A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Lei de Saúde, cara umha “dictablanda” |
|
A Xunta de Feijoo e os gobernos non xogan nin fan brincadeiras, saben que os vindeiros tempos veñen cheos de mobilizacións sociais froito do empobrecemento social xerado pola xestión da pandemia, e prepáranse legal e xuridicamente para enfrontalas, porque o de fortalecer os servizos socio sanitarios públicos que non só serva para enfrentar pandemias senon outras doenzas mortais, como o cancro ou as cardiovasculares, nin palabra. De nacionalizar as residencias de maiores, onde houbo a maioria das mortes, nin palabra. De feito, o centro da lei os medidas restritivas.
Vexamos algumas das medidas da lei de “saúde”: restricións á mobilidade social e confinamentos domiciliarios obrigatorios mesmo de contactos con contaxiados, o que traducido a linguaxe legal é unha detención domiciliaria individual o colectiva sen xuízo prévio, pois baixo "acusación" real o falsa de que es positivo de Covid ou ter contactado com alguén contaxiado, convirte-te nun “apestado” e poden poñerte baixo arresto domiciliario (“confinamento no domicilio” chámanlle na neo lingua de Feijoo).
Por outra banda, voltamos ao século XIV cos lazaretos para apestados e leprosos, agora contaxiados, pois a lei prevê o control de enfermos contaxiosos en domicilios, hospitais u "outro lugar adecuado para tal fin". Ou o que eran os lazaretos do século XIV senon verdadeiros campos de concentración para apestados (e, xa postos, para quen mais?)?
Todo isto aderezado com medidas repressivas, con multas, incautación de bens e sancións se non se cumpren as decisións da Xunta e do comité de "expertos". Son medidas administrativas non penais pois a Xunta non tem competências sobre isso; mas para passar do administrativo ao penal xa teñen aos xuíces (delito contra a a saúde pública), a Lei Mordaza e as reformas do Código Penal, que o governo central non derroga nin tolo porque fan parte deste camiño da “dictablanda” á que vai Galiza e o Estado Español.
De novo, como na revolución francesa, a "saúde publica" como xustificación para impoñer umha ditadura; mas que en sentido radicalmente oposto.
O comité de Saúde Pública da Revolución Francesa foi o instrumento dos revolucionarios para derrotar á reacción aristócrata, baixo o lema de "non ha liberdade para os que negan a liberdade"; neste caso o comité de "expertos” controlados polo PP e a Xunta, baixo o rotulo da "defensa da saúde publica" fan un ataque sen precedentes contra as liberdade democráticas, xustificando arrestos domiciliarios por razóns de saude, a obrigatoriedade da vacinación ou a prestación de servizos obrigados polas decisión dese comité de expertos.
En fin, levan meses (desde outubro do pasado ano que presentou Feijoo) preparando esta lei que agocha un golpe blando de estado. Como non poden dar un golpe de estado co fusilamento de “26 millóns de fillos de...”, Europa non entendería de novo a ditadura franquista, fan-no dun xeito "blando", aproveitando o medo que levan metendo na sociedade desde fai un ano. E xa dicía Maquiavelo, "quen controla o medo das persoas, controla as súas almas".
Dous e dous son catro
Na liña marcada polo goberno central e a Unión Europea de investir miles de millóns de euros no resgate de empresa, a lei de saúde vai acompañada dumha lei para a "reconstrución" económica e "axilización administrativa" para investir o diñeiro que a UE vai dar para resgatar as empresas pola crise xerada.
Se sumamos dous e dous, dan catro. Por exemplo, a lei de saúde, entre outras medidas, impón a "prestación de servizos" á cidadanía se o comité de "expertos" asi o decide; e a lei de reconstrución non prevé investir nin un duro nos servizos públicos,... Pódese dicer máis alto, mas non mais claro: os servizos públicos como moito serán fortalecidos por cidadáns obrigados, os diñeiros irán, como sempre, para a empresa privada.
Ademais, a xestión dos miles de millóns da UE van a estar nas mans dun organismo privado composto por grandes empresas, Abanca, Inditex, etc. Ou sexa, o raposo gardando o galiñeiro.
E a esquerda, como sempre, mirando para o dedo, mentres o capital e a Xunta construía a lúa. Porque a esquerda foi parte activa do medo social ao covid que permite a Feijoo ter o aval social á Lei de Saúde. Desde o comezo nunca denunciou que a loita contra a pandemia estaba nas mans dos que deixaran morrer a centos de persoas pola hepatite C e que levaban décadas destruíndo a sanidade publica. Senon que o mais que criticaban era que non era mais duro, que as medidas de cuarentenas e peches perimetrais de Feijoo eran brandas.
Por isto, mentres as sanitarias e sanitarios de Pontevedra mobilizábanse esixindo medios de seguridade, EPIs e demais, os sindicatos maioritarios, o BNG e demais, centraban toda a sua forza critica na falta de dureza das medidas da Xunta, negaban o seu apoio ás mobilizacións e non extendían a loita a todos os centros sanitarios para que reforzaran a sanidade publica.
Pois ben, non querían chá, pois toma dúas tazas!; Feijoo agora demostra que si pode ser duro, e ben duro, instaurando umha dictablanda pola vía dumha lei de saúde.
E agora qué?
As leis xa foron aprobadas co único rexeitamento na rúa da extrema direita e os “frikis” antivacinas, que xa tem delito. Agora non quede outra que construír a loita pola derrogación inmediata das dúas leis, a de saúde e a de reconstrución económica que están ligadas.
As forzas da esquerda, sociais e sindicais non poden seguir mirando a Feijoo e o PP como un goberno que adopta medidas "erradas", mal "xestionadas". Esta lóxica so leva a claudicarlle e demonstra que a loita parlamentar non serve para outra cousa que desmobilizar á poboación, á que chamase-lle a confiar nela.
Hai que ser claros, faga o que faga a Xunta do PP é inimigo xurado do pobo traballador galego, A pandemia para eles é umha oportunidade de ouro para clavar un cravo na tumba dos nosos direitos sociais e políticos; por isso, o obxectivo non pode ser outro que organizar a loita para bota-lo canto antes da Xunta. Mentres continúe o seu frente a saúde publica, os direitos sociais e dos direitos políticos van estar em perigo.
Sobre esta base é preciso construír a unidade de loita, em comités de defensa das liberdades, contra a “dictablanda” que querem impoñer e na defensa deses direitos, para enfrentar a súas normas no único sitio onde podemos facelo, a mobilización na rúa. A base de comunicados, roldas de prensa e preguntas parlamentar non se vai conseguir nada; o capital galego está ben unido ao redor do PP e da Xunta, que vai-lle regalar centos de millóns de euros.
Non vale ningunha escusa como a Pandemia para non chamar á mobilización e organización na defensa de nosos dereitos, a clase obreira ten loitado en condicións moito mais difíciles, duras e mortais que esta pandemia. Fixo revolucións en medio de guerras mundiais, organizouse baixo a gripe española no 18 e 19, de lonxe mais mortífera que a Covid, levou adiante campañas de alfabetización baixo umha guerra civil e unha epidemia de tifus (revolución rusa); agora toca facer igual, pois a "lei de saúde" e a de "reconstrución" de Feijoo e o PP demonstra que eles seguen en guerra contra a poboación traballadora. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|