A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

20 XANEIRO: A SANIDADE SÁLVASE LOITANDO
Corrente Vermella apoiamos a manifestación do 20 de xaneiro convocada pola Comisión de Centro do CHUAC baixo o lema “Sen persoal non hai sanidade” e chamamos a todxs xs traballadorxs e a toda a poboación usuaria da Sanidade Pública a acudir. As reivindicacións son totalmente xustas e imprescindibles para que o servizo público que fai o CHUAC sexa de calidade. Calidade que nos interesa moito á maioría da poboación.

A CoVid demostrou o que moitxs levamos anos denunciando: as políticas de recortes e privatizacións levadas a cabo polos gobernos do PSOE e do PP a nivel central, e da Xunta na Galiza, son criminais. As consecuencias sanitarias, laborais e sociais destas políticas son denunciadas polo persoal da saúde e a poboación con masivas e continuadas mobilizacións: perda de postos de traballo, precariedade e piores condicións de traballo, desatención na Primaria, privatización de moitos servizos que obrigan a cada vez mais persoas a ir cara os servizos sociosanitarios privados (sanidade e residencias de maiores privadas) se poden pagalo.

Pero Feijóo non podería facer isto se non contara co aval legal que o goberno central mantén vixente. A privatización da sanidade comezou cando o goberno de Aznar pactou co PSOE a lei 15/97, que establece a “nova forma de xestión dos servizos sanitarios”; por esta porta entraron ás primeiras privatizacións.

Esta porta agrandouse cando estes dous partidos reformaron ás agachadas o artigo 135 da Constitución, establecendo a obrigatoriedade do pago dos intereses da débeda pública contraída para resgatar os bancos, por riba dos gastos sociais. Estas medidas xunto co control do gasto público imposto pola UE, resultou nos sistemáticos recortes no gasto nos servizos públicos en xeral, e nos sociosanitarios en concreto. O novo fondo de recuperación europeo probablemente impoña condicións nesta mesma liña.

O CHUAC non é alleo a este desmantelamento, e a situación do persoal de Urxencias, Quirófanos e outros servizos é consecuencia directa destas políticas neoliberais. O mesmo sucede no resto das áreas sanitarias e servizos, pero saír á rua de maneira illada non basta para frear o que é un plan a longo prazo para destruír e privatizar TODOS os servizos que conforman a Sanidade Pública. Por iso é preciso facer un calendario xeral de mobilizacións a partir de asembleas nos centros de traballo (Hospitais, Atención Primaria, Residencias de Maiores, etc.), chamando á cidadanía a sumarse desde os seus organismos (asociacións veciñais, asociacións culturais, centros sociais, etc.) para sostela no tempo ata derrubar o goberno de Feijóo para podermos reconstruír os servizos sociosanitarios públicos.

Ao noso entender, a primeira medida para esa recuperación da sanidade pública é a derrogación da lexislación na que sustentase as políticas dos gobernos, a lei 15/97, o artigo 135 da Constitución e o control do gasto publico.
A segunda medida é a volta ás mans públicas de todos os servizos privatizados ou externalidades, incluídas as residencias de maiores, entregadas á xestión privada como os historiais sanitarios da cidadanía, así como dos hospitais baixo a xestión de empresas ás que a Xunta ten que pagarlles millóns de euros. Asi mesmo, a ruptura dos acordos coas clínicas e hospitais privados, no camiño da súa nacionalización.
A terceira condición é a nacionalización da industria farmacéutica. Como estase a demostar co desastre da vacinación da Covid no mundo, faise mais evidente que nunca que esta industria so está a procura do negocio a costa da vida das persoas.


Só sacando as mans dos bancos, fondos voitres e aseguradoras da saúde convertida en negocio, a sociedade poderá ter uns servizos sociosanitarios 100% públicos, axeitados ás necesidades sociais e baixo o control do persoal da sanidade e a cidadanía.

ACUDE á manifestación do 20 de Xaneiro que sairá da Casa do Mar (A Coruña) ás 19:00
APOIA AO PERSOAL SANITARIO!
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 18-01-2022 18:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0