A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

asasinato de Samuel
Prisión para a “manada” da Coruña

O asasinato de Samuel na fin de semana pasada foi, por moito que quieran adorna-lo, un crime homófobo. Pode que a primeira agresión non o fose, só un altercado entre un energúmeno e unha persoa que estaba nun “mal” lugar; mas a volta dese energúmeno cun grupo de persoas dispostos a dar-lle umha malleira ate mata-lo, é obvio que cambia o contido de todo.

O asasinato veu precedido dumha agresión homófoba uns dias antes en Monte Alto a umha parella na rúa, o dia seguinte romperon umha bandeira LGTBI, e todo na semana do Orgullo Gay, con manifestacións masivas, incluída A Coruña. Branco e en botella,... Mas, o que vai a acontecer?, o que sucedeu co asasinato de Jimmy en Madrid a mans de membros do Frente Atlético, que resultou con ninguén na prisión porque entre eles había militares en activo? Deixan ás bandas para fascistas actuar impunemente co obxectivo de meter medo na poboación?

A homofobia, como a xenofobia (entre o que se inclui a catalanofobia), o machismo e a aporofobia son as bandeiras que levantan desde un sector do capital e os seus partidos con moito peso nas institucións, na xudicatura e nos corpos policiais, para tentar gañar o goberno creando ambente de crispación social, que é o seu caldo de cultivo. Vox ven de poñer umha diana na cabeza do editor da revista El Jueves.

Como todo no estado español ten o seu pecado orixinal na Transición mal feita. O franquismo, do que eses partidos son herdeiros e do que non renegan, tiña como unha das suas sinais de identidade o nacionacatolicismo con toda a carga reaccionaria que ten.

Asi, a lei de amnistia do 76 que libera aos criminais do franquismo das suas responsabilidades, non foi aplicada aos presos por “peligrosidade social”, os gais, que continuaron na prisión. De feito, e ainda que non se aplicase, a “lei de peligrosidade e rehabilitación social” do 70 non é derrogada totalmente ate o ano 1995. Esta é a sociedade na que prodúcense estos feitos, umha sociedade e unhas institucións que non son froito da ruptura co franquismo, senón que desde a Audiencia Nacional ate a Xefatura do Estado son continuidade do réxime de Franco.

Frente a eles o goberno “progresista” non vai facer o único que se debe facer, pois os partidos progresistas son parte deste réxime e non van a facer o que non se fixo no 76, a depuración e a ruptura coas institucións herdeiras da dictadura: se quérese facer xustiza para Samuel hai que comezar por limpar de neofranquistas esas institucións.

Alguén pensa que a “xustiza” que meteu na prisión aos xovenes de Altsasua, que decretou prisión para os políticos cataláns, que condenou a Alfon ou a Bodalo; que liberou aos da “Manada”, que non é capaz de ilegalizar ao PP por corrupto, cando ela mesma declarouno como “organización criminosa”; vai condenar seriamente a esta “manada” que asasinou a Samuel.

Está claro que non vai haber xustiza para Samuel senón se impón a través da mobilización na rúa e a sua continuidade, como fíxose onte en ducias de cidades e pobos galegas, así como outras cidades do Estado Español. Ducias de miles de persoas na rúa son o primeiro paso para chegar ate o final, que é a limpeza de neofranquistas, xenófobos e racistas das institucións, comezando polo poder xudicial.

Non pensemos que o asasinato de Samuel é so un crime homófobo, é moito mais; é un atentado contra as liberdades individuais por parte dun sector da sociedade que só quere defender os interese dos poderosos, sexa como sexa. Os mesmos que berran e actúan contra esas liberdades individuais son os que recurren a lei de eutanasia, o aborto ou impuxeron o 155 en Catalunya; son os que impuxeron as reformas laborais e de pensións, as leis mordazas.

Os que hoxe asasinan a Samuel, un traballador, por “maricón”, mañan poden atacar calquera manifestación a prol dos direitos sociais dignos (pensións, salarios ou postos de traballo) que eles rexeitan.

No fondo achamos a crise económica do sistema capitalista que queren resolver con durísimas medidas que profundizan o empobrecemento de toda a poboación traballadora, sexa a sua orientación sexal, xénero, raza ou nazón; por iso non derrogan a lei Mordaza, non modifican o código penal. Estas son as ferramentas legais que o goberno ten para defenderse das mobilizacións sociais; os asasinatos, a “estratexia da tensión” como fixeron nos anos 70 os neofascistas italianos, as ameazas contra medios críticos son as non legais, son o palo da zanoria.

Frente a iso non podemos manter a división entre nós, a clase traballadora e os oprimidos xogamos nos moitos frente aos que queren enviarnos o século XIX e debemos nos auto organizar, para nos defender dos ataques que se veñen. As organizacións LGTBI, as organizacións sindicais, políticas e sociais temos a obriga de xuntar-nos para propor mobilizacións que den continuidade á loita comezada pola tráxica morte de Samuel.

XUSTIZA PARA SAMUEL: CASTIGO A TODOS OS CULPABÉIS !

POLA DEPURACIÓN DAS INSTITUCIÓNS DE NEOFRANQUISTAS !

POLA RUPTURA CO REXIME DO 78 !
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 07-07-2021 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0