A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Por un 25 de Xullo de loita

Este 25 de xullo ven marcado pola crise social, económica e política que a pandemia ten agudizado en todo o mundo, co aumento das desigualdades sociais, o empobrecemento da poboación traballadora e o saqueo da riqueza das nazóns, e un incremento das tensións sociais e políticas entre as cadeas imperialistas polo control del mercado mundial.

Fronte a esta situación temos asistido desde o verán pasado a feitos senlleiros como as masivas mobilizacións nos EEUU contra os asasinatos racistas, na Franza contra os intentos de impoñer restricións ás liberdades democráticas, en Myanmar contra o golpe de estado e en toda América Latina coa caída do réxime neopinochetista chileno e a apertura dun proceso constituínte, alen do espertar de Colombia.

A Galiza, como o resto do Estado Español, non é allea a esta situación de “mar de fondo” social. Unha nazón periférica dentro de un estado periférico na cadea imperialista euro norteamericana, non pode por menos que ser o elo débil da situación, mais alo da aparente volta á normalidade “tripartita” (PP, PSOE, BNG) das últimas eleccións.

A derrota da efémera "nova política" encarnada nas "mareas" e demais non pode ocultar que a poboación traballadora galega, coa clase obreira ao fronte, non deixaron de loitar na defensa dos postos de traballo, das condicións laborais nos convenios, desde Alcoa / AluIberica ate o Naval / Metal de Vigo e Ferrol, pasando polas traballadoras del Consorcio de Igualdade en loita pola “fixeza” nos seus postos.

Mas non só foron estas as loitas, a resposta da xuventude ao asasinato homófobo de Samuel ou as masivas loitas contra a espoliación do territorio coa especulación dos “eólicos”, din que esa “normalidade” en realidade asentase num “mar de fondo” que pode explodir en calquera momento.

Unha situación “pos pandemia” non é unha volta á normalidade; os partidos fundamentais do réxime do 78, o PP eo PSOE, xunto Vox pola direita e UP pola esquerda, non se poñen de acordo en case nada. As liortas entre elas son tensas, con apelacións constantes á “golpes de estado”, a “fusilar a 26 millóns” e demais, que incrementan a tensión social como viuse no asasinato homófobo de Samuel na Coruña ou racista de Yousuf en Murcia.

Ha moitos anos que Galiza vive numha situación de “emerxencia social e nacional” e iso non se enfronta coa suposta volta á “normalidade” electoral, á espera duns resultados electorais sempre influídos pola lexislación que da maiorías absolutas a quen só ten maiorías relativas, senon con medidas de loita adecuadas á emerxencia.

O 25 de Xullo ten que deixar de ser un dia de "festa" para ser un día de loita no que conflúan os sectores que todos os días están na rúa; na unidade está a vitoria. O pobo traballador galego, os que loitan polos postos de traballo, polo territorio, polos direitos individuais, polas condicións de traballo, son os que teñen que protagonizar este día; pois eles son “Galiza”.

Para iso hai que construír umha política e umhas organizacións que rexeiten as impostas polos partidos, cúpulas sindicais e organizacións sociais dependentes do réxime do 78, e que rompan con eles.

Galiza fai parte dun mundo convulso e en crise, e a clase traballadora e o pobo galego ten que ser parte activa da solución desde a defensa dos seus direitos nacionais á autodeterminación. Mas con isto non basta; a autodeterminación é umha peza da loita contra as raíces da desigualdade, do empobrecemento social, e da incapacidade do sistema para defender á poboación dun virus que ten provocado millóns de mortes en todo el mundo; é dicer, da loita contra o capitalismo e polo socialismo.

A reformulación do 25 de Xullo nun día de unidade e loita de todos os sectores contra as políticas da UE e dos gobernos, o central ea Xunta, faise imprescindible para avanzar nese camiño, e ten que se manifestar na convocatoria de xornadas de mobilización conxuntas.

Non pode ser que mentres en Vigo CCOO e UXT traizoan ao metal asinando un convenio con nocturnidade, en Alcoa San Cibrao admítase á loxica do goberno central de que a solución pasa pola venda a outra empresa obviando a súa NACIONALIZACIÓN, como se a experiencia de A Coruña non servise de nada.

Non pode ser que o goberno central manteña a histórica política de sistemática marxinación da Galiza polo Estado, mentras a Xunta ten como gran proxecto económico o Xacobeo; porque como berran na Mariña, “So do turismo non se vive”. Ou é iso o que pretende a Xunta do PP e Feijoo?

A defensa da industria galega e das condicións de vida e traballo do pobo galego pasa por umhas respostas contundentes e unitarias, en forma de xornadas de loita, de folgas xerais e de extensión das mobilizacións desde a decisión das bases en asembleas, non o que están facendo as direccións sindicais maioritarias illando unhas loitas de outras, como se non fosen o mesmo problema, as políticas neoliberais dos gobernos do PSOE-UP e do PP da xunta.

Romper co réxime do 78, cos seus partidos e cúpulas sindicais é hoxe umha necesidade social, e é a única maneira de enfrontar o “ovo da serpe” da extrema direita que non é nada sen as súas institucións, comezando polo aparello xudicial que os protexe, como protexen a identidade dos asasinos de Samuel.

UNIDADE E LOITA CONTRA OS GOBERNOS
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 21-07-2021 18:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0