A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Preparemos a FOLGA XERAL |
|
Desde fai meses, tras a saída dos confinamentos, a sociedade galega non deixa de se mobilizar contra as políticas da Xunta de desmantelamento dos servizos públicos, da proliferación especulativa dos parques eólicos, e coa colaboración do goberno central, a desindustrialización ao servizo da reconversión industrial xustificada hipocritamente pola loita contra o cambio climático, coas ameazas de peche en Alcoa / AluIberica, Vestas, ... e anteriormente o peche de Gamesa, Poligal, etc.
Tras a exitosa folga xeral do pasado 17N na Mariña os partidos dos gobernos, o PP da Xunta, e o PSOE UP no Central, votaron nos Orzamentos do Estado no Parlamento en contra dunha partida para a "intervención temporal de Alcoa", a tímida proposta do BNG, faise evidente que estes partidos e os gobernos demonstran o que lles interesa o futuro da Mariña e, por extensión, da Galiza: NADA! Grazas por nada, España!
Nas manifestacións da Mariña berrase, "se non ha solución, gobernos dimisión"; coa votación no Parlamento é obvio o que din os gobernos, asi que só queda un camiño, o da loita pola dimisión dos gobernos e por outros que si atendan as necesidades da sociedade, de postos de traballo e industria, de infraestruturas (que non é o AVE centralista que nos venden) e os servizos públicos".
A CIG ven de aprovar no seu último congreso traballar no camiño da convocatoria dumha Folga Xeral na Galiza; visto o visto, hai que convocar a todas as forzas sindicais, sociais e políticas a artellar UNITARIAMENTE ese camiño da Folga Xeral, que sexa umha verdadeira Moción de Censura nas rúas contra os gobernos.
Umha folga xeral que non sexa “flor dun dia”, senon que parte dum plan de mobilizacións discutido e votado nas asembleas de centro de traballo, estudo ou barrios e vilas, que garanta a participación activa da poboación traballadora na sua preparación.
Frente a desindustrialización e os peches: NACIONALIZACIÓN XA das empresas afectadas!
Por un plan industrial sustentable que GARANTA TODOS OS POSTOS DE TRABALLO!
Por umhas infraestruturas ferroviarias axeitadas ás necesidades sociais, POLO TREN DE PROXIMIDADES
Na defensa dos servizos públicos, RENACIONALIZACIÓN DE TODOS OS SERVIZOS PRIVATIZADOS!
SE A MARIÑA SALVASE LOITANDO, GALIZA SALVASE LOITANDO |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|