos traballadores e ao pobo e provocando un empobrecemento catastrófico en beneficio dos seus lucros astronómicos. Para aplicar un plan de rescate dos traballadores necesitamos a unidade dos traballadores e dos pobos de Europa dicindo Non á Unión europea do capital, en defensa dunha Europa Socialista dos Traballadores e dos Pobos.
É hora de construír organizacións que defendan sen vacilación que a crise quen debe pagala son os capitalistas e que os traballadores europeos debemos unirnos nunha loita contra a Europa do capital.
Neste proxecto estamos empeñados as seccións da LITci.
Viva a loita internacional dos traballadores/as!

Corrente Vermella (Corriente Roja, Estado Español)
www.corrienteroja.net/
Movimento Alternativa Socialista (MAS, Portugal)
www.mas.org.pt/
Partito di Alternativa Comunista (PdAC, Italia)
www.partitodialternativacomunista.org/

Secretariado Europeo da Liga Internacional dos Traballadores (LIT.CI)
www.litci.org
Comentarios (0) - Categoría: Internacional - Publicado o 10-11-2012 14:15
# Ligazón permanente a este artigo
14 N: A VICTORIA DA FOLGA É TAREFA DE TODOS/AS
O que foi un grito dos gregos hai dous anos, ?pobos europeos levantaros?, hoxe pode ser unha realidade coa convocatoria dunha Xornada de Loita Europea o 14N, que inclúe a folga xeral nalguns países e movilizacións xerais en outros.
No Estado Español traballadores/as das administracións públicas, sanidade, educación, traballadores/as das empresas privadas que sofren EREs e recortes nos seus dereitos, desempregados/as, afectados polas estafas bancarias, ...., todos saen á rua sen ningunha coordinación, uns loitando por un lado e outros por outro, e todos eles contra as medidas do goberno, igual que no resto dos países europeos. Éste é o momento de que todas as mobilizacións conflúan e cambiar o rumbo da loita contra os plans de Bruxelas e os gobernos.
A convocatoria feita pola Confederacion Europea de Sindicatos supón un feito histórico e progresivo, por primeira vez desde que comenzara a ?crise? hai unha convocatoria conxunta contra as medidas da Unión Europea. Pero esta convocatoria non é nada en si misma si os sindicatos limitanse en facer a convocatoria a través da prensa, de maneira burocratica como xa nos teñen acostumados.
Desde o poder e os medios queren facernos pensar que as folgas non serven para nada, mas o que non din é que todo o que temos, e que agora queren quitar, nunca foi un agasallo dos poderosos e os gobernos, senon froito de douscentos anos de loitas, de folgas e manifestacions, de revolucions e revoltas populares. Nunca nadie regalou nada ás clases traballadoras.
Nos tempos recentes tamen se fixeron folgas e manifestacions, mas a crise que atravesa o capitalismo pon as conquistas mais dificiles de conseguir. Na epoca da sua expansion e nos anos 50 ou 60 facian concesións para evitar mais folgas, e asi conquistouse o Estado do Ben Estar tras a II Guerra. Hoxe non o poden facer, mas iso non evita que podan ser derrotados, asi, ha dous meses o goberno portugués tivo que retirar -foi derrotado- a sua proposta de rebaixar os salarios dos traballadores/as.
Que sempre tentaran voltar a meter os planes, esta claro; unha victoria numha batalla non resolve a guerra, mas serve para coller forzas. Temos que aprender dos portugueses, foron dias e dias de centos de miles na rua o que fixo retroceder o goberno.
É certo que un dia e sen o conxunto da clase traballadora non chega. A folga ha que construila desde a base, desde os centros de traballo, estudo, dos barrios, e pensar a súa continuidade. Para que esto sexa asi, temos que implicar ao conxunto dos nosos compañeiros/as, e isto so se fai se VOTAN nas asembleas os planes de mobilizacion e non se limitan a ver como as convocatorias se pegan nos taboeiros das empresas.
A democracia nos centros de traallo e dentro dos sindicatos, é fundamental para conseguir a victoria, pois sen a implicacion do conxunto dos compañeiros e compañeiras iso é imposible. Ningun dirixente, por moi ben que fale, ten a forza para derrotar á patronal e os seus gobernos, coa UE detras deles.
Nós como afiliados/as aos sindicatos e mesmo como traballadoras/es nos centros de traballo temos que exixir aos nosos dirixentes que se fagan asambleas para ser parte activa desta convocatoria. As asambleas teñen que ser onde os e as traballadoras debatan sobre a importancia desta loita e da necesidade da sua continuidad, voten ir á folga e a participación activa nos piquetes.
Todos/as sabemos que a propoganda dos medios e o goberno (o seu silencio da convocatoria), as presions das empresas e o descreto das cupulas sindicais, o medo o desemprego, a division entre fixos e precarios, xovenes e vellos, falsos autonomos e asalariados/as etc., etc., é forte e fai o seu ?traballo? contra a folga; a unica forza que pode contrarrestar esta campaña oficial é a que todos/as nós podemos facer nos centros de traballo, estudo, barrios....
Para axudar envio-vos un argumentario que circula por Internet , e que resposta á maioria das excusas para non ir á folga.
1.- A folga non serve para nada.
Bo, esta é a máis socorrida. O problema das folgas é que son útiles en función da xente que a secunda, e por tanto aquel que non vai á folga está "a traballar" por que este motivo sexa certo. É dicir, que serven ou non en función do número de persoas que van e do que non van. Así que sería máis xusto reformular esta escusa con "Non quero que a folga sirva e por tanto boicotéoa".
2.- Non vou á folga porque a convocan UXT e CCOO
Paréceme fantástico. Podes tomar unha decisión moi intelixente: non ir con eles. Pero ir. O problema que hai no Estado Español é que non só existe o bipartidismo, tamén existe o bisindicalismo. E isto levou a que a xente pense que non existe máis sindicato que estes dous. E o problema é que teñen unha representación en grandes empresas e sector público que non se merecen. Ou igual si. A cuestión é que as folgas, tal e como está a lexislación, tena que convocar un sindicato cun mínimo moi alto de representación no territorio, polo que as folgas xerais estatais só pódenas convocar estes dous sindicatos e outro máis, que está moi por baixo en afiliación.
E pensa unha cousa. As folgas non se fan para maior lucimento dos sindicatos senón para reclamar o que se considera xusto para os traballadores/as. Sen folgas non terías fins de semana nin traballarías 8 horas diarias.
3.- Os sindicatos non me representan e son uns vendidos
Estas simplificacions están moi gastadas do uso. Tamén se di que os pilotos cobran moito, que os funcionarios traballan pouco, que todos os políticos son iguais, que os chineses son uns mafiosos ou que os estranxeiros veñen roubarnos o traballo. Se usas o primeiro dos argumentos seguramente usases todos os demais. Igual tés un problema e é que resulta moi fácil manipularche. Deberías ser máis crítico e pensar máis por ti mesmo.
Se non represéntanche vota a outros. Úneche a outros e loita para o ben de todos os traballadores/as.
4.- A min non me afecta
As reformas laborais emprendidas polos dous últimos gobernos, os recortes na educación, sanidade, transportes públicos, servizos sociais etc etc aféctanche a ti e aos teus familiares e amigos. Todos temos un, dous ou tres amigos en paro e sabemos o mal que o están pasando. Cunha taxa de paro do 25% e o despedimento case gratuíto é de covardes pensar que nunca che vai a afectar. Cando vaias ao médico, a comprar un medicamento, a inscribirche na UNED verás como, realmente, aféctanche estes recortes.
5.- Eu son autónomo
E por tanto es un dos traballadores máis precarios que hai en España. Esta folga tamén é por ti e para ti. Subíronche as retencións máis que a ninguén e a maior parte dos autónomos están a ter serios problemas para chegar a fin de mes. Realmente non che afectaron as medidas?
Se, perderás un día de traballo. Iso mesmo pensaban os funcionarios ata que lles recortaron máis dunha paga. Con ese diñeiro que lles quitaron poderían estar de folga un mes seguido crees que algún goberno aguantaría unha folga indefinida do sector público?
6.- Eu tamén e ademais teño unha empresa pequena
E os teus clientes cada día teñen máis dificultades para comprar no teu negocio. Viches baixar as vendas máis que nunca e viches a outros como ti que tiveron que pechar. Igual tes débedas porque os bancos pedíronche que avalases o préstamo para o negocio coa túa casa, coa dos teus pais.
7.- Son estudante e non me afecta
Pero serás traballador. E os teus pais o son. Os teus amigos ou irmáns maiores están, cun 52% de probabilidade, en paro. As reformas educativas só fomentan a formación se está orientada á produción en cadea. Que clase de futuro espérache? É o que che imaxinabas?
Ademáis, os planes de Privatizacion da educacion, Bolonia na Universidade son iguais aos da saúde ou o resto dos servizos. Ao final so poderan estudar como no seculo XIX, os fillos dos ricos e poderosos.
8.- Estou a gusto na miña empresa
Solidariedade, compañeiro. Que ti esteas a gusto na túa empresa non significa que non poidas porche á beira dos que teñen un traballo precario ou dos que non teñen traballo. Que ti non o esteas pasando mal non invalídache para defender os dereitos de todos. A final de contas onde estarás dentro duns meses? O número de EREs disparouse crees que o teu traballo seguirá existindo dentro de seis meses ou un ano? Co barato que é o despedimento e a subcontratación quen che di que mañá non che despiden para contratar a outro que faga algo parecido ao que facías ti pero por moito menos diñeiro?
9.- O meu xefe non cre nas folgas
É o que pasa cando se é empresario. Pero debería saber que se as vendas seguen baixando igual ten que pechar e perder todo o que investiu en tempo, diñeiro e saúde. Se a crise segue e o goberno continúa usando o diñeiro de todos para rescatar aos bancos é probable que a empresa do teu xefe empece a ter problemas económicos. E se traballa con países estranxeiros é probable que lles afecte a crise tamén a eles.
10.- A democracia é votar cada catro anos
E prometer nos programas o que se pretende cumprir e non mentir ao electorado e cumprir coa constitución e non roubar desde os cargos públicos. É moitas cousas, pero non queren que penses en todas elas.
11.- Teño dereito a ir traballar
Non. Tes dereito a ter un traballo digno cun salario que che permita vivir dignamente. Tamén tes dereito a unha vivenda e a unha serie de liberdades que non se cumpren. E que pasa co dereito a ter traballo do seis millóns de españois que non teñen traballo? Vale máis o teu dereito a ir ao traballo que o de 6.000.000 de persoas que non teñen traballo?
12.- Agora non é momento, ao contrario, hai que traballar máis para saír da crise.
Di mellor que deberiamos levar dez folgas e só levamos dúas. Pero o problema é o bisindicalismo e que os sindicatos minoritarios non puideron estar á altura. Pensas que só se debe protestar cando as cousas van ben? Entón nunca volverán ir ben. Se non se protestou cando todo ía rematadamente mal, hoxe non estariamos tan ben. Ou pretendes esperar a que restauren o traballo infantil, a xornada de 12 horas e a semana de 7 días laborais antes de empezar a protestar? E o dereito de pernada?
13.- Dáme medo ter represalias na empresa.
Fala cos teus compañeiros ou denuncia calquera intento do teu xefe de evitar que fagas folga. Non ten dereito a preguntarche se vas facer folga. Se o fai recolle probas e denuncialo ante a inspección de traballo. Ou fala con amigos que saibas que están en sindicatos. Poida que déanche ideas, ou ata que monten un piquete na porta para darche a escusa perfecta: "non puiden ir traballar porque había uns sindicalistas malísimos que non me deixaron entrar"
14.- Paso de leas, se ao final fodémonos igual.
Claro que si. E se alguén che pega non te defendas, se ao final vaiche a pegar unha navallada igual. E se ves que rouban na túa casa non chames á policía. Se ao final non vai servir de nada
15.- Perderei un día de soldo
Que baratos vendes os teus dereitos laborais. Cambias un mísero xornal polo dereito ao traballo, os recortes sociais, os despedimentos masivos, as reformas laborais. Saes moi barato.
16.- Á miña empresa, pequena, fágolle unha putada e o meu xefe é boa xente.
Seguramente a túa empresa, pequena, estea a pasar malos momentos máis pola falta de clientes que por que peche un día. Igual a solución é que todos protestemos contra estes recortes que están a afogar a economía de todos os cidadáns e que nos está levando á quebra completa de todos.
17.- Non vai facer folga case ninguén, non vou ser eu o que dea a nota.
Se todos pensamos así claro que non vai facela case ninguén! Fala cos compañeiros cos que teñas confianza e preguntales. Igual lévasche unha sorpresa.

Comentarios (1) - Categoría: Estado Español - Publicado o 07-11-2012 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
Tertulias Vermellas: CAL É A SAÍDA DA CRISE?
Estimado/a compañeiro/a, dentro da súa programación das Tertulias Vermellas, queremos convidar-te a debater connosco cales son os verdadeiros motivos desta crise capitalista. Cal é a saída para a clase obreira e os pobos. Todo elo no cadro dun contexto histórico na Europa, a folga xeral convocada para o vindeiro 14 de novembro en varios países da UE e xornada de loitas en outros contra as suas políticas de axustes.

A clase obreira europea na conquista dos seus dereitos non so sindicais se non tamén políticos moito camiño percorreu, lembremos que xa pasaran anos desde que Marx e Engels escribiran o Manifesto Comunista. O longo dos anos consquistou o dereito voto, a organizarse en sindicatos e partidos políticos para se defender fronte á burguesia, e que agora están roubando.

Nestes momentos onde a situación da crise do sistema capitalista esta levando á clase obreira e os pobos a perdelos, e onde as organizacións da clase obreira están en descreto absoluto, a contradicción que existe entre as necesidades obxetivas e as subxetivas, fan necesaria a discusión de cal é a organización que necesita a clase obreira e os pobos.

Porque consideramos que é precisa a organización, convidamos-te a debater connosco.

Esperamos-vos na "Diablita", na Pza Azcarraga, A Coruña

10 novembro as 18 h
Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 05-11-2012 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
Eleccións 21O: mais crise politica e mobilizacions
Eleccións 21O: mais crise politica e mobilizacions

A importancia dunhas eleccións no cadro dun réxime burgués non están tanto no seu resultado -sexa o que sexa o seu resultado, vai ser un goberno ao servizo do capital-, mas tamén nas consecuencias que teñen nas organizacións políticas, nas que representan á clase traballadora e o pobo, e nas proprias da burguesía. Umhas eleccións son a visión desvirtuada da realidade social, mas reflicte esa realidade, e a súas consecuencias son lidas en profundidade por todos, mais que mais, nun tempo de crise, cando todas as institucións están postas en cuestión.

Este balance cínguese ás eleccións galegas, aínda que coincidiran no tempo coas bascas, e moitos dos elementos sexan comúns, nomeadamente dous, un, a debacle do partido que ate o de agora representaba ás clases medias e sectores da clase traballadora, o PSOE, segundo, a vitoria pírrica da burguesía, nun caso expresada no PNB, que non obtén a maioría absoluta, noutro o PP que perde 135 mil votos, malia grazas a antidemocrática lei D?Hont, teña a maioría absoluta (2-1=5, é o resultado que da a esa lei, segunda a cal tendo menos votos podes ter mais deputados).

En terceiro lugar a esquerda, Bildu con 21, BNG e AGE (entre estes dous acadaron 16 deputados, mais dos 12 que tiña o BNG só), aínda que en dous casos tiveron bos resultados, o de Bildu semella que non chegaron a cubrir as perspectivas que tiñan, e no caso galego asistimos o afundimento da organización que ate o momento era a expresión política maioritaria da esquerda social galega, o BNG. Pola contra, aparece un novo actor no escenario, Alternativa Galega de Esquerdas (AGE), que recolle non só un sector do voto do BNG e o PSOE, mas tamén de sectores da xuventude, do 15M e dos ?indignados?.

Se a elo engadimos a abstención/voto nulo/branco, que chega o 40%, resulta que na Galiza o PP vai gobernar co respaldo de 1 de cada catro galegos; ou dito doutra maneira, 3 de cada 4 galegos non votaron ó PP. É certo que van gobernar con 41 deputados, mas que non se trabuquen, non teñen mais apoio social, o envés, perderon apoios; que cara á galería -e para consumo interno na batalla polo control do PP- e nos titulares sacan peito, e tentan que a realidade non lles estrague o titular da vitoria electoral.

Dos resultados xorden outras preocupacións para as forzas do réxime, un, a mencionada debacle do PSOE pon en cuestión o bipartidismo na pata pola que amplos sectores da clase traballadora integrábanse nas institucións do réxime, dous, Feijoo fixo campaña afastándose claramente das políticas de Rajoy e agochando no posible as siglas do PP, e aínda así perdeu votos. Diste xeito, e con diferentes ritmos, os partidos centrais do réxime, o PSOE e o PP, saen tocados das eleccións. Esta claro que as mobilizacións sociais non van parar cos resultados electorais, e malia a ?virtual? maioría absoluta do PP, Rajoy sae debilitado mesmo dentro do PP, onde xa existe umha alternativa (Esperanza Aguirre dixit), Feijoo.

Os datos e a lei D?Hont


O PP acadou nas eleccións do 2009 789 000 votos, o 46,68%, o PSOE 524 000, o 31.02, o BNG, 270 000, é dicer, o 16,01, e tiñan 38, 25 e 12 deputados respectivamente. A suma dos dous últimos era do 47% dos votos, que, marabillas da lei D?Hont, dan menos representantes que o 46.68 do PP. Nestas eleccións o PP baixa aos 653.900 votos, é dicer, o 45.72, o PSOE a 293.600, o 20.53%, o BNG fica nos 145.300, 10.16%, e aparece un cuarto en discordia, AGE, con 200.100 votos e o 13.99%. Unha diferenza de 1.04%, e de 17 mil votos resulta nunha diferenza de 7 deputados.

Esa é a maxia da antidemocrática lei D?Hont, que fai que con menos votos e practicamente igual proporción saquen mais deputados e teñan maioría absoluta para facer o que lles pete. É obvio que a responsabilidade desta lei non é do PP, que ben lle ven, senon daqueles, o PSOE e o BNG, que tiveron nas suas mans ha catro anos de denunciala publicamente e non o fixeron, así como de derrogar o tope do 5% para entrar no Parlamento -tope que agora beneficia ó PP pois impide a aparición dunha forza burguesa que compita con el-. O problema é que a sua claudicación as normas electorais antidemocráticas permite que o PP, con toda a sua ristra de ataques á poboación, teña maioría absoluta.

A derrogación destas leis restritivas comeza a se converter numha necesidade para garantir un mínimo de democracia na Galiza e no Estado Español. A anterior restauración monárquica, a finais do séculos XIX, baseouse tamén numha democracia farsa dominada por dous partidos, o conservador e o liberal, que se sucedían no goberno, e un sistema electoral baseado no caciquismo que garantía esa alternancia. Mas era evidente para todos que era umha farsa de democracia, con pouco que ver cun réxime verdadeiramente democrático. O actual réxime monárquico tamén basease nunha farsa democrática, agora fundamentada na lei eleitoral que favorece o bipartidismo e dentro del, o partido mais forte. A denuncia desta farsa foi uno dos eixos do 15M de pasado ano e fai parte da importante crise que teñen as estruturas do réxime actual.

A Alternativa Galega de Esquerdas ou a Syriza Galega

A gran novidade, e dalgún xeito, o triunfador destas eleccións é a AGE, a alianza entre Esquerda Unida e Anova, que acadou uns resultados históricos para umha forza que non ten mais dun mes de vida, con 200 mil votos e 9 deputados. A AGE é resultado de tres elementos chaves, un, a alianza entre umha forza politica que xa viña recollendo a decepcionados do PSOE, EU, e outra en ruptura co BNG, ANOVA; dous, a presenza dun dirixente de gran calibre, Beiras, e terceiro, mas o decisivo para futuro, o xiro á esquerda dun amplo sector da sociedade, que rompe co institucionalismo do PSOE, e esgotado polo discurso ?acartonado?, sen forza, do BNG, por moito que o presentar como de esquerdas, non deixaba de seren visto como umha forza institucional.

Foi Beiras quen definiu o seu obxectivo: son a expresión política da indignación social contra os recortes. Mas, é un experimento empirico, que agora ten que respostar ás expectativas que criou, especialmente en sectores da xuventude, do funcionariado, profesionais liberais e intelectuais. De feito a posición inicial de que era ?só? un proxecto electoral, para estas eleccións, en palabras de Beiras, mudou e agora comezan a falar dun proxecto de futuro.

Baixo a caracterizacion da ?emerxencia social? que vívemos, e utilizando a experiencia do apoio dos nacionalistas galegos, Castelao e Boveda, á Fronte Popular, afirman que é posible nunhas circunstancias excepcionais acordos entre nacionalistas e forzas españolas.

A AGE é, sen lugar a dubidas, un fenómeno progresivo. Romper o ?tripartidismo? que dominou a política galega por duas décadas, vehiculizar o debate político nun sector da xuventude, romper o ?apoliticismo? de sectores do 15M,... son elementos que non se poden desprezar, senon que ha que telos moi en conta para o futuro.

Existe, alen diso, umha lectura estatal. O ?experimento? da Syriza galega saíu ben, nomeadamente para EU, que de cero, e de que nas enquisas lle deran como moito 1 deputado, sacou 5. Canto tardarán en estender a idea o resto do Estado?

cal é na nosa opinión do carácter da AGE

O seu programa non é un programa de transformación socialista da sociedade, senon que é un programa electoral, que ten como obxectivo a ?liberación social e nacional? da Galiza por medio do voto. A ?revolución do voto?, chámanlle. A clase obreira non aparece por ningures, e as medidas anticapitalistas brillan pola sua ausencia.

É un programa socialdemócrata que non sae dos marcos do réxime capitalista nin nas formas, non o mencionan, nin nos medios; non se fala da folga xeral e da mobilización como alicerces do traballo e enfrontamento ente as clases. É claro que van facer umha oposición no parlamento mais dura da que hoxe existía, que van a ser ?a voz dos oprimidos? no Parlamento, como dixeron o longo da campaña. Mas, no parlamento; a dinámica que eles defenden é ?da sociedade ao parlamento?; isto é o que significa ?ser a voz?, non o invés; os parlamentarios o servizo de organizar a loita da clase traballadora e o pobo. ?Ser a voz? pon a mobilización o servizo dos parlamentarios,... é dicer, a orientación das loitas é cara á institución democrática da burguesía.

Esta no seu carácter o ser parte da reorganización politica, sindical e social da clase traballadora e o pobo. No Estado Español este proceso deu un salto de calidade o ano pasado, cando amplos sectores da xuventude romperan co PSOE no movemento do 15M. Mas na Galiza esta reorganización tiña umha outra mediación, o BNG. Os resultados destas eleccións puxeron branco sobre preto a gran crise que ten, e as forzas pode liberar. A AGE é umha das expresións de esa liberación de forzas, que pola presenza que o BNG ten na clase traballadora a través da CIG, vaise trasladar o movemento obreiro.

As perspectivas, mais crise política e mobilizacións

Tras a borracheira electoral voltamos á realidade, e a primeira na fronte: o goberno vía descontar o IRPF aos funcionarios/as da Paga Extra de decembro que non van cobrar. E xa provocou as primeiras mobilizacións.

O PP, nun alarde de irresponsabilidade para coa sua clase social, o que lle vai enfrontar con sectores da propria burguesía, atrasou a petición de resgate e as medidas que acompañan para despois das eleccións. Por umhas contas electorais, puxeron en perigro as medidas que ?teñen? que tomar acordadas coa UE, como o recorte das pensións e o desemprego, o anunciado desconto do IRPF, pisar a fondo nas privatizacións, a paralización cuasi total da negociación colectiva, a aprobación masiva de EREs, etc., etc.

Mas, como xa dixemos noutras ocasións, o que era umha crise económica e social, é xa umha crise política de gran calado e cun final imprevisible. Esta en crise o seu proxecto europeo, e de feito están refundando a UE baixo a nova correlación de forzas. A maioría absoluta do PP vai servir para profundar no sentido de manter a Galiza no seu papel de sempre, subministrador de man de obra e materias primas, co empobrecemento do conxunto da poboación traballadora.

Por outra banda, o réxime fica cada vez mas claramente diante da poboación como unha farsa de democracia. A confianza nesta lei electoral e nas vías electoralistas dentro do seu marco é cada vez mais pequena, a confianza nas institucións do réxime, rei incluído, disminue a pasos de xigante; e a resposta desde o réxime e o goberno de quenda á polarización social crescente non é outra que aumentar os seus trazos autoritarios, con reformas como a do Código Penal, que considera delitos formas de loitas social.

As propostas de loita contra os ataques aos direitos sociais van ir da man cada vez mais da loita contra os recortes nos direitos políticos da poboación, e porán as organizacións da esquerda na obriga de denunciar o réxime monárquico, base de todo elo.

Fronte a elo, os resultados electorais coa irrupción da AGE demostran que existe un amplo sector da sociedade que quere que lle falen claro, que digan con claridade os obxectivos. Beiras coa sua forma de falar galvanizou a moita xente, o ?non respectar a Feijoo?, ó dicer que ?coas suas políticas mataba tanta xente como as organizacións terroristas?,... dicia publicamente o que moitos e moitas pensan, e que o discurso ?acartonado? e ?diplomaticamente institucional? do BNG non recollía.

A nosa proposta

CV encarou as eleccións cun eixo claro: goberne quen goberne, vamos ter que seguir loitando, e pola derrogación de todas as medidas do PPSOE. Esta claro que este obxectivo segue as ser central para a clase traballadora e o pobo se quere evitar que a crise segue caendo sobre as suas costas.

Nas circunstancias actuais isto non chega para enfrontar os duros ataques que desde a Unión Europea, a través do goberno e a Xunta están a aplicar, e que lévalles a cuestionar ou refundar as institucións e réximes políticos que lles serviron en tempos de crecemento e paz social. A clase traballadora e o pobo ten que ter claro que a crise económica e social solucionarase no eido político, na defensa das conquistas democráticas, ferramentas esenciais para a loita polos direitos sociais e laborais, e a construción doutras institucións verdadeiramente democráticas o seu servizo.

A crise do PSOE é a crise dumha ?leal? oposición dentro do réxime, a crise do BNG é a crise dun discurso institucional, adornado con fraseoloxía nacionalista e de esquerdas, ... a AGE demonstra que existe un espazo para un discurso que enfronte os eidos políticos da crise. Mas a saída situase, primeiro, no recoñecemento que dentro destas institucións, a UE e o Tratado de Maastricht, e no réxime monárquico herdado do franquismo é imposible calquera saída obreira e popular á crise.

E segundo, a nosa perspectiva social é o da clase obreira, dos asalariados e asalariadas que sendo a maioría da poboación traballadora, vive da venda da sua forza de traballo por un salario. As propostas anticapitalistas que nos defendemos sintetizanse na ?saída obreira e popular á crise? e na loita polo socialismo. Mas é un feito que no actual parlamento a clase traballadora fica fora de novo, ningún partido ou organización defende como centrais as suas reivindicacións, por iso, CV segue defendendo a necesidade da organización política independente da Clase Traballadora, para en alianza co resto dos oprimidos, enfronte os planes do capital.

Neste sentido, o noso primeiro comunicado remataba chamando aos Estados Unidos Socialistas de Europa. A crise da Unión Europea, a sua refundacion desde arriba, a confluencia dos ritmos económicos e sociais cada vez mais evidentes de todas as nacións europeas, e sobre todo a tendencia a unidade na resposta da clase traballadora, que xa ten umha data clara, o 14N, confirman a necesidade de que as organizacións da clase traballadora e o pobo recollan esta proposta como central.

Galiza, 25 de outubro de 2012

Corrente Vermella
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 28-10-2012 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
En defensa dos direitos políticos e sociais
por umha fronte da clase traballadora e o pobo

O PP convocou as eleccións do 21 O para desviar as constantes mobilizacións da poboación cara o xogo electoral onde pouco ou nada vaise resolver, e tentar avaliar nas urnas o que é rexeitado na rúa, as políticas de recortes e privatizacións.

O goberno de Rajoy, e con el a Xunta de Feijoo, esta atrapado entre as presións da UE para desenvolver mais ataques á poboación traballadora, e as mobilizacións. Na sua desesperación esta adoptando a liña da represión e criminalización da resposta social, como o 25 S ou coa detención e agresión o Secretario Xeral da CIG Ferrol. Os ataques aos direitos sociais e laborais da clase traballadora levan da man o recorte nos direitos políticos para frear á poboación.

Estes recortes traducense nun proceso de ?recentralización? do estado, cun ataque frontal ás CC AA e nomeadamente ás nacións oprimidas, que ven cercenados os seus direitos nacionais para engordar mais o capital central. Este proceso ten efectos demoledores nunha nación como Galiza, que históricamente ten sufrido nas suas carnes a lacra da emigración, a causa dumha desindustrialización planificada desde o Estado.

O rexime da Monarquia estase a descoser polas costuras das nacións, que desde a Diada Catalá é un dos buratos polos que entra a mobilizacion de sectores da poboación; mobilizacion que cada dia mais vai confluindo coas da clase traballadora e os pobos do resto de Europa contra as mesmas políticas.

Nestas condicións chega o dia das eleccións, onde ademáis dos partidos do xogo do bipartidismo, presentanse duas formacións que disputan ser a alternativa de esquerdas, o BNG e a Alternativa Galega de Esquerdas (AGE). Ambas suliñan que vivemos nunha situación de ?emerxencia? social e procuran o voto como a saída, a ?revolución polo voto? como din AGE, para despois non profundizar no que significa esas palabras frente á Union Europea e o rexime do 78.

A situación de emerxencia social, política e económica ven definida por unha Unión Europea capitalista, que so serve para destruir as conquistas sociais dos pobos; e un rexime monárquico que desde a súa institución mais elevada ate o poder xudicial, estan implicados na corrupción, nas políticas de axuste e nos recortes de direitos.

Unha verdadeira alternativa ten que partir do rexeitamento da Unión Europea e do rexime da Monarquía, alem dos gobernos que aplican as suas políticas, é dicer, que só derrotando ao Goberno de Rajoy e rachando a Union Europea se pode avanzar na verdadeira transformación da sociedade, na Europa dos Traballadores/as e os pobos.

Para elo, mais alo dos resultados electorais, hai que defender un verdadeiro programa que situe as bases dunha Saida Obreira e Popular contra a Crise que parta do non pagamento da debeda, da súa auditoria, da nacionalización da banca e as industrias chaves e as privatizadas baixo control obreiro, da reducción da xornada sen reducción de salario para traballar todos/as, da recuperación dos servizos privatizados baixo control social, dumha política fiscal progresiva na que ?pague quen mais ten?,...

Para CV a alternativa so pode vir da unidade da clase obreira e o pobo, da construcción dumha Fronte Clasista para a Defensa dos seus Direitos Sociais e Políticos, que fortaleza a sua autoorganización pola base, baixo tres eixos fundamentais: un, a exixencia da derrogación de todas as medidas de guerra social desatadas polo PPSOE, dous, a defensa de todos os direitos da poboación traballadora, en especial o direito á autodeterminación da Galiza como expresión da sua soberania, tres, a confianza que só a mobilización unitaria e sostida da clase traballadora pode derrotar os planes dos gobernos e a Union Europea.

Non esta en xogo um mero ?recambio? na Xunta, senon o futuro das vindeiras xeracións, hoxe abocadas o paro e a emigración. A alternativa para superar a situación de ?emerxencia? non colle na perspectiva na que todos se moven, dumha reactivación económica baixo parámetros da propriedade capitalista dos medios de producción, senon da sua expropiación, que é o que significa o berro anticapitalista: ?a crise ca pague quen a criou, o capital?. Por iso, novamente a clase obreira, os asalariados/as, van ficar sen representación no parlamento.

Porque sabemos que a abstención é umha resposta pasiva á gravidade da situacion, é que chamamos nestas eleccións tramposas a manifestar o rexeitamento co voto nulo e a preparar as mobilizacions que, de seguro, van vir nos vindeiros meses.

Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 17-10-2012 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Diante das eleccións do 21: A cinco anos da crise abondan as saídas parciais
A Xunta do PP vem de convocar eleccións anticipadas para o 21 de outubro co obxetivo obvio que non manifesto, de procurar un aval electoral ás políticas de recortes que leva facendo desde há três anos e médio, ademais de evitar entrar nunha situación á andaluza, cumha inestabilidade institucional que poda retrasar o ?ansiado? resgate da economia española. Aval mais que imprescindible, pois o PP, com Rajoy á cabeza, tivo e tem que enfrentar a mobilización constante de todos os sectores da sociedade, folgas xerais, mobilizacions dos mais diversos sectores sociais, mesmo alguns que son a sua base social.

O PP sabe que a aparición pola sua direita da opción Mario Conde, que comeza a facer boas migas com sectores do PP de Ourense, mais a desercion de Rafa Cuiña, o fillo do ?delfin de Fraga?, xuntandose con sectores escindidos do BNG, pon os seus votos caros. Nestas condicións, o adianto unido á medida antidemocrática que é o tope do 5% para acceder o Parlamento, fai que procuren a utilidade do voto PP.

Alen diso, as eleccións collen a contra pé á esquerda e a direita ?liberal? (o PSOE), quen atravesa umha profunda crise de identidade desde a perda das eleccións da que dificilmente vai sair. O BNG, por moito que diga, sae dumha ruptura que lle resta apoios de persoeiros importantes na política galega, e ainda que queira esquecelo, está na memória que foi parte da Xunta Bipartida que dilapidou as esperanzas de moitos galegos e galegas.

Esquerda Unida e os ?irmandiños? sumidos nuns debates sobre a necesidade de presentar umha ?alternativa de esquerdas? ó PP, non perceben que polo calado da crise non collen saídas electorais, de mundanzas nunhas institucións feitas o servizo do capital. A presenza de IU na Xunta de Andalucia e a aplicacion de políticas de recortes demonstra os limites dos proxectos electoralistas, nin tan siquer de propostas reformistas, parciais.

A crise econômica é o fondo dos problemas
As discusións que atravesan todas as forzas sociais e políticas teñen como fondo o feito de que a resolucion da crise esta nun nível, que desde as institucions actuais é imposible levar adiante dun xeito favorable á clase traballadora e o pobo.

Como enfrentar a corrupción no Estado Español, sem pór no centro a institución fundamental do reximen, a monarquía. Como enfrentar as privatizacións sem poner en cuestión todo o edificio neoliberal da Union Europea construido desde o Tratado de Maastricht. Como enfrentar as reformas laborais, sen poñer em cuestión as relacions sociais entre traballadores/as e a patronal, única beneficiaria desas reformas. Como defender os direitos da Muller a decidir sobre o seu corpo, sem acabar de raiz cós privilexios da Igrexa. Como enfrentar a ?recentralizacion? do Estado e a opresión nacional da Galiza sem exixir os seus direitos políticos. Como resolver o problema da debeda, sem rexeitar o seu pagamento, nacionalizar a banca e exixir responsabilidades aos que nos levaron a ista situación. Como enfrentar a suba do IVE, sem establecer umha reforma fiscal progresiva, onde pague quen mais tem.

A poboación traballadora tem que escoitar falar claro, política e ideoloxicamente. A direita, a extrema direita, desde o TDT Party ate os Marios Condes non teñen reparos de falar de ideoloxia, de política, non teñen nengun problema a dicer, como fai un dos seus voceiros, que ?non temos direito a nada?. Ou como dixo ha un tempo Adolfo Dominguez, ?quen tem diñeiro tem direitos?. Mais claro a auga. Mentras, na esquerda há medo de falar de solucions sociais e políticas globais, xerais.

O gran acerto do 15M foi que afirmou claramente que ?o problema non son as persoas, é o sistema?. O sistema chamase capitalismo e umha forza de esquerdas que sexa digna dese nome tem que dicer que o seu programa é un programa de loita global contra o capitalismo, para que a crise a pague o capital, e pola transformación socialista da sociedade.

Mais do mesmo ou solucións para a sociedade
Ao chegar a umhas eleccións a clase traballadora, os oprimidos exixen solucións claras, e se ninguen fala delas, abstense - beneficiando á direita ?conservadora?-. Nas condicións actuais coa crise que nos atinxe non podem ser ?tiritas? á gangrena que desde o capital e os seus gobernos estase a introducir na sociedade. Grandes males, exixen grandes remédios.

Umha Xunta de Esquerdas, dos traballadores/as e o pobo, como primeira medida a adoptar é a derrogación de todas as leis de guerra social adoptadas polo PPSOE. Desde a Reforma Laboral ate a xubilación aos 67 anos, desde as privatizacións na saúde ou a educación, ate a venda das Caixas de Aforro. É o primeiro paso para avanzar nunha saída obreira e popular á crise, e se isto enfrenta-lle co goberno central, que exerza o direito á autodeterminacion.

Umha Xunta dos Traballadores/as e o pobo non pode resolver totalmente umha situación que excede com moito as fronteiras galegas, mesmo españolas, que ubicase na Union Europea, nas suas institucións e nas suas políticas. Esa Xunta tem que ser a vangarda da loita contra esta Unión Europea que côas suas políticas aumenta a explotación da clase traballadora, e impide o desenvolvimento do pobo traballador galego com medidas como o veto para a construcción de buques civis em Fene, ou cumhas políticas agrárias e gandeiras ao servizo da indústria multinacional da transformación ou as grandes cadeas de distribución.

Para avanzar nesse camiño é imprescindible que as loitas dos traballadores e as traballadoras vaian da mán da loita pólos direitos políticos e sociais da poboacion traballadora galega. A loita contra os resgates e os recortes é posible a partir da unidade da clase traballadora do Estado Español e europea, unidade que só se pode conseguir a partir do recoñecemento do direito á autodeterminación da Galiza.

Desde os gobernos, a Unión Europea, a extrema direita e sectores da esquerda, queren introducir a division na clase traballadora e os pobos, côa intención de que os alemáns, holandeses, franceses, etc., vexan como responsabéis dos seus recortes aos do traballadores/as ?sul? ou ?periféricos?, que eles pagan a sua ?vagância? e os seus ?excesos?.

Hai que afirmar que é a Troika, a Union Europea e os gobernos os que estan a facer pagar a crise a toda a clase traballadora europea, sexa da nacion que sexa, com políticas de recortes, axustes e modificación de condicións laborais. Por isso, para CV a loita contra as medidas do goberno de Rajoy fai parte da loita contra a Unión Europea, a sua constitución o Tratado de Maastricht, e pólos Estados Unidos Socialistas de Europa.

Para CV a construcción dumha alternativa que enfrente as políticas neoliberais e de recortes do Goberno Rajoy e da Xunta non colle nas estreitas normas institucionais, tem que basearse na maior unidade da mobilización da clase traballadora e pobo; para elo, consideramos necesario avanzar na realización dun Encontro Estatal, Democrático e de Base, onde se debatan as medidas de loita ate derrubar o goberno de Rajoy.

Calquer perspectiva que reduza a resposta social aos canles institucionais é un fraco favor á loita da clase traballadora e o pobo.



Contra o goberno do PP e a Union Europea

Goberne quen goberne, derrogacion de todas as medidas de guerra social do PPSOE

Plan de loita votado em asembleas de empresa, barrio, centro estudo... incluída a Folga Xeral

Unidade da clase traballadora europea contra a Union Europea e a Troika

POLOS ESTADOS UNIDOS SOCIALISTAS DE EUROPA



04 de setembro do 2012
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 06-09-2012 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
25 XULLO: Unidade frente os recortes sociais e polos direitos políticos
A Marcha Mineira que chegou o pasado 11 de maio á capital do Estado foi seguida por masivas mobilizacións e manifestacións rexeitando os recortes que o goberno, co respaldo da monarquía, aprobara o 13 X. Umhas políticas feitas á medida dos intereses da gran banca e dos grandes empresarios, dictada desde Bruxelas pola Troika, e que estan a impor na Union Europea.

O pacote de medidas supoen o empobrecimento da poboación traballadora europea en xeral, e nomeadamente das zonas periféricas da UE. Temos chegado a um punto no que todo aumento dos beneficios empresariais ou bancarios só podem vir dun aumento da pobreza social e da explotación da clase traballadora.

Neste cadro, o capital español precisa de se centralizar para negociar con mais forza as migallas que lle poden cair da mesa da Union Europea; por iso a recentralización do Estado Español, reforzando as Diputacións frente as CC AA e concellos,

Isto deixa a umha nación periférica como Galiza, nun estado en camiño dumha intervención política directa polos estados centrais da Union Europea, con umha saída, aumentar a sua dependencia económica, social e política. E nada bo pode esperar ao pobo galego destas medidas e a ?re?centralizacion.

Se a suba do IVE é un atraco, qué consecuencias pode ter para os de umha das zonas coas pensions mais baixas?. Que consecuencias pode ter na Galiza, para o seu pobo traballador, umha suba do IVE cando o transporte colectivo non existe, e vese na obriga de utilizar o automobil particular para ir o traballo? Que consecuencias pode ter a privatizacion dos servizos ferroviarios, numha zona onde os servizos de proximidades non existen?. Que consecuencias poden ter os recortes nos servizos públicos e sociais, numha poboacion xeograficamente dispersa como a galega?

O pobo traballador galego sufre como o resto do Estado as medidas do goberno do PP, mas polas suas condicións concretas de nacion oprimida, algumhas delas afectan dun xeito distinto. Por iso, a ?re?centralización do estado engade mais sufrimentos á poboación, que despois dumha paréntesis histórica, volve a perder poboación: no ultimo ano o censo da Galiza retrocedeu en 11 mil persoas.

A Xunta do PP, coa sua política servil frente o Estado Español e a Unión Europea, apresentandonse como alumno de Rajoy nos recortes, e avalando todas as súas ?ocorrencias?, é o ?palanganero? desta política de desmantelamento industrial e social da Galiza. O capital galego, mais aló das multinacionais como Inditex, Pescanova, Calvo, etc., que teñen outros intereses fora das nosas fronteiras, non ten outro proxecto que o de negociar cos que mendigan en Europa, os capitalistas españois.

Botar fora á Xunta do PP é o mínimo para evitar o deserto industrial no que estan a converter á Galiza. Mas a fondura da crise actual desbota calquer saída da crise illada do conxunto, nun mundo que camiña cara o desastre social, político e económico polo maior despilfarro da historia: o resgate da Banca e grandes empresas en todo o mundo costou 11 billons de euros (o 21% do PIB mundial), do que o Estado Español, e na Galiza, puxeron a sua parte correspondente (1.5 billons). Roubaron todo o que quixeron e agora pagamolo todos/as.

Galiza, o seu pobo traballador ten direito á autodeterminación, a decider o seu futuro, o control das suas riquezas e como quere relacionar co resto dos pobos. Mas os ataques que veñen da Xunta e do goberno español, son dictados pola Troika, Bruxelas e BCE, por elo, a defensa dos direitos do pobo traballador pasan pola unidade na loita cos traballadores/as e o pobo grego, italiano, portugués, frances, aleman... mas tamén coa clase traballadora española, que como, os mineiros, puxeron ao goberno de Rajoy contra as cordas.

Todo isto concretizase na loita por derrubar os gobernos do PP, contra a Union Europea e a Troika, pola resconquista dos direitos laborais expropiados, polo non pago da debeda e a nacionalizacion da banca baixo control obreiro e social, por umha política fiscal progresiva... Por umha saída obreira e popular á crise; do que o direito á autodeterminacion da Galiza é um dos seus puntos centrais.

Para avanzar neste camiño é preciso e urxente avanzar na convocatoria e realizacion dun amplo Encontro Democrático aberto a todos/as aqueles que teñamos no noso obxetivo que a crise social a pague o capital, onde se levanten propostas de mobilizacion sostida no tempo, que inclúa umha nova folga xeral, contra esas politicas.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 23-07-2012 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
DECLARACION DA CORRENTE VERMELLA: FORA RAJOY
NON AS MEDIDAS DE RAJOY!
TRAS A MARCHA MINEIRA, É NECESÁRIA OUTRA FOLGA XERAL XA!


A xornada do 11 de xullo concentrou en Madrid dous feitos fundamentais que marcan a lume a situación política e colócannos nunha nova conxuntura. O primeiro é a Marcha Negra mineira, que culminaba, cun apoio social impresionante, en manifestacións multitudinarias que gritaban ?Madrid obreiro apoia aos mineiros? e enfrontáronse a unha dura represión policial. O outro feito era o discurso de Rajoy, o lacaio da Merkel, da UE e do FMI, anunciando no Congreso dos Deputados un novo e brutal plan de axuste (65.000 millóns de euros en dous anos), fixado pola UE a cambio de salvar á banca española (ou mellor dito, de salvar aos seus acredores, os bancos alemáns, franceses e outros).

Un plan de axuste salvaxe e un país intervido a prol da banca
Mentres os mineiros e o pobo traballador de Madrid manifestábanse, Rajoy anunciaba as novas e salvaxes medidas de guerra social, o maior plan de axuste coñecido até a data: subida xeneralizada do IVE e outros impostos indirectos, eliminación da paga de Nadal e outras agresións aos salarios e ao emprego público, recortes da prestación e do subsidio de desemprego, outro machadazo á lei de dependencia, novo axuste ás Comunidades Autónomas, rebaixa das cotizacións patronais á Seguridade Social...
As medidas de Rajoy foron ditadas pola UE e correspóndense cun estado intervido, aínda que non sexa formalmente pola Troika (a UE, o BCE e o FMI), que convertería aos ministros en meros recadeiros. Pero a toma de control do sistema bancario español por parte do BCE (ou, o que vén ser o mesmo, o Bundesbank alemán) e as medidas de axuste de Rajoy, en nada se diferencian das medidas que a Troika foi impondo en Portugal ou en Grecia estes dous últimos anos. En verdade, para os traballadores e o pobo non hai diferenza entre unha intervención ou outra da Troika.
As medidas son a contrapartida ao rescate bancario e teñen como obxectivo asegurar que a banca europea cobre as súas débedas da banca española e que tanto os banqueiros europeos como españois cobren do Estado a Débeda pública que teñen nas súas carteiras e da que eles son os principais responsables. O pago desta Débeda pública ilexítima foi convertido polo PP e o PSOE en ?prioridade absoluta? na reforma exprés da Constitución do verán pasado.

Metéronnos nunha espiral á grega
Todo o mundo sabe que as medidas aprobadas, co estado en plena recesión, vai significar un gravísimo retroceso da economía, que vai levar aos 6 millóns de parados en poucos meses, que fan inviable o reducir o déficit e que van aumentar aínda máis unha Débeda imposible de pagar.
Os ?mercados? (ou sexa, os grandes bancos e fondos especulativos, e o propio BCE, alentado polo goberno alemán) xa deixaron claro, aos dous días do anuncio de Rajoy, que non van afrouxar na ?curmá de risco? e que non se conforman. O presidente do Bundesbank (o banco central alemán) tampouco necesitou máis tempo para chamar publicamente ao goberno español a pedir a intervención formal da economía española e a entregar, para todos os efectos, o mando á Troika.
Rajoy quere atrasar este escenario á nosa conta e ten practicamente preparada a seguinte volta de porca, brutal, que consistirá nun tallo salvaxe ás pensións e ao seguro de desemprego, e mesmo na redución dunha semana as vacacións anuais (unha especie de ?agasallo persoal? a Merkel).
Este é o destino que nos preparan: un retroceso de 50 anos en dereitos e nivel de vida, o empobrecimiento xeral, a miseria para millóns e a conversión do estado español nunha especie de semicolonia de novo cuño. Un destino do que son cómplices necesarios -e beneficiarios- a gran banca e a gran empresa española e o seu goberno, que só aspiran a que lles deixen continuar rapiñando aquí e en Latinoamérica.

Un goberno monicreque, desacreditado e illado. Fóra Rajoy e a Troika
O tremendo apoio popular aos mineiros contribuíu a minar aínda máis a perda de credibilidade de Rajoy e a afundir a súa lexitimidade só 6 meses de asumir o cargo. Provocou mesmo crise no propio PP entre os seus representantes nas comarcas mineiras. As novas medidas de choque xéranlle enfrontamentos na súa cúpula, entre o goberno central e os gobernos autonómicos que controla. Todo iso, polo demais, non é senón reflexo de como se rompe a base social de pequenos e medianos empresarios e autónomos que lle deron apoio electoral e que agora ven condenados á ruína.
O apoio vergoñento de personaxes como Duran i Lleida, en nome da dereita catalá de CiU, lonxe de reforzar ao Goberno, debilita á Generalitat dun Artur Mas que se vangloria de seren o alumno avantaxado de Merkel e o campión dos recortes.
Tampouco fortalece a Rajoy a complicidade vergoñenta de Rubalcaba en nome do PSOE, que chama a unha ?oposición responsable? e pide a Rajoy un ?pacto de unidade nacional? para aplicar as medidas ditadas pola UE. Esta actitude do PSOE desacredítao aínda máis ante o pobo traballador e deixa en evidencia a un partido amigo dos banqueiros, parte orgánica deste réxime corrompido e corresponsable da actual situación.

Xa Basta! Fora Rajoy e a Troika!
Tras a Marcha Negra, Organizar a Folga Xeral! Unir mineiros, empregados públicos e todas as loitas, xa!
A heroica loita mineira, cos mineiros e as súas mulleres á fronte, coa folga indefinida, cos peches nos pozos, coa resistencia nas concas, coa Marcha Negra e o seu impresionante recibimento en Madrid, converteuse en exemplo e referencia central da clase traballadora de todo o Estado, ao berro ?a loita do mineiro, orgullo do obreiro?.
A Marcha Negra avivou a indignación popular diante dun goberno que non vacila en condenar á morte a comarcas enteiras para contentar á UE e favorecer o negocio das grandes empresas eléctricas, dominadas pola banca e os fondos de investimento estranxeiros. O goberno, incumprindo o pacto asinado, recortou a subvención ao carbón en 200 millóns, mentres regala unha cantidade superior ás construtoras das autoestradas radiais de Madrid para que non perdan diñeiro. Ou mentres enterra, só en Bankia, 23.500 millóns para ?socializar? as perdas. ?Non falta diñeiro, sobran ladróns!?
O fito da Marcha Negra e a resposta ás brutais medidas do Goberno esíxenos dar un novo paso adiante: mantendo viva a solidariedade cos mineiros e rodeando de solidariedade todas as loitas, en especial a dos empregados públicos, salvaxemente atacados polo Goberno, hai que traballar con decisión para organizar unha próxima folga xeral que nos permita responder xuntos, desde os pozos mineiros, os establecementos públicos, as fábricas, as universidades e institutos, as barriadas e os pobos, aos plans de guerra social do Goberno e da Troika.
Hai que manter viva a solidariedade cos mineiros para esixir o inmediato sobresemento de todos os cargos ás decenas de mineiros que foron detidos estas semanas e están baixo proceso xudicial, para que o Goberno cumpra o asinado e para dar unha saída duradeira e estable que garanta o futuro, mediante a nacionalización de toda a minería do carbón baixo control dos traballadores.

Hai que unificar as loitas en curso

Hai que esixir a todos os sindicatos, e en primeiro lugar aos que teñen maior responsabilidade, CCOO-UXT, que se poñan á tarefa de organizar unitariamente a folga xeral para derrotar Rajoy. Hai que dicir a Toxo e Méndez que non poden manter esa política miserable de contemporización co Goberno e de illamento das loitas entre si.
Unha folga xeral que non pode ser unha mera folga de protesta sen continuidade e que debe estar controlada democraticamente pola base, en asembleas xerais que decidan as reivindicacións, a súa duración e o curso da loita. Unha folga xeral que inclúa entre as súas esixencias as reivindicacións mineiras, o freo á represión policial, a retirada dos ataques aos empregados públicos e aos parados e de todo o paquetazo de Rajoy, a derrogación da reforma laboral e das pensións, nin un euro á banca, a suspensión inmediata do pago da débeda pública aos banqueiros e especuladores, fóra o goberno Rajoy e a troika.
Pero mentres esiximos non debemos quedarnos paralizados. Pola contra, hai que ir levantando paralelamente à alternativa á burocracia sindical de CCOO-UXT, como nos ensinaron os compañeiros de HQPLP de Madrid, ao participar unitariamente de todas as manifestacións convocadas para recibir aos mineiros e ao mesmo tempo organizar en fronte único con moitas asembleas de 15M e centros sociais ocupados unha manifestación que reuniu 25 mil acodes, onde se puido ouvir a voz dos mineiros e non soamente da burocracia sindical, avanzando na construción dunha fronte única entre os que queren loitar e derrotar a este goberno e os seus plans de guerra social contra nós.
Hai que traballar para conformar nas manifestacións do 19 de Xullo un bloque alternativo de clase á burocracia de CCOO-UXT.
É fundamental unha fronte única entre todo sindicalismo Alternativo e tamén os Movementos Sociais que poida ser unha alternativa á burocracia sindical para unificar as loitas de verdade, con democracia e determinación, para poder vencer e derrotar o goberno.

Necesitamos romper coa UE do capital e dun plan de Rescate dos traballadores
O camiño para derrotar ao Goberno é o da loita e o de expor un plan de Rescate dos traballadores e o pobo. Por iso non estamos de acordo con EU, que subordina a súa resposta á burocracia de CCOO-UXT e que non tivo escrúpulos en aliarse co PSOE no goberno andaluz para aplicar ?por imperativo legal? os plans de Rajoy contra o pobo traballador. A sua gran ?esperanza? fronte a Rajoy é que o PP perda as próximas eleccións. Pero as eleccións non só quedan demasiado lonxe, senón que o seu soño dun máis que improbable goberno PSOE-EU tampouco arranxaría nada, porque xamais rompería coa Troika e, como agora en Andalucía, non tería máis opción que continuar cos plans de empobrecimiento do pobo.
En realidade, non hai ningunha saída para a clase traballadora dentro do euro e da UE. Fan umha chantaxe dicindo que fora do euro espéranos o inferno. Pero cada día que permanecemos no euro os sufrimentos acrecéntanse, nunha espiral sen fin que nos leva á catástrofe. Por iso, canto antes vaiámonos, mellor. Só fora do euro e da UE dos banqueiros, imos construír unha sociedade sobre bases novas e loitar cos nosos irmáns europeos para levantar unha Europa dos Traballadores e os Pobos.

Comité Executivo de CORRENTE VERMELLA
15-07-2012
Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 16-07-2012 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
O 11 DE XULLO: TODOS COS MINEIROS!!!
Resgatan aos banqueiros, despiden aos mineiros
É unha vergoña!
Tod@s cos mineiros


Os mineiros de todo o estado español están en pé de guerra e con eles os pobos das comarcas mineiras que ven abocados á miseria tras a decisión do goberno de suspender a axuda ao carbón.

O Goberno decidiu acelerar a morte da minería recortando as axudas á explotación nun 63% de media leste mesmo ano, o que obrigará a adiantar o peche de pozos ante a imposibilidade de facer viable a actividade. Este recorte nas subvencións aos xacementos, que non respecta os acordos asinados, vén agravado pola drástica redución das partidas dedicadas á chamada "reactivación da economía". O Goberno decidiu así a liquidación vertixinosa da minería para aforrar, segundo eles, máis de 650 millóns de euros nos orzamentos o que vai xerar unha autentica catástrofe social.

Durante case 30 anos os gobernos (PSOE-PP) viñeron chamando "reconversión industrial" ao que non foi outra cousa que a destrución pura e dura da actividade industrial e do emprego. O declive dos pobos mineiros foi constante e o paro continúa facendo estragos. Agora, a decisión do Goberno de Rajoy dá a puntilla a máis de 30.000 familias. Rajoy pon contra as cordas aos mineiros en nome desa carreira cínica e frenética por reducir o déficit.

Fan contas mentireiras
Menten sobre o carácter desta crise, menten sobre os responsables da crise e menten sobre a saída á crise.

Queren facernos crer que somos os traballadores/as os responsables do multimillonario déficit público e no nome de combatelo vale todo tipo de recortes sociais, peches de minas e o que faga falta. Non hai diñeiro para educación, non hai diñeiro para sanidade pública, non hai diñeiro para vivenda ou para crear emprego, non hai diñeiro para as concas mineiras pero hai ¡todo o diñeiro que sexa necesario! cando se trata de saír ao rescate multimillonario dos banqueiros. Non se poden destinar este ano 200 millóns de euros máis de subvención á produción ao carbón, pero non hai problema algún en entregar xa 23.500 millóns de euros a Bankia. Manter a axuda á produción ao carbón representa o 0,8% da última entregada directa a Bankia. Co que se paga en tan só tres días de intereses pola inmoral e ilegitima débeda pública aos banqueiros alemáns, franceses e españois sobra para a subvención de todo un ano á produción ao carbón.

Menten sobre o déficit mesmo da minería. O carbón nacional recibe unha retribución media do Estado de 1,82 céntimos de euro por quilowatt, a enerxía eólica obtén 4,29; a hidráulica, 4,38; as plantas de cogeneración, 5,12; as que utilizan biomasa, 7,07; as que aproveitan residuos, 9,03, e as solares nin máis nin menos que 42,86. Estamos ante unha inmensa mentira sobre o déficit e sobre a política enerxética.

Na actualidade o sector eléctrico en España está controlado por 6 grandes compañías: Iberdrola, Endesa, Gas Natural, Unión Fenosa, EnelViesgo e Hidrocantábrico, compañías en mans dos banqueiros e os fondos de investimentos estranxeiros (norteamericanos, italianos, franceses...) son eles os grandes beneficiarios das axudas do Estado e os que engolen un déficit tarifario de 24.000 millóns de euros.

As vergoñosas contas do goberno non teñen por onde collerse. O recorte ao carbón representa unha miseria fronte á xigantesca axuda aos bancos. engádase ademais que coa perda de 10.000 empregos directos no sector, as arcas públicas deixarán de ingresar por ano 225 millóns de euros por IRPF e Seguridade Social ao que hai que engadir preto de 120 millóns de euros polo IVE coa venda da produción. Entón cabe preguntarse ao servizo de quen están feitas as contas do Goberno?. E a resposta só é unha: dos banqueiros, as multinacionais da enerxía e o Goberno da Troika que está a converter o país nun autentico solar cheo de paro e miseria, na segunda Grecia de Europa.

Pola liberación inmediata da axuda ao carbón e que se nacionalice a minería
Os mineiros, que en moitos casos levan meses sen cobrar e cobran salarios de miseria nas subcontratas por deixarse a vida e a saúde nos pozos, ven ameazado o seu emprego e o seu futuro.

Cando se dilapidan fortunas resgatando banqueiros ou subvencionando ás multinacionais da enerxía non podemos aceptar de maneira algunha que nos digan que non hai diñeiro, que hai que suspender a axuda ao carbón e non investir nin un euro na reactivación industrial das concas.

Que se libere inmediatamente a axuda ao carbón e que se nacionalice a minería, baixo control das organizacións dos traballadores e populares!, porque só así se garantirá a produción e o emprego e evitarase que boa parte da subvención ao carbón lévenlla empresarios privados que logo subcontratan e explotan miserablemente aos mineiros. Os dirixentes de CCOO e UXT están obrigados a porse á altura das circunstancias e deixar de cifrar toda a esperanza de solución no acordo cos empresarios do carbón, porque estes deixarán tirados aos traballadores nin ben reciban unha parte da axuda. Hai que esixir a nacionalización da minería.

Hai que esixir que se poña en pé un plan de industrialización e de obras públicas e sociais que dean traballo ás concas mineiras. E hai diñeiro para todo iso?. Si haino!, se se deixa de dar un só euro máis aos banqueiros e se se suspende o pago da inmoral e ilegal débeda pública, para con todos eses recursos pór en pé o único plan de resgate que está a faltar un plan de resgate dos traballadores e o pobo.

11 de Xullo: Tod@s cos mineiros, apoiemos a marcha negra.
O pasado 22 de Xuño, desde distintas, os mineiros comezaron unha marcha a pé até Madrid, para esixir ao goberno unha solución ao conflito. Por onde pasen deben recibir o apoio e a solidariedade de todos os traballadores/as. O 11 de xullo chegarán a Madrid e deben ter un recibimento como merecen. Hai que facerlles sentir que non están sós, que toda a clase obreira apoia a súa xusta loita porque os homes e as mulleres da minería son o orgullo de toda a clase obreira. Porque se eles gañan gañamos todos/as.

Cando os mineiros encérranse nos pozos, bótanse á rúa e enfrontan heroicamente cada día a brutalidade policial pondo en risco a súa vida, os dirixentes de CCOO e UXT deben de pasar das palabras aos feitos e unificar todas as loitas en curso convocando unha nova folga xeral, porque ese é o único camiño para apoiar aos mineiros e responder todos os traballadores/as xuntos a estes plans de guerra social do Goberno de Rajoy e a Troika.

Hai, finalmente, que volver denunciar a vergoñosa actuación da policía e a garda civil empeñados en silenciar a golpes, pelotas de goma e entradas salvaxes aos pobos esta xusta loita. Esiximos a inmediata liberdade sen cargos de todos os detidos e reafirmamos que calquera desgraza que poida ocorrer será enteira responsabilidade deste goberno dos banqueiros e os ricos.

Para recibirlles como se merecen, desde os Comités de Empresa e seccións sindicais, desde as facultades e Institutos, desde os barrios obreiros, desde as asembleas do 15M, hai que facerlles chegar a solidariedade e preparar o seu recibimento. Mesmo nas outras cidades do Estado o 11 de xullo hai que facer manifestacións ou concentracións de apoio aos/as mineiros.



Viva a loita dos homes e mulleres da minería!
Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 29-06-2012 14:26
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 27-06-2012 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0