A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

17 N: FOLGA XERAL NA MARIÑA
Corrente Vermella apoia a convocatoria de Folga Xeral na Mariña de Lugo, para o vindeiro 17 N, baixo os lemas, “na defensa da Industria, das Infraestructuras e a sanidade pública”.

O seu detonante son as ameazas contra duas das empresas chaves na Mariña, Alcoa e Vestas, que supor un verdadeiro mazazo á comarca. Por iso, a defensa de todos os postos de traballo a través da SUA NACIONALIZACIÓN non pode quedar diluída no lema xeral para que as cúpulas sindicais, despois, negocien vendas, “baixas incentivadas” ou traslados.

O contrario, ten que ser o eixo central da loita inseparable dos demais lemas da convocatoria; Nin un só despido en Alcoa e Vestas, sen postos de traballo non ha industria nin futuro!.

A situación de marxinación da Mariña Lucense ven de lonxe. Todos os gobernos que pasaron tanto pola Xunta como polo Central, fosen da cor que fosen, agravadas polas politicas recentralizadoras do estado a través da Xunta de Feijoo e o PP, consideran que, se Galiza é periférica para eles A Mariña é a periferia da periferia; a “Galiza profunda” á que dun xeito xenófobo referíase a xuíza de Marbella. É a punta do iceberg da situación do conxunto da Galiza e así queren que siga.

Insultos á intelixencia como o desmantelamento da liña FEVE que podería estruturar o seu redor o desenvolvemento, a desaparición imposta pola Xunta de Feijoo das áreas sanitarias (o Hospital de Burela un dos afectados), para concentrar todo nas cidades (a Lugo, neste caso), a infrautilización de portos públicos para dar saída á produción de mercadorías como os peiraos de San Cibrao, etc. Estes son algúns dos exemplos desta situación de marxinación, nunha nazon, que non lle debe nada a “España”.

Feijoo e o PP non “fracasaron” nas súas políticas, senón que fan ben para o que os puxeron aí, para exportar materias primas (agora o vento coa burbulla dos parques eólicos, mas tamén o leite, a madeira, etc.) e man de obra. Desde que gobernan no 2009 100 mil mozos e mozas foron á emigración: e despois quéixanse do envellecemento, cando coas suas políticas botan aos que teñen todo o futuro por diante!

Por iso, aínda considerando esta convocatoria un paso adiante na loita contra esta situación de “emerxencia social”, consideramos que as organizacións sindicais, sociais e políticas teñen que estender as convocatorias de xornadas de loita a outras comarcas que tamén están loitando defensa dos postos de traballo (Barreras, AluIberica, Ferroatlántica, Ence, etc.), da industria, das infraestruturas e dos servizos públicos.

Mas non umha folga como de Ferrolterra do 10 M deste ano, que foi “flor dun día”; senón parte dun plan de mobilizacións ate botar fora o PP da Xunta. É urxente que saian da Xunta, porque a este paso non habería Galiza que defender.

Para o 13 N as persoas pensionistas teñen umha manifestación en defensa das pensións pública, o 14 N está convocada umha manifestación en Compostela en Defensa da Atención Primaria, o 17 N é a folga xeral da Mariña; as mobilizacións esixindo un transporte colectivo digno e publico (Barbanza), un tren de proximidades, en defensa da educación e dos servizos públicos ou contra a burbulla dos parques eólicos, sucédense por todo o territorio. Porque non se dan pasos para construír un calendario de mobilizacións xerais, incluída umha Folga Xeral, para enfrontar estas políticas, que partillan os dous gobernos, a Xunta do PP e o central do PSOE UP?

Como demonstra a experiencia dos traballadores e traballadoras de Alcoa, que asinaron a “paz social” coa esperanza de que os gobernos acharan umha solución, e tiveron que retomar o camiño da loita, a solución non está nas negociacións entre as cúpulas sindicais, cos gobernos e as empresas; senón na loita na rúa, con folgas e manifestacións que enfronten directamente a uns gobernos, Xunta e Central, que aplican as medidas que lles ditan as empresas.

Corrente Vermella chama aos traballadores e traballadoras, á poboación en xeral non so a secundar a folga do 17 n Mariña, senón a participar activamente na sua preparación, a través das asembleas de empresa e centro de estudo, de comités de apoio á Folga da Mariña en barrios e vilas, etc., onde se vote a folga: as Asembleas teñen que votar a folga!
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 02-11-2021 14:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0