A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Alcoa, Aluiberica: Estamos ante unha paz social nas empresas |
|
A loita dos traballadores e traballadoras de Alcoa / Aluiberica deu un xiro de 180 graos nos últimos días; de estar na rúa en folga e mobilizándose á volta o traballo.
En Alcoa San Cibrao o comité asinou un acordo coa empresa para desconvocar a folga, onde literalmente pon que "garanten a paz social" a cambio de que Alcoa negocie de “boa fe” a venta da planta á SEPI.
En Alu Ibérica na Coruña levaban 33 días de folga polo despedimento dunha traballadora e polo pago dos salarios atrasados. Pero o comité suspende a folga sen que a traballadora sexa readmitida nin os salarios pagos, agardando polo xuízo contra Alcoa, Parter e Grupo Riesgo.
Pero agora esa denuncia que presentaran todos os sindicatos dos comités da Coruña e Avilés contra Alcoa, contra o fondo de capital Parter e a entidade Grupo Riesgo por venda fraudulenta vaise aprazar porque a Audiencia Nacional disque non puido notificar debidamente a todos os representantes do barullo empresarial. É o que ten fiar na xustiza burguesa.
Por qué estes acordos e esta paz nas empresas cando é obvio que Alcoa segue coa súa teima de pechar as súas fábricas no estado español, como Corrente Vermella sempre dixemos?
En Coruña e Avilés a promesa da reciclaxe quedou nunha mentira/estafa, e en San Cibrao o camiño é o mesmo. Se os gobernos, tanto o de PSOE e PODEMOS como o do PP de Feijóo, apostasen polo mantemento da industria e pola transición enerxética, xa tiveron tempo dabondo para intervir ou nacionalizar esas plantas.
É casualidade que os dous comités de empresa firmaran a “paz social” volvendo a confiar nas empresas, na xustiza, no Estado e na Xunta. O comité de Alu Ibérica na Coruña ademais apela á responsabilidade ante a grave situación que xenera o avance da pandemia. Resulta que a plantilla se contaxia nas manifestacións pero no traballo non? Para isto queiman o cartucho máis poderoso que temos a clase obreira, a folga, é dicer a paralización da producción?
Esta "casualidade" posiblemente se debe a que non queren recoñecer que fracasaron ao confiar en gobernos aos que non lles importan nada os postos de traballo nin a industria, porque teñen como único plan económico a curto prazo o Xacobeo e o turismo, e que a longo prazo pretenden que na Galiza sexamos proveedores baratos de man de obra e materia prima.
Por qué se suspende a folga sen conseguir o obxectivo?
A situación é a que é. Moitos meses de loita e mobilización esgotan a nivel económico e a nivel psicolóxico. Pero o que está claro é que declarando a “paz social” o único que se consigue é garantir que a empresa consiga os seus inaceptables obxectivos. E o aprazamento do xuízo na Audiencia Nacional tamén vai nesa liña.
Certo é que as veces é preciso pactar para coller folgos, e seguir coa mobilización doutra maneira extendendoa aos que xa loitaron con nós, coma a comarca da Mariña, outras empresas do grupo ou en loita como Navantia.
Mas pactar a “paz social” nunca se pode facer, deixa de novo a solución nas mans da “boa fe” de Alcoa, do goberno e dunha Xunta que o que quere é desindustrializar Galiza como demostran as súas accións.
Unidade sí, pero para loitar e non para pactar a "paz social"
O obxectivo da loita destes meses era, por un lado, impedir o peche de Alcoa en San Cibrao e defender os postos de traballo da fábrica e das auxiliares, e polo futuro de toda unha comarca que depende da planta e que loitou como a que mais. Polo outro lado, era para salvar as plantas de Alu Ibérica na Coruña e Avilés. Pero todos estes obxectivos sempre foron presentados separados uns doutros aínda que son parte do mesmo proceso de peche do aluminio no Estado Español decretado pola multinacional.
Por que durante todo este tempo as direccións sindicais non convocaron as tres plantillas xuntas? Que pasa para que ante un problema común tan grave como a desaparición da industria, as direccións sindicais de CCOO, UXT e CIG non chamasen á unidade?
Corrente Vermella considera que só coa unidade na loita de todos os afectados/as das tres comarcas, que son miles de postos de traballo directos e indirectos, é posible defender a industria a través da nacionalización das empresas e a elaboración de un plan de transición ecolóxica, baixo control obreiro.
A solución inmediata: a nacionalización
Tras tantos meses de loita, as cadros de persoal non poden seguir confiando naqueles que firman a paz social e que lles din que hai esperar algo destas empresas e destes gobernos. Esperar, qué? Que arranxen o que non fixeron en todo este tempo? |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|