A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
o 27 X en loita contra os plans do goberno |
|
en defensa das pensions e o emprego
o 27 X en loita contra os plans do goberno
A CIG ven de convocar unha Folga Xeral o 27 X na Galiza contra as politicas do goberno ZP, contra os despidos e o recorte nas pensións. Nese dia a Maioria Sindical Vasca tamen convoca á folga seral en Euskalerria e a CGT catalana fai o proprio; mentras a Plataforma Estatal ?Hay que Pararles los Pies? fai un chamamento á facer dese dia unha Xornada de Loita, con asembleas e paros.
O 27 X nos feitos, estase a converter nunha Xornada de Loita Estatal contra as politicas de Axuste e Austeridade dos gobernos, desbordando a politica entreguista e de pactos das cupulas de CCOO e UXT, que seguen a ser os mellores apoios do goberno ZP.
A clase traballadora do Estado Español, como a da Unión Europea, atopase no punto de mira dos banqueiros e empresarios (os chamados ?mercados?) para impor un duro retroceso; para elo o goberno propuxo ás centrais sindicais a Negociacion coa patronal do conxunto das medidas de austeridade, no que se coñece como a ?Concertacion Social?.
Se esta Concertacion chega o seu final cun novo Pacto Social, temos en perigro:
1.- As pensions, recortadas para logo ser entregadas á banca e aseguradoras
2.- O emprego, xa cuestionado pola Reforma Laboral do ano pasado
3.- Os salarios e as condicions laborais, acabando coa negociación colectiva
4.- A saúde publica e os servizos sociais, privatizados por todos os gobernos
5.- A educacion universitaria, en proceso de privatizacion polo Plan Bolonia
rexeitar o ataque ás pensions é defender o emprego
Queren xustificar o ataque ás pensions baixo o argumento de que é insustentabel, porque dentro de anos haberá demasiados xubilados. Como se pode dicer isto, se hoxe a Seguridade Social ten un Fondo de Reserva de 65 mil millons de euros, e ainda tendo máis de 4 millons de parados o superavit da Seguridade Social é de 11 mil millons; sen contar a debeda da patronal nas cotizacions sociais, das que ninguen fala.
Para darlle este diñeiro á Banca e as aseguradoras, o Goberno propón aumentar a idade de xubilación dos 65 actuais aos 67 anos, e ampliar o periodo de calculo da pensión aos 20 ou 23 anos (hoxe esta nos 15 anos, e nos 80 estaba nos 8 anos). Ademais endurecese o requisito para cobrar o 100% da pensión contributiva, establecendo 40 anos cotizados.
Para calquera que saiba sumar e restar, aumentar o tempo de cotizacion preciso para o calculo significa unha reduccion na cuantia da pension que se vai a cobrar, pondo na obriga de que se algun traballador ou traballadora quere manter o nivel adquisitivo, ten que sucribir un Plan Privado de Pensions, subvencionados polo Estado pola via das deduccións no IRPF.
Alem mais, cos contratos precarios de hoxe, canta xente nova cobraría pension nestas condicións?. Nos feitos, os traballadores e traballadoras de menos de 40 anos non terán direito á xubilacion, porque nunca teran os anos cotizados precisos.
Por outra banda, o goberno din que ten como prioritario a loita contra o desemprego, que no Estado Español atinxe ao 40% de xuventude. Cómo pretenden rematar co desemprego, aumentando a idade da xubilacion. A xuventude francesa, cando saiu a loita contra umha medida similar fixoo porque SE UN POSTO DE TRABALLO ESTA OCUPADO POR UNHA PERSOA DE MAIS DE 60, EL OU ELA NUNCA TRABALLARA.
O rexeitamento do aumento da idade de xubilacion garantiza umhas mellores pensions para os xubilados e a reduccion do desemprego co reparto do traballo existente.
Diñeiro para garantir unha politica deste tipo, existe e hailo. Que se lle cobre á patronal as suas debedas nas cotizacions sociais, ou que se no pior do casos o sistema tivera deficit, a Seguridade Social poderia financiarse con cargo aos Orzamentos Estatais, como fai ate o da agora a Universidade, ou reducindo partidas socialmente inservibéis como os Gastos Militares ou a Casa Real.
Organizarse e loitar
O pobo tunesiano demonstrou que é posible botar abaixo ata os reximes mais represivos, que é a unica maneira que existe para frear as politicas de Axuste e Austeridade dos gobernos. Teñen que sentir a presión na rúa, da mobilización social, firme e sostida ate consequir a retirada das medias antiobreiras e antipopulares, rexeitando rotundamente as negociacions das cupulas de CCOO e UXT.
Neste camiño non abondan as convocatorias cupulares, illadas umha doutra que non acadan os obxectivos prantexados, pois poden se converter en fonte de decepcion ou desesperacion. O apoio á Folga Xeral do 27, non pode facer esquecer que hoxe o fundamental, é un plan de asembleas onde se debata e decidan as medidas de loita e mobilizacions contra as politicas do goberno.
Para CV, o 27 X ten que ser parte dun calendario de mobilizacions decidido nesas asembleas, cara a construccion dunha resposta unitaria e unida de todos os traballadores e traballadoras do Estado Español e europea; para iso é preciso unir forzas, agrupar na procura dunha saída obreira e popular á crise.
Polo reparto do traballo, xubilacion aos 60 anos con contrato de relevo
Fora subvencions e cobro das debedas da patronal: todo o diñeiro para o sistema publico de pensions
Pola defensa do caracter publico das pensions, contra a sua privatizacion
Contra as politicas de axuste e austeridade dos gobernos
OUTRA POLITICA CONTRA A CRISE É POSIBLE |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|