UNIDADE NA LOITA CONTRA OS GOBERNOS E A PATRONAL
A onda de ERTEs, EREs, despedimentos, peches de empresas e ataques os direitos dos traballadores e traballadoras (Candido Hermida, Industrias Caamaño) atinge a toda Galiza, mas especialmente o norte, as provincias de Lugo e Coruña, onde concentrase toda a industria da enerxia (Refinaria, Termicas, ...) ou de alto consumo electrico (Alcoa/Aluiberica, Ferroaltántica, etc.).
Esta onda supón unha nova “reconversión industrial” que ven a profundizar nas feridas deixadas na que fixeron nos 80, cando co peche de grandes industrias do naval, da siderurxia, das quimicas, provocaron unha onda emigratoria e deixaron comarcas enteiras baixo minimos (Ferrolterra!). Agora, tras a sua suposta loita contra o “cambio climático” ou “axenda 2030”, veñen cumha nova “reconversión índustrial” que ameaza con extender o desastre social de Ferrol a outras comarcas como a de A Coruña.
Para enfrentar esta nova “reconversión” hai que construir a unidade da clase traballadora na loita. Frente un plan de desindustrialización fomentado conscientemente pola Xunta do PP, no collen respostas illadas umha doutra, é preciso un calendario de mobilizacións acordado en asembleas de centros de traballo, ate rematar co “ovo da serpe”, a ¨Xunta do PP.
O mantemento do papel subsidiario do pobo traballador galego na división do traballo internacional é umha política de estado e da Unión Europa, no que acordan tanto o PP como o goberno de PSOE-Unidas Podemos. Que non sexan hipócritas!, se realmente quixeran loitar contra os desastres ecolóxicos Galiza, por exemplo, tería un sistema de transporte colectivo digno que retirara coches privados das rúas, e non o que existe hoxe, un transporte mínimo e caro que é un insulto à clase traballadora que ten que levar o coche ate a cociña, co custe que ten.
Do mesmo xeito que a pandemia de Covid serviulles para profundar na destrución dos servizos públicos, nomeadamente da Sanidade posta contra as cordas polos recortes e as privatizacións feitas estes anos, a loita contra o cambio climático esta a ser o argumento para a desindustrialización da Galiza coa destrución de miles de postos de traballo que obriga á xuventude galega á emigración.
A loita contra contra a reconversión industrial na defensa dos miles de postos de traballo, a loita contra a destrución dos servizos públicos e a sua mellora, e un por un desenvolvemento sustentable é inseparable da loita polos direitos nacionais da Galiza, que lle permita organizar a sua economía a partir da nosa realidade e as necesidades do pobo traballador galego.
O proceso de reconversión industrial que agochan tras o que os gobernos chaman “a axenda 2030” é común a toda a UE, e nas consecuencias sociais é decisivo o peso de cada estado. Por exemplo, mentres na Galiza péchanse as Térmicas de Meirama e As Pontes, como as de Teruel ou Ponferrada, o capital alemán mantén térmicas abertas e importa carbón polaco; ou a apertura dumha gran térmica en Tanger (Marrocos). Mas isto supón a importación de enerxía por parte do Estado Español; como se non estiveran no mesmo planeta e non contaminaran a atmosfera!
Esta unidade dos capitalistas europeos ao redor do mesmo plan fai necesaria a unidade da clase traballadora e dos pobos europeos e do Estado Español, a partir do recoñecemento expreso do direito das nazóns á sua autodeterminación, construíndo un forte movemento baseado na mobilización na rúa; chamar a confiar nas institucións cara un posible cambio só supón desviar a loita da única saída, a ruptura co Rexime do 78 e a UE.
Frente a unidade reaccionaria dos capitalistas europeos e os seus gobernos, Corrente Vermella aposta pola unidade na loita da clase obreira europea, galega e a do resto do estado español, cara a conquista dunha Republica galega e dumha Federación de Republicas Ibéricas no cadro dos Estados Unidos Socialistas de Europa, que rompa con esta Unión Europea capitalista e o réxime do 78.
O 1ª de maio, día no que debería visualizarse a unidade da clase obreira, as loitas de todos os días perden o protagonismo frente ás siglas. Asi, as cúpulas sindicais, despois de meses loitar unidas nas empresas, poñen as traballadoras e traballadores na obriga de ter que escoller con quen se quere manifestar?, cando a unidade fainos mais fortes para loitar e derrotalos.
- CONTRA A RECONVERSIÓN INDUSTRIAL, DEFENSA DE TODOS OS POSTOS DE TRABALLO
- CONTRA A DESTRUCIÓN DOS SERVIZOS PÚBLICOS, NACIONALIZACIÓN DO PRIVATIZADO
- NACIONALIZACIÓN DA INDUSTRIA BAIXO CONTROL DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS.
- PLAN CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO AO SERVIZO DAS NECESIDADES SOCIAIS DA POBOACIÓN TRABALLADORA
- POLA SOBERANIA NACIONAL
- POLA FEDERACIÓN DE REPÚBLICAS IBÉRICAS E OS EE UU SOCIALISTAS DE EUROPA
|