A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

10 de marzo: DIA DA CLASE OBREIRA GALEGA

Neste 10 de marzo declaramos o noso total apoio ao pobo libio e árabe en xeral na súa loita contra as ditaduras proimperialistas, e especialmente os avances producidos en Exipto e Tunes.
Este 10 de marzo prodúcese nunhas circunstancias moi especiais, a resposta da clase traballadora e os pobos do mundo aos plans do FMI, da Unión Europea, da EE UU non cesa de crecer. Ás mobilizacións no mundo árabe, viñéronse a unir as manifestacións e folgas en estados dos EEUU, como Wisconsin ou Ohio, con tomas dos parlamentos estatais.
En Galiza e no Estado Español a clase traballadora enfronta, máis aló dos matices, as mesmas políticas de axuste e austeridade, de retroceso nas condicións laborais e privatizacións, que o conxunto de de os traballadores e as traballadoras europeas e mundiais. O PSOE desde o goberno central, e o PP desde a Xunta son os executores destas políticas, cada un baixo as súas competencias.
Da mesma forma que o goberno central decretou a Reforma Laboral e o Pensionazo, a Xunta asina favorablemente todos os Es que se lle presentan, e como o seu colega ?de esquerdas?, privatiza todo o privatizable, desde o consorcio de Igualdade até o SERGAS. O exemplo mais claro deste profundo acordo a favor dos banqueiros, é a unidade que hai entre eles para vender as Caixas de Aforro á banca, apoiándose nunha lei consensuada entre os dous, a Lei de Caixas.
Con estas políticas, os dous gobernos teñen o mesmo obxectivo: sentar as bases para que a recuperación da economía permita aumentar os beneficios empresariais.
Neste marco produciuse a firma do Pacto Social entre as cúpulas de CCOO e UXT, a patronal e o Goberno central, que vai máis aló das pensións ou a reforma laboral. En plena crise se maniata aos traballadores e as traballadoras fronte ás propostas de todos, de Angela Merkel, do Presidente do Bco de España, ... de que hai que acabar cos convenios, entregarlles a negociación en bandexa ás cúpulas de CCOO e UXT, en premio á súa submisión, e romper o lazo entre salarios e prezos, tal e como se fai até agora.
O pasado 27 de xaneiro produciuse unha verdadeira Xornada de Loita en todo o estado, á calor das Folgas xerais convocadas en Galiza, Euskadi e Cataluña, e máis aló da desigualdade nos resultados, evidencio que no Estado Español son decenas de miles os traballadores e traballadoras que rexeitan as políticas de Pacto e Paz Social, que reivindican exactamente o mesmo que os traballadores e traballadores estadounidenses, franceses, gregos, exipcios, tunisianos,... QUE A CRISE A PAGUE O CAPITAL!.
A amplitude da resposta espontanea da clase traballadora a nivel internacional pon de manifesto que, ante a gravidade dos ataques e da unidade burguesa máis aló das siglas e a nacionalidade, é preciso avanzar na coordinación que supere as fronteiras nacionais, non só nas loitas, senón nos obxectivos.
A crise capitalista demonstra que só hai dúas opcións, ou os gobernos impoñen os seus plans para a mellora dos beneficios empresariais, ou a clase traballadora galega, española e europea, impón unha saída obreira e popular que atente contra as raíces do problema, a propiedade privada de fábricas e centros de traballo, de bancos e escolas, de hospitais, no camiño da transformación socialista da sociedade.
Coordinar significa enfrontar unidos as políticas dos gobernos até a súa derrota, coa mesma firmeza que demostraron os tunisianos ou os exipcios para derrubar aos seus ditadores, ou a do pobo libio contra o axente do imperialismo Gadafi.
A estas alturas da crise as loitas teñen que ser convocadas para gañar, non chegan con convocatorias das cúpulas que, habitualmente, quedan como meras protestas. Para iso é imprescindible que os traballadores e as traballadoras sexan os que decidan porqué, cando e como se vai á loita: que as asembleas decidan os plans de movilizacion..
É unha obriga de todos aqueles que dicimos defender á clase obreira, que denunciamos a política de pacto social, que estamos pola loita internacional da clase traballadora, de apoio aos pobos árabes en loita contra os seus ditadores prol imperialistas, establecer os mecanismos concretos de coordinación e organización, como a Plataforma Estatal ?Hai que Pararlles os Pés? da que participa a CIG, que permita enfrontar as políticas dos gobernos do capital cun mínimo de garantías de vitoria.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 10-03-2011 19:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0