A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NINGUN DESPIDO EN ATENTO
De novo, após varios anos, Atento volve a facer un despido colectivo de 112 traballadores/as, que chegará ate os 142. Se hai uns anos vivemos na cidade outro despido colectivo, nese momento de 197 persoas, co obxectivo da deslocalización, agora a empresa alega ?umha baixada no volume de chamadas?, namentras desde os traballadores/as afirmase que non é certo.

Esta claro que a mobilización desenvolvida ate o de agora consiguir que a empresa retirara os despedimentos, mas para abrir a via negociadora, para implicar aos dirixentes sindicais na destrucción de postos de traballo como esta a acontecer en moitas outras ocasions (Fabrica de Armas, Iberia, etc.). A empresa evita o choque directo mas non renuncia o seu obxectivo.

Argumente o que queira a empresa, o certo é que se Atento, como Darty/San Luis, Sykes, Unisono, a Axencia de Viaxes El Corte Inglés, NH Hotéis, Fábrica de Armas,? poden despedir é grazas as sucesivas reformas laborais, primeiro de ZP e sobre todo a mais recente do PP, que da todo o poder ao empresario para decidir o que el queira.

Hai cinco anos a mobilización desenvolvida polas traballadoras de Atento orientouse a chamar á unidade de todos os que daquela loitaban, e asi acadaron a solidariedade dos traballadores/as de La Toja, despedidos daquela, dos bombeiros e policias locais de A Coruña, numha manifestación que foi umha demostración de forza da clase obreira. O resultado foi que, a pesares de se manter os despedimentos, a empresa tivo que recuar nos seus planes de deslocalización e tivo que indemnizar ás despedidas cumhas cantidades ben superiores ás iniciais.

Hoxe, nun momento no que a crise atinxe a todos os sectores da clase traballadora e do pobo, golpeados polos despidos masivos, polos recortes de salarios, pola perda de direitos laborais e sociais, polas privatizacións e as estafas bancarias, fai mais necesaria que nunca a unidade frente os planes dos empresarios e os seus gobernos.

Non podemos esparar absolutamente nada dos gobernos, nin da Xunta nin do Central, coas suas medidas como a Reforma Laboral son o problema, as suas politicas permiten a ?desfachatez? coa que actua a patronal.

Frente a esta situación non collen loitas rutinarias e ailladas unhas de outras; a defensa de todos os postos de traballo, non só de Atento, mas tamen frear os peches de empresas, os EREs e reducción de salarios, que se ven coa paralización da negociación colectiva (comercio vario, limpeza, etc.) fai necesaria a convocatoria de fortes mobilizacións unitarias da clase obreira que non paren ate acadar a derrogación da Reforma Laboral.

Todas as organizacións sindicais, sociais e politicas teñen que acordar unha frente comun, unha Plataforma Social e convocar umha manifestación Frente aos despidos e os peches de empresa.

Pola derrogación inmediata da Reforma Laboral

Unidade e loita

Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 16-04-2013 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
DIANTE DO 10 DE MARZO, DIA DA CLASE OBREIRA GALEGA
Corrente Vermella convoca á manifestación da CIG para o 10 de marzo, Dia da Clase Obreira Galega, en defensa dos convenios colectivos, contra a explotación e a pobreza, mas lamenta que de novo haxa convocatorias separadas das distintas organizacións sindicais.
Cando asistimos a umha das ofensivas mais duras das ultimas decadas contra os traballadores/as e os pobos, a través das politicas da Unión Europea, a Troika e os gobernos central e autonomico, que estan a destruir todos os nosos direitos con reformas laborais, reformas da constitución para garantir o pagamento da debeda e asi poder privatizar todos os servizos publicos e sociais ou as estafas como as preferentes ou hipotecas.
Nestas condicións faise precisa a unidade de toda a clase traballadora galega, española e europea, como anunciou a Folga Xeral do 14N; mas é preciso facelo baixo obxectivos claros que avancen na confluencia e a coordinación das loitas contra os despidos, polos convenios e as privatizacions: Fabrica de Armas, Alcoa, Chuac, convenios do comercio, limpeza, etc.
-contra a paralise dos convenios colectivos, derrogación inmediata da Reforma Laboral
-contra os EREs e os despedimentos, nin un só despido nin perda de posto de traballo via prexubilación, reducción da xornada se reduccion do salario e contrato de relevo.
-contra as privatizacións e o pago da debeda, renacionalización dos servizos privatizados e derrogación da Reforma constitucional do 2011 que obriga ao seu pagamento.

Esto supon poñer no centro a loita polo derrubamento dos gobernos do PP, a Xunta e o Central, afectados pola corrupción coma ninguen, e levar ás asembleas nos centros de traballo a proposta da convocatoria dumha Folga Xeral Politica que abra un proceso constituínte onde a clase traballadora e o pobo debatan umha saída obreira e popular á crise.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 09-03-2013 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
NESTE 8 DE MARZO: AS MULLERES TAMÉN ESTAN NA LOITA
CONTRA O MACHISMO E O CAPITALISMO

Non ao peche do COF do Ventorrillo
Hoxe hai un reforzamento da ideloxía máis reaccionaria por parte do goberno de Rajoy, co Gallardon plantexando unha nova lei do aborto que nos fai retroceder aos anos 90, o ministro Wert impoñendo a relixión nas aulas. A Xunta do PP adiantouse cando aprobou a lei de familia, prantexando como núcleo fundamental da sociedade á familia patriarcal. Co peche do Centro de Orientación Familiar é consecuente coa súa política, ir en contra da liberdade sexual das mulleres.

Esta ideoloxia esta ao servizo dunha doble moral, por un lado privatizan o servizo e por outro recortan os dereitos das mulleres a decidir sobre o seu propio corpo. Impedir o pecho do COF fai parte da loita contra as privatizacións e os recortes impusadas dende a UE e a Troika. O que significa a unidade con todos e todas aqueles que hoxe loitan contras estas medidas.



Neste momento histórico de convulsión social e crise dun réxime e uns gobernos máis que desacreditados, as mulleres traballadoras estamos a tomar o protagonismo nas loitas que se están sucedendo en todo o estado español. Estamos á cabeza nas mobilizacións que se opoñen aos recortes, ás privatizacións e ao desfalco dos dereitos máis básicos que con tanto esforzo a clase traballadora logrou conquistar.

Sorteando os obstáculos que a opresión e as barreiras do machismo imponnos, nós, as mulleres traballadoras, somos o referente nesta batalla contra un sistema que se alimenta das desigualdades para seguir enriquecendo a unha minoría corrupta.

As mulleres encabezamos as protestas
Na defensa polo dereito á vivenda, as mulleres están a atacar de cheo á base que sustenta ao capitalismo: a propiedade privada. No movemento contra os desafiuzamentos, como as corralas de veciñas en Andalucía, as mulleres dirixen a pelexa, e en cada ocupación das e os sen teito fan tambalear os cimentos deste sistema económico en decadencia.

En Madrid, as traballadoras da Sanidade Pública son tamén pezas chaves nas protestas e os peches en hospitais e centros de saúde, defendendo os miles de postos de traballo e o mantemento do dereito á sanidade, ameazados pola privatización e a especulación.

Do mesmo xeito, todo o Ensino Público segue en pé de guerra contra os recortes na educación. Desde as escolas infantís até a universidade, tanto profesoras como estudantes novas, as mulleres seguen resistindo á ofensiva do goberno de Rajoy e os seus secuaces nas distintas comunidades.

Un sistema e un réxime no que non hai saída para a muller traballadora
Estes son algúns das frontes nos que as mulleres, xunto cos homes da clase traballadora, están a resistir á guerra social iniciada por un goberno que segue aplicando plans de recortes, a pesar que se destapou o armazón da corrupción na que está asentado. Unha corrupción que salpica ás institucións do réxime: monarquía, Constitución, Xustiza,... demostrando que non hai saída a esta catástrofe social, na que as mulleres estamos a ser dobremente damnificadas, se non é fóra del.

Por iso, este 8 de Marzo, ten que recuperar a súa orixe, en defensa dos intereses das mulleres da clase traballadora. Non é posible manter os nosos dereitos neste sistema. Ningunha conquista é definitiva mentres siga existindo a explotación sobre a clase traballadora, que ademais recae con máis forza nos sectores oprimidos: mulleres, novas, inmigrantes,..., sobre os que o sistema capitalista impón a desigualdade, para dividirnos e debilitar a nosa loita común. Por iso os homes da clase traballadora teñen que sumarse tamén á loita contra a opresión das mulleres e en defensa da nosa emancipación, para golpear xuntos contra a opresión e a explotación capitalista.

A saída a esta crise non é outra que derrubar a estes gobernos e acabar con este réxime, nunha pelexa conxunta. Porque aínda que se convocasen outras eleccións, o goberno que entre como recambio do malparado Rajoy e PP, seguirá implantando as mesmas políticas ditadas pola Troika para rescatar a banqueiros/as e a empresarios/as, e non a traballadores/as e ao pobo.

A única solución é a saída obreira e popular a esta crise e para iso é necesario impulsar a unificación das protestas, de todos e todas as traballadoras en loita, coordinar os movementos populares, coordinadoras e organizacións mobilizadas para convocar unha Folga Xeral que consiga botarlles e que de paso ao verdadeiro programa de emerxencia que necesitamos para saír desde espolio á clase traballadora no seu conxunto.


Corrente Vermella chama á concentración polo mantemento do COF do Ventorrillo e o dereito a unha saúde sexual e reproductiva, o 8, no Obelisco ás 20h
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 06-03-2013 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
INVESTIGACIÓN ATÉ O FINAL E RESPONSABILIDADES
Ante a noticia de que o asasino de Iolanda González Martín, militante do PST, traballa para os Corpos de Seguridade do Estado:

INVESTIGACIÓN ATÉ O FINAL E RESPONSABILIDADES

O pasado 24 de Febreiro, o diario O País publicaba un artigo no que se daba a coñecer que Emilio Hellín Mouro, asasino confeso e convicto de Iolanda González en 1980, traballa desde hai varios anos "para os Corpos e Forzas da Seguridade do Estado en casos xudicializados e forma aos seus axentes en técnicas forenses de espionaxe e rastrexo informático". Francisco Martínez, secretario de Estado de Seguridade, recoñeceu que a Dirección Xeral de Policía e a Garda Civil ten contratado á empresa de Emilio Hellín Mouro, News Technology Forensics, os anos 2006, 2008, 2009, 2010 e 2011 para cursos de especialización a axentes de ambos os corpos. Os cursos foron impartidos polo propio Hellín. O asasino de Iolanda ademais de impartir cursos, seminarios e conferencias aos axentes ?foi contratado para investigacións xudicializadas en casos de terrorismo e crime organizado?. Segundo unha investigación do País, Emilio Hellín Mouro cambiou en 1996 o seu nome polo de Luís Enrique, e ?desde entón colabora e traballa para a policía e a Garda Civil en diferentes investigacións?.
Que o asasino de Iolanda imparta cursos ?sobre terrorismo? aos corpos de seguridade do Estado provocou, con toda razón, a indignación xeral.
Emilio Hellín Mouro foi condenado a 43 anos de prisión polo secuestro, tortura e asasinato de Iolanda González. A investigación e o xuízo mostraron que o ?Grupo 41 do Batallón Vasco español? que reivindicou o asasinato de Iolanda, non era máis que unha tapadeira dun grupo vinculado a Forza Nova, do que formaban parte membros dos corpos de seguridade do estado e estaba dirixido polo Xefe Nacional de Seguridade de Forza Nova, David Martínez Louza.

Os amigos, compañeiros e familiares de Yolanda pon en marcha unha campaña

Ás poucas horas de coñecerse a noticia, un grupo de compañeiros/as do ex PST, o partido de Iolanda, comezamos a movernos e conformamos o grupo de Familiares amigos/as e compañeiros/as de Iolanda González. En poucas horas púxose en marcha a recollida de firmas esixindo do Ministro do Interior ?Que de inmediato se poña fin a toda colaboración do citado Hellín Mouro cos seus ministerios e cos Corpos e Forzas da Seguridade do Estado?, a investigación, esixindo ?información pública das condicións desa colaboración? e ?unha clara identificación da responsabilidade política no ocorrido?
A recollida de firmas púxose en marcha, organizouse unha Blog, un grupo de Facebook, realizáronse entrevistas cos grupos parlamentarios de EU, PSOE, ERC, Amaiur, PNV, que na súa maioría xa fixeron chegar as súas preguntas ao Goberno e solicitado a comparecencia do Ministro.
A presenza neste grupo de vellos compañeiros e compañeiras de Iolanda, da familia, os irmáns de Iolanda, Amaia e Asier, a rapidez da resposta e o esforzo que están a facer é un feito que lles honra e que debe ser saudado, e así o facemos desde Corrente Vermella, porque mostra a firmeza no compromiso que un día se fixo: ?Iolanda nós non esquecemos?. Esa actitude digna de eloxio foi así desde o primeiro día e ségueo sendo 33 anos despois.


Hellín: Un colaborador ocasional ou un home dos servizos de Seguridade do Estado?


Os grupos fascistas vinculados con membros da Seguridade do Estado camparon ás súas anchas entre finais dos 70 e comezos dos anos 80. A violencia policial e parapolicial cobrouse entre 1975 e 1982 máis de 230 vítimas.
As chamadas tramas negras, foron presentadas como un produto da alianza da extrema dereita e membros dos corpos de Seguridade do Estado que se resistían ?ao cambio democrático?.
Os feitos previos ao asasinato de Iolanda, o acontecido nestes 33 anos e os contratos da empresa de Hellin coa Seguridade do Estado, mostran que Emilio Hellín é moito máis que un conspirador de extrema dereita.
Emilio Hellín Mouro terminou a principios dos 70 a súa carreira de Telecomunicacións e comezou a colaborar co SECED (Servizo Central de Documentación da Presidencia do Goberno), o servizo de intelixencia preparado desde a cúpula do réxime franquista e vinculado directamente á presidencia do Goberno con Carrero Blanco á fronte. O SECED estaba organizado en dúas grandes estruturas: a de información e a de operacións. O SECED interviña en operacións políticas destinadas a abrir a negociación do réxime coa oposición, en operacións de infiltración como a soada Operación Lobo, até en operativos terroristas como a soada Operación reconquista que culminou nos asasinatos de Montejurra.
O SECED supuxo un avance sen precedentes na centralización e vínculo directo ao Goberno dos servizos de intelixencia e Emilio Hellín foi un colaborador destes servizos desde a súa fundación.
O xuízo aos asasinos de Iolanda mostrou con probas irrefutables, que o comando asasino contara coa participación dun membro da Garda Civil (irmán de Hellín), outro da Policía Nacional e tiña como inductor, e quen deu a orde a outro Garda Civil, David Martínez Louza, xefe de Seguridade de Forza Nova, o partido de Blas Piñar.
Entre o asasinato de Iolanda e a detención, Hellín refuxiouse en casa dun Policía de Vitoria, quen declarou no interrogatorio que ?Hellín ten contacto con importantes peixes gordos dos corpos de Seguridade e o Exército?.
Emilio Hellín foi detido o 7 de febreiro de 1980. O 25 de agosto dese mesmo ano, axudado por un grupo de presos comúns fóxese do cárcere de Alcalá de Henares. O grupo de presos comúns reduciu aos funcionarios, obrigáronlles a ir á cela de Hellín e liberalo. A prensa recolleu que Hellín ?pagáralles unha forte cantidade de diñeiro?. Unhas horas despois foi detido a tiros pola policía.
Con semellantes antecedentes, o 20 de febreiro de 1987, Hellín saíu do cárcere de Zamora cun permiso penal de seis días. Os recursos que fixemos tanto a familia de Iolanda como os compañeiros do PST, non impediron ao xuíz José Donato Andrés pór en liberdade a Hellín o que este aproveitou para fuxirse.
Emilio Hellín saíu de España con DNI de curso legal e toda a súa familia cara a Paraguai. Alí foi contratado polos servizos de intelixencia do ditador Alfredo Stroessner, ata que un xornalista da revista Interviú, José Luís Morais, atopouno. Tras dous anos de fuga e unha nova campaña da familia de Iolanda e do PST, Emilio Hellín era extraditado e volvía a prisión.
Por que se concedeu o permiso penal a Hellín a pesar de ter unha condena en firme de 43 anos de prisión, unha fuga abortada e un intento máis de fuga fracasada? De onde sacou Hellín documentos legais para el e toda a sua familia para viaxar a Paraguai? Como atopou con tanta facilidade Hellín emprego nos servizos de seguridade paraguaios? Non foron informados de nada disto os servizos de seguridade nin o goberno español? En declaracións ao diario paraguaio ABC, que reproduciu o diario O País o 22 de xullo de 1989, Emilio Hellín Mouro declara que antes da súa fuxida de España protagonizou unha fuga ?apoiada polos seus camaradas do servizo de intelixencia militar español?. A pesar de tales evidencias nada disto foi investigado tras o regreso de Hellín desde Paraguai.
En setembro de 1993 tras unha evasión e dous intentos frustrados de fuga Hellín comeza a recibir permisos penais e o 17 de xullo de 1995 outórgaselle o terceiro grao penal o que lle permite quedar en semilibertade e tan só pasar a noite en prisión ata que en 1996 (sen que saibamos aínda a data exacta) queda en completa liberdade.
Agora o Goberno recoñece que cando menos desde o 2006 Emilio Hellín traballa para os corpos de Seguridade do Estado imparte cursos a policías, gardas civís, Mossos d´Esquadra e Ertzainas.
Toda unha traxectoria profesional de ao redor de 40 anos que unha e outra vez o vinculan aos servizos de intelixencia. Así pois hai datos, feitos obxectivos e demostrados que mostran máis que indicios racionais para afirmar que Emilio Hellín Moro é moito máis que un ?ultra?, é un home dos Servizos de Seguridade do Estado e ese feito converte o asasinato de Iolanda González nun auténtico crime de Estado.


A loita de Yolanda polo socialismo, a revolución e o partido revolucionario


Iolanda González tiña 19 anos cando foi asasinada. Era membro da Coordinadora Estudantil de Madrid, que nesas datas protagonizaban unha dura loita contra a política educativa do goberno de UCD. Pero Iolanda era moito máis que unha moza loitadora con inquietudes sociais. Iolanda era trotskista, militante e fundadora do Partido Socialista dos Traballadores. Iolanda comezou a súa militancia nas mocidades socialistas na súa Euskadi natal e pasou a formar parte dun agrupamento ao redor dunha revista ?A razón socialista?. Foi ese agrupamento tras a súa ruptura co PSOE o que dese lugar en outubro de 1979 á fundación do PST. Yolanda incorporábase en 1978 á Fracción Bolxevique internacional, un agrupamento trotskista que en 1982 fundou a liga Internacional dos Traballadores, a LIT da que o PST fose a súa sección no estado español e o é hoxe Corrente Vermella.
Foi por tanto a loita pola construcción dun Partido revolucionario, dun partido de traballadores, dun Partido comprometido resoltamente na loita contra o réxime e polo dereito de autodeterminación dos pobos, un partido comprometido na loita contra a opresión da muller e todas as opresións, un partido mundial para a revolución socialista. Ese era o compromiso político de Iolanda cando a mataron e que desde Corrente Vermella continuamos.
Da firmeza das conviccións de Iolanda e do seu compromiso político baste referirse a un dato revelador á luz do seu tráxico fin e dos feitos actuais. O 6 de decembro de 1978 celebrábase o referendo para a aprobación do Proxecto de Constitución. O ?consenso? entre os grandes partidos desde o PSOE.PCE, UCD, AP, ... propiciaba a aprobación da actual constitución e selábase o ?modélico proceso da transición?. O grupo no que militaba Iolanda, ?A razón socialista?, manifestou o seu rotundo rexeitamento a unha constitución que lexitimaba a fraude da chamada transición e pediu publicamente o voto NON.
A Iolanda, a pesar da súa mocidade, non lle tremeu o pulso á hora de dar esa batalla, á hora de denunciar unha constitución que santificaba o sistema capitalista, que convertía o país nun cárcere de pobos negando o dereito á autodeterminación nacional, que lexitimaba a continuidade do vello réxime, o seu policía, os seus militares, os seus xuíces, coroaba un rei imposto e pechaba impunemente as responsabilidades por 40 anos de ditadura.
Non era nada sinxelo defender iso, a posición dos grupos da extrema dereita chamando a votar Non, puña moi fácil o argumento oportunista de igualarnos a todos: ?os extremos tócanse? cacarexaban precisamente os mesmos que non tiñan empacho en chamar a votar si do brazo de canallas como Fraga Iribarne e de toda a cúpula do vello réxime franquista. Moita convicción e moito compromiso militante había que ter para dar a batalla polo Non cando iso significaba que desde a esquerda tachásenche de maneira infame de fascista ou cómplice dos fascistas.
A vida ditou o seu veredicto: Iolanda tiña razón, o seu propio asasinato foi unha demostración irrefutable de que esa constitución lexitimara a continuidade e a impunidade do vello réxime. Os feitos destapados nestes días, co seu asasino traballando para os servizos de seguridade do estado, impartindo maxisterio entre policías e gardas civís sobre loita ?contra o terrorismo?, danlle de novo a razón. O vello réxime perdura, a súa esencia sempre perdurou.
Hoxe millóns de traballadores e mozos desde a rúa reafirman a vixencia daquela loita de Iolanda cando gritan ?chámano democracia e non o é?.
Máis que nunca lembramos aquelas palabras que en nome do PST pronunciáronse no funeral de Iolanda: ?Yolanda era nova, era muller e era vasca, tiña tres razoes para loitar. Se como muller tiña o dereito inalienable a combater pola súa liberación, se como vasca tiña o dereito a combater pola soberanía nacional de Euskadi e se como moza tiña o dereito a loitar polas reivindicacións da mocidade: todo iso englobouno nunha soa batalla polo socialismo, pola revolución, por un partido revolucionario?
Desde Corrente Vermella e a LIT, reivindicamos a súa memoria e a súa batalla política da que nunca renegamos.

Apoiar a campaña de esixencia de investigación e responsabilidades políticas

Desde Corrente Vermella apoiamos a campaña de recollida de sinaturas impulsada polo grupo Familiares amigos/as e compañeiros/as de Iolanda González, e chamamos a todas as organizacións sindicais, políticas e sociais a apoiala.
Calquera militante da esquerda, calquera activista sindical ou dos movementos sociais debe sentir que tolerar que un asasino convicto e confeso traballe para os corpos e forzas de seguridade do estado, rastrexando móbiles, correos, ... e sexa pagado con fondos públicos, é deixar pender unha espada sobre a cabeza de calquera deles.
Así mesmo as asociacións da memoria histórica entenderán sen dúbida que esta batalla por Iolanda é parte da súa mesma loita contra a impunidade de franquismo.
A investigación é un dereito democrático elemental e a esixencia ao Ministerio, ao Goberno e ao Parlamento unha obrigación da que ningunha destas institucións poden escapar sen dar sequera explicacións ou asumir o custo político de negarse. Pero nós/as non temos confianza algunha en que a investigación se vaia a levar se deixase nas súas mans, nunca resultou pór ao raposo a coidar o galiñeiro. Por iso chamamos ás organizacións políticas e sindicais da esquerda, ás organizacións populares, aos xornalistas e personalidades independentes que sempre manifestaron a súa repudio a este asasinato e a súa disposición a non deixalo impune, a apoiar a campaña de recollida de sinaturas, de esixencia de que o Parlamento conforme unha comisión de investigación, pero tamén a que vaiamos dando os primeiros pasos que fagan posible unha comisión de investigación independente que leve o esclarecemento dos feitos ate o final.
Máis que nunca: Iolanda nós non esquecemos!


3 de Marzo de 2013
Comité Estatal de Corrente Vermella
Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 04-03-2013 19:34
# Ligazón permanente a este artigo
3 MARZO, MANIFESTACIÓN EN COMPOSTELA
Un paso máis na loita
por un proceso constituínte que garanta unha alternativa obreira e popular


Despois de anos de rexeitamento social das políticas de recortes e axustes dos sucesivos gobernos do PSOE e do PP, as mobilizacións non deixan de aumentar. As loitas de todos os sectores da clase traballadora contra as privatizacións na saúde, a educación e os servizos sociais, dos funcionarios contra os recortes, dos afectados polos EREs e os despedimentos masivos (Iberia, Fabrica de Armas, Altsom, etc.) ou por carga de traballo no naval, xuntanse ás loitas populares contra as estafas dos bancos ou as hipotecas.
A corrupción -tapada ate o de agora- fixose evidente nestas condicións, e nos últimos tempos a crise instalada nos partidos da ?alternancia?, o chamado PPSOE, pasou ás institucións fundamentais do rexime, as que garanten en ultima instancia a estabilidade política, a xudicatura, a exixencia dos catalanes do direito a decidir e a monarquía, da que non saben como evitar o seu descredito total.
A lexitimidade da monarquía, suposta garante da estabilidade e da mellora das condicións sociais, esta indo polo desague. A poboación traballadora comproba nos feitos que a monarquía é umha institución prescindible, nuns tempos no que a orde do día esta marcado polas privatizacións nos servizos, a reforma laboral e o pagamento da débeda.
Tanto o PP como o PSOE, cada quen á sua maneira, queren evitar que as mobilizacións choquen frontalmente co Rexime do 78, o PP enrocandose na defensa a ultranza da Constitución -salvo cando o impón a UE e os banqueiros a súa reforma expres-, o PSOE con propostas que non mudan o problema, so lavan a cara, como a ?abdicación? ou a ?reforma constitucional nun sentido federal?.
A principal forza da esquerda estatal, EU, segue na rotina dos marcos do rexime e a alternancia; por iso, limitase a pedir a ?rexeneración democrática?, a renuncia de Rajoy e a convocatoria de eleccións anticipadas.
A unica formación política que no recente debate do Estado da ?nacion? defendeu a apertura dun proceso constituínte foi UdyP, Rosa Diez. É obvio que non esta a procura de saídas sociais á crise ou a defensa dos direitos das nacións oprimidas, senon que a sua idea é a de ?muda-lo todo para non mudar nada?, para que os planes da UE e a Troika saían adiante lexitimados por un novo marco constitucional.
O nivel das mobilizacións obreiras e populares, que aumentan cada dia en cantidade e intensidade, pon á orde do día a necesidade avanzar con obxectivos ben claros, a derrogación dos recortes, privatizacións e contrarreformas laborais, non pagamento da débeda, e forzando a dimisión dos gobernos, rompendo con esta Unión Europea e coa Troika, derrubando á monarquía.
Se os traballadores/as e o pobo queren defender e garantir as conquistas que estan sendo desmontadas, é preciso enfrentar as políticas negociadoras e pactistas das cúpulas sindicais actuais, que so redundan en derrotas e despedimentos, como fixeron en NCG, ameazan na Fabrica de Armas, etc., negandose a levantar as unicas propostas que poden evita-lo, nacionalización e planes industrias sobre contratos de relevo, reducción de xornadas sen reducción de salarios, etc. E as medidas de loita que ele conleva, ate gañar (ocupación de centros de traballo, folgas e loitas coordinadas, etc.), porque remataron os tempos das ?simples? protestas.
Nas condicións actuais, esto supon loitar polo cambio do rexime político a través dumha Folga Xeral Política estatal que abra as portas a un proceso constituínte, apoiado nas organizacións obreiras e populares que hoxe loitan contra as políticas dos gobernos e a UE.
Neste sentido fican cortas as propostas que se fan desde forzas da esquerda soberanista. A crise e a o corrupción non se frean coa soberanía nacional, mas tamen coa renovación da base á cima da sociedade, a través da convocatoria dunha Asemblea Constituínte que garanta umha saída obreira e popular á crise, o que inclúe como un dos seus puntos fundamentais o exercicio do direito á autodeterminación da Galiza, cara á transformación socialista da sociedade.
So podemos confiar na mobilización social, na unificación e coordinación consciente das loitas a nivel nacional, estatal e europea, como comezou a acontecer no 14N ou máis recentemente coas mobilizacións do 23F en todo o Estado e avanzar cara unha nova convocatoria europea o 10 de Marzo, para respostar o Cumio da UE no 13-15 de marzo, cara a reforzar a unidade da clase traballadora europea frente os ataques do capital e os seus gobernos.
Corrente Vermella chama á manifestación por un Proceso Constituínte e a Ruptura Democrática convocada por diversas forzas soberanistas , o vindeiro domingo 3, ás 12 h na Alameda de Compostela.


www.corrienteroja.net; correntevermelha@gmail.com
3 MARZO, MANIFESTACIÓN EN COMPOSTELA
Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 01-03-2013 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
Abaixo o goberno dos recortes e a corrupción
O escandalo Barcenas, coas suas contas millonarias en Suiza, a caixa B e os sobresoldos en negro á alta dirección do PP, deixou malferido a Rajoy e o seu goberno, e rachou os cimentos do partido da directa española, ao que sectores da sua base social dan as costas. Mostrouse aos ollos de todos que os recortes, privatizacions e a corrupción son duas caras inseparabéis dumha mesma moeda.
O goberno Rajoy non ten absolutamente ningunha lexitimidade para seguir impondo novos axustes. E o mesmo podemos dicer dos diferentes gobernos autonomicos, que, como a Xunta de Feijoo, quere aparecer como alleo á corrupción xeralizada, mas, ademáis de seren parte do PP ?o PPdG aparece nos papéis de Barcenas-, ten os seus casos particulares na Diputación de Ourense ou no Concello de Compostela.

Un reximen corroido pola corrupción
A crise do goberno de Rajoy e do pp, lonxe de seren umha cousa illada, son unha peza maior da crise dun rexime en quebra total, corroido por umha corrupción que fixo metastase e afecta o conxunto das suas institucions, comezando pola Monarquía.
A crise do goberno ten agora moi difícil solución porque o ?bipartidismo? ao que recorreron durante máis de tres decadas esta esgotado. Agora, a quebra do PP vai acompañada da bancarrota do PSOE, que dilapidou todo o sue creto popular e avanza, con todos os merecimentos, polo memso camiño de ruína que percorreu o PASOK grego.
Rajoy atrincherouse e pechase en banda a dimitir e convocar eleccions anticipadas. Nin o PP, nin o PSOE, nin a Merkel, nin a Troika queresas e só recorreran a elas cando xa non teñan mais remedio, porque saben que en lugar darlle saída á crise vana complicar. Mentres, alguns xa comezaron a falar dun posible ?goberno técnico? como o de Monti en Italia, sen pasar polas urnas, baixo a bendición e supervisión da Troika, para seguir cos plans de axuste e saqueo do pobo, en beneficio dos banqueiros e grandes empresarios.

Botar ao goberno corrupto para derrotar os seus plans
Frente ás manobras das cupulas politica e financieras, o primeiro que hai que facer é botar abaixo ao goberno dos recortes e a corrupción, acabar con Rajoy, forzar a sua dimisión. Se non acabamos con el non hai posibilidade de botar atrás os seus plans de guerra social. Por iso, cada movilización debe facer seu este obxectivo. Por iso, é mais necesario que nunca unificar os diferentes movimentos de resistencia aos recortes e privatización. Por iso, fai falta construir desde abaixo a folga xeral, en cada territorio e a escala estatal.

Un programa de emergencia frente á catastrofe social
Do mesmo xeito, é vital fixar un programa de emerxencia común, con obxectivos precisos que enfrenten a actual catastrofe social. Desde Corrente Vermella vemos os seguintes:
1/ Paralización inmediata dos plans de recortes e privatización
2/ Suspensión inmediata do pago da Debeda aos banqueiros e un auditoria publica
3/ Paralización inmediata dos desfiuzamentos e garantia de vivenda ás familias sin teito, confiscando os pisos baleiros de bancos e inmobiliarias para crear un parque publico de aluguer social.
4/ Subsidio de paro indefinido ate atopar traballo e un gran plan de obras publicas e sociais que cre emprego e atenda as necesidades urxentes da poboacion.
5/ Derogación da reforma laboral, restitución dos direitos arrebatados e retorno ao Estado dos servizos publicos privatizados.
6/ Prisión para os corruptos e corruptores, e confiscación dos seus bens para pagar a sua debeda coa sociedade.
7/ Estatalización sen indemnización do sistema financeiro, para pór o credito e a riqueza social baixo control e ao servizo da inmensa maioría.


Non hai solución baixo este rexime corrupto
Conforme se profunda a crise social e aceleráse a crise politica, é cada vez mais claro que a catastrofe que sufrimos non ten arranxo cunhas eleccions baixo este rexime podrecido e a sua Constitución. Non hai maneira de aplicar umha das medidas de medidas necesarias se non cuestionamos o rexime e pomos en pé un goberno surdido e controlado desde abaixo. Un goberno do pobo traballador, saído dun congreso formado polas asembleas, coordinadoras, organizacions e movementos populares que estan a enfrontar os recortes e privatizacións. Un goberno que aplique un programa de emerxencia e abra un proceso constituinte a nivel estatal que, coa participación e o referendo popular, substitúa este rexime corrupto por outro sostido sobre bases realmente democráticas e ao servizo do pobo traballador.
Hai alguns, como a cupula de CCOO-UXT, que a pesar do que esta a cair, seguen, contra toda loxica, procurando arranxos co goberno, e outros como a dirección de EU, que concentran todas as súas esperanzas numhas futuras eleccions.
É necesario e urxente reunir a todas as organizacións e movementos sociais que rexeita a estratexia conciliadora dos Toxos e Mendez, para acordar xuntos un Plan de Loita Unitario apoiado na base do movimento para exixir a CCOO e UXT e a EU umha unidade de acción encamiñada a desacatar abertamente os decretos e ordes que destrúen os nosos direitos e a bota abaixo sen demora ao goberno de Rajoy
Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 23-02-2013 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
pola unidade contra a debeda e as privatizac​ions
Comunicado da Corrente Vermella madrileña respecto á loita dos traballadores e as traballadoras da saúde de Madrid contra a privatizacion; como din o comunicado, non se enfrentan a unha loita rexional ou local, senon que fai parte dun ataque do conxunto do Estado Español e da Unión Europea para pagar a debeda e favorecer os intereses privatizadores, tanto do goberno central como da Xunta. Nestos Planes, Ignacio Gonzalez é intercambiable con Alberto Feijoo.
A Corrente Vermella na Galiza apoia a loita dos traballadores e as traballadoras da saúde madrileña e chama aos traballadores/as galegos a loitar xuntos contra uns plans de pago da debeda e as privatizacions, que superan os marcos nacionais e estatais. A sua loita é a nosa loita.



Por unha sanidade 100% pública, gratuíta e de calidade!
Com a conxelación das pensións, o goberno de Rajoy-Troika, termina de incumprir por completo o seu programa electoral, estafando unha vez máis ao pobo para seguir pagando a fraudulenta débeda a banqueiros e especuladores á vez que seguen rescatando aos bancos e despedindo traballadores.

A sanidade non é a excepción senón que é parte desta mesma lóxica. Coa lei 15/97 que foi votada polo PP, PSOE, CIU, PNV e C.C, e o apoio público e explícito de CCOO iníciase o proceso de privatización da sanidade. Coa reforma exprés da constitución aprobada en setembro de 2011, ?casualmente? polo PP e o PSOE, decrétase ter como prioridade o pago da débeda. Así toda a riqueza do país quedou ao servizo das ganancias de banqueiros, empresarios e especuladores.
Ante este panorama de saqueo á sanidade e a todos os servizos públicos os traballadores e usuarios temos que ter moi claro que non nos enfrontamos a unha medida parcial dun goberno local ou rexional. Ao que nos enfrontamos é ao Plan da Troika-Rajoy-Gonzalez, que non teñen ningún miramiento á hora de saquear ao pobo. A eles non lles importa que a xente se tire dos balcóns, que morran pacientes por falta de medios, ou mozos ou mozas esmagados nunha discoteca. Para eles o único que importa é que os empresarios se forren e nós paguemos a débeda que eles provocaron.

Avanzar na organización:
Non debemos xeralizar o progresivo odio e o rexeitamento ás direccións burocráticas dos sindicatos e partidos políticos que traizoaron unha tras outras nosas conquistas. Temos que rexeitar aos partidos e sindicatos que nos venden, mas temos que contar co apoio de todos os partidos e organizacións sindicais e sociais que queren participar co único obxectivo de que a loita gañe. É necesaria a organización democrática pola base e a construción dunha coordinadora que levante unha táboa de reivindicacións e encamiñe as loitas do sector público cara a unha folga xeral da Administración Pública en Madrid, contra os recortes e para esixir a dimisión de I.González e todos os responsables das privatizacións e recortes.

Ou saúde, ou a débeda!
Non haberá Sanidade Pública se se paga a débeda á banca. É mentira que non hai diñeiro, hai moito diñeiro, o problema é que ese diñeiro o usan para rescatar aos especuladores e banqueiros en lugar de rescatar ao pobo. A sanidade do mesmo xeito que a educación e o resto de sectores produtivos non poden quedar en mans destes ladróns. Debemos ser os propios traballadores do sector xunto aos usuarios os que controlemos a sanidade, os que decidamos en que se gasta e en que se investiga. Esta loita ademais, non pode quedar illada. Debemos unificala con todos os sectores en loita, levantar un calendario de mobilización e de reivindicacións claras en defensa da saúde, a educación, a vivenda, a derrogación da reforma laboral, de todos os decretos de reformas, e o non pago da fraudulenta débeda. Debemos encamiñar este movemento en dirección a unha nova Folga Xeral, que non sexa soamente unha simple protesta, para lavar a cara dos dirixentes vendidos ou para pedir un referendo que non serve para nada. Necesitamos unha Folga Xeral que esixa do goberno central e dos gobernos autonómicos que: ou eles bótanse atrás coa súa política de rescate de banqueiros, ou nós botámoslles a eles.

Desde Corrente Vermella pomos toda a nosa actividade militante a disposición destes obxectivos xunto aos traballadores da sanidade e de todos os sectores en loita.
Por unha sanidade 100% pública, gratuíta e de calidade baixo control dos traballadores e usuarios!

Plan de loita até botar atrás a privatización!
Nin un euro máis á banca, diñeiro para sanidade, educación e vivenda!

Fora Rajoy e a Troika!
Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 10-12-2012 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
Convocatoria: 30 aniversario da LIT- Cuarta Internacional
Ola Compañeiros/as
Corrente Vermella convida-vos á un acto para a celebración do 30 aniversario da LIT- Cuarta Internacional, en Madrid o 15 de decembro ás 17h no I.E.S Cardenal Cisneros

O acto polo 30 aniversario da LIT-ci, será unha actividade europea coa participación de delegacións dos demais partidos da LITci en Europa.
Este acto, para nós, é un importante momento de construción de nosa organización e de afirmación do internacionalismo obreiro e revolucionario e por iso, queremos contar coa presencia de loitadoras e loitadores que fan frente único con nós nos diversos movementos que loitan no estado español e europeo.
Por todo elo convidamosvos a participar neste acto de loita internacionalista.

Recibe un saúdo
Corrente Vermella



15D TES UNHA CITA INTERNACIONALISTA

"A reunión estaba chea dunha gran cantidade de radicais. Había.......os cartistas ingleses, franceses proudhonianos e blanquistas, nacionalistas irlandeses, patriotas polacos, italianos.......e os socialistas alemáns". Esta é a descrición da histórica reunión de St. Martin´s Hall onde en 1864 constituíuse a Asociación Internacional dos Traballadores (AIT) máis coñecida como a Iª Internacional. Entre os obreiros de varios países europeos, achábase un exiliado alemán, Karl Marx, ao cabo autor da frase que en si mesma é todo un programa e que resulta máis actual que nunca: Traballadores do mundo unídevos!

Así pois, o carácter internacional da organización dos traballadores/as estivo presente na estrea da súa accionar como clase. Non é casualidade que a súa fundación se producise en Londres, berce da revolución industrial e da inmigración obreira europea, onde obreiros belgas, franceses ou alemáns xuntabánse con exiliados políticos como Marx.
Co tempo o capital excedeu as fronteiras nacionais converténdose en imperialismo, construíu ferramentas como a Unión Europea para bater en todos nós á vez e facer retroceder aos traballadores europeos, en particular aos da súa periferia, nunhas conquistas logradas por xeracións anteriores ao prezo de enormes sacrificios e millóns de vidas.
Mas, se a burguesía europea golpéa unida por que resistimos por separado nunhas fronteiras que o capital excedeu? Por que seguimos facendo a guerra cada un pola nosa conta cando o inimigo golpéanos centralizado" Se as xentes do século XIX xa tomaran conciencia de que facía falta coordinarse internacionalmente, manter esta división artificial é a arma máis poderosa do imperialismo para derrotarnos.
Os que hoxe se seguen negando a internacionalizar a resistencia son os mesmos que a longo do século XX tentaron por todos os medios borrar da memoria histórica da nosa clase que o internacionalismo é un signo de identidade do noso código xenético... "unídevos!"
Foron a socialdemocracia e o estalinismo, coas súas burocracias parlamentarias e sindicais actuando como axentes dos intereses de cada unha das súas burguesías nacionais, quen o impediron. O seu traballo sucio vén de lonxe. Vexamos dous exemplos históricos. En 1914, ao esplodir a I Guerra Mundial, o Partido Social Demócrata Alemán, principal partido da II Internacional, apoiou á súa burguesía no masacre que tivo lugar en Europa. Desde entón a socialdemocracia está subordinada aos intereses de cada unha de "as suas" burguesías.
Ante esa situación foron os bolxeviques rusos, secundados por revolucionarios de todo o mundo, quen mantiveron vivo o internacionalismo coa fundación da III Internacional, ata que o verdugo da contrarrevolución na URSS, Stalin, disolveuna formalmente para que Churchill e Roosevelt puidesen certificar que a revolución mundial non era o obxectivo da burocracia estalinista.
Hoxe en día a oposición das burocracias sindicais, vinculadas á socialdemocracia e aos restos do estalinismo, á hora de construír a unidade dos traballadores en Europa explícase pola dimensión da crise: a guerra social desatada pola burguesía europea definirá o lugar de cada un dos Estados europeos na xerarquía disposta polos imperialismos.
Cando Merkel responde aos "defensores do crecemento" fronte aos partidarios da "austeridade" propondo as Zonas Especiais de Produción en Grecia, onde non hai convenios e tampouco lexislación ambiental, dá o ton do que reserva aos países da periferia europea, baseándose na experiencia chinesa. A única forma de resolver a crise do capital é que as condicións de vida dos traballadores non volvan á situación anterior á crise. Pola contra, rebaixalas é a condición para o capital imperialista de Europa.

Nesa situación as burocracias, unidas aos intereses de cada unha das súas burguesías "nacionais", son incapaces de defender até o final os intereses dos traballadores e resisten até onde resistirá a burguesía de cada un dos países periféricos á folla de ruta alemá: deslizándose cara á condición de semicolonia para acabar aceptándoo como inevitable.

E é que non poden cuestionar no máis mínimo a esencia do problema: a loita contra a UE, a suspensión do pago da débeda, a expropiación da banca, é dicir, a unidade da clase obreira europea, empezando pola loita contra o seu propio imperialismo. En definitiva, os aparellos non poden desposuírse da función social que lles reservou a burguesía: xestionar o Estado de Benestar. Por iso están dispostos a xestionar as novas relacións entre as clases.

Pola contra, a saída para a clase traballadora pasa por pór en primeiro plano a loita contra a UE e pola unidade internacionalista. Por tanto trátase de definir as tarefas urxentes que se nos expoñen e que ferramentas debemos construír para ese combate.
Corrente Vermella, sección da LIT-ci no Estado Español

Hoxe todas as tarefas de loita por cambiar o actual sistema social e preservar á sociedade da barbarie resúmense na loita pola revolución socialista mundial, que presupón a revolución nos distintos países e que ten como un dos seus puntais a loita polos Estados Unidos Socialistas de Europa.

Para levar a cabo esa tarefa fai falta unha ferramenta. En Corrente Vermella somos internacionalistas e cremos que é imposible a construción de organizacións revolucionarias illadas dentro das fronteiras dos Estados. A construción dunha organización revolucionaria, que forme parte orgánica da loita por construír unha Internacional revolucionaria é a tarefa, difícil e comprometida, na que está empeñada Corrente Vermella, sección da Liga Internacional dos Traballadores-Cuarta Internacional (LITci) no Estado español.

Non nos autoproclamamos ser "a" IV Internacional nin moito menos. Esa é, con todo, unha tarefa que está exposta de forma dramaticamente urxente e que debe ser tomada por todas e todos os revolucionarios que concorden con esta necesidade e cun programa principista e coherentemente revolucionario para iso.

Somos consentes de que esa non é unha tarefa só da LIT-CI, aínda que a asumimos como a nosa prioridade. Nós construímos a LIT-CI pero ao servizo desta tarefa maior, estratéxica, de reconstruír a IV Internacional.

As nosas forzas militantes e a nosa acumulación teórica, programática e moral, así como a nosa experiencia concreta como parte das loitas do movemento obreiro e do trotsquismo, están ao servizo de reconstruír a IV Internacional e que esta, á súa vez, poida converterse no que chegou a ser a III Internacional de Lenin e Trotsky: un verdadeiro Partido Mundial da Revolución Socialista.

Por todo iso, compañeiro e compañeira, o 15D tes unha cita internacionalista en conmemoración do 30 ano da LIT-CI e por unha Europa dos traballadores e dos pobos. Non á UE, a Troika e o Euro!


Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 03-12-2012 18:11
# Ligazón permanente a este artigo
Trás o 14N, pàra derrotar os gobernos e á UE, e o momento da alternativa politica
En primeiro lugar ha que suliñar algo que sistematicamente se esquece interesadamente, o carácter europeu da convocatória, que atingiu o conxunto da UE, onde, côas desigualdades lóxicas, houbo manifestacións, folgas e xornadas de loita. A resposta unida da clase traballadora europea a uns plans que partillan todos os gobernos no camiño da refundación da UE, é um fito histórico que marca a liña de superación das fronteiras nacionais na loita de clases que temos que defender.

Mas para todos/as é claro que o único balance posible do 14N é o de seguir loitando. O capital sempre quere destruir todas as conquistas da clase traballadora, e numhas condicións como as actuais so umha mudanza de fondo das estruturas da sociedade poder garantir que calquera victoria non se transforma nun novo ataque. O recente exemplo portugués é clarificador, os traballadores/as portugueses impuxeran o goberno a retirada do plan polo que lles reducian os salarios un 7% para darllo aos empresarios; non pasaron nin 15 dias, cando o goberno voltou à carga com umha outra proposta de suba de impostos, que tiña iguais consecuencias para os salarios. Por iso convocaron a folga xeral do 14N, e agora teñen que voltar á loita.

Neste cadro é onde temos que analisar e tirar as conclusións precisas do que foi o 14 no estado español, e pólo que nos compete, na Galiza.

Coa indústria e o transporte à cabeza: houbo folga xeral
A folga xeral foi Xeral, e Galiza de novo dentro dos territórios onde tivo mais incidência. Por moito que queiran rebaixar a resposta social, iso manifestou-se de novo em que foron os sectores centrais da economia, a industria, onde por exemplo a patronal galega do metal recoñeceu un paro do 70%, e o transporte (os portos, o transporte colectivo ferroviário e em bus, etc.) que non funcionou mais aló dos servizos minimos. Mas a folga tamen atingiu a sectores da administración publica, a educación e as universidades, a sanidade publica e privada, etc.

Por zonas, na Galiza, a folga foi masiva especialmente no Sul, em Vigo, Pontevedra, Compostela?, onde pechou tamen a maioria do comercio, e com mais dificuldades no norte, especialmente na Coruña, onde houbo moita diferenza entre o acontecido na indústria (Inditex, Alcoa, Fabrica de Armas, recollida do lixo, etc.) e transporte, e no comercio e hosteleria, que abriron maioritariamente.

Ainda asi, como aconteceu no resto do estado e em moitas zonas de Europa (Italia, Franza, Grecia, onde non habia folgas xerais, mas houbo masivas manifestacións), o rexeitamento ás politicas da UE e os gobernos europeos expresouse com centos de miles de persoas na rúa, numha confluência dos mais diversos sectores da poboación salariada, desde obreiros do metal e obreiras do textil, traballadores/as do comercio ou a administración publica, ate autônomos (os falsos autônomos, que em realidade son asalariados/as), pequenos empresários, ou funcionários de escalas que non é normal que estean nas manifestacións obreiras.

As manifestacións foron o veiculo que os asalariados/as utilizaron para manifestar o seu rexeitamento e a sua vontade de enfrentar essas politicas, porque hai que ter em conta que em moitas ocasións non se pode facer folga por estaren ameazados de despidos, pola precariedade no emprego e, non o esquezamos, polos miles de traballadores/as no desemprego.

Foi umha folga politica
Cando foi convocada a folga xeral no Estado o goberno saiu afirmando que era umha folga ?política?, mesmo algun dirixente do PP, a ínclita Espe Aguirre, pediu a sua prohibición por esse carácter político que lle atribuían, apoiando-se na reacionária lexislación herdada dos pactos da Transición, nas que se prohiben as convocatórias que non teñan un caráter meramente sindical.

Por moito que diga a lei, toda folga xeral é, pola sua própria esencia, política, pois se convoca para rexeitar unha decisión política do goberno de quenda. Asi foron as folgas contra os gobernos de Gonzalez, polas suas políticas de recortes das pensións ou da Lei de Emprego Xuvenil no histórico 14D do 88. Asi foron a folga contra o ?decretazo? do goberno de Aznar, e asi foi tamen a convocada contra a política de ZP. Todas as Folgas Xerais, ao rexeitar umha decisión política, teñen por definición un carácter político.

Mas o 14 N non só era política por rexeitar umha medida dun goberno, senon que tiña un carácter superior, mesmo nos lemas propostos pólas cúpulas sindicais: ?há culpabéis, há alternativas?. De feito, non foi umha folga contra umha medida senon contra unha Union Europea, un goberno,? que estan a aplicar um conxunto de políticas que levan o empobrecimento do conxunto da poboación traballadora, e ofrecianse alternativas.

Foi umha folga contra esos gobernos e essa Union Europa, por iso foi umha folga política que, tamen, expresa os seus limites.

A ambiguedade calculada das direccións sindicais e os seus métodos de convocar
Mas a folga do 14N tamen saiu a pesar dos obxectivos e os métodos das cúpulas sindicais. Em primeiro lugar, a maneira que teñen de facer as convocatórias semella mais umha campaña electoral que umha forma de loita da clase traballadora pólos seus direitos, axudando aos medios a presenta-las como algo alleo os seus interesse, como se os traballadores/as estivesen no medio dos dirixentes sindicais e os gobernos.

A convocatória das folgas, e sobre todo das folgas xerais, semella que xurden das necesidades desas cúpulas que non se poñen dacordo cos gobernos, e chaman à poboacion traballadora a respaldalos, como cando un goberno convoca as eleccións xerais, para ver de que a cidadania avale, ou non, as suas medidas.

Esta lóxica de convocar desde as cúpulas, manifestase nos medios que as organizacións sindicais poen para que a folga saia adiante. Cantas asembleas votaron a folga xeral? Em cantas empresas/sectores chamouse aos traballadores/as a participar nos piquetes? Como se organizaron os piquetes, a partir das empresas à vangarda nun polígono, nunha zona comercial, para levar à folga aos que por medo, desorganización ou o que sexa, non apoiaban? Xurdeu a decisión da base, ou póla contra foi a Confederación Europea de Sindicatos quen fixo a convocatória?

Esto é o que significa no concreto que a consciência da clase traballadora cresce, cando sae fortalecida política e organizativamente para as vindeiras batallas que temos que dar contra as políticas da Unión Europea e os seus gobernos. A resposta a esas preguntas é cuantificable obxectivamente, com números que a burocracia sindical non quere nin de broma.

O problema fundamental da clase traballadora europea para avanzar na conquista dos seus obxetivos son umhas cúpulas sindicais das que non se fai nengun descubrimento, fan parte do sistema. O 14 N, ainda sendo um fito histórico na unidade da clase traballadora europea, tivo duas limitacións fundamentais

Unha, a CES convocou tarde, e fora de hora. Desde que há xa cinco anos houbo ducias de momentos para convocar mobilizacións xerais desas características, ligadas a procesos concretos da loita dos traballadores/as cando os gregos chamaron aos pobos europeos ?a se levantar?, ou cando non há tanto tempo coincidiron manifestacións em case todos os países contra iguais políticas de axuste e austeridade.

Dous, os obxectivos non foron debatidos pola base, senon que viñeron decididos desde a CES, pois a sua loxica, como bem expresa o sr Toxo, presidente da CES, esperan que os gobernos ?muden as suas políticas?, e lles chamen a negociar as ?alternativas?.

O 14 N veu imposto porque as cúpulas sindicais estan no medio do bocadillo, coas políticas da UE cada vez mais duras contra a clase traballadora e os pobos, e a crescente resposta e mobilización destes, que xa tiñan conseguido victorias parciais como a retirada do plan do goberno portugués. As cúpulas sindicais non tiveron outra posibilidade para, a partir dun lema ambiguo e sem debatir polas bases, tentar cabalgar a mobilización para reconducilo ao pantano da negociación cos gobernos e a Union Europea.

Por isto o seu lema é ambiguo, ?ha culpabeis?, sem determinar quenes son para non ficar atados a umhas palabras de orde que imporian umha loita mais constante e dura, e que a poboación ten claro: os banqueiros e empresários, a Unión Europea e os gobernos que aplican as politicas. Consecuentemente, a ambiguedade nas propostas traducese nos medios burocráticos para levar adiante a mobilización, umha votación masiva a prol da folga e a sua continuide ate acadar os obxectivos, sem esperar a chamada dos gobernos, tamen lles ataría as mans na negociación.

O 14N demonstrou de novo os limites à mobilización que temos que romper, as políticas das cúpulas sindicais, opostas a que a clase traballadora avance nos seus obxectivos de derrotar a Unión Europea e os seus gobernos, e na sua autoorganización.

Para vencer, é preciso levantar umha outra política
O 14 N puxo sobre a mesa o rexeitamento a umha refundación da Union Europea a golpe de Austeridade e Recorte, que esta desmantelando o que quedaba do Estado do Bem estar provocando o empobrecimento do poboación europea, e ubicanos na perspectiva de novas mobilizacións europeas contra essa Refundacion.

Mas se o que se pretende é a victoria contra o frente das burguesias europeas, a sua institución central, a Unión Europea e os seus gobernos, a clase traballadora ten que dar um paso nos seus obxectivos políticos e nos seus métodos, superando as rutinas dos tempos de estabilidade social e política.

A UE e os seus gobernos son claros nos seus planes de austeridade, o pago da débeda é prioritaria nas contas publicas para financiar á banca e ás multinacionais, os recortes para destruir o Estado do bem Estar e fomentar à privatización dos servizos ate o de agora públicos, e as reformas laborais para aumentar a explotación da clase traballadora e mellorar os beneficios empresariais. Todas as suas medidas políticas e de direitos civis ordeanse baixo estos obxectivos.

Frente a esta claridade non se pode opor a ambigüidade das cúpulas sindicais, à espera dumha mudanza na política dos gobernos, ou trocos de goberno pola via electoral, coa entrada de Hollandes vários que vaian no camiño da negociación. Esta via, como a de o próprio Hollande e anteriormente ZP, demonstrase que é tamen o camiño aos recortes o axuste, só que coa vaselina da negociación coas cúpulas sindicais, seguindo a rutina de há cinco anos.

Os planes de austeridade e recortes son partillados, ou aplicados com máis ou menos agrado, por todas as forzas institucionais, que cando chegan a un goberno local, rexional, nacional ou estatal, non podem deixar de aplicarem. O recente exemplo de IU no goberno de Andalucía co PSOE é claro ao respeito.

Trás o 14N Toxo saiu afirmando que espera umha ?mundanza? na política do goberno. Cumha crise do calibre da actual non collen medidas intermedias, nin negociacións sindicais parciais: a ofensiva é tan dura que estan em perigro todos os direitos laborais, sociais e políticos conquistados nos ultimos 50 anos, e os gobernos teñen renunciado a negocialas coas cúpulas sindicais e mesmo con outros partidos institucionais, senon que van ao enfrentamento coa poboación. Poren, facer mobilizacións coa esperanza de que os gobernos muden e negocien é darlle ilusións à clase traballadora e o pobo de que há saídas que non supoñan a continuidade na loita.

A disxuntiva, hoxe, esta em duas políticas enfrentadas, a dos gobernos e a Union Europea de recortes laborais, privatizacións e empobrecimento, e a saída obreira e popular à crise, que parta do non pagamento da débeda, da derrogación de todas as medidas antiobreiras e antipopulares, coa expropiación da banca e grandes indústrias estratexicas, a das medidas de reparto de traballo, reducindo a xornada sem reducir o salario, a de reestatalizacion de todos os servizos privatizados e a defensa dos públicos, baixo control da clase traballadora e o pobo, e a formulación de plans de obras e infraestruturas o servizo das necesidades sociais e non de financiamento das grandes constructoras e os bancos.

Os Estados Unidos Socialistas de Europa
O 14N, como toda folga xeral, pon sobre a mesa o problema do poder, é dicer quén fai, que sector da sociedade, que institucións, que goberno e que estado pode levar adiante unha saída obreira e popular à crise; porque a saída a beneficio do capital xa sabemos cales son, a Union Europea e os seus gobernos.

O principal balance da Xornada do 14N foi é a unidade da clase traballadora europea, pois é o elemento de cualidade respecto a outras convocatorias de Folga Xeral nos países da Union Europea, que pon sobre a mesa cal é a alternativa - dicia a convocatoria de CCOO e UXT, ?ha alternativas?-.

Si, ?ha alternativas?, mas dentro da sua ambiguedade non din cales son, porque eles defenden a actual Unión Europea, a que xurdeu do Tratado de Maastricht e ten xerado umha debeda impagable, a que recorta e axusta. As cupulas sindicais e os partidos institucionais que os apoian non se moven fora dos marcos da actual UE, o mais que chegan é a exixir aumentar o seu ?caráter social? frente aos neoliberais que resolven todo côa ?man oscura do mercado?. Mas para os pobos, para a clase traballadora, a actual UE é o seu gran inimigo. Por iso non podem levantar a unica umha alternativa clara, destruir esta Unión Europea limitandose a lavarlle a cara.

Para os marxistas revolucionarios si existe umha alternativa, a única que pode levar adiante un programa de transformación da sociedade, os Estados Unidos Socialistas de Europa.

Cando se din que ?chegou a hora da política?, é porque este é o terreo da loita contra os plans dos gobernos e da Unión Europea, e non o da resposta parcial, sindical, aos ataques. Ë preciso levantar umha perspectiva social global, umha alternativa política ás institucións ao servizo do capital, e isto traducese na necesidade de construir um partido internacional, que a escala europea e nos estados, defenda a necesidade da transformación socialista da sociedade.

Superar a dispersión das alternativas sindicais e politicas
O 14 N, ainda sendo un paso na superación da dispersión estatal e nacional da clase traballadora, non resolve o problema. A CES non ten a intención de seguir na liña marcada coa convocatoria do 14, pois iso suporía nin mais nin menos que avanzar no que o capital teme como a peste, a unidade da clase traballadora, entre os sectores mais avanzados como gregos, portugueses, italianos, españois ou galegos, cos mais retrasados, alemans, holandeses, austriacos, etc..

Suporía romper a división que introducen facendo pensar a estos que eles estan pagando aos ?vagos? do sul, demonstrando que quen paga a crise é toda a clase traballadora por igual, os alemans cos minijobs e a ?axenda 2010? de Schroeder que destruiu elementos do seu estado do bem estar, e os do sul co desmantelamento do seu Estado a golpe de débeda, e que os beneficiarios desas políticas son a partes iguais, os bancos alemans, os capitalistas gregos ou españois que evaden capitais à banca alema ou francesa, ou os bancos españois, titulares da débeda portuguesa ou española.

A unidade do 14 N ten que ter continuidade para romper esta dicotomia/división entre o norte ?rico? e o sul ?vago e derrochador?, para unir a loita da clase traballadora europea contra os mesmos inimigos, os capitalistas e banqueiros europeos agrupados nesa cova de ladrons que é a Union Europea.

É obvio que a CES non vai a avanzar nese camiño, pois seria morder a man que lle da de comer; isto é tarefa dos organismos sindicais, políticos e sociais que coerentemente enfrentan essa Union Europea, e nomeadamente o chamado ?sindicalismo de clase e combativo?, cuxos embrións existen em moitos estados europeos.

A CIG ten, neste camiño, unha responsabilidade especial, pois representa na Galiza, ao lado de outras organizacións sindicais menores (a CUT, a COG, a CGT, a CNT, e agrupacións sindicais de empresa), a essa perspectiva sindical combativa que esta a se desenvolver no conxunto de Europa. Implicar-se a fondo na realización dun Encontro Europeo para dar continuidade a unidade europea na loita é fundamental para non dilapidar os esforzos demonstrados póla clase traballadora galega o 14N.

O nivel internacional e europeo da crise, a ?emerxencia social e política? na que vivemos pon a todas as organizacións na necesidade de superar as perspectivas locais. Non é negar o lexitimo direito à autodeterminacion das nacións oprimidas, o contrario, e unir esta exixencia à loita unida da clase traballadora contra o empobrecimento social que supon a Union Europea actual.

Para garantir a victoria frente a estes planes só há um camiño, levar este debate ás asembleas de traballadores/as, ás empresas e sectores, aos centros de estudo e bairros, e votar planes de mobilización que inclúan novas folgas xerais europeas, contra as medidas de austeridad, recorte e axuste, ate derrotar os gobernos de quenda, o de Rajoy e a Xunta, e a Unión Europea.



Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 29-11-2012 15:32
# Ligazón permanente a este artigo
declaracion da LIT-QI, diante da agresion a Gaza
NON Á MATANZA SIONISTA EN GAZA

Escrito por SI da LIT-QI
Sáb, 17 de Novembro de 2012 01:13

Gaza está sob o ataque sionista. Quando escrevemos estas linhas, a soma de mortos palestinos chega a 27 ? dos quais 7 são crianças ? além de mais de 253 feridos, em sua maioria civis e se contando entre eles outras 62 crianças.

A agressão israelense está enquadrada na denominada Operação Pilar Defensivo, iniciada a partir do lançamento de foguetes ao território israelense por grupos palestinos, aparentemente unidos à Jihad Islâmica. Esta operação, segundo o premiê sionista Benjamin Netanyahu, tem o objetivo de ?destruir os arsenais e eliminar os líderes do Hamas?. Atendendo esta finalidade, o exército israelense atacou até o momento cerca de 600 alvos em Gaza através de bombardeios aéreos, artilharia pesada e mísseis terra-ar que estão causando estragos entre a população palestina, que se refugia como pode em suas casas. Israel cinicamente diz que ataca ?objetivos militares?, quando na verdade atinge casas, escolas, edifícios públicos e ruas movimentadas. A realidade é que Gaza está ardendo e as bombas israelenses caem sem parar por toda a Faixa.

A situação agravou-se quando o exército israelense matou Ahmed Yabari, uma figura política reconhecida e chefe militar do Hamas. Tel Aviv reivindicou esta ação como uma ?operação cirúrgica? realizada com apoio da inteligência para liquidar ?a linha de comando da liderança do Hamas, bem como sua infraestrutura terrorista?. Este é outro assassinato seletivo de membros da resistência palestina, como foram outras centenas de casos onde os nazi-sionistas matam ou encarceram ativistas palestinos a fim de descabeçar a resistência.

O sionismo prepara uma invasão terrestre

Existem fortes elementos que apontam que Israel não se deterá em bombardeios em massa e está preparando uma invasão terrestre. Ehud Barak, ministro de Defesa israelense, ordenou a mobilização de mais de 75.000 reservistas para fazer ?com que os palestinos paguem o preço? por seus ataques. Isto teria consequências similares ou piores que a última incursão terrestre, a conhecida Operação Chumbo Derretido em 2008, quando o sionismo matou 1.300 pessoas e deixou milhares de feridos, além de destruir 15% das moradias. Uma invasão militar só aumentaria o massacre do povo palestino, mas seria coerente com a política de extermínio em massa deste povo executado pelo estado nazi-sionista de Israel desde 1948.

O povo palestino resiste com heroísmo

Por sua vez, o povo palestino resiste, apesar da imensa superioridade militar do agressor. Hamas, pressionado pela ira e resistência popular, declarou que ?Israel abriu as portas do inferno? e está respondendo aos ataques lançando, até agora, mais de 550 mísseis contra cidades israelenses. Pela primeira vez desde a guerra do Golfo de 1991 soaram as sirenas antiaéreas em Jerusalém. Efetivamente, três de seus mísseis Fajr-5 caíram na colônia de Gush Etzion, a sudoeste de Jerusalém. Esta é a primeira vez que um míssil atinge ?a cidade santa? desde 1970 e o povo palestino celebrou o fato com justo júbilo. Além disso, a resistência palestina declarou também que seus milicianos derrubaram em Gaza um avião F-16 israelense com um míssil terra-ar.

Isto se dá apesar da superioridade militar de Israel, que através de seu sistema antiaéreo Iron Dome, interceptou 192 foguetes lançados de Gaza.

Obama apoia Israel incondicionalmente

O imperialismo norte-americano, como não poderia deixar de ser, colocou-se completamente do lado de seu enclave militar no Oriente Médio. De Washington, o governo de Obama apoiou categoricamente o ?direito de Israel se defender?. ?Condenamos energicamente o vendaval de mísseis de Gaza ao sul de Israel?, declarou o Departamento de Estado norte-americano. Esta é a forma em que o imperialismo sempre deu aval à usurpação dos territórios e ao assassinato sistemático do povo palestino nas mãos do sionismo.


O papel de Morsi e da Irmandade Muçulmana


Em meio a este conflito, Morsi, presidente de Egito, tenta equilibrar-se na corda bamba. Por um lado, pretende apresentar-se como um defensor da causa palestina fazendo discursos onde diz que ?os israelenses devem entender que esta agressão é inaceitável, e que poderia levar à instabilidade de toda a região?, abrindo de forma temporária a fronteira com Gaza na Passagem de Rafah para atender feridos e mandando seu premiê, Hisham Kandil, visitar a Faixa de Gaza. Também retirou seu embaixador de Tel Aviv e chamou o diplomata israelense residente no Cairo para consulta.

A Irmandade Muçulmana, da qual o Hamas se considera seu ?braço palestino?, também convocou manifestações na capital egípcia e declarou que ?o governo não pode fazer menos do que cortar todas as relações com o estado sionista, já que o Estado egípcio precisa servir de modelo para os árabes e os muçulmanos?.

Morsi vê-se obrigado a tomar estas ações, que são muito mais um golpe de efeito do que medidas efetivas, para não se queimar com o povo egípcio e com as massas árabes de conjunto, que historicamente apoiam a causa palestina e condenam a existência de Israel. De fato, em vários países árabes como o Irã, Paquistão e Turquia, deram-se manifestações maciças condenando os ataques sionistas.

É preciso exigir de Morsi que rompa relações diplomáticas e comerciais com Israel e com os EUA, começando pela anulação do tratado de paz com o enclave sionista assinado em 1979.


A traição de Abbas e da Al Fatah


Por sua vez, Mahmud Abbas, o presidente da Administração Nacional Palestina (ANP) e líder da Al Fatah, no meio dos ataques de Israel limitou-se a exigir um ?cessar fogo? e pedir reuniões ?de urgência? da Liga Árabe e do Conselho de Segurança da ONU.

Não é possível esperar mais dessa direção tão fantoche de Israel quanto dos EUA e que em mais de uma ocasião traiu abertamente as reivindicações históricas do povo palestino.

Pela defesa de Gaza e apoio incondicional à resistência palestina!

A LIT-QI condena este ataque de Israel e coloca-se de forma incondicional ao lado da resistência palestina e pela defesa de Gaza. Neste sentido, é necessário impulsionar a mais ampla mobilização e solidariedade internacionais, começando pelos países do mundo árabe, para exigir o fim imediato dos bombardeios, o levantamento total do bloqueio à Faixa de Gaza e a abertura dos postos fronteiriços.

É fundamental que todas as organizações sociais, de direitos humanos e da esquerda se pronunciem contra os ataques sionistas e que iniciemos uma campanha de apoio a Gaza e à resistência palestina.

Devemos exigir aos governos de todo o mundo, sobretudo aos do Oriente Médio, que rompam relações diplomáticas e comerciais com o regime nazi-sionista de Israel, bem como o envio de armas e qualquer tipo de ajuda material à resistência palestina que enfrenta os ataques de Israel.

A barbárie israelense na faixa de Gaza demonstra que não pode existir paz no Oriente Médio nem direitos para o povo palestino enquanto o Estado de Israel existir. Daí a necessidade urgente de manter e fortalecer a campanha permanente de boicote a Israel, na perspectiva da destruição desse enclave militar do imperialismo.

Tudo isto no marco de que a única maneira de defender realmente os direitos do povo palestino é lutar pela destruição do Estado de Israel e pela construção de um Estado Palestino laico, democrático e não racista, em todo o território histórico da Palestina.

Secretariado Internacional

16 de novembro de 2012declaracion da LIT-QI, diante da agresion a Gaza
Comentarios (1) - Categoría: Internacional - Publicado o 19-11-2012 18:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0