A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Manifestacion o 13, ás 12 na Alameda
POR UMHA SAÍDA OBREIRA E POPULAR Á CRISE
Todas as medidas dos gobernos, o Central e a Xunta só teñen un obxectivo, recuperar os benefícios empresariais para ?sair da crise?. Isto non o dubida ninguen.
A reforma laboral decretada polo goberno saldouse cun novo crecimento do desemprego, com mais despedimentos e, poren, côa rebaixa das conquistas laborais. O pensionazo decretado há pouco so significa unha rebaixa das pensions e a ameaza da súa desaparicion para aqueles non teñan o tempo suficiente cotizado, co que favorecen os seguros privados.
Despois de atacar as condicions de traballo, agora veñen as privatizacions: o goberno do PSOE vai por AENA, onde estan convocadas folgas, e as Loterias, e a Xunta do PP fai o próprio com o Sergas, o Consorcio de Igualdade e todos os servizos sociais; e os dous a pólas Caixas de Aforro. Neste sentido, o que esta a acontecer co Hospital Povisa de Vigo é criminal, non se pode admitir que a Xunta e a empresa collan de reféns a 1700 traballadores/as e 150 mil usuários para regatear os diñeiros de todos e todas.
Os responsabéis do que esta a acontecer son os gobernos, mas tamen son os empresários, os banqueiros, os dirixentes das caixas de aforros, é dicer, os beneficiários das súas medidas; non se pode avanzar nunha saída social á crise se non se toman medidas para evitaren novas falcautradas, exixindo responsabilidades a todos aqueles que abriron ás portas a atual crise.
É evidente que a vitima destas políticas é a clase traballadora em xeral e o pobo traballador galego em concreto, os seus direitos, as suas condicions laborais, o seu aforro, e fronte a elo non abondan propostas electorais, nin saídas xerais ?em defensa do país?.
A única resposta posible á crise é impor unha saída obreira e popular á crise que ataque em profundidade a sua causa, o capitalismo, a propiedade privada dos médios de produccion e distribucion.
- Fronte o desemprego, reduccion da xornada sem reduccion do salário. Traballar menos para traballar todos, non ao alongamento da idade de xubilacion, reduccion aos 60 anos com contrato de relevo.
- Fronte ás privatizacions, nacionalizacion de todos os servizos publicos baixo control da clase traballadora: Povisa Nacionalizacion XA!
- Fronte ás obras faraônicas, como o AVE ou a Cidade da Cultura, Plan de obras publicas a partir das necesidades sociais: hospitais, escolas, transporte colectivo e de proximidades, etc.
- Fronte á carestia da vida, suba de prezos nos productos de mais consumo como o carburante, a electricidade, o gás, etc., encuberta pola mentira que é o IPC, conxelacion dos prezos XA!.
O diñeiro existe, esta nas mans dos bancos, que despois de facerse côas pensions queren facerse côas Caixas de Aforro. A única medida posible e non utópica que permita facer todo que há que facer para resolver as necesidades sociais é a expropiacion da banca, poñela baixo control da clase traballadora e o pobo.
Medidas deste tipo exixen das organizacions da clase traballadora umha vontade de loita, unha vontade de levar á clase traballadora, ás suas asembleas, propostas de mobilizacion sostida e democraticamente decididas.
Para avanzar é preciso o reagrupamento de todos os que defendemos a necesidade da transformacion socialista da sociedade, que rache côa confianza em que as alianzas com capitalistas ?progresistas? podem axudar.
A saída esta nas mans da mobilizacion independente da clase traballadora, da súa coordinacion com os seus irmans de clase no Estado Español e na Union Europea, cara a artellar umha resposta comun ás políticas que partillan todos os gobernos, sexan da cor que sexa.
ACUDE Á MANIFESTACION CONVOCADA POLA CIG E O BNG
O 13 M, ÁS 12 H NA ALAMEDA DE COMPOSTELA

Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 12-03-2011 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0