A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Fronte a suba da electricidade |
|
A SOLUCIÓN: NACIONALIZACIÓN
Cando o goberno do PP, na era Aznar, privatizou ENDESA dixo que a competencia era boa, pois baixarían os prezos. Esta claro que mentiu. Hoxe o prezo da electricidade está absolutamente desbocado, cumhas subas que supoen un verdadeiro saqueo ás nóminas de traballadores e traballadoras, de pensionistas, de desempregados.
A suba do prezo de electricidade ven dado pola estrutura do mercado en mans de tres multinacionais, umha italiana, Enel/Endesa, outra basca, Iberdrola, e umha terceira, catalano española, Naturgy (da galega Fenosa, absorbida por esta, non queda nin o recordo). Elas controlan todo o proceso que vai desde a xeneración/produción cos eólicos, encoros ou centrais térmicas, ate a distribución. So está nas mans do estado o que non da beneficios, o transporte na REDE ELÉCTRICA.
Son eles os que deciden os prezos a través dun mecanismo absolutamente especulativo nos chamados mercados de futuros, segundo o cal o que vai custar ven determinado polo prezo mais alto entre os diferentes sestemas de produción (eólico, nuclear, térmica, etc.). Establecen umha competencia entre as diferentes formas de xeneración, que permite-lles xustificar os altos prezos.
A iso hai que engadirlle que no Estado Español a electricidade está gravada co tipo máximo do IVE, o 21%, como se fose un produto de luxo cando é un ben de absoluta primeira necesidade. Hoxe por hoxe, é imposible vive sen electricidade; e iso, sábeno.
A solución: nas mans do goberno
Este saqueo das nóminas de maneira directa, a través do consumo diario nos fogares, xuntase a repercusión que vai ter no conxunto da economía polo incremento dos costes de produción, pois xa están anunciados subas de prezos en todos os sectores cunha escalada da inflación que vai empobrecer mais á poboación traballadora.
Fronte a iste ataque ás condicións de vida da clase traballadora e o pobo están-se a levantar propostas desde sectores do goberno (Unidas Podemos) como a redución do IVE, a creación dumha empresa pública ou desde fora, como o BNG, co establecemento dumha tarifa propria dado que, certamente, Galiza é excedentaria na produción eléctrica.
Todo para evitar á raíz do problema, a privatización dun ben esencial, a electricidade que nos tres casos seguiría nas mans do oligopolio, so que cun certo control. Mas non é a solución, só un paliativo a un problema social moi grave.
A electricidade non pode estar en función dos beneficios empresariais, senón nas mans do estado que faga con el como con calquera outro, poñelo en función das necesidades sociais. Por iso a solución, como no caso dos despedimentos en Alcoa, as reformas laborais ou as das pensións, está nas mans do goberno; ou ben, evitar que a suba sexa do 45% e rebaixala ao 25%, como se isto xa non fora un saqueo das nóminas, ou ben resólveo, NACIONALIZANDO A INDUSTRIA ELÉCTRICA.
Ou a electricidade segue sendo propriedade privada das multinacionais ou é propriedade estatal; mas non o estilo francés o italiano, que son empresas estatais parte do mercado mundial da electricidade. Endesa é propriedade de empresa estatal de electricidade italiana, ENEL, que fai parte do oligopolio que saquea os nosos salarios e pensións.
A única nacionalización que rompe o mercado capitalista é a que fai-se ao servizo das necesidades sociais é a que está baixo control dos traballadores e traballadoras, das organizacións veciñais, que fagan como puntualmente teñen feito os traballadores da electricidades gregos ou franceses, cortando a luz aos ricos, e conectando á rede a xente traballadora que non podía pagala.
A solución está nas mans do goberno, un goberno de “coalición” que ten demonstrado que non vai tocar a propriedade privada deste ben necesario. Dará todas as voltas que precise para evitalo, por iso, fai-se imprescindible que as organizacións sindicais, veciñais e sociais levanten unha potente mobilización social UNITARIA para enfrontar o saqueo das nóminas e pensións. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|