A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

20 XANEIRO: A SANIDADE SÁLVASE LOITANDO
Corrente Vermella apoiamos a manifestación do 20 de xaneiro convocada pola Comisión de Centro do CHUAC baixo o lema “Sen persoal non hai sanidade” e chamamos a todxs xs traballadorxs e a toda a poboación usuaria da Sanidade Pública a acudir. As reivindicacións son totalmente xustas e imprescindibles para que o servizo público que fai o CHUAC sexa de calidade. Calidade que nos interesa moito á maioría da poboación.

A CoVid demostrou o que moitxs levamos anos denunciando: as políticas de recortes e privatizacións levadas a cabo polos gobernos do PSOE e do PP a nivel central, e da Xunta na Galiza, son criminais. As consecuencias sanitarias, laborais e sociais destas políticas son denunciadas polo persoal da saúde e a poboación con masivas e continuadas mobilizacións: perda de postos de traballo, precariedade e piores condicións de traballo, desatención na Primaria, privatización de moitos servizos que obrigan a cada vez mais persoas a ir cara os servizos sociosanitarios privados (sanidade e residencias de maiores privadas) se poden pagalo.

Pero Feijóo non podería facer isto se non contara co aval legal que o goberno central mantén vixente. A privatización da sanidade comezou cando o goberno de Aznar pactou co PSOE a lei 15/97, que establece a “nova forma de xestión dos servizos sanitarios”; por esta porta entraron ás primeiras privatizacións.

Esta porta agrandouse cando estes dous partidos reformaron ás agachadas o artigo 135 da Constitución, establecendo a obrigatoriedade do pago dos intereses da débeda pública contraída para resgatar os bancos, por riba dos gastos sociais. Estas medidas xunto co control do gasto público imposto pola UE, resultou nos sistemáticos recortes no gasto nos servizos públicos en xeral, e nos sociosanitarios en concreto. O novo fondo de recuperación europeo probablemente impoña condicións nesta mesma liña.

O CHUAC non é alleo a este desmantelamento, e a situación do persoal de Urxencias, Quirófanos e outros servizos é consecuencia directa destas políticas neoliberais. O mesmo sucede no resto das áreas sanitarias e servizos, pero saír á rua de maneira illada non basta para frear o que é un plan a longo prazo para destruír e privatizar TODOS os servizos que conforman a Sanidade Pública. Por iso é preciso facer un calendario xeral de mobilizacións a partir de asembleas nos centros de traballo (Hospitais, Atención Primaria, Residencias de Maiores, etc.), chamando á cidadanía a sumarse desde os seus organismos (asociacións veciñais, asociacións culturais, centros sociais, etc.) para sostela no tempo ata derrubar o goberno de Feijóo para podermos reconstruír os servizos sociosanitarios públicos.

Ao noso entender, a primeira medida para esa recuperación da sanidade pública é a derrogación da lexislación na que sustentase as políticas dos gobernos, a lei 15/97, o artigo 135 da Constitución e o control do gasto publico.
A segunda medida é a volta ás mans públicas de todos os servizos privatizados ou externalidades, incluídas as residencias de maiores, entregadas á xestión privada como os historiais sanitarios da cidadanía, así como dos hospitais baixo a xestión de empresas ás que a Xunta ten que pagarlles millóns de euros. Asi mesmo, a ruptura dos acordos coas clínicas e hospitais privados, no camiño da súa nacionalización.
A terceira condición é a nacionalización da industria farmacéutica. Como estase a demostar co desastre da vacinación da Covid no mundo, faise mais evidente que nunca que esta industria so está a procura do negocio a costa da vida das persoas.


Só sacando as mans dos bancos, fondos voitres e aseguradoras da saúde convertida en negocio, a sociedade poderá ter uns servizos sociosanitarios 100% públicos, axeitados ás necesidades sociais e baixo o control do persoal da sanidade e a cidadanía.

ACUDE á manifestación do 20 de Xaneiro que sairá da Casa do Mar (A Coruña) ás 19:00
APOIA AO PERSOAL SANITARIO!
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 18-01-2022 18:42
# Ligazón permanente a este artigo
As negociacións dos convenios marcado pola nova reforma laboral
Os traballadores e traballadoras do metal da Coruña, xunto cos traballadores e traballadoras de todo o estado están a loitar polo seus convenios e en defensa das condicións de traballo. Entre eles, e o mesmo 15 de xaneiro, en Cádiz vaise a desenvolver umha manifestación contra a represión que sufriron os traballadores do metal a finais do ano pasado, cos que chamamos a solidarizarse.

O goberno do PSOE UP que comprometeuse a derrogar a Reforma Laboral de Rajoy cando chegara á Moncloa, e o único que fai é recuperar a sua prorroga automática, a chamada “ultractividade” dos convenios. Tamen din recupera a prioridade dos convenios de sectoriais sobre os de empresa; mas limitaria-se a negociar o salario coma se fose esta a única das condicións de traballo (e a xornada, vacacións, quendas, etc.?).

A nova reforma modifica estas normas na negociación colectiva, mas, a costa de qué?. Porque a patronal non da “duros por pesetas”. Pois nin mais nin menos que no mantemento da temporalidade, convertendo todos os contratos en indefinidos mas con 33 días de indemnización e non se recuperan os salarios de tramitación, etc.

Ademais, non se recupera a causalidade nos despidos, polo que este contrato indefinido non é outra cousa que extensión da precariedade a toda a clase traballadora, só que pagando algo mais de indemnización.

Mantense que nos EREs non sexa precisa a autorización administrativa cun prazo de negociación meramente simbólico, coas nefestas consecuencias como as sufridas polos traballadores e traballadoras de Vestas e Alcoa.

O regulamento da subcontratación semellaría que ha umha mellora, pois aos traballadores das subcontratas aplicaríaselles o convenio da empresa principal na cal traballan. Pero acto seguido a reforma fai a salvedade de que so cando a empresa subcontratista non teña un convenio sectorial ou propio, o cal a maioría xa teñen. E as que non, prevese que non tardarán moito en celebrar un e deixar en papel mollado esta previsión.

Estes son algúns exemplos de que a troques dun relativo mais “poder” de negociación para as cúpulas sindicais asinase a “paz social” e estabilízanse os retrocesos da reforma laboral do PP, deixando intacta a reforma anterior de Zapatero.

See queremos avanzar na conquista dos nosos direitos temos que rexeitar este lavado de cara da reforma e a tarefa segue sendo a de sempre, a loita pola derrogación da Reforma Laboral. Non se pode conquistar nin menos garantir no futuro ningún direito mentres as condicións das reformas laborais estean vixentes!.

Neste cadro estase a dar a negociación colectiva, a do metal, a da conserva ou empresas como Leite Celta, etc., outras por melloras nas condicións como as dos comedores de Inditex na Coruña, as do telemarketing de Bosch Vigo, Xeal na Costa da Morte, etc., etc, e as mobilizacións en defensa das condicións de traballo sucédense en toda a Galiza, ... e non só; mas fanse illada umhas doutras, cada umha no seu recuncho.

Todos temos na retina as durísimas manifestacións do metal de Cádiz, que remataron coa traizón das cúpulas de CCOO e UXT, e a represión mais salvaxe, con tanquetas militares e detencións incluídas. Unha loita polo futuro que tivo seu momento mais álxido coas grandes mobilizacións en Alcoa e Vestas contra os despedimentos e folga xeral da Mariña do 17N.

Tras ducias de anos de retrocesos nas nosas condicións de traballo, de perda de salarios e postos de traballo, agudizada pola inflación que vivemos hoxe, a clase traballadora da Galiza e do estado está piques de tocar fondo: hoxe ter traballo non é garantía de non cair na pobreza, de non poder pagar a vivenda, a luz, a sanidade privatizada, etc. E isto temo-lo que reverter.

Mas, para facelo hai que ter claro que esta Reforma Laboral é a adecuación da política económica do goberno á esixencia da UE para entregar os 140 mil millóns de euros cos que soña a patronal para o seu resgate, tras dous anos de pandemia. O freo aos convenios, a privatización da sanidade, os recortes en educación e a falta de infraestruturas na Galiza é parte da mesma política do goberno Central de PSOE-UP como do PP en Galiza.

O non ser feitos illados un doutro, senon respostar os mesmos obxectivos, temos que avanzar na unidade na loita de todos os sectores, con convocatorias conxuntas e unitarias na defensa dos noso futuro.

Todos os planes de mobilización e loita deben ser acordados en asembleas de fábrica e centro de traballo para que non aconteza o que sucedeu en Vigo a comezos de ano ou en Cádiz a finais, que as cúpulas de CCOO e UXT descolgáronse unilateralmente, e negociaron á baixa ás costas dos traballadores e traballadoras en loita freando as mobilizacións.


Plan de mobilizacións ata derrubar as Reformas Laborais
Pola recuperación dos dereitos da clase traballadora
Unidade para loitar
Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 12-01-2022 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
Preparemos a FOLGA XERAL
Desde fai meses, tras a saída dos confinamentos, a sociedade galega non deixa de se mobilizar contra as políticas da Xunta de desmantelamento dos servizos públicos, da proliferación especulativa dos parques eólicos, e coa colaboración do goberno central, a desindustrialización ao servizo da reconversión industrial xustificada hipocritamente pola loita contra o cambio climático, coas ameazas de peche en Alcoa / AluIberica, Vestas, ... e anteriormente o peche de Gamesa, Poligal, etc.

Tras a exitosa folga xeral do pasado 17N na Mariña os partidos dos gobernos, o PP da Xunta, e o PSOE UP no Central, votaron nos Orzamentos do Estado no Parlamento en contra dunha partida para a "intervención temporal de Alcoa", a tímida proposta do BNG, faise evidente que estes partidos e os gobernos demonstran o que lles interesa o futuro da Mariña e, por extensión, da Galiza: NADA! Grazas por nada, España!

Nas manifestacións da Mariña berrase, "se non ha solución, gobernos dimisión"; coa votación no Parlamento é obvio o que din os gobernos, asi que só queda un camiño, o da loita pola dimisión dos gobernos e por outros que si atendan as necesidades da sociedade, de postos de traballo e industria, de infraestruturas (que non é o AVE centralista que nos venden) e os servizos públicos".

A CIG ven de aprovar no seu último congreso traballar no camiño da convocatoria dumha Folga Xeral na Galiza; visto o visto, hai que convocar a todas as forzas sindicais, sociais e políticas a artellar UNITARIAMENTE ese camiño da Folga Xeral, que sexa umha verdadeira Moción de Censura nas rúas contra os gobernos.

Umha folga xeral que non sexa “flor dun dia”, senon que parte dum plan de mobilizacións discutido e votado nas asembleas de centro de traballo, estudo ou barrios e vilas, que garanta a participación activa da poboación traballadora na sua preparación.

Frente a desindustrialización e os peches: NACIONALIZACIÓN XA das empresas afectadas!

Por un plan industrial sustentable que GARANTA TODOS OS POSTOS DE TRABALLO!

Por umhas infraestruturas ferroviarias axeitadas ás necesidades sociais, POLO TREN DE PROXIMIDADES

Na defensa dos servizos públicos, RENACIONALIZACIÓN DE TODOS OS SERVIZOS PRIVATIZADOS!

SE A MARIÑA SALVASE LOITANDO, GALIZA SALVASE LOITANDO
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 30-11-2021 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
tras a FOLGA XERAL DA MARIÑA
Tras a exitosa folga xeral do pasado 17N os partidos dos gobernos, o PP da Xunta, e o PSOE UP no Central, votaron nos Orzamentos do Estado no Parlamento en contra dunha partida para a "intervención temporal de Alcoa", proposta ben timorata do BNG.

Con esta votación estes partidos e os gobernos demonstran o que lles interesa o futuro da Mariña e, por extensión, da Galiza: NADA! Grazas por nada, España!.

A CIG ven de aprovar no seu último congreso traballar no camiño da convocatoria dumha Folga Xeral na Galiza; visto o visto, a qué espera a facelo publico, a convocar a todas as forzas sindicais, sociais e políticas a artellar ese camiño da Folga Xeral, que sexa umha verdadeira Moción de Censura nas rúas contra os gobernos?

Nas manifestacións da Mariña berrábase, "se non ha solución, gobernos dimisión"; coa votación no Parlamento é obvio o que din os gobernos, asi que só queda un camiño, o da loita pola dimisión dos gobernos e por outros que si atendan as necesidades da sociedade, de postos de traballo e industria, de infraestruturas (que non é o AVE centralista que nos venden) e os servizos públicos.

A solución para Vestas e Alcoa: NACIONALIZACIÓN XA!

A MARIÑA SALVASE LOITANDO, GALIZA SALVASE LOITANDO.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 25-11-2021 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
14N: EN DEFENSA DA ATENCIÓN PRIMARIA E A SANIDADE PÚBLICA
A plataforma SOS Sanidade convoca unha manifestación en defensa da Sanidade Pública e concretamente da Atención Primaria, o 14N en Compostela.

Feijóo aproveitou a pandemia para avanzar no desmantelamento deste servizo deixando a poboación sen citas presenciais (co consecuente agravamento das doenzas pola desatención) mentres continuaba coas manobras que xa tiña en marcha para destruíla: sobrecarga de traballo, permisos e xubilacións sen cubrir, orzamentos escasos, privatizacións parciais coma o servizo de citas, etc.

A convocatoria por tanto é máis que pertinente e debe ser apoiada, pois as políticas de Feijóo van encamiñadas a eliminar un servizo público de calidade para sustituilo por unha atención privada que pouc@s galeg@s poderían pagar co salario e que sería de moitísima peor calidade. Ser unha nazón de migrantes ten algunha cousa boa: sabemos que os sistemas privados de seguros implantados nos países ricos nos que imos traballar, simplemente non cubren case ningunha doenza grave. Polo que se caes enferm@, ou pagas ou morres.

Pero Feijóo non é o único culpable desta situación pois as súas políticas se apoiam nas leis do Goberno central e nas directivas de Bruxelas: os famosos recortes e a austeridade que dicta o artigo 135 da Constitución e a Lei 15/97 que consagra a "colaboración público-privada".

A colaboración público-privada responde a un esquema simplisimo: as empresas privadas collen cartos públicos e os reparten entre os seus directivos. A cuestión sanitaria queda supeditada ao seu negocio como demostrou o seu nulo papel durante a pandemia. No campo dos coidados, os responsables das residencias de maiores privadas deberían ser directamente xulgados por asasinato.

A nova lei de Sanidade que propón o goberno PSOE-UP non modifica ningún dos aspectos claves da lei 15/97 do PP no referente á privatización do servizo, xusto cando se esperan millóns de euros de fondos europeos, que irán parar directamente ás mans de clínicas privadas e aseguradoras.

Ante esta situación xeral de espolio do público en beneficio da gran empresa privada, que na Galiza se reflexa na sanidade, no desmantelamento da industria (AluIbérica-Alcoa, Vestas, Gamesa, os asteleiros de Vigo, etc...) ou nas indecencias de Audasa, Corrente Vermella apoiamos a manifestación do 14 N.

Mais acudimos, e chamamos a acudir, baixo outros eixos diferentes dos da plataforma SOS SANIDADE.

Por un lado, é imprescindible xa unir todas as loitas obreiras e populares que se están a dar na Galiza: INDUSTRIA, INFRAESTRUTURAS, SERVIZOS PUBLICOS: FORA FEIJÓO!

Por outro, en SOS SANIDADE participan colectivos e organizacións coma PSOE, UP ou BNG. O PSOE é xunto co PP o gran valedor da privatización como demostra a nova lei de Sanidade que pretenden aprobar. Unidas Podemos segue a xogar a ser goberno e oposición á vez, pero esa doble personalidade non nos fai esquecer que está indiscutiblemente no goberno por moita pantomima protestona que leve a cabo. O BNG somentes mobiliza para desgastar a Feijóo e fiar todo a un proxecto electoral que coma moito aspira a reeditar o bipartito PSOE-BNG.

Non podemos acreditar de ningunha maneira nunha plataforma conformada por colectivos que son parte do problema, ou que pretenden adaptar os tempos da loita aos seus tempos electorais. Porque o sillón vai seguir aí moito tempo, pero as solucións son urxentísimas.

No caso galego, é imprescindible botar XA! a Feijóo coa mobilización social sostida no tempo, coma as de Verín no seu momento ou a da Mariña Lucense, que conxuga correctamente as loitas de Vestas e Alcoa coa demanda do infraestruturas e Servizos e que o 17 inclúe unha folga xeral na comarca.

Acude con Corrente Vermella o 14N a Compostela, ás 12 na Alameda, baixo o lema "INDUSTRIA, INFRAESTRUTURAS, SERVIZOS PUBLICOS: FORA FEIJOO!”
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 09-11-2021 16:45
# Ligazón permanente a este artigo
17 N: FOLGA XERAL NA MARIÑA
Corrente Vermella apoia a convocatoria de Folga Xeral na Mariña de Lugo, para o vindeiro 17 N, baixo os lemas, “na defensa da Industria, das Infraestructuras e a sanidade pública”.

O seu detonante son as ameazas contra duas das empresas chaves na Mariña, Alcoa e Vestas, que supor un verdadeiro mazazo á comarca. Por iso, a defensa de todos os postos de traballo a través da SUA NACIONALIZACIÓN non pode quedar diluída no lema xeral para que as cúpulas sindicais, despois, negocien vendas, “baixas incentivadas” ou traslados.

O contrario, ten que ser o eixo central da loita inseparable dos demais lemas da convocatoria; Nin un só despido en Alcoa e Vestas, sen postos de traballo non ha industria nin futuro!.

A situación de marxinación da Mariña Lucense ven de lonxe. Todos os gobernos que pasaron tanto pola Xunta como polo Central, fosen da cor que fosen, agravadas polas politicas recentralizadoras do estado a través da Xunta de Feijoo e o PP, consideran que, se Galiza é periférica para eles A Mariña é a periferia da periferia; a “Galiza profunda” á que dun xeito xenófobo referíase a xuíza de Marbella. É a punta do iceberg da situación do conxunto da Galiza e así queren que siga.

Insultos á intelixencia como o desmantelamento da liña FEVE que podería estruturar o seu redor o desenvolvemento, a desaparición imposta pola Xunta de Feijoo das áreas sanitarias (o Hospital de Burela un dos afectados), para concentrar todo nas cidades (a Lugo, neste caso), a infrautilización de portos públicos para dar saída á produción de mercadorías como os peiraos de San Cibrao, etc. Estes son algúns dos exemplos desta situación de marxinación, nunha nazon, que non lle debe nada a “España”.

Feijoo e o PP non “fracasaron” nas súas políticas, senón que fan ben para o que os puxeron aí, para exportar materias primas (agora o vento coa burbulla dos parques eólicos, mas tamén o leite, a madeira, etc.) e man de obra. Desde que gobernan no 2009 100 mil mozos e mozas foron á emigración: e despois quéixanse do envellecemento, cando coas suas políticas botan aos que teñen todo o futuro por diante!

Por iso, aínda considerando esta convocatoria un paso adiante na loita contra esta situación de “emerxencia social”, consideramos que as organizacións sindicais, sociais e políticas teñen que estender as convocatorias de xornadas de loita a outras comarcas que tamén están loitando defensa dos postos de traballo (Barreras, AluIberica, Ferroatlántica, Ence, etc.), da industria, das infraestruturas e dos servizos públicos.

Mas non umha folga como de Ferrolterra do 10 M deste ano, que foi “flor dun día”; senón parte dun plan de mobilizacións ate botar fora o PP da Xunta. É urxente que saian da Xunta, porque a este paso non habería Galiza que defender.

Para o 13 N as persoas pensionistas teñen umha manifestación en defensa das pensións pública, o 14 N está convocada umha manifestación en Compostela en Defensa da Atención Primaria, o 17 N é a folga xeral da Mariña; as mobilizacións esixindo un transporte colectivo digno e publico (Barbanza), un tren de proximidades, en defensa da educación e dos servizos públicos ou contra a burbulla dos parques eólicos, sucédense por todo o territorio. Porque non se dan pasos para construír un calendario de mobilizacións xerais, incluída umha Folga Xeral, para enfrontar estas políticas, que partillan os dous gobernos, a Xunta do PP e o central do PSOE UP?

Como demonstra a experiencia dos traballadores e traballadoras de Alcoa, que asinaron a “paz social” coa esperanza de que os gobernos acharan umha solución, e tiveron que retomar o camiño da loita, a solución non está nas negociacións entre as cúpulas sindicais, cos gobernos e as empresas; senón na loita na rúa, con folgas e manifestacións que enfronten directamente a uns gobernos, Xunta e Central, que aplican as medidas que lles ditan as empresas.

Corrente Vermella chama aos traballadores e traballadoras, á poboación en xeral non so a secundar a folga do 17 n Mariña, senón a participar activamente na sua preparación, a través das asembleas de empresa e centro de estudo, de comités de apoio á Folga da Mariña en barrios e vilas, etc., onde se vote a folga: as Asembleas teñen que votar a folga!
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 02-11-2021 14:39
# Ligazón permanente a este artigo
O 17O TODOS E TODAS Á VIVEIRO: SALVEMOS A MARIÑA
SALVEMOS A MARIÑA
DEFENDAMOS A INDUSTRIA
non á destrucción de postos de traballo


A pantasma da desindustrialización de comarcas enteiras percorre Galiza; na Costa da Morte, Ferroatlantica, Vulcano en Vigo, ENCE en Pontevedra, o Banco Sabadell, AluIberica/Alcoa na Coruña, ERE encuberto no Consorcio de Igualdade... son algúns dos moitos exemplos. E dentro deste panorama A Mariña é un dos mais graves.

Esta situación é froito dumhas políticas submisas ao capital europeo e español desde a reconversión dos anos 80 que resultou na desertización industrial de Ferrolterra, á que despois de 40 anos ninguén non so non ve umha solución a curto prazo, senón que agudizouse co peche de Siemens Gamesa e Poligal.

Para que o desmantelamento non continúe, e teña ao pobo traballador ao frente da loita para rematar con estas políticas, hai que avanzar na construcción dun Plan de Loita en toda Galiza, que inclúa a convocatoria de Xornadas Xerais de Loita, que nos sexan “flores dun día” como a folga xeral de Ferrol de marzo deste ano, senón sostidas no tempo ate frear os planes de desertificación social: o pobo traballador galego non pode permitirse perder nin un só posto de traballo mais!

Para o goberno Central Galiza é umha terra onde comese ben, non fai moito calor e pouco mais; para todo demais non existe, nin para investimentos industriais nin para desenvolver infraestructuras que faciliten a vida da poboación traballadora que no caso da Mariña é insultante: a liña de FEVE que une Ferrol con Ribadeo está en desguace e ben poderia ser un eixo vertebrador das comarcas de Ferrolterra e A Mariña, nin a tan cacareada transición ecolóxica que venden de cara Europa.

As ameazas sobre Alcoa San Cibrao e Vestas veñen a profundar num camiño no que a industria galega, maioritariamente de capital alleo, está de “paso” cara a outros lugares onde se lles ofrezan mellores condicións para os seus beneficios; e xa sabemos o que significa “mellores condicións” piores salarios e mais explotación.

A Xunta pola sua banda olla para outro lado, á espera que os seus amigos de Abanca, Inditex, Tojeiro e demais, reciban a sua parte dos miles de millóns que vai “repartir” a UE para “reconstruir a economía” (traducir por resgatar ás grandes empresas) tras a pandemia. A Xunta non ten plan industrial, pois toda a sua política económica limitase á burbulla eólica con maquinaria que ven de fora, o Camiño de Santiago e a privatización de todos servizos públicos (sanidade, servizos sociais, educación, etc.)

Nestas condicións non podemos esperar ningún plan de industrialización e manter os postos de traballos dos gobernos, o Central e a Xunta, que non lle arranquemos coa nosa loita. Mas loitar para gañar, para evitar a desertificación das comarcas, a turistificación, á precariedade e á emigración.

As direccións sindicais implicadas na loita, CCOO, UXT e CIG, o único que teñen que negociar cos gobernos e a patronal é a retirada inmediata dos planes de peche, feitos de maneira directa como Vestas con ERE de extinción, ou a través de ventas fraudulentas como anunciase en Alcoa San Cibrao, e que fixeron xa en A Coruña e Avilés.

Como demonstra a experiencia dos compañeiros de Alcoa San Cibrao, que hai meses deron un tregua aos gobernos para buscar solucións limitadas a unha venta que anunciaba un camiño como o de Coruña e Avilés de caer nas mans dun liquidador de empresas, tiveron que retomar o camiño da loita contra os gobernos nos que confiaron coa “paz social”. Este é o camiño para gañar; porque nesta loita so ha unha alternativa, ou gañamos e gañamos todos e todas, ou perdemos todos e todas...

A solución non é que as empresas pasen a mans doutro capitalista que dentro de uns anos repita a operación de “ate logo lucas”, senón a NACIONALIZACIÓN E A ELABORACIÓN DUN VERDADEIRO PLAN INDUSTRIAL DE FUTURO E SUSTENTABLE que garanta todos os postos de traballo. En ningún lado está escrito que non se poda nacionalizar a industria.

Para que sexa un verdadeiro plan de futuro non pode estar baixo o control dos empresarios e os seus beneficios, so teñen perspectiva corto pracista de acumular capital, senón pechan e punto, O plan ten que estar o servizo das necesidades sociais, e baixo control dos traballadores e traballadoras.

A convocatoria do 17 de outubro en Viveiro ten que ser o comezo dun Plan de Loita estendido a toda Galiza, que culmine en Xornadas Xerais de Loita, e construído e votado desde as asembleas de centro de traballo e estudo, a xuventude ten moito que decir pois xogase o seu futuro de ou ben poder traballar aquí, ou ter que facer como miles desde fai moitos anos, emigrar, desertificando mais ainda Galiza.

A crise económica do capitalismo en todo o mundo non da outras alternativas intermedias.

Viva a loita da clase obreira

Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 14-10-2021 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Vestas, Alcoa, ... SALVEMOS A MARIÑA
EN DEFENSA DE TODOS OS POSTOS DE TRABALLO

O anuncio da empresa danesa Vestas de peche da sua fábrica en Viveiro supón un mazazo mais a toda a comarca da A Mariña, que desde fai meses ven loitando cos traballadores de Alcoa en defensa de todos postos de traballo.

É inaudito que nun momento no que todos os gobernos anuncian aos catro ventos plans para avanzar numha economía “verde”, que na Galiza está supoñendo umha verdadeira burbulla especulativa ao redor dos parques eólicos, se poda admitir, nin sequera a trámite o peche dumha empresa que fabrica maquinas eólicas, pois é abrir a porta ás “baixas non traumaticas”, é dicer, á venda dos postos de traballo e o final o peche.

Xa o fixeron con Siemens Gamesa, e agora pode pasar con Vestas, e donde está escrito que umha empresa NON PODE SER NACIONALIZADA E POSTA AO SERVIZO DAS NECESIDADES SOCIAS E DA SUSTENTABILIDADE? QUE A MAQUINARIA DOS EOLICOS PRODUZASE AQUÍ! Veñen de resgatar a umha empresa turística, HOTUSA, con 141 millóns de euros da SEPI.

Desde que o PP asaltou a Xunta no 2009, os peches de empresas (Banco Pastor, Caixas, Vulcano, Siemens Gamesa, Poligal, etc. ...) e privatizacións de servizos non pararon de suceder, coa perda de milleiros de postos de traballo e poboación, forzada á emigración.

Toda a súa política industrial redúcese á turistificación da economía ao redor do Camiño de Santiago e a vendela ás multinacionais onde é “lugar de paso” para os procesos mais contaminantes da produción (eólicos, megaminaria, etc.), mentres o proceso produtivo pechase fora: o leite ou a madeira son os exemplos mais significativos, e co peche de Vestas agora a enerxía. Aquí prodúcese o leite, a madeira e o vento, e temos que importar os produtos manufacturados e pagalo a prezo de ouro, como agora a enerxía eléctrica (negocio redondo!).

Para eles Galiza segue sendo man de obra barata e creadora de materias primas que as multinacionais como as empresas españolas rouban ao pobo traballador galego, que para a Xunta do PP ten que quedar baleiro para que os seus amigos da burbulla eólica poñan todos os parques que queiran con maquinas fabricadas fora. Só por iso, Feijoo e o PP teñen que saír XA da Xunta. Non se pode esperar 2 anos aos resultados das eleccións, pois ao camiño que imos, non haberá galegos que defender.

Mas a situación industrial da Galiza non só é responsabilidade da Xunta, senón que fai parte da chamada “Axenda 2030, por un desenvolvemento sustentable” defendida polo goberno do PSOE UP que apoia o BNG no pacto de investidura, abrindo umha nova “reconversión industrial” que lembra a dos 80 e a “modernización” que prometera Felipe Gonzalez.

No nome da sustentabilidade pecharon as térmicas e minas por imposición do capital alemán que está a reabrir minas de carbón, ameazan a Refinaría da Coruña que non fai investimentos para se reconverter dentro desa axenda, queren pechar ENCE, etc., nun proceso agudo de desindustrialización e turistificación (“cidades de servizos”, chámanlle algúns), poñendo en perigo mais de 10 mil postos de traballo directos na industria e Galiza non pode permitirse o luxo de perder un só posto de traballo mais.

Os responsábeis da situación son a partes iguais a Xunta e o Goberno Central, pois se de verdade acreditaran nos seus anuncios de avanzar numha “economía sustentable” non tiveran aceptado peche de Siemens Gamesa, como non poden admitir o de Vestas, senón que integraríanas nun plan industrial sustentábel.

A UE, o Goberno Central e a Xunta a sua parte, van se gastar 140 000 000 000 de euros en resgatar ás grandes empresas, para reconstruir a economía tras a pandemia, facendo mais ricos aos ricos mentres as empresas deslocalízanse, pechan e despiden traballadores/as.

A clase traballadora e o pobo teñen que loitar xusto polo contrario; para romper esta dinámica infernal de Galiza, de “ser un lugar de paso” onde instalar industria altamente contaminante (desde fai uns anos estan a voltas coa megaminaria) non abondan saidas que non rompen co capitalismo e a loxica do beneficio que move todas as suas decisións (peches, deslocalizacións, etc.); é necesario expropiar aos capitalistas e nacionalizar toda a industria para poñela o servizo da reconstrución da economía que resolva as necesidades sociais, e baixo control dos traballadores e traballadoras.

Mas para iso é preciso a maior unidade da clase traballadora ao redor dos que hoxe están loitando contra os peches, Vestas, Alcoa, AluIberica, Ence. etc.

Pode parecer, e así van-no presentar as cúpulas sindicais de UXT e CCOO que non queren crear conflitos ao seu goberno, que o único camiño e o mais “fácil” para defender os postos de traballo é o da negociación e a confianza nos gobernos; mas esto non é o que demonstra a experiencia dos compañeiros de Alcoa, que despois de ter asinada a “paz social” á espera de medidas dos gobernos, teñen que retomar o camiño da folga e a mobilización.

Que non vendan a confianza nos gobernos! Desde a reconversión industrial dos anos 80 ningún goberno modificou os seus planes de desindustrialización: o exemplo dramático témolo ben perto de todos, Ferrolterra. 40 anos de promesas de reindustrialización son papel mollado, ningún goberno, de ningunha cor, fixo absolutamente nada.

O camiño da confianza nas promesas dos gobernos é un calexon sen saída para a clase traballadora. O único que se pode prometer é que so coa loita independente da clase traballadora e os sectores populares que van se ver empobrecidos polo peches, é posible frear os plans de peches e reconversión industrial. Quen diga o venda o contrario, minte.

Por todo iso, é preciso que as organizacións sindicais, sociais e políticas que rexeitan a desertificación industrial da Galiza, presenten umha fronte común e un plan de mobilizacións xerais para salvar a Mariña e a industria galega.

A SOLUCIÓN, nacionalización!
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 29-09-2021 14:49
# Ligazón permanente a este artigo
Por un 25 de Xullo de loita

Este 25 de xullo ven marcado pola crise social, económica e política que a pandemia ten agudizado en todo o mundo, co aumento das desigualdades sociais, o empobrecemento da poboación traballadora e o saqueo da riqueza das nazóns, e un incremento das tensións sociais e políticas entre as cadeas imperialistas polo control del mercado mundial.

Fronte a esta situación temos asistido desde o verán pasado a feitos senlleiros como as masivas mobilizacións nos EEUU contra os asasinatos racistas, na Franza contra os intentos de impoñer restricións ás liberdades democráticas, en Myanmar contra o golpe de estado e en toda América Latina coa caída do réxime neopinochetista chileno e a apertura dun proceso constituínte, alen do espertar de Colombia.

A Galiza, como o resto do Estado Español, non é allea a esta situación de “mar de fondo” social. Unha nazón periférica dentro de un estado periférico na cadea imperialista euro norteamericana, non pode por menos que ser o elo débil da situación, mais alo da aparente volta á normalidade “tripartita” (PP, PSOE, BNG) das últimas eleccións.

A derrota da efémera "nova política" encarnada nas "mareas" e demais non pode ocultar que a poboación traballadora galega, coa clase obreira ao fronte, non deixaron de loitar na defensa dos postos de traballo, das condicións laborais nos convenios, desde Alcoa / AluIberica ate o Naval / Metal de Vigo e Ferrol, pasando polas traballadoras del Consorcio de Igualdade en loita pola “fixeza” nos seus postos.

Mas non só foron estas as loitas, a resposta da xuventude ao asasinato homófobo de Samuel ou as masivas loitas contra a espoliación do territorio coa especulación dos “eólicos”, din que esa “normalidade” en realidade asentase num “mar de fondo” que pode explodir en calquera momento.

Unha situación “pos pandemia” non é unha volta á normalidade; os partidos fundamentais do réxime do 78, o PP eo PSOE, xunto Vox pola direita e UP pola esquerda, non se poñen de acordo en case nada. As liortas entre elas son tensas, con apelacións constantes á “golpes de estado”, a “fusilar a 26 millóns” e demais, que incrementan a tensión social como viuse no asasinato homófobo de Samuel na Coruña ou racista de Yousuf en Murcia.

Ha moitos anos que Galiza vive numha situación de “emerxencia social e nacional” e iso non se enfronta coa suposta volta á “normalidade” electoral, á espera duns resultados electorais sempre influídos pola lexislación que da maiorías absolutas a quen só ten maiorías relativas, senon con medidas de loita adecuadas á emerxencia.

O 25 de Xullo ten que deixar de ser un dia de "festa" para ser un día de loita no que conflúan os sectores que todos os días están na rúa; na unidade está a vitoria. O pobo traballador galego, os que loitan polos postos de traballo, polo territorio, polos direitos individuais, polas condicións de traballo, son os que teñen que protagonizar este día; pois eles son “Galiza”.

Para iso hai que construír umha política e umhas organizacións que rexeiten as impostas polos partidos, cúpulas sindicais e organizacións sociais dependentes do réxime do 78, e que rompan con eles.

Galiza fai parte dun mundo convulso e en crise, e a clase traballadora e o pobo galego ten que ser parte activa da solución desde a defensa dos seus direitos nacionais á autodeterminación. Mas con isto non basta; a autodeterminación é umha peza da loita contra as raíces da desigualdade, do empobrecemento social, e da incapacidade do sistema para defender á poboación dun virus que ten provocado millóns de mortes en todo el mundo; é dicer, da loita contra o capitalismo e polo socialismo.

A reformulación do 25 de Xullo nun día de unidade e loita de todos os sectores contra as políticas da UE e dos gobernos, o central ea Xunta, faise imprescindible para avanzar nese camiño, e ten que se manifestar na convocatoria de xornadas de mobilización conxuntas.

Non pode ser que mentres en Vigo CCOO e UXT traizoan ao metal asinando un convenio con nocturnidade, en Alcoa San Cibrao admítase á loxica do goberno central de que a solución pasa pola venda a outra empresa obviando a súa NACIONALIZACIÓN, como se a experiencia de A Coruña non servise de nada.

Non pode ser que o goberno central manteña a histórica política de sistemática marxinación da Galiza polo Estado, mentras a Xunta ten como gran proxecto económico o Xacobeo; porque como berran na Mariña, “So do turismo non se vive”. Ou é iso o que pretende a Xunta do PP e Feijoo?

A defensa da industria galega e das condicións de vida e traballo do pobo galego pasa por umhas respostas contundentes e unitarias, en forma de xornadas de loita, de folgas xerais e de extensión das mobilizacións desde a decisión das bases en asembleas, non o que están facendo as direccións sindicais maioritarias illando unhas loitas de outras, como se non fosen o mesmo problema, as políticas neoliberais dos gobernos do PSOE-UP e do PP da xunta.

Romper co réxime do 78, cos seus partidos e cúpulas sindicais é hoxe umha necesidade social, e é a única maneira de enfrontar o “ovo da serpe” da extrema direita que non é nada sen as súas institucións, comezando polo aparello xudicial que os protexe, como protexen a identidade dos asasinos de Samuel.

UNIDADE E LOITA CONTRA OS GOBERNOS
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 21-07-2021 18:50
# Ligazón permanente a este artigo
asasinato de Samuel
Prisión para a “manada” da Coruña

O asasinato de Samuel na fin de semana pasada foi, por moito que quieran adorna-lo, un crime homófobo. Pode que a primeira agresión non o fose, só un altercado entre un energúmeno e unha persoa que estaba nun “mal” lugar; mas a volta dese energúmeno cun grupo de persoas dispostos a dar-lle umha malleira ate mata-lo, é obvio que cambia o contido de todo.

O asasinato veu precedido dumha agresión homófoba uns dias antes en Monte Alto a umha parella na rúa, o dia seguinte romperon umha bandeira LGTBI, e todo na semana do Orgullo Gay, con manifestacións masivas, incluída A Coruña. Branco e en botella,... Mas, o que vai a acontecer?, o que sucedeu co asasinato de Jimmy en Madrid a mans de membros do Frente Atlético, que resultou con ninguén na prisión porque entre eles había militares en activo? Deixan ás bandas para fascistas actuar impunemente co obxectivo de meter medo na poboación?

A homofobia, como a xenofobia (entre o que se inclui a catalanofobia), o machismo e a aporofobia son as bandeiras que levantan desde un sector do capital e os seus partidos con moito peso nas institucións, na xudicatura e nos corpos policiais, para tentar gañar o goberno creando ambente de crispación social, que é o seu caldo de cultivo. Vox ven de poñer umha diana na cabeza do editor da revista El Jueves.

Como todo no estado español ten o seu pecado orixinal na Transición mal feita. O franquismo, do que eses partidos son herdeiros e do que non renegan, tiña como unha das suas sinais de identidade o nacionacatolicismo con toda a carga reaccionaria que ten.

Asi, a lei de amnistia do 76 que libera aos criminais do franquismo das suas responsabilidades, non foi aplicada aos presos por “peligrosidade social”, os gais, que continuaron na prisión. De feito, e ainda que non se aplicase, a “lei de peligrosidade e rehabilitación social” do 70 non é derrogada totalmente ate o ano 1995. Esta é a sociedade na que prodúcense estos feitos, umha sociedade e unhas institucións que non son froito da ruptura co franquismo, senón que desde a Audiencia Nacional ate a Xefatura do Estado son continuidade do réxime de Franco.

Frente a eles o goberno “progresista” non vai facer o único que se debe facer, pois os partidos progresistas son parte deste réxime e non van a facer o que non se fixo no 76, a depuración e a ruptura coas institucións herdeiras da dictadura: se quérese facer xustiza para Samuel hai que comezar por limpar de neofranquistas esas institucións.

Alguén pensa que a “xustiza” que meteu na prisión aos xovenes de Altsasua, que decretou prisión para os políticos cataláns, que condenou a Alfon ou a Bodalo; que liberou aos da “Manada”, que non é capaz de ilegalizar ao PP por corrupto, cando ela mesma declarouno como “organización criminosa”; vai condenar seriamente a esta “manada” que asasinou a Samuel.

Está claro que non vai haber xustiza para Samuel senón se impón a través da mobilización na rúa e a sua continuidade, como fíxose onte en ducias de cidades e pobos galegas, así como outras cidades do Estado Español. Ducias de miles de persoas na rúa son o primeiro paso para chegar ate o final, que é a limpeza de neofranquistas, xenófobos e racistas das institucións, comezando polo poder xudicial.

Non pensemos que o asasinato de Samuel é so un crime homófobo, é moito mais; é un atentado contra as liberdades individuais por parte dun sector da sociedade que só quere defender os interese dos poderosos, sexa como sexa. Os mesmos que berran e actúan contra esas liberdades individuais son os que recurren a lei de eutanasia, o aborto ou impuxeron o 155 en Catalunya; son os que impuxeron as reformas laborais e de pensións, as leis mordazas.

Os que hoxe asasinan a Samuel, un traballador, por “maricón”, mañan poden atacar calquera manifestación a prol dos direitos sociais dignos (pensións, salarios ou postos de traballo) que eles rexeitan.

No fondo achamos a crise económica do sistema capitalista que queren resolver con durísimas medidas que profundizan o empobrecemento de toda a poboación traballadora, sexa a sua orientación sexal, xénero, raza ou nazón; por iso non derrogan a lei Mordaza, non modifican o código penal. Estas son as ferramentas legais que o goberno ten para defenderse das mobilizacións sociais; os asasinatos, a “estratexia da tensión” como fixeron nos anos 70 os neofascistas italianos, as ameazas contra medios críticos son as non legais, son o palo da zanoria.

Frente a iso non podemos manter a división entre nós, a clase traballadora e os oprimidos xogamos nos moitos frente aos que queren enviarnos o século XIX e debemos nos auto organizar, para nos defender dos ataques que se veñen. As organizacións LGTBI, as organizacións sindicais, políticas e sociais temos a obriga de xuntar-nos para propor mobilizacións que den continuidade á loita comezada pola tráxica morte de Samuel.

XUSTIZA PARA SAMUEL: CASTIGO A TODOS OS CULPABÉIS !

POLA DEPURACIÓN DAS INSTITUCIÓNS DE NEOFRANQUISTAS !

POLA RUPTURA CO REXIME DO 78 !
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 07-07-2021 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0