A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

14N: EN DEFENSA DA ATENCIÓN PRIMARIA E A SANIDADE PÚBLICA
A plataforma SOS Sanidade convoca unha manifestación en defensa da Sanidade Pública e concretamente da Atención Primaria, o 14N en Compostela.

Feijóo aproveitou a pandemia para avanzar no desmantelamento deste servizo deixando a poboación sen citas presenciais (co consecuente agravamento das doenzas pola desatención) mentres continuaba coas manobras que xa tiña en marcha para destruíla: sobrecarga de traballo, permisos e xubilacións sen cubrir, orzamentos escasos, privatizacións parciais coma o servizo de citas, etc.

A convocatoria por tanto é máis que pertinente e debe ser apoiada, pois as políticas de Feijóo van encamiñadas a eliminar un servizo público de calidade para sustituilo por unha atención privada que pouc@s galeg@s poderían pagar co salario e que sería de moitísima peor calidade. Ser unha nazón de migrantes ten algunha cousa boa: sabemos que os sistemas privados de seguros implantados nos países ricos nos que imos traballar, simplemente non cubren case ningunha doenza grave. Polo que se caes enferm@, ou pagas ou morres.

Pero Feijóo non é o único culpable desta situación pois as súas políticas se apoiam nas leis do Goberno central e nas directivas de Bruxelas: os famosos recortes e a austeridade que dicta o artigo 135 da Constitución e a Lei 15/97 que consagra a "colaboración público-privada".

A colaboración público-privada responde a un esquema simplisimo: as empresas privadas collen cartos públicos e os reparten entre os seus directivos. A cuestión sanitaria queda supeditada ao seu negocio como demostrou o seu nulo papel durante a pandemia. No campo dos coidados, os responsables das residencias de maiores privadas deberían ser directamente xulgados por asasinato.

A nova lei de Sanidade que propón o goberno PSOE-UP non modifica ningún dos aspectos claves da lei 15/97 do PP no referente á privatización do servizo, xusto cando se esperan millóns de euros de fondos europeos, que irán parar directamente ás mans de clínicas privadas e aseguradoras.

Ante esta situación xeral de espolio do público en beneficio da gran empresa privada, que na Galiza se reflexa na sanidade, no desmantelamento da industria (AluIbérica-Alcoa, Vestas, Gamesa, os asteleiros de Vigo, etc...) ou nas indecencias de Audasa, Corrente Vermella apoiamos a manifestación do 14 N.

Mais acudimos, e chamamos a acudir, baixo outros eixos diferentes dos da plataforma SOS SANIDADE.

Por un lado, é imprescindible xa unir todas as loitas obreiras e populares que se están a dar na Galiza: INDUSTRIA, INFRAESTRUTURAS, SERVIZOS PUBLICOS: FORA FEIJÓO!

Por outro, en SOS SANIDADE participan colectivos e organizacións coma PSOE, UP ou BNG. O PSOE é xunto co PP o gran valedor da privatización como demostra a nova lei de Sanidade que pretenden aprobar. Unidas Podemos segue a xogar a ser goberno e oposición á vez, pero esa doble personalidade non nos fai esquecer que está indiscutiblemente no goberno por moita pantomima protestona que leve a cabo. O BNG somentes mobiliza para desgastar a Feijóo e fiar todo a un proxecto electoral que coma moito aspira a reeditar o bipartito PSOE-BNG.

Non podemos acreditar de ningunha maneira nunha plataforma conformada por colectivos que son parte do problema, ou que pretenden adaptar os tempos da loita aos seus tempos electorais. Porque o sillón vai seguir aí moito tempo, pero as solucións son urxentísimas.

No caso galego, é imprescindible botar XA! a Feijóo coa mobilización social sostida no tempo, coma as de Verín no seu momento ou a da Mariña Lucense, que conxuga correctamente as loitas de Vestas e Alcoa coa demanda do infraestruturas e Servizos e que o 17 inclúe unha folga xeral na comarca.

Acude con Corrente Vermella o 14N a Compostela, ás 12 na Alameda, baixo o lema "INDUSTRIA, INFRAESTRUTURAS, SERVIZOS PUBLICOS: FORA FEIJOO!”
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 09-11-2021 16:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0