A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
por umha sanidade 100% pública |
|
PAREMOS A NA RÚA A DESTRUCIÓN DA SANIDADE PÚBLICA
A Pandemia da Covid demonstrou o que moitos levamos anos denunciando, as políticas de recortes e privatizacións levadas a cabo polos gobernos do PSOE e do PP a nivel central, e da Xunta na Galiza, son criminais; non so polo virus, senón por aquelas persoas que sofren outras doenzas e deixaron de seren atendidas. Cando o sistema tivo que facer fronte a un feito imprevisible, saltou polos aires, e foi incapaz de protexer á poboación.
Un ano despois do comezo da pandemia, a Xunta do PP está aproveitando-a para profundar no seu proxecto de liquidar a sanidade pública, pechando a Atención Primaria, impoñendo a “atención telefónica”,... Non é que o PP xestione mal, senón que xestiona ben para o que foi posto ao fronte da Xunta, destruír a sanidade pública, e enriquecer aos donos da sanidade privada e dos centros de maiores.
Feijoo non podería facer isto se non contara co aval legal que o goberno central mantén vixente. A privatización da sanidade comezou cando o goberno de Aznar pactou co PSOE a lei 15/97, onde establecese a “nova forma de xestión dos servizos sanitarios”; por esta porta entraron ás primeiras privatizacións.
Esta porta agrandouse cando estes dos partidos reformaron ás agachadas, con nocturnidade e aleivosía, o artigo 135 da Constitución, establecendo a obrigatoriedade do pago dos interese da débeda pública contraída para resgatar os bancos, por riba dos gastos sociais. Estas medidas xunto co control do gasto público imposto pola UE, resultou nos sistemáticos recortes no gasto nos servizos públicos en xeral, e nos socio sanitarios en concreto.
As consecuencias laborais e sociais destas políticas son denunciadas polo persoal da saúde, perda de postos de traballo, precariedade e piores condicións de traballo, privatización de moitos servizos que obrigan a cada vez mais persoas a ir cara os servizos socio sanitarios privados (sanidade e residencias de maiores privadas).
Esta é a realidade que o virus do Covid achou, o que transformou unha pandemia sanitaria nunha pandemia “social e económica”.
- A primeira condición para reconstruír uns servizos socio sanitarios públicos é a derrogación da lexislación na que sustentase as políticas dos gobernos, a lei 15/97, o artigo 135 da Constitución e o control do gasto publico.
- A segunda condición, é a renacionalización de todos os servizos privatizados, incluídas as residencias de maiores, entregadas á xestión privada como os historiais sanitarios da cidadanía, así como dos hospitais construídos e baixo a xestión de empresas ás que a Xunta ten que pagarlles millóns de euros. Así mesmo, a ruptura dos acordos coas clínicas e hospitais privados, aos que derívanse cada vez mais casos, no camiño da sua nacionalización.
- A terceira condición é a nacionalización da industria farmacéutica. Como estase a demostar co desastre da vacinación da Covid no mundo, fai-se mais evidente que nunca que esta industria so está a procura do negocio a costa da vida das persoas; é como considerar que a industria do armamento mira pola paz.
Só sacando as mans dos bancos, fondos voitres e aseguradoras da saúde convertida en negocio, a sociedade poderá ter uns servizos socio sanitarios 100% públicos, e axeitados ás necesidades sociais e baixo o control do persoal da sanidade e a cidadanía.
A convocatoria do 21 de abril, aínda sendo necesaria, chega tarde. Desde abril do ano pasado, cando os traballadores e traballadoras da área de Pontevedra, con Cobas, Prosagap e Cesm, saíron á rúa para denunciar as condicións nas que traballaban en plena pandemia, pasaron moitos meses e loitas (concentracións diante de centros de Atención Primaria, folga en Urxencias de Compostela, etc.). Era nese momento de indignación, cando houbo que unificar as loitas, e as organizacións que compoñen Sos Sanidade negáronse, chegando a boicotear as de Pontevedra.
Como a Xunta e o goberno Central seguen nas mesmas de destruír a sanidade pública, saír á rúa un día o ano non basta para frear o que é un plan a longo prazo, o da súa destrución; é preciso facer un verdadeiro calendario de mobilizacións a partir de asembleas nos centros de traballo (Hospitais, Atención Primaria, Residencias de Maiores, etc.), chamando á cidadanía a sumarse desde os seus organismos (asociacións veciñais, asociacións culturais, centros sociais, etc.).
Como demonstrou a Covid, na defensa dos servizos socio sanitarios públicos xogamos-nos directamente a vida.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|