A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Galiza nazon, autodeterminación |
|
Se algo demonstrou-se entre o 1 e o 3 de Outubro de 2017 nas ruas cataláns, é que o réxime do 78 non está disposto a dar a menor marxe á consecución dos direitos nacionais de Galiza, Euskadi e Catalunya. Baixo o berro de “aporeles”, disciplinaron-se todas as institucións do estado, incluido o rei, nun proceso represivo que rematou con miles de detidos, centos de feridos, exiliados e presos.
Na Galiza, tras deixar pasar a oportunidade da Xunta Bipartita o PP ven de aplicar as politicas de recentralización determinadas polo capital e o estado español; xa é un lugar común afirmar que nestes 12 anos non fixeron nin umha nova transferencia de competencias, deixando claro cal é o seu proxecto; seguir como exportadora de man de obra e materias primas.
A perda de miles de habitantes pola emigración, a desindustrialización sistemática e programada da economía galega, a privatización e destrución dos servizos públicos, agudizado coa pandemia, a introdución de proxectos de megaminaria, a instalación irracional e especulativa de enerxía eólica, etc., son a expresión dumha política que non é exclusiva do PP.
O mantemento do papel subsidiario do pobo traballador galego na división do traballo internacional é umha política de estado e da Unión Europa, no que acordan tanto o PP como o goberno de PSOE-Unidas Podemos. Por elo, é fundamental para eles manter a “unidade” da “patria española”. Política que partilla o fundamental do capital galego, desde o multinacional como Inditex, a conserva dos Jealsas ou o capital do aluminio como os Cortizos, Exlabesas e demais, como o que se move no ámbito nacional.
Todos eles partillan o mesmo proxecto de seren “cola de león” e non “cabeza de rato”. Por iso é ilusorio esperar outra cousa que editoriais de La Voz de Galicia, tan antidemocráticos e antigalegos como sempre.
Mas tamén partillan algo que é común a todos os capitalistas españois e europeos; a nova reconversión industrial agochada tras a loita contra o “cambio climático”. Do mesmo xeito que a pandemia de Covid serviulles para profundar na destrución dos servizos públicos, nomeadamente da Sanidade posta contra as cordas polos recortes feitos todos estos anos, a loita contra o cambio climático esta a ser o argumento para a desindustrialización da Galiza, especialmente no Norte de A Coruña e Lugo, e a destrución de miles de postos de traballo, obriga á xuventude galega á emigración.
O desenvolvemento industrial destas zonas baseouse na instalación de industria enerxética, as Térmicas, e pesada (a que agora chamase “electro intensiva”), ambas moi contaminantes, ao servizo da exportación de produtos para outra zonas onde instalábanse industrias menos contaminante e con maior valor engadido. O caso de Alcoa é paradigmático, na Galiza están as plantas de aluminio primario, mais contaminantes; o resto están en Euskadi ou Alicante. Pasa igual coa Refinaria da Coruña, ENCE, Ferroatlántica ou calquera outra das grandes industrias instaladas na Galiza e propiedade de capital alleo.
A loita contra a destrución dos servizos públicos e a sua mellora, contra a reconversión industrial na defensa dos miles de postos de traballo e un por un desenvolvemento sustentable é inseparable da loita polos direitos nacionais da Galiza, que lle permita organizar a sua economía a partir da nosa realidade e as necesidades do pobo traballador galego.
Mas o proceso de reconversión industrial que agochan tras o que os gobernos chaman “loita contra o cambio climático” é común a toda a UE, e nas consecuencias sociais é decisivo o peso de cada estado. Por exemplo, mentres na Galiza péchanse as Térmicas de Meirama e As Pontes, como as de Teruel ou Ponferrada, o capital alemán mantén térmicas abertas e importa carbón polaco; ou a apertura dumha gran térmica en Tanger (Marrocos). Mas isto supón a importación de enerxía por parte do Estado Español; como se non estiveran no mesmo planeta e non contaminaran a atmosfera!
Esta unidade dos capitalistas europeos ao redor do mesmo plan “contra o cambio climático” fai necesaria a unidade da clase traballadora e dos pobos europeos e do Estado Español, a partir do recoñecemento expreso do direito das nazóns á sua autodeterminación, construíndo un forte movemento baseado na mobilización na rúa; chamar a confiar nas institucións cara un posible cambio, como demostra os acontecementos cataláns só supón desviar a loita da única saída, a ruptura co Rexime do 78 e a UE.
A proposta que fan algúns de Republica Federal no Estado Español para se xustificar de non defender o direito a decidir das nazons, é umha falacia; a federación non se decreta desde as cúpulas, senon que parte da soberanía das nazons para se federar ou non.
Frente a unidade reaccionaria dos capitalistas europeos e os seus gobernos, Corrente Vermella aposta pola unidade na loita da clase obreira europea, galega e a do resto do estado español, cara a conquista dunha Republica galega e dumha Federación de Republicas Ibéricas no cadro dos Estados Unidos Socialistas de Europa, que rompa con esta Unión Europea capitalista e o réxime do 78.
CONTRA A DESTRUCIÓN DOS SERVIZOS PUBLICOS, NACIONALIZACIÓN DO PRIVATIZADO.
CONTRA A RECONVERSIÓN INDUSTRIAL, DEFENSA DE TODOS OS POSTOS DE TRABALLO.
NACIONALIZACIÓN DA INDUSTRIA BAIXO CONTROL DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS.
PLAN CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO AO SERVIZO DAS NECESIDADES SOCIAIS DA POBOACIÓN TRABALLADORA
POLA SOBERANIA NACIONAL.
POLA FEDERACIÓN DE REPÚBLICAS IBÉRICAS E OS EE UU SOCIALISTAS DE EUROPA |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|